C. Colectivo , Revision. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2014 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 199 del 18/10/2019

    ...Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña... ...15000805011982... ...1500805... ...Carpinteria CORUÑA... ...Carpinteria y ebanisteria CORUÑA... ...Carpintería CORUÑA... ...Carpintería y ebanistería CORUÑA... ...Ebanisteria CORUÑA... ...Ebanistería CORUÑA... ...Industrias de carpinteria e ebanisteria... ...Industrias de carpintería y ebanistería CORUÑA... ...Dietas...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 53 del 19/03/2018

    ...1500805... ...Carpinteria CORUÑA... ...Carpinteria y ebanisteria CORUÑA... ...Carpintería CORUÑA... ...Carpintería y ebanistería CORUÑA... ...Ebanisteria CORUÑA... ...Ebanistería CORUÑA... ...Industrias de carpinteria e ebanisteria... ...Industrias de carpintería y ebanistería CORUÑA... ...Logo de ver o texto do acta da comisión paritaria do convenio colectivo de industrias de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña do 14 de... ...Comisión Paritaria...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 239 del 19/12/2017

    ...Sindicatos... ...Comité de empresa... ...Grupo profesional... ...Comisión Paritaria... ...Pagas extraordinarias... ...Incremento salarial... ...Formación profesional... ...Comisión negociadora... ...Cláusula de revisión salarial... ...Excedencias laborales... ...Salario base... ...Incapacidad temporal... ...Horas extraordinarias... ...Dietas... ...Horas extraordinarias... ...Dietas...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 169 del 05/09/2013

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Resolucion de inscricion e publicacion da modificacion parcial e aprobacion taboas salariais 2011, 2012 e 2013 do convenio colectivo de Industrias da carpinteria e ebanisteria da provincia da Coruña. Codigo de convenio 15000805011982), INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Visto o expediente da modificación parcial e aprobación das táboas salariais para 2011, 2012 e 2013, do convenio colectivo provincial de Industrias...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 38 del 24/02/2012

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Resolucion de inscricion e publicacion do acordo da comision paritaria do convenio colectivo provincial de industrias de carpinteria e ebanisteria, na que se aproba a revision salarial e as taboas salariais definitivas do ano 2010 INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Visto o texto da acta da suscrita o día 10 de outubro de 2011, ás 18 horas, pola comisión paritaria do convenio colectivo provincial de industrias ...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 25 del 06/02/2012

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Resolucion de inscricion e publicacion do acordo de incremento salarial e clausula de garantia salarial para o ano 2010 do Convenio Colectivo provincial de carpintaria e ebanisteria INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Visto o texto da acta da suscrita o día 10 de Outubro de 2011 pola Comisión Paritaria do Convenio Colectivo provincial de Industrias de Carpinteria...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 38 del 16/02/2009

    ...Ebanistería CORUÑA... ...Carpinteria y ebanisteria CORUÑA... ...Carpinteria CORUÑA... ...Ebanisteria CORUÑA... ...Industrias de carpintería y ebanistería CORUÑA... ...ACORDA: PRIMEIRO. - Ordena-la súa inscripción no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, obrante nesta Delegación Provincial, e... ...Depósito de convenios colectivos... ...Vigencia del convenio colectivo... ...Comisión negociadora... ...Convenio colectivo de Carpintería... ...Incremento salarial...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 34 del 11/02/2008

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Revision salarial para o exercicio 2007 do convenio colectivo do sector de industrias de carpinteria e ebanisteria (Codigo de convenio nº 1500805) INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Ordena-la súa inscripción no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, obrante nesta Delegación Provincial, e notificación ás representac...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 131 del 08/06/2007

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Revision salarial para o ano 2006, do convenio colectivo do sector de industria de carpinteria e ebanisteria (Codigo de convenio nº 1500805) INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERÍA E EBANISTERÍA, que tivo entrada nesta Delegaci...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 94 del 25/04/2006

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Revision salarial do convenio colectivo do sector de industrias de carpinteria e ebanisteria. Codigo de Convenio nº 1500805 INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA, que tivo entrada nesta Delegaci...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 46 del 08/03/2005

    ...1500805... ...15000805011982... ...Industrias de carpinteria e ebanisteria... ...Carpintería y ebanistería CORUÑA... ...Carpintería CORUÑA... ...Ebanistería CORUÑA... ...Carpinteria y ebanisteria CORUÑA... ...Carpinteria CORUÑA... ...Ebanisteria CORUÑA... ...Industrias de carpintería y ebanistería CORUÑA... ...(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)... ...Comisión Paritaria... ...Depósito de convenios colectivos... ...Comisión negociadora...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 45 del 25/02/2005

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Revision salarial do convenio colectivo do sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA, que tivo entrada nesta Delegaci...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 88 del 07/05/2004

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Resolución do 13 de abril de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de industrias de carpintaría e ebanistaría. INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás represent...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 100 del 04/05/2004

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Revision salarial do convenio colectivo do sector de industrias capinteria e ebanisteria INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Visto o expediente da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA, que tivo entrad...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 79 del 24/04/2003

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Resolución do 14 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector das industrias de carpintería e ebanistería. INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de industrias de carpintería e ebanistería que tivo entrada nesta delegació...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 10200 del 26/05/2000

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Resolución do 17 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das táboas salariais para o ano 2000 do convenio colectivo do sector para as industrias de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña. INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Visto o texto da acta asinada o día 20 de marzo de 2000 pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de industrias de carpintería e eban...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 8100 del 29/04/1999

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Resolución do 15 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo para as industrias do sector de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña. INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo para as industrias do sector de carpintería e ebanistería da provinci...

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 4200 del 03/03/1998

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Resolución do 13 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo do sector da carpintería e a ebanistería da provincia da Coruña. INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Preambulo Visto o expediente de revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo do sector da carpintería e a ebanistería

  • Código: 1500805
  • Código Nuevo: 15000805011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 4700 del 10/03/1997

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Coruña Resolución do 14 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo de industrias de carpintería e ebanistería. INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo de industrias de carpintería e ebanistería que tivo entrada nesta delegación provinci...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo , Revision Resolucion pola que se inscribe no rexistro e se da publicidade ao convenio colectivo do sector de industrias de carpinteria e ebanisteria da provincia da Coruña Convenio afectado por 19/12/2017 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2014 Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de industrias de carpinteria e ebanisteria. Codigo convenio 1500805 Convenio afectado por 31/03/2009 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2008 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de industrias de carpinteria e ebanisteria (codigo convenio 1500805) Convenio afectado por 27/11/2006 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2006 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 30 de abril de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de industrias de carpintaría e ebanistaría. Convenio afectado por 01/06/2004 Diario Oficial de Galicia 01/01/2004 No Vigente
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de Industrias de Carpinteria e Ebanisteria da Coruña 19/05/2004 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2004 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 13 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de industrias de carpintería e ebanistería. Convenio afectado por 03/12/2002 Diario Oficial de Galicia 01/01/2002 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 27 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para as industrias do sector de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña, para o ano 2001. 04/10/2001 Diario Oficial de Galicia 01/01/2001 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 9 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de industrias de carpintería e ebanistería. Convenio afectado por 24/09/1996 Diario Oficial de Galicia 01/01/1996 No Vigente
Convenio Colectivo
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
C. Colectivo , Revision Resolucion pola que se inscribe no rexistro e se da publicidade ao convenio colectivo do sector de industrias de carpinteria e ebanisteria da provincia da Coruña 19/12/2017 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2014 Documento oficial en PDF
Convenio afectado por
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Revision , Modificacion/Interpretacion Resolucion de inscricion e publicacion do acordo da comision paritaria do convenio colectivo de carpinteria e ebanisteria da provincia da Coruña, onde se aclaran distintos aspectos relativos aos salarios e categorias profesionais (codigo de convenio 15000805011982). 18/10/2019 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2018 Documento oficial en PDF
Revision Resolucion de inscricion e publicacion da taboa salarial correspondente ao ano 2019 do convenio colectivo de carpinteria e ebanisteria da provincia da Coruña. Codigo de convenio 15000805011982 18/10/2019 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2019 Documento oficial en PDF
Calendario Resolucion de inscricion e publicacion do calendario laboral do ano 2019 do convenio colectivo sectorial de CARPINTARIA E EBANISTERIA da provincia de A Coruña 02/01/2019 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2019 Documento oficial en PDF
Revision , Calendario Resolucion de inscricion e publicacion do calendario laboral e das taboas salariais definitivas do ano 2018 do convenio colectivo de industrias de carpinteria e ebanisteria da provincia da Coruña 19/03/2018 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2018 Documento oficial en PDF

Resolucion pola que se inscribe no rexistro e se da publicidade ao convenio colectivo do sector de industrias de carpinteria e ebanisteria da provincia da Coruña (Boletín Oficial de A Coruña núm. 239 de 19/12/2017)

Visto o expediente do convenio colectivo de traballo do sector de industria de CARPINTARÍA E EBANISTERÍA da provincia de A Coruña (código n.º 15000805011982) que foi subscrito pola comisión negociadora na xuntanza do 29.09.2017, de conformidade co disposto no artigo 90 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo e na Orde de 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, esta Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria

RESOLVE:

1.º.- Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.º.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A Coruña, 27 de outubro de 2017

O xefe territorial

Isidoro Martínez Arca

CONVENIO COLECTIVO PARA AS INDUSTRIAS DE CARPINTERÍA E EBANISTERÍA DA PROVINCIA DA CORUÑA 2014-2019

CAPÍTULO I.- PARTES ASINANTES

Son partes asinantes do presente Convenio, en representación empresarial: a Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería e Ebanistería da Coruña; en representación dos traballadores as Centrais Sindicais: Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.).

Artigo 1.- Ámbito territorial e funcional.

O presente Convenio é de ámbito provincial, aplicándose ás empresas que, na provincia da Coruña, se dedican á actividade de Carpintería e Ebanistería.

Artigo 2.- Ámbito persoal.

Regulará as relacións laborais entre os/as traballadores/as e as empresas incluídas no seu ámbito territorial e funcional.

Artigo 3.- Vixencia e duración.

Este Convenio negóciase ao abeiro do Convenio Sectorial da Madeira e ten vixencia de seis anos (01/01/14 a 31/12/19), que servirá como norma complementaria no que nel non estea previsto (Resolución da Dirección Xeral de Traballo de 2/11/2012, B.O.E. de 27/11/2012).

Non obstante o anterior, e en evitación do baleiro normativo que noutro caso se produciría, unha vez terminada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará sendo de aplicación na súa totalidade o contido normativo mentres non se asine outro que o substitúa.

Artigo 4.- Incremento salarial e cláusula de garantía salarial.

Os incrementos pactados no presente Convenio Colectivo sectorial estatal serán absorbidos polos pactados neste convenio colectivo, ao ser unha materia reservada ao mesmo.

Páctase un incremento para os anos 2014, 2015 e 2016 do 1,5% sobre as últimas táboas publicadas no ano 2013. O dito incremento non xera dereito a atrasos.

x Para o ano 2017 o incremento será do 1,5% sobre as táboas definitivas do ano 2016.

x Para o ano 2018 o incremento será do 1,5% sobre as táboas definitivas do ano 2017.

x Para o ano 2019 o incremento será do 1,5% sobre as táboas definitivas do ano 2018.

Cláusula de revisión salarial

Para os anos 2017, 2018 e 2019, no caso de que o IPC supere cada un destes anos o 1,5%, aplicarase unha cláusula de revisión salarial que garanta o IPC real de cada un destes anos máis un 0,5%.

Estabelécese como período transitorio durante os anos 2017 a 2019, no cal manteranse os salarios segundo niveis salariais dentro do mesmo grupo profesional, co obxectivo de que no ano 2020 en cada grupo profesional exista un só salario, por iso é polo que nas táboas reflectirase ademais da subida salarial pactada o incremento correspondente para alcanzar en cada un dos grupos profesionais un mesmo salario.

Como consecuencia do anterior, xérase a 1 de xaneiro do 2020 un plus consolidado, actualizábel, non compensábel e non absorbíbel para os niveis salariais actuais de Xefe 1.ª Administrativo e Oficial 1.ª Administrativo, garantíndose así que non terán perda de poder adquisitivo.

Inaplicación das condicións de traballo

Aos efectos de solucionar de xeito efectivo as discrepancias que poidan xurdir para a non aplicación das condicións de traballo ás que se refire o artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores, a comisión paritaria coñecerá preceptivamente as mesmas. No entanto, nos supostos en que a comisión paritaria non alcance acordo algún, calquera das partes poderá someter as discrepancias a unha arbitraxe vinculante, seguíndose para ese efecto os procedementos estabelecidos no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA) ou, no seu caso, nos sistemas non xudiciais de solución de conflitos estabelecidos mediante os correspondentes acordos interprofesionais previstos no artigo 83 do Estatuto dos Traballadores.

Artigo 5.- Denuncia e prórroga.

A denuncia do presente convenio é automática ao vencemento do mesmo, neste caso a 31/12/2019. Non obstante a Comisión Negociadora do Convenio poderá constituírse con tres meses de antelación ao vencemento do prazo de vixencia antes sinalado.

Artigo 6.- Garantía ad personam .

Respectarase a todos/as os/as traballadores/as as situacións laborais actualmente consolidadas no seu conxunto en canto determinen maiores dereitos dos concedidos neste Convenio nas materias obxecto de regulación.

Artigo 7.- Comisión mixta.

A efectos de vixilancia e control de aplicación das normas contidas neste Convenio, constitúese unha Comisión Mixta, integrada por tres representantes de cada unha das partes.

Esta Comisión Mixta será un Órgano de Interpretación, Arbitraxe e Vixilancia da aplicación e cumprimento do presente Convenio, coas seguintes funcións específicas:

- Interpretación auténtica do Convenio.

- Arbitraxe dos asuntos que se lle sometan por acordo de ambas partes.

- Vixilancia do pactado.

- Seguimento da evolución das relacións das partes contratantes.

- Entender cantas cuestións tendan á maior eficacia da práctica do Convenio.

- Os acordos adoptados serano pola maioría das partes e aqueles que interpreten este Convenio terán a mesma eficacia que a norma interpretada.

- A Comisión Mixta celebrará reunións cantas veces sexa necesario e previo acordo das partes en canto á data, lugar e hora.

- Os vocais e suplentes serán designados entre as respectivas representacións negociadoras do Convenio. Poderá utilizar os servizos de asesores en materias da súa competencia

- A parte social e económica conveñen en dar coñecemento á Comisión Mixta de cantas dúbidas, discrepancias e conflitos se puidesen producir como consecuencia da interpretación do presente Convenio Colectivo.

A composición da Comisión Mixta estará formada por un representante de cada Central Sindical e tres representantes da Asociación Provincial de Carpintería e Ebanistería.

CAPÍTULO II

Artigo 8.- Condicións económicas.

As condicións retributivas do persoal afectado por este Convenio serán as que conteñen as táboas que se unen como anexo e as que se regulan nos seguintes artigos.

Artigo 9.- Recibos salariais.

As empresas entregarán aos/ás traballadores/as os recibos de salarios correspondentes, que se axustarán ao modelo aprobado polo Ministerio de Traballo e Seguridade Social, ou calquera outro homologado pola Autoridade Laboral.

As empresas poderán efectuar os pagos por medio de transferencia ou talón bancario, neste último caso o tempo empregado para o seu cobro correrá a cargo da empresa.

Artigo 10.- Plus de transporte.

Estabelécese a cantidade de cinco euros con doce céntimos (5,12 € ) para o ano 2017, a percibir por este concepto por día efectivo de traballo, con independencia de que as empresas dispoñan ou non de medios de transporte.

En caso de desprazamento, as empresas satisfarán ao persoal o servizo de transporte correspondente sen detrimento da percepción de devandito plus.

Artigo 11.- Complemento de antigüidade.

Todos/as os/as traballadores/as que teñan dereito ao plus de antigüidade consolidado seguirano mantendo na súa contía.

Artigo 12.- Plus de asistencia.

Percibirase por cada día efectivo de traballo, a razón de dous euros con dezaseis céntimos día (2,16 € ) para o ano 2017.

Artigo 13.- Dietas e desprazamentos.

Nos supostos de que o/a traballador/a por necesidades do traballo, teña que efectuar comidas ou pernoctar fóra do lugar habitual, terá dereito ás seguintes percepcións durante o ano 2017:

x Pola comida: 10.67 € .

x Por dúas comidas: 20.27 € .

x Dieta completa: 29.89 € .

A partir do sétimo día de permanencia fose do lugar de traballo, percibirá 0,65 céntimos de euro máis diarios. As empresas aboarán os gastos que superen o importe das dietas aquí estabelecidas, previa xustificación do/da traballador/a.

Se a empresa se fixese cargo de todos os gastos, o/a traballador/a percibirá o 10% do importe da dieta.

A empresa aboará antes de cada desprazamento un anticipo a conta de dietas, pola contía do seu importe aproximado, en relación aos días de desprazamento previstos.

Cando por necesidades da empresa o persoal teña que desprazarse desde o centro de traballo a outros lugares distintos, a empresa proverá o medio de transporte adecuado. No caso de que se utilice un servizo público colectivo, o seu custo será a cargo da empresa.

De pactarse entre empresa e cadro de persoal a utilización de vehículo propio, a empresa deberá dar a autorización pertinente por escrito, aboándolle a cantidade estabelecida en cada momento. A estes efectos estabelécese a cantidade de 0,19 € por quilómetro.

O día de volta considerarase como dieta completa. Os gastos de transporte aboaranse con independencia das dietas estabelecidas.

Artigo 14.- Gratificacións extraordinarias.

Estabelécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal e devengaranse por semestres naturais e por cada día natural en que se teña devengado o salario base.

Deveño de pagas:

x Paga de verán: do 1 de xaneiro ao 30 de xuño.

x Paga de Nadal: do 1 de xullo ao 31 de decembro.

As pagas extras aboaranse a razón de trinta días de salario base, antigüidade e vinte e cinco días de plus de asistencia.

As empresas poderán prorratear as pagas extras en doce mensualidades a razón de cinco días por cada mes.

O importe das pagas extraordinarias será proporcional ao tempo efectivamente traballado, computándose a estes efectos os períodos de accidente laboral e enfermidade profesional.

Artigo 15.- Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente Convenio, acordan reducir ao mínimo indispensábel a realización de horas extraordinarias, axustándose aos seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión.

b) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materia prima: Realización.

c) Horas extraordinarias por: Contratos ou períodos punta de produción, ausencias imprevistas, cambio de quenda ou outras circunstancias, sempre que non sexa posíbel o utilizar distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas na Lei.

A Dirección da empresa, informará periodicamente ao Comité de Empresa ou Delegado de Persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, no seu caso, a distribución por seccións.

A hora extra pagarase cun recargo do 75% sobre o valor-hora ordinaria. Por acordo entre empresa e traballador/a, previa a realización das mesmas, poderán compensarse as horas extraordinarias cun período equivalente de descanso.

Artigo 16.- Xubilación.

Estabelécese un premio de xubilación, ata o 31 de decembro 2018 aos 64 anos para o persoal que leve, como mínimo, dez anos na empresa. Consistirá este premio en trinta días de vacacións.

O/a traballador/a que se xubile voluntariamente con anterioridade a cumprir os 64 anos, antes do 31 de decembro de 2018, terá dereito á percepción dos seguintes premios:

- Xubilación aos 60 anos: 150 días de vacacións.

- Xubilación aos 61 anos: 125 días de vacacións.

- Xubilación aos 62 anos: 100 días de vacacións.

- Xubilación aos 63 anos: 75 días de vacacións.

A partir do 1 de xaneiro do 2019 o premio de xubilación será aos 65 anos, para o persoal que leve, como mínimo, dez anos na empresa. Consistirá este premio en trinta días de vacacións.

O/a traballador/a que se xubile voluntariamente con anterioridade a cumprir os 65 anos, despois do 1 de xaneiro do 2019, terá dereito á percepción dos seguintes premios:

x Xubilación aos 61 anos: 150 días de vacacións.

x Xubilación aos 62 anos: 125 días de vacacións.

x Xubilación aos 63 anos: 100 días de vacacións.

x Xubilación aos 64 anos: 75 días de vacacións.

Xubilación parcial

Ao abeiro do art. 166.2 do texto da Lei da Seguridade Social, do Art. 12.6 do Estatuto dos Traballadores, e do artigo 28 do III Convenio Estatal da Madeira, recoñéceselles aos/ás traballadores/as o dereito subxectivo de acceder á xubilación parcial e á redución de xornada cando reúnan os requisitos legalmente estabelecidos. Nestes supostos, e ata que os/as traballadores/as que se xubilan parcialmente cheguen á idade ordinaria de xubilación, a empresa deberá subscribir un contrato de substitución nos términos previstos no art. 12.6 do Estatuto dos Traballadores.

A decisión adoptada polo/a traballador/a de acollerse á situación de xubilación parcial recollida no parágrafo precedente deberá ser notificada á empresa polo menos con tres meses de antelación á data prevista do seu inicio, excepto para o persoal encadrado nos grupos I e II do convenio, en que o prazo será de seis meses.

Artigo 17.- Seguro de invalidez ou morte.

As empresas contratarán un seguro colectivo de invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez ou morte por accidente, durante as 24 horas, para todo o persoal afectado por este Convenio, coas seguintes indemnizacións:

Para o ano 2017:

a) Por morte por accidente: 20.000 € .

b) Por invalidez permanente total para a profesión habitual por accidente: 30.000 € .

c) Por invalidez absoluta por accidente: 35.000 € .

d) Por gran invalidez por accidente: 40.000 € .

As empresas que contraten a póliza correspondente cunha Compañía de Seguros, non responderán subsidiariamente das indemnizacións, en ningún caso.

Quedarán excluídos aqueles riscos que ordinariamente as Compañías de Seguros non cubran.

Para cada un dos anos de vixencia do convenio estas cantidades serán incrementadas en igual porcentaxe ao IPC habido no ano anterior.

As indemnizacións previstas neste artigo serán consideradas a conta de calquera outras cantidades que puidesen ser recoñecidas como consecuencia de responsabilidades civís sempre que non deriven de condenas penais esixidas ou impostas ao empresario, debendo deducirse destas en todo caso, tendo en conta da natureza civil que teñen as mesmas e que ambas partes lle recoñecen. Tampouco as ditas indemnizacións poderán servir como base para a imposición do recargo de prestacións por falta de medidas de seguridade e saúde no traballo.

Artigo 18.- Vacacións.

Os/as traballadores/as afectados por este Convenio gozarán dun período anual de vacacións de trinta días naturais como mínimo.

A retribución das mesmas será o importe fixado na táboa salarial.

Nas empresas que non gocen o período vacacional conxuntamente e, polo tanto, permanezan abertas durante os doce meses, os/as traballadores/as terán dereito a un período de vacacións de 22 días laborábeis, non considerándose laborábeis os sábados, domingos e festivos.

A efectos do goce de vacacións, o cómputo será por ano natural, tendo dereito á parte proporcional das mesmas de non levar na empresa un ano completo, ou á liquidación correspondente por cese na empresa, por calquera causa.

O calendario de vacacións estabelécese entre a empresa e os/as traballadores/as ou os seus representantes e, deberá ser exposto, como mínimo, con dous meses de antelación ao comezo das mesmas. Terán dereito preferente os/as traballadores/as con fillos/as en idade escolar.

As vacacións non poderán ser compensadas economicamente, e en ningún caso as percepcións poderán ser inferiores ás estabelecidas no artigo 61 do III Convenio Colectivo Estatal da Madeira.

Artigo 19.- Licenzas retribuídas.

O/a traballador/a, previo aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo polo tempo e condicións estabelecidas no anexo: Cadro de licenzas e permisos.

O preaviso será sempre obrigatorio, salvo supostos e situacións excepcionais e imprevisíbeis que non permitan preavisar das ausencias, nese caso acreditarase no seu momento de forma suficiente.

Ademais das licenzas que se contemplan no anexo, concederase polo tempo necesario, no caso de que un/ha traballador/a acompañe ao médico aos/ás fillos/as menores de 16 anos con xustificante de entrada e saída da visita, sempre que sexa imprescindíbel por imposibilidade do outro cónxuxe.

Así mesmo, concederase un día de permiso por falecemento de irmáns/ás do pai ou nai do/da traballador/a. En caso de nacemento dun fillo/a ou adopción ampliaríase un día máis no caso de que coincidise en venres o día do nacemento.

Estabelécese unha licenza de tres días non retribuídos. Para o seu goce o/a traballador/a terá que comunicalo á empresa cunha antelación de dous días laborábeis. Así mesmo estes tres días de licenza non retribuída non poderán ser acumulábeis a vacacións.

O permiso por enfermidade grave, poderase gozar en calquera momento mentres dure o proceso de enfermidade grave, e poderá ser gozado de forma descontinua nos términos que acorden empresa e traballador/a.

O permiso de lactancia ata os nove meses, poderá ser gozado con ausencia dunha hora, dúas fraccións de media hora, redución de xornada en media hora ou acumulalo en xornadas completas gozándoo de forma ininterrompida trala baixa maternal.

Todos os permisos e licenzas son extensíbeis ás parellas de feito que consten rexistradas oficialmente.

CAPÍTULO III

Artigo 20.- Xornada de traballo.

A duración da xornada anual de traballo efectivo en todos os ámbitos do presente Convenio Colectivo será para cada ano de vixencia do mesmo de 1.752 horas anuais, coas limitacións estabelecidas no artigo 46 do Convenio Estatal da Madeira.

A Comisión Mixta do Convenio elaborará anualmente un Calendario Laboral Xeral, unha vez coñecidas as festividades do ámbito estatal, autonómico e local onde se estabelecerán os días laborábeis e os días festivos de carácter nacional, autonómico e os propios do convenio que con motivo da aplicación da xornada anual se estabelezan.

Non obstante o anterior, as empresas afectadas polo presente convenio poderán elaborar os seus propios calendarios laborais estabelecendo uns días de compensación de exceso de xornada distintos ao calendario estabelecido pola Comisión Mixta, que deberán publicar antes do 1 de xaneiro de cada ano. Os días de compensación de exceso de xornada poderán modificarse por razóns de carácter produtivo ou por acumulación de tarefas, preavisando cunha antelación mínima de 7 días naturais de antelación e sinalando os días de substitución, dentro do mesmo período anual.

Para o ano 2017 o Calendario Laboral Xeral é o que figura no Anexo I.

Artigo 21

A xornada semanal con carácter xeral será de 40 horas. As empresas, previo acordo cos representantes dos traballadores/as, poderán estabelecer xornadas semanais distintas, coas limitacións estabelecidas no artigo 47 do Convenio Estatal da Madeira.

Artigo 22.- Xornada intensiva.

Aquelas empresas cuxos traballadores/as tivesen adquirido o dereito da xornada intensiva nos meses de verán, respectarana nos seus propios términos. Nas demais poderase negociar a súa implantación.

Artigo 23.- Incapacidade temporal.

As empresas completarán a prestación económica por incapacidade temporal (I.T.) ata o 100% do salario do/da traballador/a nos seguintes casos e durante o tempo que se indica en cada un deles:

a) I.T. derivada de accidente laboral, incluído in itinere ou enfermidade profesional.

- Desde o primeiro día ata a alta médica.

b) I.T. derivada de enfermidade común ou accidente non laboral:

- Con hospitalización: desde o primeiro día ata un máximo de 120 días.

- Sen hospitalización: desde o 17.º día ata un máximo de 90 días.

En IT de duración inferior a 8 días, é dicir, sen parte de confirmación, a empresa abonará os 4 primeiros días o 60% da Base Reguladora.

2. Terase dereito ás prestacións por hospitalización referidas nos puntos anteriores, nos supostos de que o/a traballador/a permaneza ingresado como mínimo 24 horas.

Artigo 24.- Capacidade diminuída.

Aqueles/as traballadores/as que por causa de enfermidade ou accidente queden imposibilitados para desempeñar o posto de traballo para o que foron contratados, conservarán un dereito preferente para cubrir as vacantes que se produzan na empresa, cando as condicións físicas e intelectuais do/da traballador/a sexan axeitadas ao posto vacante.

Artigo 25.- Igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Os dereitos e obrigas estabelecidos na Lexislación Laboral neste Convenio, afectarán por igual ao home e á muller.

As empresas están obrigadas a pagar por iguais traballos os mesmos salarios e complementos sen discriminación de sexo.

A efectos de extinción do contrato por causas obxectivas, non se computarán como faltas de asistencia as das traballadoras en período de licenza por maternidade.

Terase en conta, e será de aplicación, todo o previsto na Lei Orgánica 3/2007 de 22 de marzo, para a Igualdade Efectiva entre Home e Mulleres; e a Lei 2/2007 de 28 de marzo do Traballo en Igualdade das Mulleres en Galicia.

A Comisión Paritaria terá funcións en materia de plans de igualdade, violencia de xénero e acoso no traballo nos términos legais.

Artigo 26.- Pezas de traballo.

As empresas afectadas por este Convenio entregarán dúas pezas de traballo ao ano aos/ás traballadores/as, unha en xaneiro e outra en xullo. Entre a roupa de traballo tense que incluír pezas de abrigo cando sexa necesario.

As empresas entregarán aos seus traballadores/as a avaliación de riscos do seu posto de traballo e entregaráselle os EPIs que este prevexa.

Artigo 27.- Saúde laboral.

O/a traballador/a poderá asistir a consulta médica sen que se lle desconten dos seus haberes o tempo empregado, sempre que o xustifique suficientemente.

As empresas garantirán aos seus traballadores/as unha revisión médica polo menos unha vez ao ano e na dita revisión incluirase a revisión xinecolóxica e urolóxica.

Incorpórase a Guía de Saúde Laboral elaborada por CONFEMADERA, CC.OO. e UGT.

CAPÍTULO IV.- FORMA E MODALIDADES DO CONTRATO

Artigo 28.- Forma do contrato.

A admisión de traballadores/as na empresa a partir da entrada en vigor do presente Convenio, realizarase a través do contrato escrito, cando así o esixa a norma legal.

Así mesmo, formalizaranse por escrito as comunicacións de prolongación ou ampliación dos mesmos e o preaviso da súa finalización, referidos aos contratos temporais, cando a forma legal ou convencional de aplicación así o estabeleza.

O contrato de traballo deberá formalizarse antes de comezar a prestación de servizos. Farase constar no contrato de traballo que deba estabelecerse por escrito, as condicións que se pacten, o grupo profesional ou categoría en que queda encadrado o/a traballador/a e o contido mínimo do contrato, así como os demais requisitos formais legalmente esixidos.

Artigo 29.- Condicións xerais de ingreso.

O ingreso ao traballo poderá realizarse de conformidade con calquera das modalidades reguladas no Estatuto dos Traballadores, disposicións de desenvolvemento e no presente Convenio.

As empresas estarán obrigadas a solicitar dos organismos públicos de emprego os/as traballadores/as que necesiten, cando así o esixa a lexislación viente, mediante oferta de emprego.

Artigo 30.- Probas de aptitude.

As empresas, previamente ao ingreso, poderán realizar aos/ás interesados/as as probas de selección, prácticas e psicotécnicas, que consideren necesarias para comprobar se o seu grado de aptitude e a súa preparación son axeitadas á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempregar.

Artigo 31.- Contrato fixo de persoal.

Entenderase como contrato de traballo fixo de persoal o que se concerte entre a empresa e o/a traballador/a, para a prestación laboral durante tempo indefinido.

CAPÍTULO V.- DURACIÓN DO CONTRATO

Artigo 32.- Período de proba.

Poderá concertarse, por escrito, un período de proba, que en ningún caso poderá exceder de:

a) Grupo I e II: seis meses.

b) Grupo III e IV: dous meses.

c) Grupo V: un mes.

d) Grupo VI e VII: quince días.

Artigo 33.- Contrato de formación.

O contrato de formación que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional do presente Convenio, terá por obxecto a formación práctica e teórica do/da traballador/a contratado/a. Devandito traballador/a non deberá ter ningún tipo de titulación, xa sexa superior, media, académica ou profesional relacionada co posto de traballo a desempeñar.

O contido do contrato, do mesmo xeito que as súas posíbeis prórrogas deberá formalizarse por escrito, e figurará no mesmo de modo claro a actividade ou profesión obxecto da formación.

En ningún caso poderase realizar este tipo de contrato naquelas actividades nas que concorren circunstancias de tipo tóxicas, penosas, perigosas ou nocturnas. Tamén estará prohibida a realización de horas extraordinarias.

A idade do/da traballador/a cun contrato destas características non poderá ser inferior a dezaseis anos nin superior aos vinte e cinco anos. Fóra diso os desempregados incluídos nos colectivos que recolle o artigo 11.2.a do Estatuto dos Traballadores.

a) Poderase celebrar con traballadores maiores de dezaseis e menores de vinte e cinco anos que carezan da cualificación profesional recoñecida polo sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas. Poderanse acoller a esta modalidade contractual os traballadores que cursen formación profesional do sistema educativo.

O límite máximo de idade non será de aplicación cando o contrato se concerte con persoas con discapacidade nin cos colectivos en situación de exclusión social previstos na Lei 44/2007, de 13 de decembro, para a regulación do réxime das empresas de inserción, nos casos en que sexan contratados por parte de empresas de inserción que estean cualificadas e activas no rexistro administrativo correspondente.

b) A duración mínima do contrato será dun ano e a máxima de tres. No entanto, mediante convenio colectivo poderán estabelecerse distintas duracións do contrato, en función das necesidades organizativas ou produtivas das empresas, sen que a duración mínima poida ser inferior a seis meses nin a máxima superior a tres anos.

No caso de que o contrato se concertase por unha duración inferior á máxima legal ou convencionalmente estabelecida, poderá prorrogarse mediante acordo das partes, ata por dúas veces, sen que a duración de cada prórroga poida ser inferior a seis meses e sen que a duración total do contrato poida exceder de devandita duración máxima.

As situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, maternidade, adopción, garda con fins de adopción, acollemento, risco durante a lactancia e paternidade interromperán o cómputo da duración do contrato.

c) Expirada a duración do contrato para a formación e a aprendizaxe, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa, salvo que a formación inherente ao novo contrato teña por obxecto a obtención de distinta cualificación profesional.

Non se poderán celebrar contratos para a formación e a aprendizaxe cando o posto de traballo correspondente ao contrato sexa desempeñado con anterioridade polo traballador na mesma empresa por tempo superior a doce meses.

d) O traballador deberá recibir a formación inherente ao contrato para a formación e a aprendizaxe directamente nun centro formativo da rede a que se refire a disposición adicional quinta da Lei Orgánica 5/2002, de 19 de xuño, das Cualificacións e da Formación Profesional, previamente recoñecido para iso polo Sistema Nacional de Emprego. No entanto, tamén poderá recibir dita formación na propia empresa cando a mesma dispuxese das instalacións e o persoal adecuados aos efectos da acreditación da competencia ou cualificación profesional a que se refire a letra e), sen prexuízo da necesidade, no seu caso, da realización de períodos de formación complementarios nos centros da rede mencionada.

A actividade laboral desempregada polo traballador na empresa deberá estar relacionada coas actividades formativas. A impartición desta formación deberá xustificarse á finalización do contrato.

Regulamentariamente desenvolverase o sistema de impartición e as características da formación dos traballadores nos centros formativos e nas empresas, así coma o seu recoñecemento, nun réxime de alternancia co traballo efectivo para favorecer unha maior relación entre este e a formación e a aprendizaxe do traballador. As actividades formativas poderán incluír formación complementaria non referida ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais para adaptarse tanto ás necesidades dos traballadores como das empresas.

Así mesmo, serán obxecto de desenvolvemento regulamentario os aspectos relacionados co financiamento da actividade formativa.

e) A cualificación ou competencia profesional adquirida a través do contrato para a formación e a aprendizaxe será obxecto de acreditación nos términos previstos na Lei Orgánica 5/2002, de 19 de xuño, das Cualificacións e da Formación Profesional, e na súa normativa de desenvolvemento. Conforme ao estabelecido en dita regulación, o traballador poderá solicitar da Administración pública competente a expedición do correspondente certificado de profesionalidade, título de formación profesional ou, no seu caso, acreditación parcial acumulábel.

f) O tempo de traballo efectivo, que deberá ser compatíbel co tempo dedicado ás actividades formativas, non poderá ser superior ao setenta e cinco por cento, durante o primeiro ano, ou ao oitenta e cinco por cento, durante o segundo e terceiro ano, da xornada máxima prevista no convenio colectivo ou, na súa falta, á xornada máxima legal. Os traballadores non poderán realizar horas extraordinarias, salvo no suposto previsto no artigo 35.3 ET. Tampouco poderán realizar traballos nocturnos nin traballo a quendas.

g) A retribución do traballador contratado para a formación e a aprendizaxe fixarase en proporción ao tempo de traballo efectivo, o salario a percibir polo/a traballador/a en formación será o 75, 85 e 95 por cento do salario do Grupo VI que figura nas táboas do convenio, durante o 1.º, 2.º ou 3.º ano do contrato, respectivamente.

En ningún caso, a retribución poderá ser inferior ao salario mínimo interprofesional en proporción ao tempo de traballo efectivo.

h) A acción protectora da Seguridade Social do traballador contratado para a formación e a aprendizaxe comprenderá todas as continencias protexíbeis e prestacións, incluído o desemprego. Así mesmo, terase dereito á cobertura do Fondo de Garantía Salarial.

i) No caso de cese na empresa, entregarase ao/á traballador/a un certificado referente á formación teórica e práctica adquirida, en que constará a duración da mesma.

j) Mentres subsistan os pluses extrasalariais, estes percibiranse en contía íntegra durante todos os días que dure o contrato de traballo.

Artigo 34.- Contrato de substitución por anticipación idade de xubilación.

Por acordo entre empresas e traballador/a, este poderá xubilarse á idade de sesenta e catro anos e a empresa terá a obriga de contratar a un traballador/a que o substitúa ao obxecto de que o primeiro poida acollerse aos beneficios estabelecidos no Real Decreto 1194/1985, de 17 de Xullo, ou a norma que puidese substituírlle.

A representación traballadora e a empresarial pactan no presente Convenio que, de calquera modo, a idade máxima para traballar será a de sesenta e cinco anos, sen prexuízo de que poidan completarse os períodos de carencia para a xubilación.

Todo iso sen prexuízo do estabelecido no artigo 16 do presente convenio referido á Xubilación Parcial.

Artigo 35.- Contratos eventuais por circunstancias da produción.

1.º. A duración máxima dos contratos eventuais por circunstancias da produción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, poderá ser de ata doce meses traballados dentro dun período de dezaoito meses.

2.º. Os contratos de duración inferior a doce meses poderán prorrogarse mediante acordo das partes, por unha única vez, sen que a duración do total do contrato poida exceder de devandita duración máxima.

3.º. Os contratos celebrados con anterioridade á publicación do presente Convenio poderán prorrogarse cos límites anteriores e coas condicións do presente artigo.

4.º. Á terminación do contrato, si este foi de duración igual ou inferior a catro meses, a empresa virá obrigada a satisfacer ao/á traballador/a unha indemnización de quince días de salario por ano de servizo. Si a duración foi superior a catro meses, a empresa virá obrigada a satisfacer ao/á traballador/a unha indemnización de vinte días por ano de servizo. Estas indemnizacións surtirán efectos desde o primeiro día.

5.º. Os contratos que se celebren baixo esta modalidade conterán unha referencia expresa ao presente artigo.

Artigo 36.- Contrato para obra ou servizo determinado.

De acordo coas competencias atribuídas pola Lei 1/1995, texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, no seu artigo 15.1.a), as partes asinantes do presente Convenio conveñen en identificar determinados traballos ou tarefas con substantividade propia dentro das actividades das empresas do sector, definidas como tales no artigo 11 do Convenio Colectivo Estatal da Madeira.

En consecuencia, só se poderán realizar contratos ao amparo do artigo 15.1.a) do Estatuto dos Traballadores, é dicir, para obra ou servizo determinados, para as seguintes actividades:

a) Traballos de reparación das instalacións.

b) Para a realización dunha obra ou servizo determinado, con substantividade propia fóra das instalacións da empresa, aínda tratándose da actividade normal da mesma, incluíndose os labores na propia empresa, inherentes á preparación das mesmas.

En canto ao preaviso e cese estarase ao disposto no artigo 32 do Convenio Colectivo Estatal da Madeira.

Artigo 37.- Empresas de traballo temporal e multiservizos.

As empresas afectadas por este Convenio, cando contraten os servizos de empresas de traballo temporal, garantirán que os/as traballadores/as postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles corresponden aos seus traballadores/as en aplicación do presente Convenio. Esta obrigación constará expresamente no contrato de posta a disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria que estea vinculada polo presente Convenio.

As empresas afectadas por este convenio, cando contraten os servizos de empresas multiservizos para a realización de servizos comprendidos no ámbito funcional do presente Convenio colectivo e no seo ou centro de traballo da empresa principal, garantirán que os/as traballadores/as afectados/as teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles correspondan aos/ás seus/súas traballadores/as en aplicación do presente convenio e no correspondente nivel salarial. Esta obriga constará expresamente no contrato de servizos.

Artigo 38.- Preavisos e ceses.

O cese dos/as traballadores/as por terminación do contrato deberá comunicarse por escrito ao/á traballador/a con unha antelación mínima de quince días naturais. No entanto, o empresario poderá substituír este preaviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente aos días de preaviso omitidos, todo iso sen prexuízo da notificación escrita de cese. Cando for o/a traballador/a o/a que comunicase a súa decisión de extinguir o contrato antes da finalización do mesmo operará a indemnización resarcitoria de contrario estabelecida en idénticos términos.

Non será de aplicación o disposto anteriormente en canto a prazo de preaviso e indemnizacións para os contratos concertados baixo a modalidade de interinidade ou substitución, eventuais por circunstancias da produción ou obra ou servizo inferiores ou iguais a seis meses, sen prexuízo da notificación escrita do cese.

Aqueles contratos temporais que superasen o estabelecido no parágrafo anterior, fóra diso os contratados por interinidade ou substitución, deberán preavisarse por escrito coa antelación seguinte:

x Grupos I a V: un mes.

x Grupos VI e VII: quince días naturais.

No entanto, o empresario poderá substituír este preaviso pola indemnización equivalente aos días de preaviso omitidos en similares términos que o expresado no parágrafo primeiro.

Cando for o/a traballador/a o/a que comunicase a súa decisión de extinguir o contrato antes da finalización do mesmo operará a indemnización resarcitoria de contrario estabelecida en idénticos términos.

Idéntica indemnización resarcitoria procederá cando o/a traballador/a fixo/a de persoal decidise extinguir o seu contrato notificando por escrito a súa baixa voluntaria na empresa e incumprise os prazos de preaviso indicados no parágrafo cuarto.

Artigo 38.- Cláusula de resolución de conflitos.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflitos laborais a elaboración do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CIG, CC.OO. e UGT, as partes asinantes deste convenio, durante a vixencia do mesmo, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios términos en que están formuladas.

Anexo I. Calendario Laboral 2017

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Os días F.C. que figuran no calendario, se coinciden con período vacacional, non computan aos efectos de F.C.

Así mesmo, cando un festivo local coincida cun festivo de convenio (F.C.), este pasarase ao día laborábel anterior.

Anexo II.- Cláusula de inaplicación salarial

As porcentaxes de incremento salarial estabelecidos neste convenio non serán de necesaria e obrigada aplicación para aquelas empresas que acrediten obxectiva e fidedignamente situacións de déficit ou perdas mantidas nos dous exercicios contábeis anteriores ao que se pretenda implantar esta medida. Así mesmo, teranse en conta as previsións para o ano seguinte, nas que se contemplarán a evolución do mantemento do nivel de emprego.

Nestes casos trasladarase ás partes a fixación do aumento de salarios.

Para valorar esta situación teranse en conta circunstancias tales como o insuficiente nivel de produción e vendas e atenderanse os datos que resulten da contabilidade das empresas, dos seus balances e das súas contas de resultados.

As empresas nas que, ao seu xuízo, concorran as circunstancias expresadas, comunicarán aos/ás representantes dos/as traballadores/as o seu desexo de acollerse ao procedemento regulado nesta cláusula, no prazo dun mes a contar desde a data de publicación deste convenio. Na mesma forma será obrigatoria a súa comunicación á Comisión Mixta do convenio.

No prazo de vinte días naturais a contar desta comunicación, a empresa facilitará aos/ás representantes dos/as traballadores/as a documentación á que se fai referencia en parágrafos anteriores e dentro dos seguintes dez días as partes deberán acordar a procedencia ou improcedencia da aplicación desta cláusula.

O resultado desta negociación será comunicado á Comisión Mixta do convenio no prazo de cinco días seguintes a terse producido o acordo ou desacordo, procedéndose na forma seguinte:

a) En caso de acordo a empresa e os representantes dos/as traballadores/as negociarán as porcentaxes de incremento salarial a aplicar.

b) En caso de non haber acordo, a Comisión Mixta do convenio examinará os datos postos á súa disposición, solicitará a documentación complementaria que estime oportuna e os asesoramentos técnicos pertinentes. Oirá ás partes, debendo pronunciarse sobre se na empresa solicitante concorren ou non as circunstancias esixidas no parágrafo primeiro desta cláusula.

Os acordos da Comisión Mixta do convenio tomaranse por unanimidade, e de non existir esta, a mencionada Comisión solicitará informe de auditores-censores xurados de contas, que será vinculante para a Comisión, sendo os gastos que se orixinen por esta intervención, de conta da empresa solicitante.

Este procedemento tramitarase no prazo dun mes a partir de que as partes dean traslado do desacordo á Comisión Mixta do convenio.

Os prazos estabelecidos nesta cláusula serán de caducidade a todos os efectos.

En todo caso, debe entenderse que o estabelecido nos parágrafos anteriores só afectará ao concepto salarial achándose obrigadas as empresas afectadas polo contido do resto do pactado neste Convenio.

Os representantes legais dos/as traballadores/as están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e dos datos a que tivesen acceso como consecuencia do estabelecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto de todo iso, sixilo profesional.

Non poderán fan uso desta cláusula as empresas durante dous anos consecutivos.

Finalizado o período de descolgue as empresas afectadas obríganse a proceder á actualización inmediata dos salarios dos/as traballadores/as, para iso, aplicaranse sobre os salarios iniciais os diferentes incrementos pactados durante o tempo que durou a aplicación desta cláusula.

Anexo III.- Da representación colectiva dos/as traballadores/as

Representación unitaria

Comités de empresa e delegados/as de persoal

O Comité de Empresa e os/as Delegados/as de Persoal terán dereito a recibir a información, emitir informes e exercer o labor de vixilancia sobre as materias expresamente previstas polas normas legais vixentes. Así mesmo, gozarán das garantías en materias disciplinarias, de non discriminación, exercicio de liberdade de expresión e disposición de créditos horarios previstos na lexislación vivente.

Eleccións sindicais-candidatos/as

Os/as traballadores/as que teñan dezaoito anos cumpridos e unha antigüidade mínima de tres meses na empresa, sempre que superen o período de proba, serán elixíbeis nas eleccións a representantes dos/as traballadores/as tal como se prevé na sección segunda, artigo 69 e seguintes do Estatuto dos Traballadores.

Crédito horario

As partes negociadoras recomendan a acumulación das horas dos/as Delegados/as de persoal, membros de Comités de empresa e Delegados/as sindicais nos términos que se consideren convenientes.

Dereito de reunión

1. Os/as traballadores/as dunha empresa ou centro de traballo teñen dereito a reunirse en asemblea, que poderá ser convocada polos/as Delegados/as de persoal, Comité de Empresa ou centro de traballo ou por número de traballadores/as non inferior a 33% do persoal. A asemblea será presidida, en todo caso, polo Comité de Empresa ou polos/as Delegados/as de persoal, mancomunadamente, que serán responsábeis do seu normal desenvolvemento, así como da presenza na asemblea de persoas non pertencentes á empresa. Só poderán tratarse nela os asuntos que previamente consten incluídos na orde do día.

2. A presidencia da asemblea comunicará á Dirección da empresa a convocatoria e os nomes das persoas non pertencentes á empresa que vaian asistir á asemblea e acordadas con esta as medidas necesarias para evitar perturbacións na actividade laboral normal. Cando por calquera circunstancia, non poida reunirse simultaneamente todo o persoal sen prexuízo ou alteracións no normal desenvolvemento da produción, as diversas reunións parciais que teñan que celebrarse consideraranse como unha soa e fechadas no día da primeira.

3. As asembleas celebraranse fóra das horas de traballo. A celebración da asemblea poñerase en coñecemento da Dirección da empresa cunha antelación mínima de corenta e oito horas, indicando a orde do día, persoas que ocuparán a presidencia e duración previsíbel.

Dos sindicatos

Delegado/a sindical

1. Nas empresas cuxo persoal supere os/as 100 traballadores/as, e en concepto de mellora do disposto no artigo 10 da Lei Orgánica de Liberdade Sindical, os sindicatos con presenza nos órganos de representación unitaria, poderán nomear un Delegado Sindical, cos dereitos e obrigacións que se deriven de devandito artigo. Respectaranse, en todo caso, aquelas condicións máis favorábeis estabelecidas con anterioridade á entrada en vigor do presente convenio nos ámbitos inferiores.

A representación do sindicato na empresa ostentaraa un/ha Delegado/a, nos termos previstos na Lei Orgánica 11/1985, de Liberdade Sindical.

O sindicato que alegue posuír dereito a acharse representado mediante titularidade persoal en calquera empresa, deberá acreditalo ante a mesma en forma fidedigna, recoñecendo esta, acto seguido, ao/a citado/a Delegado/a a súa condición de representante do sindicato para todos os efectos.

Os/as delegados/as sindicais terán as competencias, garantías e funcións recoñecidas nas leis ou normas que as desenvolvan.

2. O/a delegado/a sindical deberá ser o/a traballador/a que se designará de acordo cos estatutos do sindicato ou central a quen representa, terán recoñecidas as seguintes funcións:

Recadar cotas e distribuír información sindical, fóra das horas de traballo e sen perturbar a actividade normal da empresa.

Representar e defender os intereses do sindicato a quen representa e dos/as afiliados/as ao mesmo, no centro de traballo, e servir de instrumento de comunicación entre o sindicato ou central sindical e a Dirección da empresa.

Asistir ás reunións do Comité de Empresa do centro de traballo e Comité de seguridade e hixiene no traballo con voz e sen voto.

Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa poña a disposición do Comité de Empresa representándose as mesmas garantías recoñecidas pola Lei e o presente Convenio aos/ás membros do Comité de Empresa, e estando obrigado a gardar sixilo profesional en todas aquelas materias nas que legalmente proceda.

Será informado/a e oído/a pola Dirección da empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten, en xeral, aos/ás traballadores/as do seu centro de traballo, e particularmente aos/ás afiliados/as ao seu sindicato que traballen en devandito centro.

O/a delegado/a sindical cinguirá as súas tarefas á realización das funcións sindicais que lle son propias, axustando, en calquera caso, a súa conduta á normativa legal vixente.

3. As seccións sindicais dos sindicatos máis representativos terán dereito á utilización dun local adecuado, no que poidan desenvolver as súas actividades, naqueles centros de traballo que se estabelezan nos Convenios de ámbito inferior.

Participación nas negociacións dos Convenios Colectivos: Aos/Ás delegados/as sindicais que participen nas Comisións Negociadoras de Convenios Colectivos, mantendo o seu vencello como traballadores/as en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos/ permisos retribuídos polas mesmas a fin de facilitarlles o seu labor como negociadores/as e durante o transcurso da devandita negociación, sempre que a empresa estea afectada directamente polo Convenio Colectivo de que se trate.

Reunirse, fóra das horas de traballo e sen perturbar a actividade normal da empresa, cos/as traballadores/as desta afiliados/as ao seu sindicato.

Inserir comunicados nos taboleiros de anuncios, previstos para ese efecto, que puidesen interesar aos/ás afiliados/as ao sindicato e aos/as traballadores/as do centro.

Os/as delegados/as sindicais, sempre que non formen parte do Comité de Empresa, dispoñerán dun crédito de horas mensuais retribuídas, en iguais términos e contido que os contemplados neste Convenio.

Cota sindical

Nos centros de traballo, a solicitude formulada por escrito ás empresas por cada un dos/as traballadores/as afiliados/as aos sindicatos legalmente constituídos, as empresas descontarán na nómina mensual a devanditos/as traballadores/as o importe da cota sindical correspondente.

O abono da cantidade recadada pola empresa farase efectivo, por meses vencidos ao sindicato correspondente, mediante transferencia á súa conta bancaria.

A empresa efectuará as devanditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano.

O/a traballador/a poderá, en calquera momento, anular por escrito a autorización concedida.

Excedencias sindicais

O persoal con antigüidade de catro meses que exerza ou sexa chamado a exercer un cargo sindical nos órganos de goberno provinciais, autonómicos ou nacionais dunha central sindical que asine o Convenio, terá dereito a unha excedencia forzosa polo tempo que dure o cargo que a determina.

Para acceder o/a traballador/a á dita excedencia, deberá acompañar á comunicación escrita á empresa o certificado da central sindical correspondente no que conste o nomeamento do cargo sindical de goberno para o que sexa elixido/a.

O/a traballador/a excedente forzoso/a ten a obriga de comunicar á empresa, nun prazo non superior ao mes, a desaparición das circunstancias que motivaron a súa excedencia, no caso de non efectuala en devandito prazo perderá o dereito ao reingreso.

O reingreso será automático e obrigatorio e o/a traballador/a terá dereito a ocupar unha praza do mesmo grupo ou nivel, lugar e posto de traballo que ostentase antes de producirse a excedencia forzosa.

O tempo de excedencia computarase como de permanencia ao servizo da empresa.

Anexo IV.- Risco grave e inminente

No caso de que unha empresa pretendese sancionar a algún/ha traballador/a pola paralización do traballo en base á apreciación de risco grave e inminente, procederá á apertura de expediente contraditorio no que serán oídos/as, ademais do/a interesado/a, os/as membros da representación legal dos/as traballadores/as e o Comité de Seguridade e Saúde ou o/a Delegado/a de Prevención no seu caso.

Anexo V.- Delegados/as de prevención. Formación dos/as delegados/as de prevención

O/A empresario/a garantirá que os/as delegados/as de prevención posúan unha cualificación equiparábel ao Nivel Básico en prevención de riscos laborais, ademais da que corresponda ao seu posto de traballo habitual.

Así mesmo os/as delegados de prevención disporán de ata 20 horas anuais para formación específica, as cales engadiranse ao crédito horario que lles recoñece a Lei.

Formación en materia preventiva

En cumprimento do deber de protección, o/a empresario/a deberá garantir que todo/a traballador/a reciba unha formación teórica e práctica suficiente e adecuada en materia preventiva.

Defínense como suficientes e adecuados, no ámbito deste convenio os seguintes programas:

a) Formación básica xeral en prevención: As materias contidas neste módulo serán comúns a todos os niveis e postos de traballo.

As materias que deberá conter este módulo son:

1. Conceptos básicos sobre a organización elemental da prevención.

2. Técnicas preventivas elementais sobre riscos xenéricos e prevención dos mesmos.

3. Plans de urxencia.

4. Dereitos de participación, información, consulta e proposta.

b) Formación específica por oficios, postos de traballo ou función: Ademais da formación indicada no apartado anterior, todo/a traballador/a que posúa ou adquira unha categoría profesional encadrada no Grupo 6 ou superior, deberá adquirir a formación específica requirida para o desempeño do seu posto de traballo.

c) Formación preventiva de traballadores/as designados/as, persoal encargado da prevención e mandos intermedios: Para estes colectivos a empresa garantirá que dispoñan de formación equivalente á indicada para o nivel básico no Anexo IV do R.D. 39/1997.

Formación para empresarios/as que asuman eles/as mesmos/as a actividade preventiva ou recursos preventivos cuxa presenza se esixa de xeito permanente no centro de traballo: A formación para estes colectivos será a indicada para o nivel básico no Anexo IV do R.D. 39/1997, de 17/01/97.

Anexo VI.- Licenzas e excedencias

Excedencia forzosa

A excedencia forzosa, concederase por designación ou elección para un cargo público ou sindical que imposibilite a asistencia ao traballo, e dará lugar ao dereito á conservación do posto de traballo. O reingreso solicitarase dentro do mes seguinte ao cese no cargo público ou sindical, perdéndose este dereito se se fai transcorrido este prazo.

Excedencia voluntaria

1.º. O/a traballador/a con, polo menos, unha antigüidade na empresa dun ano terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a catro meses, nin superior a cinco anos. Nos supostos en que o/a traballador/a estea suxeito a un contrato de duración temporal, a duración máxima da excedencia voluntaria en ningún caso poderá superar a da duración do contrato. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador/a, no seu caso, si transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

2.º. O/a traballador/a excedente conserva tan só un dereito preferente ao reingreso nas vacantes, de igual ou similar grupo profesional ao seu, que houbese ou se producise na empresa, e sempre que o soliciten con, polo menos, un mes de antelación ao término da excedencia.

Excedencia por coidado de familiares e fillos

Os/as traballadores/as terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender ao coidado de cada fillo/a, tanto cando o sexa por natureza, como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, aínda que estes sexan provisionais, a contar desde a data de nacemento ou, no seu caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a dous anos, para atender ao coidado dun/ha familiar ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poida valerse por si mesmo/a, e non desempeñe actividade retribuída.

A excedencia contemplada no presente artigo, cuxo período de duración poderá gozarse de forma fraccionada, constitúe un dereito individual dos/as traballadores/as, homes ou mulleres. No entanto, si dous ou máis traballadores/as da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dese dereito a un novo período de excedencia, o inicio da mesma dará fin ao que, no seu caso, se viñese gozando.

O período no que o/a traballador/a permaneza en situación de excedencia conforme ao estabelecido neste artigo será computábel aos efectos de antigüidade e o/a traballador/a terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, a cuxa participación deberá ser convocado/a polo/a empresario/a, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido devandito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

No entanto, cando o/a traballador/a forme parte dunha familia que teña recoñecida oficialmente a condición de familia numerosa, a reserva do seu posto de traballo estenderase ata un máximo de 15 meses cando se trate dunha familia numerosa de categoría xeral, e ata un máximo de de 18 meses se se trata de categoría especial.

Disposicións comúns para as excedencias

1.º. Nas excedencias en que concorra a circunstancia de temporalidade do contrato, a duración do mesmo non se verá alterada pola situación de excedencia do/da traballador/a, e no caso de chegar ao término deste durante o transcurso da mesma, extinguirase devandito contrato previa a súa denuncia preavisada no prazo mínimo de quince días, salvo pacto en contrario.

O incumprimento do prazo de preaviso por parte do/a empresario/a, suporá exclusivamente a obriga de compensar economicamente ao/á traballador/a no importe dos días de falta de preaviso, ao momento da súa liquidación.

2.º. Durante o período de excedencia, o/a traballador/a, en ningún caso, poderá prestar servizos que supoñan unha concorrencia desleal en relación á empresa. Si así o fixese, perdería automaticamente o seu dereito de reingreso.

Anexo VII.- Redución do absentismo

A redución do absentismo no ámbito laboral é un obxectivo compartido polas representacións sindical e empresarial, dado que os seus efectos negativos proxéctanse sobre as condicións de traballo, o clima laboral, a produtividade e a saúde dos/as traballadores/as.

Ao obxecto pois de combater este fenómeno que conleva unha perda de produtividade e incide negativamente nos custos laborais, prexudicando con iso a competitividade das empresas e a posibilidade de mellorar os niveis de emprego e rendas dos/as traballadores/as, a partir do 1 de xaneiro de 2008, nos supostos nos que o índice de absentismo, a título colectivo e individual (acumulativamente), non supere o 3% e o 4% respectivamente, durante o período de xaneiro a decembro de cada ano de vixencia do presente convenio colectivo, os/as traballadores/as percibirán, no mes de marzo do ano seguinte, e nun único pago, a cantidade bruta de 150 euros.

Nas empresas de menos de 30 traballadores/as, os índices de absentismo, colectivo e individual (acumulativamente), non deberán superar o 2% e o 3%, respectivamente, para dar dereito ao cobro da cantidade mencionada anteriormente.

Dito importe non será consolidábel, nin absorbíbel, nin tampouco compensábel.

Para o cómputo do absentismo teranse en consideración, exclusivamente, os períodos de IT por enfermidade común ou accidente non profesional e as ausencias inxustificadas.

O índice de absentismo resultante será notificado periodicamente (polo menos trimestralmente) aos/ás Representantes legais ou sindicais da empresa e, na súa falta, á Comisión Paritaria do seu ámbito. O incumprimento deste trámite, non liberará á empresa do compromiso de aboar a cantidade indicada. Nas empresas de menos de 30 traballadores/as, de constatarse devandito incumprimento e previo requirimento da representación dos/as traballadores/as ou da Comisión Paritaria, o pago producirase igualmente se no prazo de 15 días hábiles, desde a recepción do requirimento, non se produce dita xustificación.

O sistema recollido no presente artigo non será acumulábel con calquera outro existente, a nivel de empresa ou por convenio, desta mesma natureza, respectándose devanditos sistemas, salvo acordo coa representación dos/as traballadores/as, para a súa substitución polo presente.

Anexo VIII.- Comité de Seguridade e Saúde

Nos centros de traballo onde existan 30 ou máis traballadores/as constituirase un Comité de Seguridade e Saúde no Traballo formado por polo menos dous/dúas delegados/as de prevención, e igual número de representantes da empresa.

Os/As compoñentes do servizo de prevención, así como as persoas que realicen habitualmente os seus labores nesta materia, incluíndo o persoal do servizo de prevención, poderán asistir ás reunións deste órgano co obxecto de asesorar tecnicamente ao comité.

Anexo IX.- Cadro de licenzas retribuídas

MOTIVO

TEMPO MÁXIMO

CONCEPTOS A DEVENGAR

XUSTIFICANTE

SALARIO BASE

PAGAS

EXTRAS

COMP.

ANTIG.

INCENT. 1

COMP. CONV.

COMP. P. TRAB.

COMP. NON SAL

Falecemento de nai/pai, sogro/a, fillo/a, neto/a, cónxuxe, irmá/n e avó/avoa

3 días naturais, ampliábeis ata 5 en caso de desprazamento superior a 150 km

SI

SI

SI

SI

SI

SI

NON

Documento acreditativo

Enfermidade grave de nai/pai, sogro/a, fillo/a, neto/a, cónxuxe, irmá/n e avó/avoa

3 días naturais, ampliábeis ata 5 en caso de desprazamento superior a 150 km

SI

SI

SI

SI

SI

SI

NON

Xustificante médico acreditativo

Falecemento de nora/xenro, cuñado/a e avó/avoa político/a

2 días naturais, ampliábeis ata 4 en caso de desprazamento superior a 150 km

SI

SI

SI

SI

SI

SI

NON

Documento acreditativo

Enfermidade grave de nora/xenro, cuñado/a e avó/avoa político/a

2 días naturais, ampliábeis ata 4 en caso de desprazamento superior a 150 km

SI

SI

SI

SI

SI

SI

NON

Xustificante médico acreditativo

Nacemento de fillo/a ou adopción

3 días naturais, ampliábeis ata 5 en caso de desprazamento superior a 150 km

SI

SI

SI

SI

SI

SI

NON

Libro de Familia/

Certificado xudicial

Matrimonio

15 días naturais

SI

SI

SI

SI

SI

NON

NON

Libro de Familia/ Certificado oficial

Cambio de domicilio habitual

1 día laboral

SI

SI

SI

SI

SI

SI

NON

Documento acreditativo

Deber inescusábel de carácter público ou persoal

O indispensábel ou o que fixe a norma

SI

SI

SI

SI

SI

SI

NON

Xustificante da ausencia

Lactancia ata 9 meses

Ausencia dunha hora ou dúas fraccións de œ hora; redución de xornada en œ hora.

SI

SI

SI

SI

SI

SI

SI

Libro de familia ou certificado de adopción

Traslado (art. 40 ET)

3 días laborais

SI

SI

SI

SI

SI

SI

NON

Matrimonio de fillo/a

O día natural

SI

SI

SI

SI

SI

SI

NON

Documento acreditativo

Funcións sindicais ou de representación do cadro de persoal

O fixado na norma

SI

SI

SI

SI

SI

SI

SI

O que proceda

Notas.- 1Media percibida no mes anterior

Anexo X.- Táboas salariais 2017

Salario base

Plus Asist.

Plus Transp.

P. extra verán

P. extra Nadal

Paga vacacións

Salario anual

I

Directores e Licenciados

1.318,22

2,16

5,12

1.372,31

1.372,31

1.365,82

20.206,04

II

Perito

1.294,37

2,16

5,12

1.348,46

1.348,46

1.341,97

19.872,02

II

ATS

1.294,37

2,16

5,12

1.348,46

1.348,46

1.341,97

19.872,02

III

Xefe de 1.ª Admin.

1.318,22

2,16

5,12

1.372,31

1.372,31

1.365,82

20.205,99

III

Xefe de 2.ª Admin.

1.293,08

2,16

5,12

1.347,17

1.347,17

1.340,68

19.854,00

IV

Encargado

1.293,14

2,16

5,12

1.347,23

1.347,23

1.340,73

19.854,79

V

Delineante

1.247,82

2,16

5,12

1.301,90

1.301,90

1.295,41

19.220,28

V

Oficial de 1.ª Oficio

1.268,73

2,16

5,12

1.322,82

1.322,82

1.316,33

19.513,10

V

Oficial de 2.ª Admin.

1.289,70

2,16

5,12

1.343,78

1.343,78

1.337,29

19.806,62

V

Oficial de 2.ª Oficio

1.249,74

2,16

5,12

1.303,83

1.303,83

1.297,34

19.247,21

V

Oficial de 2.ª Admin.

1.247,82

2,16

5,12

1.301,90

1.301,90

1.295,41

19.220,28

VI

Auxiliar Admin.

1.215,59

2,16

5,12

1.269,68

1.269,68

1.263,18

18.769,09

VI

Auxiliar Analista

1.215,59

2,16

5,12

1.269,68

1.269,68

1.263,18

18.769,09

VI

Axudante de Oficio

1.218,01

2,16

5,12

1.272,10

1.272,10

1.265,61

18.803,05

VI

Especialista Oficio

1.199,70

2,16

5,12

1.253,79

1.253,79

1.247,30

18.546,68

VII

Peón

1.170,73

2,16

5,12

1.224,81

1.224,81

1.218,32

18.141,03

VII

Ordenanza

1.162,25

2,16

5,12

1.216,34

1.216,34

1.209,85

18.022,36

VII

Guarda e Vixiante

1.162,25

2,16

5,12

1.216,34

1.216,34

1.209,85

18.022,36

2017/9997