Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE OPTICA AO RETALLO E TALLERES ANEXOS de Galicia

Sector Autonomico. Versión VIGENTE. Validez desde 18 de Diciembre de 2006 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

Modificaciones/Revisiones
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Modificacion/Interpretacion Resolución do 18 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a iniciación do procedemento de extensión do convenio colectivo do sector do comercio de óptica ao retallo e talleres anexos da Comunidade de Madrid para os traballadores do mesmo sector da Comunidade Autónoma de Galicia. 26/12/2006 Diario Oficial de Galicia 18/12/2006

Resolución do 18 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a iniciación do procedemento de extensión do convenio colectivo do sector do comercio de óptica ao retallo e talleres anexos da Comunidade de Madrid para os traballadores do mesmo sector da Comunidade Autónoma de Galicia. (Diario Oficial de Galicia núm. 246 de 26/12/2006)

Cristóbal González Triñanes, en nome e representación do sindicato Comisións Obreiras (CC. OO.) , solicitou a extensión do convenio colectivo del sector de comercio de óptica ao retallo e talleres anexos da Comunidade de Madrid para 2004-2006 publicado no Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid

nº 201, do 24 de agosto de 2004, aos traballadores do mesmo sector da Comunidade Autónoma de Galicia, e para os efectos do establecido no artigo 4.2º do Real decreto 718/2005, do 20 de xuño, polo que se aproba o procedemento de extensión de convenios colectivos, procédese a comunicar mediante o presente anuncio o inicio do procedemento de extensión do referido convenio, que se está a tramitar na Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo, sita no edificio administrativo de San Lázaro, onde pode ser examinado polos interesados no prazo de dez días a partir da publicación deste anuncio, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2006. Pilar Cancela Rodríguez Directora xeral de Relacións Laborais