Convenio Colectivo de Empresa de REGISTRO CIVIL. PERSONAL FUNCIONARIO de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
17/03/2008

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de REGISTRO CIVIL. PERSONAL FUNCIONARIO de Galicia

Empresa Autonómico. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2008 en adelante

Tiempo de lectura: 7 min

Tiempo de lectura: 7 min

Resolucion do 7 de marzo de 2008, da Direccion Xeral de Xustiza, pola que se regula o horario especial e as condicions de traballo nas oficinas de Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra. (Diario Oficial de Galicia num. 54 de 17/03/2008)

A Resolución do 31 de maio de 2006, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle dá publicidade ao acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma galega e as organizacións sindicais UGT, CIG, CC.OO., CSI-CSIF e SPJ-USO, con representación entre o persoal da Administración de xustiza destinado nesta comunidade, para a modernización da Administración de xustiza en Galicia, recolle como obxectivo da Xunta de Galicia a apertura das oficinas dos rexistros civís das cidades en horario de mañá e tarde das 9:00 ás 18.00 horas, con participación voluntaria dos empregados públicos.

Deste xeito, a propia Orde do 16 de marzo de 2007, pola que se aproban os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia durante o ano 2007 sinala no seu artigo 3 como horario de apertura das oficinas de Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra que este será ininterrompido das 9.00 ás 18.00 horas de luns a venres e das 10.00 ás 13.00 horas os sábados, especificando que a atención directa ao cidadán durante esta franxa horaria se organizará a través de quendas voluntarias e incentivadas conforme o previsto no artigo 6 da mesma orde.

En aplicación da normativa mencionada, logo de negociación coas organizacións sindicais máis representativas do sector,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Esta resolución será de aplicación aos funcionarios dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia que presten servizos no Rexistro Civil Único da Coruña e Vigo, así como nos órganos xudiciais que teñan adscrito o Rexistro Civil nas cidades de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra, que voluntariamente opten por unha xornada de mañá e tarde incentivada economicamente e coas compensacións horarias que se establezan nesta resolución.

Artigo 2º.-Número de funcionarios integrantes da quenda de tarde.

1. O número de funcionarios precisos para a integración das quendas voluntarias de atención da oficina do rexistro civil en horario de tarde e os sábados pola mañá, así como o número de funcionarios que efectivamente prestarían o servizo nos horarios especiais sería o seguinte segundo localidades:

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

2. No caso de non reunirse o número mínimo de integrantes das quendas establecido no punto anterior entre os funcionarios que presten os seus servizos no órgano que teña adscrito o rexistro civil ou de deixar de existir este por renuncia dos integrantes, poderá ofertárselles a posibilidade de integrar as devanditas quendas aos funcionarios que presten os seus servizos nos xulgados de primeira instancia do mesmo partido xudicial que así o soliciten.

Artigo 3º.-Xornada e horario incentivado.

A xornada nestas oficinas realizarase mediante a presenza obrigada do persoal entre as 9.00 e as 14.30 horas de luns a venres, debendo cumprir ademais sete horas e media semanais que se prestarán, en quendas, de luns a venres de 14.30 a 18.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Artigo 4º.-Procedemento de opción.

1. Os interesados en formar parte, nun momento inicial, das quendas anteriormente sinaladas deberán presentar ante a Dirección Xeral de Xustiza unha instancia axustada ao modelo do anexo I desta resolución no prazo de 10 días hábiles posteriores á súa publicación.

2. Unha vez constituídas as quendas iniciais, o dereito de opción expresado no punto anterior poderano exercitar os interesados en calquera momento, se ben as quendas só serán, de ser o caso, modificadas en función das solicitudes ou renuncias presentadas ata os primeiros 10 días hábiles dos meses de xuño e decembro de cada ano natural para producir efectos no mes inmediatamente posterior respectivamente.

Artigo 5º.-Tempo de descanso obrigatorio.

Os funcionarios dos órganos que teñan atribuídas as competencias sobre rexistro civil que, en función da distribución da quenda, realicen unha xornada das 9.00 ás 18.00 horas, interromperán obrigatoriamente o seu traballo durante unha hora, entre as 14.00 horas e as 16.30 horas, para a comida. Este descanso, que non se computará como tempo de traballo, organizarase tamén en quendas, de xeito que se garanta a apertura ininterrompida da oficina das 9.00 ás 18.00 horas.

Artigo 6º.-Compensacións horarias.

O tempo de traballo realizado das 17.00 ás 18.00 horas de luns a venres computarase como dúas horas efectivas por cada hora traballada. No caso da xornada que se realiza os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, cada hora traballada computará como dúas horas e media efectivas de traballo.

As horas traballadas fóra da franxa de presenza obrigada e que non conten cun réxime especial de compensación poderán imputarse ao horario flexible.

No caso de que a participación nas quendas voluntarias chegue a supoñer un exceso de horas traballadas sobre a xornada mensual que hai que realizar, este poderá compensarse dentro do horario flexible do mes seguinte a aquel no que se producise o exceso e, de non ser posible, compensarase con días de permiso.

Artigo 7º.-Retribución económica.

A prestación de servizos dos funcionarios integrados nas quendas sinaladas no artigo 2º desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 12 do Real decreto 1909/2000, retribuirase con 48 euros por cada xornada vespertina de luns a venres e con 80 euros por cada xornada de sábado.

Artigo 8º.-Acreditación da prestación do servizo.

1. A acreditación da realización do horario especial nas oficinas dos rexistros civís sinaladas no artigo 1º entenderase efectuada segundo os datos extraídos da aplicación de xestión dos sistemas automatizados de control horario das distintas sedes.

2. Os titulares das delegacións provinciais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza regularán as quendas de xeito que se garanta a realización de cinco xornadas en horario de tarde e unha xornada en horario de mañá de sábado nun cómputo total de catro semanas e por cada integrante da quenda.

Artigo 9º.-Funcións que hai que desenvolver.

Os funcionarios que pasen a integrar voluntariamente as quendas para a apertura das oficinas do rexistro civil en horario especial realizarán as funcións de recollida de solicitudes ou documentación, entrega de documentación preparada e información e atención ao cidadán.

Artigo 10º.-Período mínimo.

1. O compromiso mínimo de integración das quendas será de seis meses contados a partir do momento da efectiva integración, salvo no caso da constitución inicial das quendas, que será de tres meses.

2. O compromiso entenderase tacitamente prorrogado por un período de seis meses salvo que nos primeiros 10 días hábiles dos meses de xuño e decembro o interesado presente unha renuncia por escrito.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2008.

Begoña Santos Fernández

Directora xeral de Xustiza

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI