Última revisión
22/05/2024
Modificacion / Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DO METAL (36000365011981) de Pontevedra
Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 24 de Abril de 2024 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
ACORDO DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DAS EMPRESAS DO SECTOR DE COMERCIO DO METAL PARA OS ANOS 2020 A 2024 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 99 de 22/05/2024)
Expediente: 36/01/0105/2024
Data:09/05/2024
Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN
Código de Convenio número 36000365011981
Visto o Acordo da comisión paritaria do CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DAS EMPRESAS DO SECTOR DE COMERCIO DO METAL PARA OS ANOS 2020 a 2024, subscrito en representación da parte económica, polas organizacións empresariais Asociación Comarcal de Empresarios de A Estrada(ACE) e a Asociación de Empresarios de Talleres de Reparación de Automóbiles(ATRA) e da parte social polas Centrais sindicais CCOO, CIG e UGT( BOP número 77 do 21 de abril do 2023) sobre interpretación do artigo 21 do devandito convenio e que foi asinado o devandito acordo en data 24 de abril do 2024.
Primeiro.? Dito Acordo foi presentado no Departamento Territorial de Vigo en data 26 de abril do 2024.
Segundo.? Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.? Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.
Segundo.? O artigo 92.1 do Estatuto dos Traballadores di ?Nas respectivas unidades de negociación, as partes lexitimadas para negociar poderán adherirse, de común acordo, á totalidade dun convenio colectivo en vigor, sempre que non estivesen afectadas por outro, comunicándoo á autoridade laboral competente a efectos de rexistro?.
Terceiro.? O 2.1.h do Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.
Cuarto.? Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,
Este Departamento Territorial,
ACORDA:
Primeiro.? Ordenar o seu rexistro e inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).
Segundo.? Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Terceiro.? Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.
O director territorial
ACTA REUNIÓN COMISIÓN PARITARIA
CONVENIO COLECTIVO DE COMERCIO DO METAL DE PONTEVEDRA (36000365011981)
ASISTENTES:
REPRESENTACION EMPRESARIAL:
? Ana Belén Blanco Castro (ACE)
? Fernando López Núñez (ATRA)
? Félix Rodríguez Regueiro (ACE)
CENTRAS SINDICAS:
? María do Tránsito Fernández Fernández (CIG)
? Aitor Maquieira Rodríguez (CIG)
? Roberto Puga Hermida (UGT)
? Jorge Carneiro Penedo (CCOO)
Sendo as 10:00 horas do dia 24 de abril de 2024, non locais da CEP en Vigo, xúntase a Comisión Paritaria do Convenio colectivo do Comercio do Metal de Pontevedra para dar resposta á consulta efectuada para aclarar o disposto no artigo 21. Incapacidade Temporal.
Esta Comisión Paritaria resolve por unanimidade, que os termos pactados na negociación teñen a intencionalidade de garantir que a persoa traballadora en situación de incapacidade temporal teña a mesma remuneración que estando en situación de alta no que se refire aos conceptos salariais recollidos no convenio colectivo.
A intención histórica deste convenio sempre foi que os traballadores cobren 0 100% do salario do recollido no convenio dende o primeiro día. -Véxase como referencia o convenio rexistrado no DOG núm. 112, con data 7 de xuño do 1996-.
Nomease a María do Tránsito Fernández Fernández para que a través do sistema REGCON, faga os trámites necesarios para o rexistro, depósito e publicación do texto da presente acta.
Rematando a xuntanza ás 11 horas do día sinalado.
Ana Belén Blanco Castro (ACE) Fernando
Fernando López Núñez (ATRA)
Félix Rodríguez Regueiro (ACE)
María do Tránsito Fernández Fernández (CIG)Aitor Maquieira Rodríguez (CIG)
Jorge Carneiro Penedo (CCOO)
Roberto Puga Hermida (UGT)
