Convenio Colectivo de Empresa de HOTELERA DEL NOROESTE, S.A. HESPERIA HOTEL PERE...222011996) de Coruña
Convenios
Convenio Colectivo de Emp... de Coruña

Última revisión
29/10/2019

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de HOTELERA DEL NOROESTE, S.A. HESPERIA HOTEL PEREGRINO (15003222011996) de Coruña

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2019 en adelante

Tiempo de lectura: 19 min

Tiempo de lectura: 19 min

Resolución de inscrición e publicación do convenio colectivo do centro de traballo de ?Hotel Peregrino, S.A.? 2019-2020 Logo de constituírse a comisión negociadora do convenio colectivo do centro de traballo de ?HOTEL PEREGRINO, S.A.?, 2019-2020 (código de convenio 15003222011996) (Boletín Oficial de A Coruña num. 206 de 29/10/2019)

ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

XUNTA DE GALICIA

Consellería De Economía, Emprego E Industria

Xefatura Territorial da Coruña

Servizo de Emprego e Economía Social

Resolución de inscrición e publicación do convenio colectivo do centro de traballo de “Hotel Peregrino, S.A.” 2019-2020

Logo de constituírse a comisión negociadora do convenio colectivo do centro de traballo de “HOTEL PEREGRINO, S.A.”, 2019-2020 (código de convenio 15003222011996) subscríbese o texto do convenio colectivo polas partes lexitimadas, e solicítase a súa inscrición e publicación con data 8 de maio de 2019.

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE núm. 143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013).

Considerando que a xefatura territorial de economía, emprego e industria da Coruña é competente para resolver a inscrición do convenio colectivo do centro de traballo de “HOTEL PEREGRINO, S.A.” 2019-2020 e para dispoñer a súa pu- blicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. A inscrición do convenio colectivo do centro de traballo de “HOTEL PEREGRINO, S.A.” 2019-2020 no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A remisión do convenio colectivo do centro de traballo de “HOTEL PEREGRINO, S.A.” 2019-2020 ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 23 de outubro de 2019.

O xefe territorial de economía, emprego e industria 

Isidoro Martínez Arca

CONVENIO COLECTIVO HOTELERA DEL NOROESTE, S.A. HOTEL HESPERIA PEREGRINO

Parte social os delegados sindicais do sindicato CIG:

D.ª José Manuel Blanco Juncal.

D. Esther Alvarez Dominguez

D. Encarna Ferro Tobio

Parte empresarial os apoderados de Hotelera Noroeste, S.A.:

D. Diego Moreno Santos

Proceden á firma do convenio colectivo para os anos 2019-2020

ARTIGO 1.º.–ÁMBITO FUNCIONAL.

O presente convenio afecta ó persoal do cadro de persoal do centro de traballo “Hesperia-Hotel Peregrino” de Santiago da empresa “Hotelera del Noroeste, S.A.”.

ARTIGO 2.º.–VIXENCIA.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2019, independentemente da súa publicación no Boletín Oficial correspondente, e rematará o 31 de decembro de 2020.

Poderá ser denunciado por calquera das partes mediante escrito certificado cunha antelación mínima de un mes á data do seu vencemento, e se non fose denunciado entenderase prorrogado por períodos de un ano sucesivamente

ARTIGO 3.º.–SISTEMA DE RETRIBUCIÓN.

A retribución salarial do persoal afectado polo presente convenio consistirá nun salario base con arreglo ós distintos grupos profesionais, ó que se lle sumarán os complementos e pluses que se pactan.

Incrementar os salarios en tódolos conceptos retributivos o 1,75% en 2019 e un 2,25% no 2020. Suxeto este incre- mento a revisión de IPC o finalizar cada ano. De facer esta revisión, efectuaráse o pago dos atrasos antes do 28 de febreiro de 2020 e de 2021.

ARTIGO 4.º.–COMPENSACIÓN E MELLORAS.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as voluntarias que se establezan no sucesivo, serán compen- sables e absorbibles ata onde alcancen os aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixadas por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo.

ARTIGO 5.º.–COMISIÓN EN DIVISAS.

O tanto por cen correspondente a dita comisión será repartido entre o persoal do departamento que efectúe os trocos.

ARTIGO 6.º.–ORDENACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO.

O sistema de clasificación profesional será o establecido no Acuerdo Laboral de Ambito Estatal para o Sector da Hostelería.

ARTIGO 7.º.–SALARIO BASE.

A cada grupo profesional aplicaráselle a contía salarial mínima correspondentes a cada nivel, e serán as seguintes para o ano 2019:

Nivel 1:         1.286,03

Nivel 2:         1.144,11

Nivel 3:         1.068,48

Nivel 5:            973,54

ARTIGO 8.º.–MANUTENCIÓN.

O persoal de calquera clase e categoría terá dereito o manutención como complemento salarial en especie, a per- cibir con cargo á empresa, e durante as horas en que presten os seus servizos e sempre que avisen o mes anterior. O complemento en especie de manutención poderá substituírse mediante a entrega dunha cantidade mensual, computada diariamente.

Para o ano 2019: será de 50,76 €.

ARTIGO 9.º.–ALOXAMENTO.

Considerarase incluído nos salarios que figuran no artigo 7.º o importe do aloxamento a aquel persoal que o ten reco- ñecido pola Ordenanza Laboral do 28 de febreiro de 1974.

ARTIGO 10.º.–TRANSPORTE.

Establécese un plus de transporte para o ano 2019 e para todo o persoal afectado polo presente convenio de 58,03 €.

ARTIGO 11.º.–ANTIGÜIDADE.

O complemento de antigüidade que se viña percibindo por porcentaxes segundo os anos de antigüidade na empresa, queda modificado polo acordo entre as partes por entender que dificulta a contratación e permanencia dos traballadores/ as que acceden agora ou o fixeron nos últimos tempos a un posto de traballo.

Con tal motivo en busca de promover e consolidar a contratación e o emprego na hostalería, acórdase modificar o artigo do complemento de antigüidade, que se conxela, desaparecendo por tanto as táboas de porcentaxes e salarios neste concepto, quedando establecido do seguinte xeito:

Os traballadores/as que na data 1 de xaneiro de 2015 viñan percibindo mensualmente algunha cantidade por antigüi- dade, seguirán recibíndoa en anos sucesivos e figurando na súa nómina o concepto de “complemento de antigüidade por dereitos adquiridos”. Este concepto será negociado cada ano ou cando se negocie un convenio. Os traballadores/as que no momento de entrar en vigor o presente convenio non tiveran xerada antigüidade, non a xerarán.

ARTIGO 12.º.–GRATIFICACIÓNS EXTRAORDINARIAS.

As gratificacións extraordinarias de marzo, xullo, setembro e Nadal, serán de trinta días. Estarán constituídas polos salarios do artigo 7.º, incrementados coa antigüidade que corresponda en cada caso, así como o resto dos complementos.

O período de devengo de cada unha das pagas será o seguinte:

Paga de marzo: do 16 de marzo ó 15 de marzo do ano seguinte. 

Paga de xullo: do 1 de xullo ó 30 de xuño do ano seguinte.

Paga de setembro: do 16 de setembro ó 15 de setembro do ano seguinte. 

Paga de Nadal: do 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

As citadas pagas abonaranse o 15 de marzo, 18 de xullo, 15 de setembro e 22 de decembro respectivamente.

ARTIGO 13.º.–VACACIÓNS.

Tódolos traballadores/as terán dereito a trinta días de vacacións anuais, podéndose disfrutar en bloque ou fracciona- dos en dous períodos.

A planificación das datas de disfrute, terá que ser de mutuo acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores.

Non obstante o recollido no parágrafo anterior, tódolos traballadores/as terán dereito a desfrutar de 14 días de va- cacións empezando un luns e rematando en domingo, no periodo preferencial comprendido entre os meses de abril a setembro.

Con independencia das vacacións, os traballadores/as disfrutarán de 15 días non laborais legalmente establecidos, incrementados cos 2 días correspondentes á festa da Patroa.

ARTIGO 14.º.–XORNADA LABORAL.

A duración máxima da xornada de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo. Tódolos traballadores/as terán dereito a dous días de descanso semanal e ininterrompido. Será xornada continuada nos departamentos de recep- ción, conserxería, teléfonos, pisos, lencería, administración e contabilidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as doce da noite e as oito da mañá, salvo que o salario se establecera atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán unha retribución específica incremen- tada, como mínimo, nun 25% sobre o salario base.

ARTIGO 15.º.–DOTE POR CASAMENTO.

Tanto o persoal masculino como o feminino que leve dous anos de servizo na empresa e se case, continuando na mesma, percibirá, en concepto de dote, unha mensualidade de retribución, que comprenderá o salario máis a antigüidade.

No suposto de que dito persoal non permanecese na empresa un ano máis a partir da data de casamento, desconta- ráselle na liquidación que se lle practique a cantidade que tivese percibido en concepto de dote.

Este dereito será extensivo as parellas de feito que se inscriban no rexistro oficial correspondente.

Este dereito só poderá ser disfrutado unha soa vez polo productor/a durante a súa permanencia na empresa.

ARTIGO 16.º.–LICENCIAS.

Sen perda de retribución algunha, a empresa concederá licencias nos casos seguintes e coa seguinte duración:

1. Casamento do traballador: 20 días.

2. Enfermidade grave, hospitalización, accidente, intervención cirúrxica, morte do cónxuxe, pais, fillos ou familiares ata 2.º grao de consanguinidade ou afinidade: 6 días. Neste caso de enfermidade grave, os días de licenza poderán ser disfrutados no período de duración da enfermidade, non necesariamente dende o primeiro día de hospitalización.

3. Por nacemento de filla ou fillo, adopción ou acoximento: 6 días.

4. Voda de fillos, irmáns, bautizos e primeiras comunións: 1 día, se é dentro da provincia, e 3 días se é fora dela.

5. Traslado do domicilio habitual: 1 día.

6. Libre disposición, non acumulables ás vacacións: 2 días.

7. Nos casos de maternidade, adopción ou acoximento, os periodos de descanso prescritos para tales supostos no artigo 48.4 do Estatuto dos Traballadores, incrementaranse a mayores, entodos eses casos, en duas semanas, o incremento destas duas semanas, as retribucións correrán a cargo das empresas.

Para ter dereito ó disfrute do beneficio reseñado no parágrafo anterior, seran necesarias duas condicións:

Solo poderá ser disfrutado polo traballador/a que leve como mínimo, dous anos de permanencia na empresa.

Unicamente poderá disfrutalo so un dos pais.

8. As traballadoras por lactancia do fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo. O tempo adicado a lactancia dentro do horario de traballo poderá disfrutarse de forma acumulada, sendo o período de 15 días.

Sen prexuízo do establecido no artigo 37.3.b do ET

ARTIGO 17.º.–EXCEDENCIA.

O traballador/a cunha antigüidade na empresa, alomenos, dun ano, terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de cinco anos, sen que en ningún caso se poida producir tal situación nos contratos de duración determinada. O traballador/a reunirá as condicións seguintes:

a) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano. A concesión outorgarase dentro do prazo dun mes a partir da data de petición.

b) O período da excedencia voluntaria será non menor de catro meses e non maior de 5 anos.

c) O traballador/a que desexe incorporarse ó seu posto de traballo notificarao á empresa cun mes de anticipación á data na que expire o prazo.

d) Perderá o dereito á incorporación ó seu posto de traballo todo aquel excedente que en tal período de tempo preste servizos por conta allea, en calquera posto de traballo, dentro do territorio da provincia de Coruña, en empresas compren- didas no Acordo Laboral Estatal para as Empresas de Hostalería(ALEH).

e) Se a empresa dera emprego a outro traballador/a para substituír ó excedente, aquel tería a condición de interino, causando baixa ó reincorporarse o substituído. Se este non se reincorpora no prazo e condicións sinaladas, cesaría defini- tivamente na empresa, adquirindo o interino a condición de fixo.

f) Para acollerse a outra excedencia voluntaria, o traballador/a deberá cubrir un novo período de, ó menos, catro anos de servizos efectivos na empresa.

g) A excedencia voluntaria concederase sen dereito algún a retribución.

h) Así mesmo,poderán solicitar a situación de excedencia os traballadores/as que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior e mentres dure o exercicio do seu mandato.

i) A excedencia para coidado de fillos, tanto cando o sexa por natureza, como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, así como para atender ó coidado de familiares, virá regulada polo esta- blecido na Lei Orgánica 3/2007, para promover a conciliación da vida familiar laboral das persoas traballadoras, e demais lexislación vixente e concordante.

ARTIGO 18.º.–ENFERMIDADE.

En caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social, ata o 100 por cento do salario establecido no artigo 7, máis a antigüidade, plus de manutención, transporte e complementos.

Esta prestación manterase por un período máximo de doce meses.

Así mesmo, os períodos de enfermidade ou accidente de traballo non se terán en conta para deducir do período de vacacións.

ARTIGO 19.º.–GRATIFICACIÓN ESPECIAL POR VINCULACIÓN Á EMPRESA E AUXILIO DE DEFUNCIÓN.

En caso de finamento do traballador/a concederáselle á viúva, viúvo ou fillos/s, un auxilio de defunción na seguinte contía e xeito:

- Por cinco anos de servizo: unha mensualidade.

- Por dez anos de servizo: dúas mensualidades.

- Por vinte anos de servizo: tres mensualidades.

- Por vintecinco anos de servizo: catro mensualidades.

O persoal que non leve os cinco anos de servizo na empresa pagaráselle a parte proporcional ó tempo traballado na contía de seis días por ano de servizo.

Os traballadores que causen baixa definitiva na mesma (a excepción de baixa voluntaria, excedencia ou despido de cal- quera tipo) e que leven, como mínimo, quince anos de servizo na empresa, percibirá dúas mensualidades, incrementadas con tódolos emolumentos inherentes á mesma, e unha mensualidade máis por cada cinco anos que exceda dos quince de referencia.

ARTIGO 20.º.–MOBILIDADE FUNCIONAL.

A mobilidade funcional no seo da empresa, que se efectuará sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais  do traballador/a, estará limitada ós departamentos de comedor e cafetería, entre si, e ós dos pisos, limpeza e lavande- ría, tamén entre si, e sempre que as necesidades do servizo así o reclamen, de acordo co establecido no Estatuto dos Traballadores.

ARTIGO 21.º.–PRAZOS DE PREAVISO.

Os prazos de preaviso, nos casos de cese voluntario dos traballadores/serán os seguintes:

- De 15 días os traballadores/as encadrados nos niveis 1 e 2.

- De 10 días o resto do persoal, segundo o artigo 6.º.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores, dará lugar á perda do que poidera corresponderlles polas partes proporcionais das gratificacións extraordinarias contempladas no artigo 12.

ARTIGO 22.º.–HORAS EXTRAORDINARIAS.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo, abonarase cun incre- mento que non será inferior ó 75% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria.

ARTIGO 23.º.–POLIZA DE SEGURO DE ACCIDENTES.

A empresa contratará para todo o persoal afectado por este convenio un seguro de accidentes durante a prestación de traballo ou “in itinere”, de morte ou invalidez permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, pola cantidade de

17.079 € para os anos 2019 a 2020, para cada un dos casos mencionados anteriormente.

ARTIGO 24.º.–CALENDARIO LABORAL.

A empresa deberá contar cun calendario laboral no que figuren as quendas de traballo, descansos semanais, quendas de vacacións para cada traballador/a, e festas anuais.

Este calendario laboral será realizado pola representación da empresa e os representantes dos traballadores/as, tendo que quedar fixado antes do 31 de outubro do ano anterior do que se trate.

A Dirección deberá facer unha copia, asinada convenientemente polas representacións respectivas, expoñéndoa  nun lugar visible do centro de traballo para coñecemento de tódolos traballadores/as, así como entregar unha copia ós representantes.

ARTIGO 25.º.–DÍA DA PATRONA.

Os días 29 e 30 de xullo, festividade de Santa Marta, consideraranse festivos a efectos laborais, coa opción por parte da empresa de poder substituílos polo seu pago en metálico, co fin de manter o normal funcionamento da mesma. A substitución en metálico será a que corresponda ó traballador/a polo salario total dunha xornada normal.

ARTIGO 26.º.–DEREITOS SINDICAIS.

As garantías sindicais que no artigo 68 do Estatuto dos Traballadores se establecen para os membros do Comité de empresa e delegados/as de persoal electos, esténdense ós candidatos/as a aqueles postos e durante os seis meses seguintes de celebradas as eleccións ás que se presentaron pola súa calidade ou condición de candidatos/as. Recoñécese a existencia de seccións sindicais na empresa, así como de delegados/as das seccións sindicais, os que terán os mesmos dereitos e garantías que os membros do comité de empresa.

Os traballadores/as terán dereito a celebrar asambleas, con carácter ordinario, unha vez ó mes, fóra da xornada laboral e cunha duración dunha hora, sen interromper a actividade do servizo. Nos demais dereitos estarase ó disposto no Estatuto dos Traballadores, Lei Orgánica de Liberdade Sindical e demais normas complementarias.

ARTIGO 27.º.–ROUPA DE TRABALLO.

No caso de seguir esixindo uniformidade, a empresa facilitará a todo o persoal un mínimo de dous uniformes anuais (inverno e verán), abonándolles unha cantidade en concepto de limpeza e mantemento; no caso de non ser obrigatorio o uso do uniforme facilitaráselles a roupa de traballo adecuada para as funcións que desenvolva.

ARTIGO 28.º.–RECOÑECEMENTOS MÉDICOS.

Realizarase unha revisión médica anual, de acordo co establecido na vixente Lei de Prevención de Riscos Laborais e normas que a desenvolven. Dos resultados de dita revisión entregaráselle copia a cada traballador/a.

ARTIGO 29.º.–COMPLEMENTOS.

Abonarase un complemento persoal, de carácter consolidable, en función del trabador/a y nas contías que figuran en el Anexo a este convenio. Dicho complemento salarial corresponde a una jornada completa de trabajo, siendo ajustado proporcionalmente en función de la jornada.

ARTIGO 30.º.–COMISIÓN PARITARIA.

Como órgano de interpretación, vixilancia e solución de conflitos do pactado no presente convenio, crearase unha Comisión Mixta Paritaria integrada polo representante legal dos traballadores e un representante legal da empresa.

A citada comisión está obligada a reunirse cantas veces sexa necesario, sendo a sede da mesma nos locais do hotel Hesperia Peregrino, sito na Avda. Rosalía de Castro, Santiago de Compostela. A devandita comisión reunirase unha vez cada seis meses, e no plazo improrrogable de 10 días, a requerimiento de calquera dos seus membros, ou ben por recibir comunicacións previstas no artigo do convenio sobre aplicación da cláusula de descolgue.

No caso de non comparecer algunhas das partes (pese a estar notificadas), para dictaminar sobre requerimientos do artigo sobre aplicación da cláusula de descolgue, será válida a resolución dictada pola maioría dos membros asistentes, seguindo os trámites do mencionado artigo ata a resolución definitiva, que será comunicada ó requerimiento no prazo máximo fixado.

ARTIGO 31.º.–RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS.

As partes asinantes do presente convenio, axeitándose ó establecido na recomendación número 92 da OIT e no seu artigo número 6 da Carta Social Europea, sobre conciliación, mediación e arbitrase voluntario, acordan, no caso de con- flictos non individuais xurdidos como consecuencia da aplicación e interpetración deste convenio colectivo, someterse ós procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo establecidos no Acordo Interprofesional (AGA), suscrito entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as centrais sindicais Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UXT) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), nos propios termos nos que no mesmo están formulados.

Este precedemento utilizaráse tamén nas discrepancias xurdidas pola aplicación dos artigos 40.2, 41.4 e 51 do texto refundido dos Estatuto dos Traballadores.

ARTIGO 32.º.- PROCEDEMENTO PARA A INAPLICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO.

Cando concorran causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, por acordo entre a empresa e os repre- sentantes legais dos traballadores, poderase proceder, previo desenrolo dun período de consultas nos termos do artigo 41.4 do E.T. a inaplicar na empresa as condicións de traballo previstas no presente convenio, e que afectan as seguintes materias:

a) Xornada de traballo.

b) Horario e distribución do tempo de traballo.

c) Réxime de traballo a quendas.

d) Sistema de remuneración e cuantía salarial.

e) Sistema de traballo e rendemento.

f) Funcións, cando excedan dos límites que para a mobilidade funcional prevé o artigo 39 do E.T.

g) Melloras voluntarias da acción protectora da Seguridade Social.

O concepto de causas económicas, técnicas, organizativas e de produción ven desenrolado no Artigo 82 do E.T.

Cando o período de consultas remate con acordo presumiranse que concorren as causas xustificativas alegadas pola empresa e só poderá ser impugnado ante a xurisdición social pola existencia de fraude, dolo, coacción ou abuso de dereito na súa conclusión. O acordo deberá determinar con exactitude as novas condicións de traballo aplicábeis na empresa e súa duración, que no poderá prolongarse mais alá do momento en que resulte aplicábel un novo convenio. O acordo deberá ser notificado á comisión negociadora do convenio.

No caso de desacordo durante o período de consultas, a empresa deberá someter a discrepancia a comisión paritaria do convenio, que disporá dun prazo máximo de sete días para pronunciarse, a contar desde que a discrepancia fora prantexada.

ARTIGO 33.º.–GARANTÍAS DE IGUALDAD Y PREVENCIÓN DEL ACOSO SEXUAL, MORAL O DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE SEXO, RAZA O RELIGIÓN.

La empresa y los representantes de los trabajadores garantizarán la igualdad de oportunidad, entre hombres y mujeres, así como la no discriminación por cuestión de razas, religión o por cualquier otra condición de conformidad con la Legisla- ción vigente nacional, jurisprudencia y directiva comunitaria establecida al efecto.

Se pondrá especial atención en cuanto al cumplimiento de estos preceptos en lo que refiera a:

- Acceso al empleo.

- Estabilidad en el empleo.

- Igualdad salarial en trabajos de igual valor.

- Formación y promoción profesional.

- Ambiente laboral exento de cualquier tipo de acoso.

ARTIGO 34.º.–DEREITO DE APARCAMENTO.

Os traballadores terán dereito a aparcamento do automóbil que usen para desprazarse o traballo, exclusivamente nas horas nas que estean traballando efectivamente. Ademais o aparcamento será exclusivamente no lugar que asigne a empresa.

Este dereito poderá ser revocado temporalmente en caso de necesidade da empresa por necesidade de uso dos clientes, pola realización de obras e outras circunstancias de naturaleza temporal e análoga.

TÁBOAS SALARIAIS 2019

TABOA DO ANO 2019 ACTUALIZADA CONVENIO COLECTIVO HOTEL PEREGRINO

(Omitida. Consultar PDF de la disposición)

TÁBOAS SALARIAIS 2020

TABOA DO ANO 2020 ACTUALIZADA CONVENIO COLECTIVO HOTEL PEREGRINO

(Omitida. Consultar PDF de la disposición)

COMPLEMENTO PERSOAL (ART. 29)

(Omitida. Consultar PDF de la disposición)

CUADRO DE QUENDAS DE TRABALLO

(Omitida. Consultar PDF de la disposición)

FIRMAS:

Dª. Jose Manuel Blanco Juncal. Dni 35.279.421 C

D. Esther Alvarez Dominguez 34.907.307 T

D. Encarna Ferro Tobio 33.269.007 Y

D. Diego Moreno Santos 34.973.064 T