Convenio Colectivo de Empresa de PORTOS DE GALICIA. PERSOAL LABORAL (82000742012003) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
21/05/2007

-. Convenio Colectivo de Empresa de PORTOS DE GALICIA. PERSOAL LABORAL (82000742012003) de Galicia

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Convenio afectado por
Documento oficial en PDF(Páginas 31-31)

Resolucion do 18 de abril de 2007, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon a inscricion no rexistro e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision negociadora do convenio colectivo para o persoal laboral de Portos de Galicia. (Diario Oficial de Galicia num. 96 de 21/05/2007)

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2007

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta da reunión realizada o 19 de xaneiro de 2007 co obxecto de acadar acordo de modificacion dos artigos 19 e 20 do I convenio colectivo de Portos de Galicia.

Lugar de realización: sala de reunións da dirección dos servizos centrais (Santiago de Compostela).

Hora: 14.00.

Asistentes:

-Pola empresa:

Ana Isabel Calzadilla Bouzón, directora.

Reyes Rodríguez Sanz, xefa do dpto. de RRHH.

-En reprsentación dos traballadores:

Polo comité de empresa da provincia da Coruña:

Juan Carlos Pérez Oviedo

Concepción Maceira Mirás

Pedro Urquijo Gómez

Ricardo Tomé del Río

Valentín Domínguez Fernández, escusa a súa non-asistencia

O delegado de persoal da provincia de Pontevedra: José Juan Baulde López.

O delegado de persoal da provincia de Lugo, escusa a súa non-asistencia.

Reunidos na data, lugar e hora sinalados, apróbase por unanimidade a modificación dos artigos 19 e 20 do I convenio colectivo para o persoal laboral de Portos de Galicia, cos seguintes contados:

Inclúese un novo punto no artigo 19 co seguinte contido:

«Así mesmo, os/as traballadores/as terán dereito a un día hábil adicional de vacacións ao cumplir quince anos de servizo e engadirse un día hábil ao cumplir os vinte, vinte e cinco e trinta anos de servizo, respectivamente, ata un máximo de catro. Non se considerarán como días hábiles os sábados, sen prexuízo das adaptacións que se establezan para os horarios especiais».

A alínea e) do artigo 20 queda redactado do seguinte xeito:

«O/a traballador/a, por lactación dun/dunha fillo/a menor de 9 meses, terá dereito a unha hora diaria de ausencia do traballo. Este período de tempo poderá dividirse en dúas fraccións ou substituírse por unha reducción da xornada dunha hora.

Así mesmo, coa finalidade de atender o seu fillo/a menor de nove meses, os/as traballadores/as que expresamente o soliciten terán dereito á acumulación en xornadas completas destas horas de ausencia, debendo exercer a opción da súa utilización, ben de maneira continuada tras o descanso por maternidade ou ben polo desfrute dun día á semana a partir da finalización deste descanso».

Sendo as 14.50 horas, péchase a sesión, e asinan os asistentes:

Directora: Ana Isabel Calzadilla Bouzón.

Xefa do dpto. de RR.HH: Reyes Rodríguez Sanz.

Presidente do comité de empresa da provincia da Coruña: Juan Carlos Pérez Oviedo.

Delegado de persoal da provincia de Pontevedra: José Juan Baulde López.

Miembros do comité de empresa da provincia da Coruña:

Concepción Maceria Mirás

Pedro Urquijo Gómez

Ricardo Tomé del Río