Convenio Colectivo de Empresa de GONZACOCA de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
01/11/2003

-. Convenio Colectivo de Empresa de GONZACOCA de Galicia

Tiempo de lectura: 12 min

Tiempo de lectura: 12 min

Convenio afectado por

Resolución do 10 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o grupo de empresas Gonzacoca para os anos 2000/2001. (Diario Oficial de Galicia num. 17300 de 06/09/2000)

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Nota: os meses que se indemnizarán serán motivo de pro rata en función da idade real que teña o traballador no momento que formule a solicitude.

Artigo 33º.-Promoción e formación profesional. Aplicarase o disposto no artigo 23 do Estatuto dos traballadores.

A dirección da empresa poderalles solicitar ós traballadores os xustificantes oportunos de asistencia expedidos polos centros escolares.

Arigo 34º.-Saúde laboral. Considérase que a seguridade no traballo é un dos obxectivos prioritarios da empresa. En consecuencia, potenciarase todo o posible o funcionamento dos sistemas que tendan a diminuí-los riscos.

O comité de seguridade e hixiene no traballo constituirase segundo o estipulado na ordenanza xeral de seguridade e hixiene e terá as competencias que se sinalan na lexislación vixente.

A empresa solicitará dos organismos correspondentes o cumprimento do recoñecemento médico anual para todo o persoal que o solicite mediante acordo establecido a través do comité de seguridade e hixiene.

Anualmente a empresa entregará como mínimo a seguinte roupa de traballo:

-Persoal obreiro: 2 fundas (xaneiro) .

-Persoal empregado: 2 fundas ou peza similar cando o traballo así o esixa (xaneiro) .

O uso da roupa de traballo facilitada pola empresa é obrigatorio durante toda a xornada, para todo o persoal ó que se lle asignase.

Iniciaranse as conversas necesarias durante a vixencia do presente convenio, co fin de ir adaptándose á nova Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 35º.-Seguro de vida. Establécese un seguro colectivo de vida coa compañía de seguros G. E. S. para tódolos traballadores en alta na empresa na data de entrada en vigor deste convenio, ou para os que no sucesivo se incorporen a ela, quedando amparados por este ata a idade de 65 anos na que se causará baixa. Os capitais aseguradosseránosseguintes:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

O custo que corresponda satisfacer por este seguro será sufragado nun 75% pola empresa,e o 25% restante será por conta dos traballadores a partes iguais, sendo deducido este importe das nóminas.

Artigo 36º.-Axuda por defunción. No momento do falecemento dun traballador das empresas afectadas por este convenio, os familiares percibirán o importe de tres mensualidades brutas iguais á última que o traballador percibise, ademáis dos emolumentos que ó traballador lle correspondesen polo traballo realizado ata o seu falecemento. No suposto de que o falecemento do traballador fose considerado en accidente de traballo, os familiares percibirán o importe de 6 mensualidades brutas.

Os gastos ocasionados pola nota necrolóxica do traballador falecido serán sufragados ó 50% pola dirección da empresa e agrupación de traballadores de Gonzacoca e empresas afectadas polo convenio.

Os gastos por coroas (a familiares directos: esposa, fillos, pais) serán custeados ó 50% pola empresa e agrupación de traballadores de Gonzacoca e empresas afectadas polo convenio.

Artigo 37º.-Bolsa de estudios. Créase un fondo destinado a axudas por estudios daqueles traballadores que desexen amplialos, e sempre que estean en relación directa coa actividade da empresa, debendo cursa-los traballadores interesados solicitude entre os meses de setembro e outubro dirixida ó Departamento de Persoal ou ó comité de empresa. A comisión paritaria do convenio estudiará as solicitudes recibidas emitindo informe sobre elas.

A contía desta axuda para a vixencia do presente convenio será de 300.000 ptas.

O traballador que o solicite achegará un mínimo dun 30% segundo solicitudes, presentando os xustificantes oficiais de matrícula correspondente.

A decisión da comisión paritaria será inapelable. Artigo 38º.-Axuda por fillos en idade escolar obrigatoria.

Créase un fondo destinado a axudas por fillos en idade escolar obrigatoria, debendo cursa-los traballadores interesados solicitude no mes de setembro e dentro do prazo establecido para iso, dirixida ó Departamento de Persoal ou ó comité de empresa. A comisión paritaria do convenio estudiará as solicitudes recibidas emitindo informe sobre elas.

A contía do fondo ascenderá á cantidade de cincocentas mil (500.000) pesetas.

Artigo 39º.-Complemento nocturnidade. Este complemento consistirá no 25% sobre tódolos conceptos salariais e na P/P dos días e horas traballados na xornada comprendida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte.

Artigo 40º.-Venda de recambios e artigos de servicio.

Á venda de recambios e todos aqueles artigos que os traballadores adquiran para o seu uso persoal, aplicaráselle-la seguinte tarifa:

Compras a crédito: tarifa maior.

-Compras ó contado: 10% s/tarifa maior.

-Facturación man de obra: 20% s/tarifa clientes. Estas compras, de non seren satisfeitas ó contado, serán deducidas da nómina posterior ós 60 días da factura.

Todo caso de mala fe, abuso ou comercio indebido por parte dos traballadores, comportará a perda total deste beneficio para o traballador que a infrinxa.

Ó persoal que adquira para o seu servicio, automóbiles, tractores, embarcacións, motores, etc., seralle deducido un 50% da comisión que achegue a venda do dito artigo á empresa.

En vehículos usados, a venda será realizada polo mesmo importe que foi aboado, mailos gastos da súa reparación ou revisión.

Na venda aprazada cargaranse unicamente os gastos bancarios.

Os traballadores con contrato fixo, que adquiran vehículos comercializados pola empresa quedarán exentos dos gastos financeiros ata unha contía máxima do importe aprazado do 25% do importe do vehículo adquirido, cunha amortización mínima de 25.000 ptas. mensuais e un prazo máximo de pagamento en 3 anos.

Artigo 41º.-Percepción de salarios durante a IT (baixa) .

Durante o tempo de permanencia en situación de incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade ou accidente, todo traballador quedará amparado polas percepcións que se establecen para a súa categoría-nivel.

Artigo 42º.-Ascensos-Revisión de categorías. Os cambios de categorías dos traballadores serán propostos á dirección da empresa a través dos mandos intermedios ou do comité de empresa.

Artigo 43º.-Réxime disciplinario. Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa en virtude de incumprimentos laborais, de acordo coa graduación de faltas e sancións establecidas no presente capítulo.

* Graduación de faltas. As faltas cometidas polo traballador serán cualificadas segundo a súa importancia, trascendencia e intención en leves, graves e moi graves.

* Faltas leves. Consideraranse faltas leves as accións e omisións seguintes:

-Ata tres faltas de puntualidade en trinta días, na asistencia ó traballo, con atraso superior a dez minutos e inferior a trinta no horario de entrada.

-Faltar ó traballo un día sen xustificación.

-Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das 24 horas seguintes á falta, salvo caso de forza maior, a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

-Non atender ó público coa corrección e dilixencia debidas.

-As discusións sobre asuntos alleos ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán considerarse falta grave ou moi grave.

-Pequenos descoidos na conservación do material ou utensilios.

-O abandono do posto de traballo sen causa xustificada e sen notificación ó inmediato superior, aínda cando sexa por breve tempo. Se este abandono implicara risco de prexuízo ou constituíse quebranto da disciplina, poderá ser considerada a falta como grave ou moi grave.

-Faltas de aseo e limpeza persoal.

* Faltas graves. Considéranse faltas graves as accións ou omisións seguintes:

-Máis de tres faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, superiores a dez minutos e inferiores a trinta, durante un período de trinta días.

-Ausencia ou atrasos superiores a trinta minutos, sen causa xustificada, por dous días durante un período de trinta.

-Falta ó traballo dous días nun período de trinta sen xustificación.

-Non comunicar, coa puntualidade debida, os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social, Facenda Pública, ou ter calquera repercusión económica. A falta maliciosa nestes datos considerarase como falta moi grave.

-Entregarse a xogos ou outras distraccións durante a xornada de traballo. Se a falta se cometese nun posto de responsabilidade poderá cualificarse como moi grave.

-A desobediencia ós superiores en materia de traballo. Se implicase quebranto da disciplina, ou deles se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá cualificarse como falta moi grave.

-Simula-la presencia doutro traballador ou fichar por el.

-A neglixencia ou desidia no traballo que afecte á súa boa marcha.

-A imprudencia no traballo. Se implicase risco de accidente para as persoas ou as instalacións poderá cualificarse como moi grave.

-Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como empregar para usos propios ferramentas ou materiais da empresa.

-A reincidencia en faltas leves, excluída a de puntualidade, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dos tres meses seguintes á infracción anterior.

-A continuidade e habitual falta de aseo e limpeza de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

* Faltas moi graves. Consideraranse faltas moi graves as accións ou omisións seguintes:

-Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade, superior a dez minutos, cometidas nun período de seis meses ou vinte durante todo o ano.

-Faltar tres días ó traballo, durante un período de sesenta días, sen causa que o xustifique.

-A simulación de enfermidade ou accidente, así como calquera maquinación realizada para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

-A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto á empresa coma ós seus traballadores ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa.

-Facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en materias primas, vehículos, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, útiles, vestiario, documentos ou calquera outra propiedade da compañía.

-A embriaguez habitual ou toxicomanía durante o traballo.

-Viola-lo segredo de correspondencia ou de documentos reservados ou revelar datos de reserva obrigada.

-Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou faltas graves de respecto ou consideración ós superiores, compañeiros, subordinados e os seus familiares, así como a persoas alleas á empresa can ocasión da actividade laboral.

-Causar accidente grave por neglixencia ou imprudencia.

-Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

-A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do traballo.

-Orixinar frecuentes rifas e liortas cos compañeiros de traballo.

-A reincidencia en faltas graves, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos doce meses seguintes ó da comisión da anterior.

-O abuso de autoridade por parte dos superiores sempre será considerado como falta moi grave. O que o sufra poderá poñelo directamente en coñecemento da dirección da empresa ou do comité de empresa.

-Ordenar expresamente a realización de traballos ou tarefas en forma tal que implique a vulneración dos procedementos escritos con risco grave para as persoas ou instalacións.

* Sancións. As sancións que poderá impo-la dirección, atendendo á gravidade da falta e segundo as circunstancias que concorran en cada caso, serán as seguintes:

-Por faltas leves: Amoestación verbal. Amoestación por escrito. Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a dous días.

-Por faltas graves: Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a vinte días.

-Por faltas moi graves: Suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a sesenta días.

Despedimento disciplinario en caso de que a falta se cualifique no seu grao máximo.

* Procedemento. A sanción imposta pola comisión de faltas graves ou moi graves requirirá a comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivaron.

A empresa dará conta ós representantes legais dos traballadores de toda sanción que se lles impoña ós traballadores.

A empresa en todo caso respectará, no exercicio da súa facultade disciplinaria, as garantías previstas na lexislación vixente para os membros do comité de empresa e traballadores afiliados a organizacións sindicais.

Artigo 44º.-Dereitos sindicais. Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores, ou posterior disposición que o modifique.

O crédito de horas sindicais dispoñibles para cada delegado do comité poderá acumularse entre os distintos membros deste órgano, logo de comunicación á empresa.

Para garanti-la correcta organización do traballo nos distintos departamentos, e salvo casos de urxencia, o uso do crédito de horas sindicais polos membros do comité de empresa deberá ser notificado cunha antelación mínima de 24 horas ó responsable do seu departamento.

Artigo 45º.-Disposicións derradeiras. En todo o non expresamente previsto neste convenio, aceptarase o disposto nos convenios laborais sectoriais de referencia e Estatuto dos traballadores.

ANEXO I-III

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)