Última revisión
C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de TRANVIAS DEL FERROL, S.A. (15001552011981) de Coruña
Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2017 en adelante
Convenio Colectivo
Convenio afectado por
Resolucion de inscricion e publicacion do convenio colectivo de Tranvias de Ferrol, S.A. 2017-2020 (Boletín Oficial de A Coruña num. 43 de 02/03/2018)
RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO DE TRANVÍAS DEL FERROL, S.A., 2017-2020
Logo de constituirse a comisión negociadora do convenio colectivo de TRANVÍAS DEL FERROL, S.A., 2017-2020 (código de convenio 15001552011981), aprobouse por unanimidade o texto do convenio colectivo e remitíuse á xefatura territorial de economía, emprego e industria da Coruña para a súa inscripción e posterior publicación.
De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE núm. 143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de octubre de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013).
Considerando que a xefatura territorial de economía, emprego e industria da Coruña é competente para resolver a inscripción do convenio colectivo de TRANVÍAS DEL FERROL, S.A., 2017-2020 e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería de economía, emprego e industria (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018).
De acordo con todo o indicado, RESOLVO:
1. A inscripción do convenio colectivo de TRANVÍAS DEL FERROL, S.A., 2017-2020 no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. A remisión do convenio colectivo de TRANVÍAS DEL FERROL, S.A., 2017-2020 ó Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.
A Coruña, 14 de febreiro de 2018.
O xefe territorial de economía, emprego e industria
Isidoro Martínez Arca
CONVENIO COLECTIVO DE TRANVIAS DEL FERROL, S.A. 2017-2020
Artigo preliminar. Partes concertantes.
Este Convenio está asinado pola Comisión Negociadora constituída polo Conselleiro Delegado de Tranvías del Ferrol, S.A., pola parte empresarial, e pola representación legal dos traballadores nos seus delegados de persoal, na parte social.
Ambas partes recoñécense mutuamente a capacidade para negociar e asina-lo presente Convenio Colectivo, así como a súa lexitimación, a tenor do disposto no artigo 87.1 do Estatuto dos Traballadores.
CAPÍTULO I.- EXTENSIÓN E VIXENCIA
Artigo 1.º.- Ámbito de aplicación.
O presente convenio colectivo será de aplicación na empresa Tranvías del Ferrol, S.A., de Ferrol, e afectará a todo o persoal da empresa que non quede excluído pola aplicación da lexislación vixente.
Artigo 2.º.- Ámbito temporal.
O convenio entrará en vigor o día da súa publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia indistintamente. Non obstante, producirá efectos económicos a partir do día 1 de xaneiro de 2017, e a súa duración será ata o día 31 de decembro do ano 2020.
Artigo 3.º.- Revisión, rescisión ou prórroga.
Este Convenio terá a súa vixencia desde o 1 de xaneiro de 2017 até o 31 de decembro do 2020.
Calquera das partes poderá formular denuncia propondo revisión ou rescisión cunha antelación dun mes como mínimo, respecto á data de expiración do período de vixencia ou calquera das súas prórrogas.
As Cláusulas normativas do actual Convenio, unha vez rematada a vixencia temporal do mesmo, quedarán prorrogadas na súa totalidade até a firma dun novo Convenio.
No caso de non producirse denuncia, quedará prorrogado ano a ano ata a súa denuncia, incrementándose cada ano no IPC no ano anterior, en tódolos conceptos salariais e extrasalariais.
Artigo 4.º.- Respecto de dereitos.
Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas, en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio, respecto das materias obxecto de regulación incluído o complemento de distancia.
CAPÍTULO II.- CONDICIÓNS ECONÓMICAS
Artigo 5.º.- Retribucións.
Os salarios para o presente convenio establécense a partires da táboa salarial definitiva do ano 2017, incrementando o salario final de 2016 máis o 0,6%. Esta revisión servirá de base para a táboa do exercicio 2018 e seguintes.
Establécense os seguintes salarios sobre a táboa definitiva do exercicio 2016 durante a vixencia do Convenio:
Ano 2017: 0,60%.
Ano 2018: 1,00%.
Ano 2019: 1,50%.
Ano 2020: 1,50%.
Revisión salarial exercicio 2017:
Aboarase unha sola paga de atrasos no mes de decembro de 2017 no recibo de nómina do mes correspondente ó 0,60% sobre o bruto anual percibido no exercicio 2016.
As táboas salariais do ano 2017 quedan configuradas no anexo I.
CAPÍTULO III.- DISPOSICIÓNS VARIAS
Artigo 6.º.- Aumentos por antigüidade.
Para o persoal ingresado a partires do 1 de xaneiro de 2018 os traballadores e traballadoras percibirán a cantidade de 15 € por cada dous anos de permanencia na empresa ate un máximo de 75 € por 10 anos de antigüidade.
Para o persoal ingresado a partires do 01 de xaneiro de 1995 de alta ata o 31 de decembro de 2017 que viña percibindo o antigo complemento de compensación por antigüidade pasarán a percibir polo concepto de Antigüidade a cantidade de 75,00 € mensuais para o exercicio 2018.
Para o persoal con antigüidade anterior ó 01 de xaneiro de 1995 os premios por antigüidade para cada categoría profesional son os establecidos no anexo II.
O complemento por antigüidade producirá efecto a partir do día 1 do mes en que vence a antigüidade.
Artigo 7.º.- Tempo de presencia.
A valoración do tempo de presencia, para o período que comprende este convenio, establécese, para cada categoría profesional afectada, nas cantidades reflectidas no anexo III. O valor A aplicarase ós días laborables e o valor B ós domingos e festivos.
Artigo 8.º.- Gratificacións extraordinarias.
As gratificacións extraordinarias, correspondentes ás pagas de verán e Nadal, consistirán en trinta días do salario de convenio establecido no anexo I, e a antigüidade que a cada traballador/a lle corresponda conforme o establecido no artigo 6 do Convenio.
Artigo 9.º.- Beneficios.
En concepto de participación en beneficios sinálase un 10% anual, calculado sobre o salario de convenio e a antigüidade conforme o establecido no artigo 6 do Convenio, incluídas as gratificacións extraordinarias. Aboarase por semestres vencidos, a principio dos meses de maio e novembro de cada ano, computándose do 1 de outubro a o 31 de marzo e do 1 de abril a o 30 de setembro.
Artigo 10.º.- Gratificación especial por quebranto de moeda.
En concepto de quebranto de moeda, os cobradores/as percibirán mensualmente 36,80 € , e os condutores/as-perceptores/as 42,22 € . Os valores totais anuais por este concepto son os que figuran no anexo VII.
Artigo 11.º.- Traballos realizados en domingos e festivos.
Os xornais dos domingos e días festivos establécense na contía sinalada no anexo IV deste convenio, sen prexuízo da concesión dun día laborable para o descanso semanal.
Artigo 12.º.- Complemento de máquina.
Os condutores/as-perceptores/as percibirán por este concepto un complemento mensual na contía de 164,36 € , percibíndose igualmente nas vacacións anuais. Cando por conveniencia da empresa, atendendo ás necesidades do servicio, un condutor/a-perceptor/a fose destinado a unha liña na que unicamente tivese que desempeña-las funcións de condutor/a ou cobrador/a, seguirá percibindo este complemento salarial.
Artigo 13.º.- Complemento de nocturnidade.
Queda fixado nos valores que se reflicten no anexo V.
Artigo 14.º.- Complemento desgaste-ferramentas.
Todo o persoal que preste os seus servicios no taller percibirá por este concepto a cantidade de 43,42 € mensuais, percibíndose igualmente nas vacacións anuais.
Artigo 15.º.- Vacacións.
Tódolos traballadores/as da empresa Tranvías del Ferrol S.A., sen distinción de emprego nin categoría, que leven un ano de antigüidade na empresa, desfrutarán dun período de vacacións regulamentarias igual a trinta días naturais, que será, ademais, o tope máximo de vacacións para todo o persoal e serán retribuídas a razón de salario de convenio, antigüidade, conforme ó establecido no artigo 6 do Convenio, complemento de compensación por antigüidade e complemento de ferramenta ou complemento de máquina, de se-lo caso.
A quenda de vacacións distribuirase da seguinte forma:
Os meses de maio a setembro, ambos inclusive, formarán o tempo de verán e os restantes o de inverno. Cada traballador/a desfrutará as súas vacacións alternando cada ano o tempo de verán ou inverno e rotando o mes de cada tempo.
O persoal con menos dun ano de antigüidade na empresa desfrutará, dentro do primeiro ano natural de prestación dos seus servicios, da parte proporcional de vacacións.
Artigo 16.º.- Licencias retribuídas.
a) Tres días en caso de falecemento de cónxuxe, parella, pais/nais e fillos/as, tanto carnais como políticos.
b) Dous días en caso de falecemento de irmáns, avós/as e netos/as, tanto carnais como políticos.
c) Dous días laborables en caso de nacemento dun fillo/a.
d) Dous días por enfermidade grave do cónxuxe, parella, pais/nais e fillos/as, tanto carnais como políticos.
e) Un día en caso da voda dun fillo/a, coincidindo co día da cerimonia.
f) Un día de licencia para o caso de renova-lo carné de conducir.
g) O traballador/a terá dereito a gozar de xornada efectiva e retribuída dun día de asuntos propios. Para tal adxudicación esixirase solicitude por escrito cunha antelación mínima de sete días naturais antes do día solicitado, e tal concesión haberá de ser notificada pola empresa tres días naturais antes do día solicitado. Só terá dereito un traballador/a por día.
Tendo en conta as particularidades do servizo prestado e dos inconvenientes que poderían derivarse dunha coincidencia masiva de solicitudes para unha mesma data, aos efectos da concesión do devandito día atenderase aos seguintes criterios:
1. Cando varios traballadores/as soliciten debidamente o mesmo día, a empresa e como mínimo un membro do comité de empresa farán un sorteo entre os solicitantes para decidir quen accede ao goce do día de asuntos propios. O sorteo celebrarase sete días antes do día solicitado.
2. Cando por falecemento dun/dunha parente de 3.º e 4.º grao de consanguinidade ou afinidade, o traballador/a solicite o día de asuntos propios, este/a quedará exonerado da obriga de solicitalo coa anticipación de sete días prescrita no párrafo primeiro deste artigo, e a empresa quedará obrigada a concederlle dito permiso, independentemente de que outro traballador /a o tivese adxudicado, respectando en todo caso o dereito deste derradeiro a gozalo.
3. Este día de asuntos propios non se poderá desfrutar en domingos ou festivos, agás o falecemento dun/dunha parente de 3.º ou 4.º grao de consanguinidade ou afinidade, que se procederá como indica o punto g.2 deste artigo.
Para o resto de licencias aplicarase o disposto no Estatuto dos Traballadores Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
Cando por motivo de licencia retribuída o traballador/a teña que realizar un desprazamento fóra da provincia, o prazo será ampliado en dous días naturais máis.
Logo de xustificación suficiente, establécese a posibilidade de desfrute dun permiso non retribuído para a resolución de asuntos particulares que non admitan demora ata a data das vacacións regulamentarias do/a traballador/a.
Este permiso non poderá ser superior a sete días e non será acumulable ás vacacións nin a calquera outra licencia estatutariamente establecida. O traballador/a terá a obriga de solicitalo cunha semana de antelación, comunicándollo asemade ó comité de empresa, o cal poderá pronunciarse ante a empresa, na forma que estime conveniente, sobre a referida solicitude. A empresa, se non concorren causas razoables que o impidan, deberá concede-lo permiso solicitado.
Artigo 17.º.- Excedencias.
Os traballadores/a cunha antigüidade na empresa dun ano, como mínimo, teñen dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria, por un prazo non menor a catro meses e non maior de cinco.
O reingreso deberá ser solicitado cun mes de antelación á terminación da excedencia e producirase de forma automática, sempre e cando a lexislación vixente en cada momento permita a contratación temporal por períodos equivalentes ó da excedencia.
En caso contrario, atenderase o disposto no Estatuto dos traballadores.
Artigo 18.º.- Xornada laboral.
A xornada anual de traballo durante a vixencia do presente convenio será de 1.826 horas e 27 minutos de traballo efectivo, equivalente a 40 horas semanais.
Ámbalas dúas partes comprométense a iniciar un estudio de cara a alcanzar un acordo, que posibilite a implantación de xornada partida, para novas actividades da empresa que afectaría de forma rotativa a unha porcentaxe do cadro do persoal de movemento.
Artigo 19.º.- Garantías no traballo.
Todo condutor/a ou condutor/a-perceptor/a, de se-lo caso, que conducindo un vehículo da empresa ou o seu propio en itínere , cometese unha infracción que acarease a retirada do carné de conducir, terá dereito a desempeñar, sen perda da súa categoría profesional, o posto que eventualmente puidese asignarlle a empresa. A Dirección da Empresa comunicaralle este cambio ao Comité de empresa.
Artigo 20.º.- Pases de libre circulación.
As esposas, esposos ou parellas de feito se é o caso, fillos/as, viúvos/as, xubilados/as, pensionistas de longa enfermidade e invalidez e os fillos/as orfos de traballadores que o soliciten, terán dereito a un pase gratuíto para viaxar nos vehículos da empresa. No que respecta ós fillos/as e orfos/as, gozarán de tal beneficio ata os 26 anos, sempre e cando acreditasen a súa necesidade en función de estudios, que estivesen realizando, se algún dos beneficiarios traballase perdería tal beneficio, excepto se estivese realizando aprendizaxe, caso no que se lle respectará ata os 26 anos, facendo extensivos estes beneficios para os fillos/as dos xubilados ou pensionistas de longa enfermidade e invalidez.
Artigo 21.º.- Libre acceso ós vehículos.
Tódolos traballadores/as da Compañía de Tranvías del Ferrol, con presentación da tarxeta de identidade da empresa, terán libre acceso ós vehículos desta.
Artigo 22.º.- Uniformes.
A empresa dotará a todo o persoal da uniformidade conforme se especifica a continuación, debendo vestir con limpeza e propiedade.
Cada dous anos impares entregaráselle ó persoal de movemento un uniforme completo composto de dúas chaquetas, catro pantalóns, e seis camisas, e cada catro anos impares entregarase un chaquetón. Estas entregas efectuaranse a partires do 2019.
Dotarase anualmente de botas de seguridade e dúas fundas a todo o persoal de talleres.
As entregas do material que corresponda en cada momento, faranse no 1.º trimestre do ano.
CAPÍTULO IV.- PREVISIÓN
Artigo 23.º.- Complemento de indemnización.
Aboamento da IT, nos casos de baixa por accidente de traballo e enfermidade común.
Os quince primeiros días en caso de IT por enfermidade común, a empresa complementará as prestacións ata o 100%, sobre os conceptos de soldo e antigüidade.
A partir do día quince de baixa, aboarase o 100% sobre os conceptos de soldo, antigüidade ou complemento de compensación por antigüidade, se é o caso, complemento de máquina, quebranto de moeda, domingos e festivos no caso dos condutores/as, e no caso do persoal de taller, a nocturnidade. Este mesmo tratamento aplicarase nos casos de hospitalización enfermidade profesional e accidente de traballo, desde o primeiro día.
No caso de ser variada a normativa actual de aboamento da IT por parte do Goberno, ámbalas partes están obrigadas á revisión deste acordo.
Artigo 24.º.- Defunción.
Cando un traballador/a faleza, estando en activo, a empresa aboaralles ós familiares que estivesen convivindo co falecido, o importe de trinta días de salario de convenio, incrementado coa antigüidade calculada de conformidade co artigo 6 do Convenio. Esta cantidade pagaráselles, exclusivamente, ós familiares que mantivesen co falecido o grao de consanguinidade e segundo a orde que se indica:
1) Cónxuxe viúvo/a, ou parella de feito 2) fillos/as, 3) pais/nais.
CAPÍTULO V.- PARTICIPACIÓN DOS TRABALLADORES
Artigo 25.º.- Do comité de empresa.
1. O comité de empresa, como órgano representativo, colectivo e unitario de tódolos traballadores/as da empresa, ten como función fundamental a defensa dos intereses dos seus representados/as, así como a negociación e representación ante a dirección da empresa. O comité de empresa terá as seguintes competencias:
1.1. Recibir información, que lle será facilitada, trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da produción e vendas da entidade,sobre o seu programa de produción e evolución probable do emprego na empresa.
1.2. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, dos demais documentos que se lles dean a coñecer ós socios, e nas mesmas condicións que a estes.
1.3. Emitir informe con carácter previo á execución por parte da empresa das decisións adoptadas por este, sobre as seguintes cuestións:
a) Reestruturacións do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquela.
b) Reducións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.
c) Plans de formación profesional da empresa.
d) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control de traballo.
e) Estudio de tempos, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.
1.4. Emitir informe cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte ó volume de emprego.
1.5. Coñece-los modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa, así como os documentos relativos á terminación da relación laboral.
1.6. Ser informados de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.
1.7. Coñecer, trimestralmente, polo menos, as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, os estudios periódicos ou especiais do medio ambiente laboral e os mecanismos de prevención que se utilizan.
1.8. Recibir información, polo menos anualmente, sobre a aplicación na empresa do dereito de igualdade de trato e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, tal como se recolle no artigo 64.3 do Estatuto dos Traballadores.
1.9. Exercer una labor:
a) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e emprego, así como o resto dos pactos, condicións e usos de empresas en vigor, formulando, de se-lo caso, as accións legais oportunas ante o empresario e os organismos ou tribunais competentes.
b) De vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa, coas particularidades previstas polo artigo 19 do Estatuto dos traballadores.
1.9. Participar, como se determina por convenio colectivo, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.
1.10. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da produtividade, de acordo co pactado nos convenios colectivos.
1.11. Informa-los seus representados/as en tódolos temas e cuestións sinaladas no número 1 en canto directa ou indirectamente teñan ou poidan ter repercusión nas relacións laborais.
2. Os informes que deba emiti-lo comité, a teor das competencias recoñecidas nos puntos 1.3 e 1.4 do número 1 anterior, deben elaborarse no prazo de quince días.
3. O texto íntegro dos convenios que cheguen a ser asinados exporase no taboleiro de anuncios, e permanecerá nel durante a súa vixencia. Á parte diso, facilitaráselle a cada traballador/a un exemplar do convenio vixente.
4. Asembleas: a empresa autorizará a realización de asembleas de traballadores/as conforme ó establecido no artigo 77 do Estatuto dos Traballadores, que terán lugar dentro do recinto dos seus locais e fóra das horas de traballo, para dar información xeral. A petición para as extraordinarias poderá facerse en calquera momento antes da súa realización.
O comité de empresa poderá estar asistido, para os efectos do parágrafo anterior, polos/as asesores/as dos seus sindicatos respectivos. O Comité de Empresa garantirán a orde e será responsable das deterioracións que puidesen producirse nas instalacións e material.
Artigo 26.º.- Crédito horario.
Sen prexuízo do establecido no Estatuto dos Traballadores nesta materia, os/as representantes dos traballadores/as poderán acumular, en cómputo mensual, as horas de crédito sindical indistintamente entre eles, dentro dunha mesma afiliación sindical.
Artigo 27.º.- Cota sindical.
A empresa, por petición dos seus traballadores/as afiliados ás centrais sindicais que conten cunha afiliación, no seo da empresa, non inferior ó 10% do cadro de persoal, descontará a cota sindical correspondente directamente do recibo de salarios, depositando as cotas nas contas bancarias que para o efecto sinalen as centrais sindicais correspondentes, e sempre que esa conta estea aberta nun banco que teña sucursal en Ferrol.
Artigo 28.º.- Subrogación do persoal.
A empresa TRANVÍAS DEL FERROL, S.A. e a súa Representación de Persoal adhírense ó contido no artigo 35 e seguintes do Convenio Colectivo Provincial de Transporte de Viaxeiros da Coruña (BOP do 30 de novembro de 2017) en canto á subrogación de persoal, tanto no ámbito de aplicación, como nas obrigas como empresa entrante como empresa saínte, así como no procedemento de actuación no suposto de sucesión empresarial e subrogación do persoal, e tamén ó Acordo Marco Estatal sobre materias del Transporte de Viajeros por Carretera, mediante vehículos de Tracción Mecánica de más de nueve plazas, incluido el Conductor de 22 de diciembre de 2014 (BOE de 26 de febrero de 2015)
Artigo 29.º.- Igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes.
Ámbalas dúas partes adoptan o establecido no Convenio Colectivo Provincial de Viaxeiros a Coruña (BOP do 30 de novembro de 2017) no tocante á igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no ámbito laboral, en particular no establecido nos artigos 36 e seguintes do citado texto convencional, así como na adopción dos protocolos de actuación fronte ao acoso sexual e por razón de sexo.
Da comisión paritaria
Artigo 30.º.- Comisión paritaria.
A comisión paritaria será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio. As súas funcións serán:
1. Interpretación auténtica do convenio.
2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidos por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.
3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma legal lles poidan corresponder ós organismos competentes.
4. Vixilancia do cumprimento do pactado.
As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión paritaria terán carácter vinculante.
A comisión comporase de catro vocais, dous por cada parte, de entre os que actuaron na deliberación do presente convenio. Levantaranse actas dos acordos e resolucións que adopte a comisión, que deberán ser asinadas polas persoas que interveñan.
Poderán nomearse asesores/as por cada representación, aínda que estes non teñan dereito a voto.
A comisión, en primeira convocatoria, non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais, e en segunda, o seguinte día hábil, actuará cos que asistan, tendo voto unicamente en número paritario dos vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.
A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de antemán de acordo sobre o lugar, día e hora da reunión.
A comisión paritaria resolverá tamén as discrepancias trala finalización do período de consultas en materia de inaplicación do convenio colectivo, para o que disporá do prazo establecido no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores. O procedemento a seguir para a efectiva resolución das discrepancias nesta materia será o establecido na Disposición Derradeira Primeira de este Convenio en canto á Convocatoria das partes e o sometemento á mediación do AGA.
Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflitos puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do presente convenio.
Artigo 31.º.- Xubilación parcial.
Ao amparo la lexislación vixente no momento da solicitude, os traballadores/as terán dereito a solicitar da empresa a Xubilación Parcial con dous meses de antelación á data de efectos.
A empresa responderá motivadamante no prazo dun mes sobre a acollida ou denegación, dando traslado da solicitude á representación do persoal.
Disposicións derradeiras
Primeira.- As condicións aquí pactadas son, en conxunto, máis favorables que as mínimas legais que ó/á traballador/a lle corresponden, formando un todo indivisible, e para efectos da súa aplicación, serán consideradas globalmente.
Estas condicións absorben as que anteriormente rexesen por disposición legal, mellora pactada ou unilateralmente concedida pola empresa, contrato individual ou calquera outra causa. Así mesmo, as condicións económicas aquí establecidas absorberán e compensarán globalmente as que puidesen establecerse durante a vixencia deste convenio por calquera disposición obrigatoria.
Segunda.- Cláusula de acollida ao AGA.
Ante a importancia que pode ter a resolución pacífica dos conflitos laborais a elaboración do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de conflitos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT, as partes asinantes deste Convenio, durante a vixencia do mesmo, acordan someter-se ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.
Coa finalidade de buscar unha avinza conciliatoria e como trámite previo á formalización, ante a autoridade laboral administrativa ou xudicial que corresponda ante a folga de empresa, peche patronal ou de interpretación e aplicación do Convenio Colectivo, as partes firmantes, de acordo coa representación que ostentan, obríganse, no se propio nome e no dos seus representados a someter a tratamento conxunto da Comisión Paritaria calquera discrepancia que, afectando a máis de un traballador individual ou colectivamente considerado, derive ou estea relacionada coa interpretación ou aplicación do presente Convenio.
Recibida a comunicación pola outra parte, a reunión conxunta da Comisión Paritaria celebrarase dentro dos dous días laborais seguintes. A data e hora será fixada conxuntamente por ambas partes, logo do cal, cada unha delas procederá a convoca-los seus membros.
Os Acordos adoptaranse conxuntamente entre as dúas representacións, e serán efectivos desde a mesma data da reunión en que se adopten, levantándose Acta ó efecto, que será firmada polas dúas representacións.
Caso de non chegarse a acordo, ambas partes, someteranse obrigatoriamente á mediación do AGA.
Terceira.- Os traballadores/as que viñan percibindo ó complemento de antigüidade xerado a partires do 01 de xaneiro de 1995 percibirán, xunto coa paga única de atrasos do ano 2017 establecida no artigo 5 do Convenio, a diferencia correspondente ós meses de novembro e decembro de 2017 polo concepto de antigüidade establecido en 75 € e o que viñan percibindo de 51,23 € mensuais.
ANEXO I
SALARIO CONVENIO 2017
CATEGORÍAS | SALARIO | |
MES / DÍA | ||
ADMINISTRACIÓN | EUROS | |
Xefe/a de Servicios | 1.372,04 € | mes |
Xefe/a de Negociado | 1.346,46 € | mes |
Oficial/a de 1.ª | 1.261,51 € | mes |
Oficia/a de 2.ª | 1.239,36 € | mes |
Auxiliar de Administración | 1.186,91 € | mes |
MOVEMENTO | ||
Xefe/a de Tráfico | 1.369,66 € | mes |
Inspector/a | 38,87 € | día |
Cobrador/a | 37,91 € | día |
Condutor/a - perceptor/a | 38,64 € | día |
TALLER | ||
Xefe/a de taller | 1.369,66 € | mes |
Xefe/a de equipo | 42,53 € | día |
Oficial/a de 1.ª | 38,64 € | día |
Oficial/a de 2.ª | 38,36 € | día |
Oficial/a de 3.ª | 38,08 € | día |
Moza | 37,82 € | día |
Plus de máquina | 164,26 € | mes |
Quebranto de moeda condutor/a | 42,22 € | mes |
Quebranto de moeda cobrador/a | 36,80 € | mes |
Plus desgaste-ferramenta | 43,42 € | mes |
Plus compensación antigüidade | 51,54 € | mes |
ANEXO II
ANTIGÜIDADE 2017
MES / DÍA | EUROS | ||||||||
CATEGORÍAS | 2 ANOS | 4 ANOS | 9 ANOS | 14 ANOS | 19 ANOS | 24 ANOS | 29 ANOS | 34 ANOS | 39 ANOS |
ADMINISTRACIÓN | |||||||||
Xefe/a de Servicios | 40,04 | 80,14 | 160,28 | 240,45 | 320,55 | 401,08 | 480,81 | 560,91 | 641,12 |
Xefe/a de Negociado | 37,96 | 76,01 | 151,98 | 227,93 | 303,90 | 379,90 | 455,94 | 531,92 | 607,89 |
Oficial/a de 1.ª | 35,46 | 71,06 | 142,00 | 213,00 | 284,05 | 355,06 | 426,15 | 497,15 | 568,13 |
Oficial/a de 2.ª | 34,60 | 69,16 | 138,41 | 207,51 | 276,71 | 345,93 | 415,17 | 484,30 | 553,45 |
Auxiliar de Admón. | 32,41 | 64,83 | 129,71 | 194,56 | 259,42 | 324,27 | 389,16 | 454,03 | 518,82 |
MOVEMENTO | |||||||||
Xefe/a de Tráfico | 39,07 | 78,23 | 156,30 | 234,47 | 312,60 | 390,72 | 468,90 | 547,11 | 625,27 |
Inspector/a | 1,05 | 2,14 | 4,27 | 6,34 | 8,49 | 10,56 | 12,70 | 14,86 | 16,89 |
Cobrador/a | 1,03 | 2,06 | 4,03 | 6,12 | 8,16 | 10,19 | 12,29 | 14,26 | 16,33 |
Condutor/a - perceptor/a | 1,05 | 2,07 | 4,21 | 6,27 | 8,42 | 10,48 | 12,56 | 14,70 | 16,83 |
TALLER | |||||||||
Xefe/a de taller | 39,07 | 78,23 | 156,30 | 234,47 | 312,60 | 390,72 | 468,90 | 547,11 | 625,27 |
Xefe/a de equipo | 1,16 | 2,32 | 4,66 | 6,95 | 9,23 | 11,59 | 13,08 | 16,23 | 18,52 |
Oficial/a de 1.ª | 1,05 | 2,07 | 4,21 | 6,27 | 8,42 | 10,48 | 12,56 | 14,70 | 16,81 |
Oficial/a de 2.ª | 1,05 | 2,07 | 4,21 | 6,24 | 8,29 | 10,39 | 12,45 | 14,53 | 16,65 |
Oficial/a de 3.ª | 1,03 | 2,07 | 4,10 | 6,16 | 8,23 | 10,32 | 12,32 | 14,37 | 16,39 |
Mozo/a | 1,03 | 2,06 | 4,01 | 6,06 | 0,00 | 10,18 | 12,12 | 14,17 | 16,26 |
ANEXO III
TEMPO DE PRESENZA 2017
A: LABORAIS
B: DOMINGOS E FESTIVOS
A N T I G Ü I D A D E
CATEGOR. | SIN ANT. | 2 ANOS | 4 ANOS | 9 ANOS | 14 ANOS | 19 ANOS | 24 ANOS | 29 ANOS | 34 ANOS | 39 ANOS | ||||||||||
A | B | A | B | A | B | A | B | A | B | A | B | A | B | A | B | A | B | A | B | |
Inspector/a | 9,82 | 11,33 | 10,05 | 11,72 | 10,34 | 12,11 | 10,84 | 12,96 | 12,03 | 13,75 | 12,63 | 14,56 | 13,19 | 15,36 | 13,67 | 16,10 | 14,19 | 16,95 | 14,84 | 17,74 |
Cobrador/a | 9,55 | 11,08 | 9,83 | 11,40 | 10,09 | 11,87 | 10,58 | 12,61 | 11,12 | 13,29 | 12,33 | 14,14 | 12,76 | 14,88 | 13,29 | 15,68 | 13,77 | 16,40 | 14,35 | 17,15 |
Cond-Perc. | 10,34 | 11,24 | 10,62 | 11,63 | 10,88 | 12,09 | 11,42 | 12,89 | 11,95 | 13,67 | 12,46 | 14,44 | 13,03 | 15,22 | 13,57 | 16,01 | 14,07 | 16,82 | 14,69 | 17,53 |
ANEXO IV
DOMINGOS E FESTIVOS
ANTIGÜIDADE 2017
CATEGORÍA | SIN ANT. | 2 ANOS | 4 ANOS | 9 ANOS | 14 ANOS | 19 ANOS | 24 ANOS | 29 ANOS | 34 ANOS | 39 ANOS |
ADMINISTRACIÓN | ||||||||||
Xefe/a de Servicios | 12,12 | 12,73 | 13,34 | 14,52 | 15,69 | 16,93 | 18,13 | 19,89 | 20,58 | 21,77 |
Xefe/a de Negociado | 11,44 | 12,04 | 12,67 | 13,77 | 14,97 | 16,09 | 17,19 | 18,36 | 19,54 | 20,65 |
Oficial/a de 1.ª | 10,66 | 11,25 | 11,78 | 12,84 | 13,96 | 15,00 | 16,06 | 17,18 | 18,21 | 19,39 |
Oficial/a de 2.ª | 10,45 | 10,94 | 11,45 | 12,53 | 13,57 | 14,63 | 15,67 | 16,73 | 17,74 | 18,81 |
Auxiliar de Admón. | 9,83 | 10,28 | 10,79 | 11,69 | 12,72 | 13,74 | 14,70 | 15,67 | 16,67 | 17,61 |
MOVEMENTO | ||||||||||
Xefe de Tráfico | 11,20 | 11,70 | 12,31 | 13,36 | 14,52 | 15,64 | 16,75 | 17,85 | 18,98 | 20,11 |
Inspector/a | 9,70 | 10,19 | 10,66 | 11,65 | 12,65 | 13,61 | 14,63 | 15,52 | 16,50 | 17,52 |
Cobrador/a | 9,35 | 9,86 | 10,28 | 11,23 | 12,15 | 13,10 | 14,03 | 14,97 | 15,91 | 16,84 |
Condutor/a - Perceptor/a | 9,60 | 10,00 | 10,61 | 11,52 | 12,53 | 13,54 | 14,51 | 15,43 | 16,41 | 17,50 |
TALLER | ||||||||||
Xefe/a de Taller | 11,20 | 11,70 | 12,31 | 13,36 | 14,52 | 15,64 | 16,75 | 17,85 | 18,98 | 20,11 |
Xefe/a de Equipo | 10,56 | 11,13 | 11,69 | 12,69 | 13,82 | 14,91 | 16,05 | 17,02 | 18,08 | 19,07 |
Oficial/a de 1.ª | 9,60 | 10,10 | 10,61 | 11,55 | 12,53 | 13,54 | 14,51 | 15,43 | 16,41 | 17,32 |
Oficial/a de 2.ª | 9,55 | 10,03 | 10,48 | 11,44 | 12,41 | 13,35 | 14,33 | 15,23 | 16,18 | 17,19 |
Oficial/a de 3.ª | 9,39 | 9,87 | 10,32 | 11,30 | 12,17 | 13,10 | 14,10 | 15,10 | 15,97 | 16,93 |
Mozo/a | 9,27 | 9,83 | 0,00 | 11,20 | 12,12 | 13,06 | 13,98 | 14,91 | 15,84 | 16,77 |
ANEXO V
NOCTURNIDADE 2017
ANTIGÜIDADE
CATEGORÍAS | SIN ANT. | 2 ANOS | 4 ANOS | 9 ANOS | 14 ANOS | 19 ANOS | 24 ANOS | 29 ANOS | 34 ANOS | 39 ANOS |
Oficial/a de 1.ª | 4,76 | 5,01 | 5,26 | 5,71 | 6,20 | 6,64 | 7,13 | 7,60 | 8,08 | 8,61 |
Oficial/a de 2.ª | 4,71 | 4,94 | 5,20 | 5,68 | 6,12 | 6,61 | 7,06 | 7,57 | 8,05 | 8,48 |
Oficial/a de 3.ª | 4,69 | 4,92 | 5,12 | 5,55 | 6,06 | 6,51 | 7,01 | 7,45 | 7,90 | 8,39 |
Mozo/a | 4,58 | 4,81 | 5,04 | 5,53 | 6,00 | 6,43 | 6,90 | 7,40 | 7,85 | 8,30 |
ANEXO VI
HORAS EXTRAS 2017
ANTIGÜIDADE
CATEGORÍAS | SIN ANT. | 2 ANOS | 4 ANOS | 9 ANOS | 14 ANOS | 19 ANOS | 24 ANOS | 29 ANOS | 34 ANOS | 39 ANOS |
Inspector/a | 17,05 | 17,52 | 18,02 | 18,90 | 19,85 | 20,76 | 21,70 | 22,64 | 23,59 | 24,53 |
Cobrador/a | 16,64 | 17,07 | 17,56 | 18,41 | 19,35 | 20,22 | 21,09 | 22,06 | 22,93 | 23,80 |
Condutor/a-Perc. | 18,06 | 18,53 | 19,00 | 19,92 | 20,87 | 21,74 | 22,69 | 23,62 | 24,53 | 25,50 |
Oficial/a de 1.ª | 16,95 | 17,40 | 17,90 | 18,80 | 19,72 | 20,64 | 21,58 | 22,48 | 23,40 | 24,36 |
Oficial/a de 2.ª | 16,86 | 17,33 | 17,76 | 18,70 | 19,59 | 20,51 | 21,41 | 22,29 | 23,23 | 24,15 |
Oficial/a de 3.ª | 16,67 | 17,15 | 17,61 | 18,51 | 19,40 | 20,31 | 21,24 | 22,12 | 23,03 | 23,92 |
ANEXO VII
TÁBOA DE REMUNERACIÓN ANUAL EN FUNCIÓN DAS HORAS ANUAIS DE TRABALLO 2017
CATEGORÍAS | SALARIO CONVENIO | QUEBR. MONEDA | PLUS FERRAM. MÁQUINA | TOTAL ANO | HORAS TRABALLO |
Xefe/a de Servicios | 21.129,40 € | 21.129,40 € | 1.826 H 27? | ||
Xefe/a de Negociado | 20.735,42 € | 20.735,42 € | 1.826 H 27? | ||
Oficial/a de 1.ª Admón. | 19.427,35 € | 19.427,35 € | 1.826 H 27? | ||
Oficial/a de 2.ª Admón. | 19.086,13 € | 19.086,13 € | 1.826 H 27? | ||
Auxiliar de Admón. | 18.278,40 € | 18.278,40 € | 1.826 H 27? | ||
Xefe/a de Tráfico | 21.092,73 € | 21.092,73 € | 1.826 H 27? | ||
Inspector/a | 18.170,25 € | 18.170,25 € | 1.826 H 27? | ||
Cobrador/a | 17.720,11 € | 400,75 € | 18.120,86 € | 1.826 H 27? | |
Condutor/a - perceptor/a | 18.063,77 € | 459,83 € | 1.952,81 € | 20.476,41 € | 1.826 H 27? |
Xefe/a de taller | 21.092,73 € | 515,91 € | 21.608,64 € | 1.826 H 27? | |
Xefe/a de equipo | 19.878,85 € | 515,91 € | 20.394,76 € | 1.826 H 27? | |
Oficial/a de 1.ª taller | 18.063,77 € | 515,91 € | 18.579,67 € | 1.826 H 27? | |
Oficial/a de 2.ª taller | 17.933,08 € | 515,91 € | 18.448,98 € | 1.826 H 27? | |
Oficial/a de 3.ª taller | 17.802,39 € | 515,91 € | 18.318,30 € | 1.826 H 27? | |
Mozo/a | 17.676,55 € | 515,91 € | 18.192,45 € | 1.826 H 27? |
2018/1302