Convenio Colectivo de Empresa de MECANISMOS AUXILIARES INDUSTRIALES, S.A. de Pontevedra

Empresa Autonomico.

TIEMPO DE LECTURA:

Modificaciones/Revisiones
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Resolución do 3 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Mecanismos Auxiliares Industriales, S. A. 12/01/1998 Diario Oficial de Galicia
Resolución do 6 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Mecanismos Auxiliares Industriales, S. A. 19/03/1997 Diario Oficial de Galicia

Resolución do 3 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Mecanismos Auxiliares Industriales, S. A. (Diario Oficial de Galicia núm. 600 de 12/01/1998)
resa Mecanismos Auxiliares Industriales, S. A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-11-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación daresa, e da parte social, polo comité deresa, con data do 4-11-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de decembro de 1997. Antonio Coello Bufill Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo daresa Mai, S. A.

(Mecanismos Auxiliares Industriales, S. A.) ,

sita en Vigo, Camiño do Caramuxo, número 55 Actas nº 18 e 19 (Actas finais do convenio)

Co fin de continua-las negociacións do convenio, reúnense ás 15.30 horas do día 4-11-1997 no salón de reunións do hotel Coia as partes negociadoras:

-Polaresa: Juan Alberto Casanovas Saludes. Gaspar Ribé Bargalló. Domenech Sanromá Filella. Alfonso Jiménez González.

Asesor: Manuel Blázquez Pallarés.

-Polo comité deresa: CIG: Inés Prado Prado. Pilar Lago Herrador. Mercedes Arcas Sendón. Ana Meijide González (delegada sindical) .

Asesor: Anxo González Ferreira.

CC. OO.: Dolores Lago Herrador. Cristina Blanco Alonso.

Asesor: Guillermo Gómez Rodríguez.

Secretario moderador: Ubaldo Álvarez Diéguez.

1º. Discútense algúns aspectos do preacordo acadado entre aresa e os representantes legais dos traballadores e dalgunhas cuestións relacionadas con el.

2º. Realízase unha suspensión da sesión a petición dos representantes legais dos traballadores afiliados a CC. OO. e CIG.

3º. Reanudada a sesión, chégase ó seguinte acordo do convenio:

Os artigos 2, 3, 4, 12, 29, 30, 31, 38 e 41 quedan redactados de acordo co texto literal que se xunta e que constitúe o acordo do convenio. Seguirán en vigor os restantes artigos do convenio vixente non afectados polo presente acordo.

Convenio de Vigo Artigo 2º.-Vixencia. As normas estipuladas polo presente convenio entrarán en vigor a partir do asinamento da acta de compromiso, se ben os seus efectos salariais serán a partir do 1 de xaneiro de 1997.

Artigo 3º.-Duración. A duración do convenio será desde o 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1999.

Artigo 4º.-Prórroga. Se ningunha das partes denunciase o convenio o 31-12-1999, prorrogarase tacitamente a súa vixencia de ano en ano.

Artigo 12º.-Xornada de traballo. 12.1. A xornada anual efectiva de traballo para os anos 1997, 1998 e 1999 establécese en:

–Persoal a quendas: 1.759 horas. –X. C e/ou X. P: 1800,5 horas.

12.7. A xornada laboral distribuirase de luns a venres, aínda que a dirección daresa, logo de información e razoamento ó comité deresa, poderá requiri– losregados para que veñan desenvolve– lo seu labor durante tres sábados como máximo ó ano durante 1997, oito sábados como máximo durante 1998 e dez sábados como máximo ó ano a partir de 1999, sen que iso supoña a ampliación da xornada laboral no seu cómputo anual dado que se compensaría cada sábado de traballo cun día de descanso e un complemento de 2.750 ptas./día.

O dito requirimento afectaría a quendas completas e debería realizarse cun aviso previo de, alomenos, tres días.

Artigo 29º.-Salarios. Establécese, para os anos 1997, 1998 e 1999 un incremento salarial do IPC real do Estado o 31-12-1997, 31-12-1998 e 31-12-1999 respectivamente máis 0,33 puntos para todo o persoal reflectido na táboa salarial anexa. Mentres non se coñeza o IPC de 1997, 1998 e 1999 aplicarase un aumento salarial, tomando como base o IPC previsto polo Goberno. Unha vez publicado o IPC real do ano 1997, 1998 e 1999 polo INE, procedarase a face– la regularización das diferencias que corresponda, con efectos do día primeiro de xaneiro de 1997, 1998 e 1999 respectivamente.

Artigo 30º.-Complemento de substitución. A partir do asinamento do presente convenio suprímese o plus de antigüidade. As cantidades que se viñan percibindo por tal concepto aboaranse como complemento persoal, denominado de substitución, que non será compensable nin absorbible e terá os aumentos que se pacten en convenio colectivo.

A aqueles traballadores que o 4 de novembro de 1997 lles faltasen ata 1, 2, 3 e ata 4 anos para completaren o quinquenio en curso de adquisición percibirán respectivamente o 80%, 60%, 40% e 20% do valor dun quinquenio, que se engadirá ó complemento polos quinquenios consolidados. Iso co límite actualmente establecido de cinco quinquenios.

Artigo 31º.-Gratificacións extraordinarias. 31.2. Establécese un complemento para cada unha das dúas pagas extraordinarias, a contía anual das cales para 1997, 1998 e 1999 terá un incremento do IPC real do Estado o 31-12-1997, 31-12-1998 e 31-12-1999 respectivamente máis 0.33 puntos sobre o valor antes de convenio de 16.732 ptas.

Artigo 38º.-Gastos mínimos de locomoción. 38.1. En concepto de gastos de locomoción, para os anos 1997, 1998 e 1999, aresa aboará por persoa e día traballado unha cantidade que se verá incrementada na mesma proporción có salario durante a vixencia do convenio.

Artigo 41º.-Permiso retribuído para IT e consultas médicas.

Para o ano 1997 e ós traballadores que durante 1996 non superen o 3,5% de absentismo, percibirán

un 25% do seu salario, que se engadirá ó 50% establecido no parágrafo anterior, durante os tres primeiros días de baixa por enfermidade; aplicarase a mesma fórmula para os anos 1998 e 1999 en relación ós anos 1997 e 1998.