Convenio Colectivo de Empresa de HERMANOS PEREZ MUEBLES-DISEÑO, S.L. de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
01/11/2003

-. Convenio Colectivo de Empresa de HERMANOS PEREZ MUEBLES-DISEÑO, S.L. de Ourense

Tiempo de lectura: 14 min

Tiempo de lectura: 14 min

Resolución do 27 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Hermanos Pérez MueblesDiseño, S. L. de Ourense. (Diario Oficial de Galicia num. 20700 de 22/10/1996)

da empresa Hermanos Peréz Muebles-Diseño, S. L. (código nº 3200602) de Ourense, con entrada nesta Delegación Provincda Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte socpolo delegado de persoal, en xuntanza celebrada o 15 de xuño de 1996, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e socda comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficde Galicia.

Ourense, 27 de xuño de 1996. Manuel López Casas Delegado provincde Ourense

Convenio colectivo da empresa Hermanos Pérez Muebles– Diseño, S. L.

Artigo 1º.De conformidade co Estatuto dos traballadores, o presente convenio afectará a tódolos traballadores da empresa Hermanos Pérez Muebles– Diseño, S. L., do sector de venda de mobles.

Quedan excluídos do presente convenio:

a) O persoal de alta dirección ou alto consello, e os socios de empresas que revistan a forma xurídica de sociedade.

Artigo 2º.O presente convenio terá unha duración dun ano; entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1996 e rematará o 31 de decembro de 1996, aínda que os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de xaneiro de 1996, manténdose a súa vixencia mentres non se negocie outro que o substitúa. A forma de denuncia será por medio dunha parte á outra, na que se fará consta– la pretensión de denuncia– lo convenio, a representación que ostenta, así como as materias que hai que negociar.

Artigo 3º.– Compensación e absorción. As melloras resultantes deste convenio serán absorbidas ata onde chegue o cómputo anual con aqueloutras condicións que puidesen establecerse por disposición legal, salvo cando se pacte expresamente o contrario.

Artigo 4º.– Xornada laboral.

1. A duración da xornada anual de traballo efectivo no presente convenio colectivo será, no ano 2000, de 1.780 horas. En consecuencia e debido á adaptación prevista no convenio xeral da madeira, as xornadas laborables de traballo ata o ano 2000 serán as seguintes:

1996 1.796 horas. 1997 1.792 horas. 1998 1.788 horas. 1999 1.784 horas. 2000 1.780 horas.

2. As ditas xornadas considéranse de traballo efectivo. Artigo 5º.– Vacacións. O tempo anual de vacacións será de trinta días naturais a salario real ou a parte proporcional que corresponda, no caso de non levar traballando o ano requirido para o desfrute pleno deste dereito. O total dos día anuais de vacacións repartiranse para os efectos de desfrute con carácter xeral da seguinte forma: 15 días seguidos para desfrutar en verán.

O resto para desfrutar de acordo entre o traballador e empresa, atendendo de forma prioritaria ás necesidades de producción.

Deberá facerse público cun mínimo de dous meses a data das vacacións.

A retribución que se percibirá por vacacións comprenderá o promedio da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, agás das horas extraordinarias e as gratificacións extrordinarias.

Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano terán dereito a que na liquidación que se lles practique no momento da baixa na empresa, se lles integre o importe da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

Pola contra, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador desfrutase as súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal for a causa. Non obstante, dado que o dereito a desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, este perderase se, ó seu vencemento, o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi– la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal, de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio aplicarase para os supostos de cesamentos por finalización de contratos.

Conceptos retributivos. Artigo 6º.– Salario. As táboas retributivas para os anos 1996, 1997 e 1998 incrementaranse no índice de prezos ó consumo oficdos últimos doce meses precedentes ó 31 de decembro dos anos indicados, ós que se lles engadirá, ademais, a parte correspondente á compensación por supresión da antigüidade e o rateo da paga de marzo, que desaparece como tal.

Para 1996, o incremento salarserá do 4,3% maila cantidade correspondente por supresión da antigüidade.

Artigo 7º.– Antigüidade.

1. A partir do 30 de setembro de 1996, non se devengarán por este concepto novos dereitos quedando, por tanto, suprimido.

Non obstante, os traballadores que tivesen xerado ou xerasen, antes do 30 de setembro de 1996, novos dereitos ou contías en concepto da antigüidade, manterán a cantidade consolidada na dita data. A dita contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento persoal baixo o concepto de antigüidade consolidada, e non será absorbible nin compensable.

Para compensa– la perda económica que supón a desparición deste concepto, calcularase o equivalente a oito anos, un quinquenio máis tres quintas partes doutro quiquenio, das bases e porcentaxes de concepto de antigüidade de cada convenio de ámbito inferior ó presente convenio ou, no seu defecto, das porcentaxes da ordenanza laboral.

A contía resultante dividirase entre cinco. A cantidade resultante de efectua– la operación anterior será a que se lle engadirá ó importe anual do salario base durante os cinco primeiros anos.

A compensación da antigüidade para 1996, 1997, 1998, 1999 e 2000, será a seguinte:

Peón: 1.330 ptas. mensuais. Axudante: 1.448 ptas. mensuais. Ofic2ª: 1.484 ptas. mensuais. Ofic1ª: 1.489 ptas. mensuais. Encargado: 1.525 ptas. mensuais.

Auxiliar administrativo: 1.448 ptas. mensuais. Administrativo de 2ª: 1.484 ptas. mensuais. Administrativo de 1ª: 1.489 ptas. mensuais. Transcorridos os cinco anos, desaparecerán as ditas contías e a antigüidade quedará cos valores que tivesen o 30 de setembro de 1996, quedando así fixada no sucesivo.

En canto ó valor do quinquenio, será o seguinte: Peón: 59.136 ptas ano. Axudante: 64.351 ptas ano. Ofic2ª: 65.961 ptas. ano. Ofic1ª: 66.195 ptas. ano. Encargado: 67.779 ptas. ano. Auxiliar administrativo: 64.351 ptas. ano. Administrativo de 2ª: 65.961 ptas. ano. Administrativo de 1ª: 66.195 ptas. ano. Artigo 8º.– Gratificacións extraordinarias. As gratificacións extraordinarias de Nadal e xullo serán de 30 días de salario base máis antigüidade. Considéranse gratificacións extraordinarias os complementos salariais de vencemento periódico superior ó mes.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal que serán aboadas, respectivamente, antes do 30 de xuño e 20 de decembro, e devengaranse por semestres naturais e por cada día natural no que se devengase o salario base.

Devengo de pagas: Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño. Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro. A contía dos ditos complementos será a que se especifique para cada un dos grupos ou niveis nas táboas deste convenio, incrementada coa antigüidade que corresponda.

O persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme os criterioa anteriores, no momento de realiza– la liquidación dos seus haberes.

Artigo 9º.– Indemnización por desgaste de ferramentas. Establécese unha indemnización por desgaste de ferramentas a aqueles traballadores ós que non lles sexa facilitada pola empresa, consistente en 39 ptas. por día efectivo de traballo para o ofice de 20 ptas. para o axudante. A empresa determinará os casos de achega de ferramentas por parte do traballador.

Artigo 10º.– Permisos e licencias. Establécese un permiso retribuído nos casos que se indica e polo tempo que se sinala:

Falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e sogros: 3 días naturais, ampliables ata 5 naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, irmáns e avós: tres días naturais, ampliables ata 5 naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticos: 2 días naturais, ampliables ata 4 días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

Enfermidade grave de noras, xenros, cuñados e avós políticos: 2 días naturais, ampliables ata 4 días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

Nacemento de fillo ou adopción: 3 días naturais, ampliables a 5 naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

Matrimonio do traballador: 15 días naturais. Cambio de domicilio habitual: 1 día laborable. Deber inexcusable de carácter público ou persoal: o indispensable ou o que marque a norma.

Lactación ata nove meses: ausencia dunha hora ou dúas fraccións de media hora, reducción da xornada en media hora.

Traslado (artigo 40 ET) : 3 días laborables. Matrimonio de fillos: 1 día laborable. Funcións sindicais ou de representación de traballadores: o establecido na norma.

O tempo necesario para acudir ó médico presentando a xustificación correspondente.

Artigo 11º.– Roupa de traballo. A empresa entregaralles a tódolos traballadores as pezas de roupa de seguridade ás que houbese lugar, adaptadas ós distintos postos de traballo. A roupa de traballo e pezas de roupa de seguridade reporanse sempre que sexa necesario, cando o seu grao de deterioramento non sexa imputable á neglixencia do traballador. Esta roupa será sempre da empresa e o traballador virá obrigado á boa conservación e emprego.

Artigo 12º.– Axudas de custo. A axuda de custo é un concepto de devengo extrasalarial, de natureza indemnizatoria ou compensatoria e de carácter irregular, que ten como finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de manutención e aloxamento do traballador, ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

O traballador percibirá axuda de custo completa cando, como consecuencia do desprazamento, non se poida pasa– la noite na súa residencia habitual. Devengarase sempre por día natural.

Devengarase media axuda de custo cando, como consecuencia do desprazamento, o traballador afectado teña necesidade de realiza– lo xantar fóra da súa residencia habitual e a empresa non lla subministrase, e poida pasa– la noite na citada residencia. A media axuda de custo devengarase por día efectivo de traballo.

O persoal afectado por este convenio seranlle aboados, en caso de desprazamento fóra do seu centro de traballo habitual, os gastos ocasionados e debidamente xustificados. Artigo 13º.– Retribucións de menores.

O contrato de aprendizaxe que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional do presente convenio, terá por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. O dito traballador non deberá ter ningún tipo de titulación, xa sexa superior, media, académica ou profesional, relacionada co posto de traballo que vaia desempeñar.

O contido do contrato, igual cás súas posibles prórrogas, deberá formalizarse por escrito e figurará neste, de xeito claro, a actividade ou profesión obxecto de aprendizaxe.

En ningún caso se poderá realizar este tipo de contrato naquelas actividades nas que concorran circunstancias de tipo tóxico, penoso, perigoso ou nocturno. Tamén estará prohibida a realización de horas extraordinarias.

A idade do traballador cun contrato destas circunstancias non poderá ser inferior a 16 anos nin superior a 22 anos.

a) A duración máxima será de 3 anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector do presente convenio.

b) Non se poderán realizar contratos de duración inferior a 6 meses, e poderase prorrogar ata tres veces por períodos, como mínimo, de 6 meses.

c) Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada dedicarase a formación teórica. Concretaranse no contrato as horas e días dedicados á formación. Así mesmo, especificarase o centro formativo, se é o caso, encargado do ensino teórico.

O ensino teórico, a ser posible, deberá ser previo á formación práctica ou alternarse con esta de forma racional.

No contrato deberá figura– lo nome e a categoría profesional do titor ou monitor encargado da formación práctica, o titor ou monitor encargado da formación do aprendiz, así como de tódolos riscos profesionais.

O traballo efectivo que preste o traballador na empresa deberá estar relacionado coa especialidade ou obxecto do contrato.

O salario que percibirá o aprendiz será o 75%, 85% e o 95% do salario do axudante ou categoría equivalente do presente convenio durante o primeiro, segundo e terceiro ano do contrato, respectivamente.

No caso de cesamento na empresa, entregaráselle ó traballador un certificado referente á formación teórica e práctica adquirida, no que constará a duración desta.

Artigo 14º.No caso de non ser autorizado pola autoridade laboral competente algún dos preceptos deste convenio, este quedará sen efecto e deberase considera– lo seu contido total.

Artigo 15º.– Póliza de seguros. As empresas estarán obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo no prazo de tres meses a partir da contratación do traballador, unha póliza de seguros en orde á cobertura dos riscos de morte e incapacidade para todo tipo de traballo dos traballadores, por accidente laboral incluído o in itinere, que lle garanta ó traballador accidentado ou ós seus habentes causa, no caso de morte ou invalidez para todo tipo de traballo por causa fortuíta, espontánea e exterior á vontade do traballador, a percepción da indemnización seguinte:

1.500.000 ptas. en caso de morte. 2.500.000 ptas. en caso de incapacidade para todo tipo de traballo.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida o traballador causar na Seguridade Socou montepío. Non obstante, as indemnizacións ás que se fai mención neste artigo non se considerarán como entrega a conta da indemnización que, se é o caso, puidesen declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, unha vez exista sentencia definitiva, sobresemento ou renuncia de accións.

Artigo 16º.– Situacións de incapacidade laboral. Tódolos traballadores afectados por este convenio, en caso de accidente laboral con ou sen hospitalización, percibirán polo período de ILT por conta da empresa, o 100% do salario desde o día 10 ata o 70, ambos inclusive. Para os supostos de enfermidade común e enfermidade profesional, percibirán, en caso de ILT, por conta da empresa, o 100% do salario desde o día 20 ó 60, ambos inclusive.

Artigo 17º.– Comisión paritaria. Constitúese unha comisión mixta paritaria para a interpretación deste convenio, constituída polos membros da comisión negociadora.

Artigo 18º.No non previsto no presente convenio colectivo, haberá que aterse ó disposto no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o convenio estatal da madeira, asinado o 21 de marzo de 1996, como dereito de directa aplicación para todas aquelas cuestións non incluídas no presente convenio.

Disposición transitoria primera. Primeira.– En relación coa duración do convenio sinalada no artigo 2 do presente convenio, sinálase que, para efectos do incremento salarial, as partes se reunirán a primeiros de ano, co obxecto de aplica– lo IPC correspondente ó ano anterior e fixa– las táboas salariais dese ano, tendo en conta que, para efectos de incremento salarial, a duración do convenio será de tres anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 1998 e nos termos que sinala a disposición adicional primeira do convenio xeral da madeira, data a partir da cal, en caso de ser denunciado o convenio, se reunirán as partes para a negociación do incremento salarial.

Disposicións adicionais. Primeira.– Os atrasos do presente convenio serán aboados nun prazo non superior a 30 días desde a súa publicación no BOP.

Segunda.– Co fin de axusta– lo calendario laboral anual no presente ano 1996, fíxanse como días non laborables o 24, 26, 27, 31 e catro horas do día 30,

todos do mes de decembro, salvo acordo entre empresa e traballadores para a fixación doutros distintos.

Terceira.– O rateo da paga de marzo suporá para cada traballador, segundo a súa categoría profesional, as seguintes cantidades:

Peón: 2.214 ptas. Axudante: 2.410 ptas. Ofic2ª: 2.460 ptas. Ofic1ª: 2.479 ptas. Encargado: 2.538 ptas. Auxiliar administrativo: 2.410 ptas. Administrativo de 2ª: 2.470 ptas. Administrativo de 1ª: 2.479 ptas.

Táboa salarCategoría Salario base Peón 84.481 ptas. Axudante 91.930 ptas. Ofic2ª 94.239 ptas. Ofic1ª 94.564 ptas. Encargado 96.827 ptas. Auxiliar administrativo 91.930 ptas. Administrativo de 2ª 94.230 ptas. Administrativo de 1ª 94.564 ptas.