C. Colectivo , Revision. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (27000205011982) de Lugo

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2011 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 2700205
  • Código Nuevo: 27000205011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 97 del 29/04/2014

    Convenio colectivo de Comercio Textil. LUGO Convenio Colectivo Provincial do Comercio Textil de Lugo COMERCIO TEXTIL Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (27000205011982) de Lugo

  • Código: 2700205
  • Código Nuevo: 27000205011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 82 del 13/04/2010

    Convenio colectivo de Comercio Textil. LUGO Revision das taboas salariais para o ano 2009 e a actualizacion das mesmas para o 2010 do convenio colectivo para o sector comercio textil, da provincia de Lugo. Codigo de convenio 2700205 COMERCIO TEXTIL Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (27000205011982) de Lugo

  • Código: 2700205
  • Código Nuevo: 27000205011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 177 del 04/08/2009

    Convenio colectivo de Comercio Textil. LUGO Revision das taboas salariais para o ano 2008 e a actualizacion das mesmas para o 2009 do convenio colectivo para o sector "COMERCIO TEXTIL", da provincia de Lugo. Exp. 010-2008 (Codigo 2700205) COMERCIO TEXTIL Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (27000205011982) de Lugo

  • Código: 2700205
  • Código Nuevo: 27000205011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 46 del 06/03/2007

    Convenio colectivo de Comercio Textil. LUGO Revision das taboas salariais para o ano 2006 e actualizacion das mesmas para o 2007, do convenio colectivo para o sector de Comercio Textil da Provincia de Lugo (Codigo de Convenio nº 2700205) COMERCIO TEXTIL Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (27000205011982) de Lugo

  • Código: 2700205
  • Código Nuevo: 27000205011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 40 del 25/02/2006

    Convenio colectivo de Comercio Textil. LUGO Taboas salariais para o ano 2005 e a elaboracion das mesmas para o 2006 do convenio colectivo para o sector "COMERCIO TEXTIL DA PROVINCIA DE LUGO" (Codigo 2700205). COMERCIO TEXTIL Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (27000205011982) de Lugo

  • Código: 2700205
  • Código Nuevo: 27000205011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 143 del 23/07/2005

    ...salarios base... ...sueldo base... ...27000205011982... ...2700205... ...Comercio de ropa Lugo... ...Comercio de roupa Lugo... ...Comercio ropa Lugo... ...Comercio textil... ...Comercio textil Lugo... ...Venta de ropa Lugo... ...Venta de roupa Lugo... ...Venta ropa Lugo... ...Exp.: 14/05 (Código 2700205) Publicado no BOP n° 145, de 27 de xuño de 2005, o texto do convenio colectivo para o sector do "COMERCIO TEXTIL DA... ...Salario base... ...Tabla salarial... ...Salario base...

  • Código: 2700205
  • Código Nuevo: 27000205011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Diario Oficial de Galicia nº 10900 del 09/06/1997

    Convenio colectivo de Comercio Textil. LUGO Resolución do 6 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria da revisión do convenio colectivo para o sector do comercio téxtil. COMERCIO TEXTIL Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (27000205011982) de Lugo

  • Código: 2700205
  • Código Nuevo: 27000205011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Diario Oficial de Galicia nº 11500 del 12/06/1996

    Convenio colectivo de Comercio Textil. LUGO Resolución do 8 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio téxtil, relativo ó aboamento de atrasos. COMERCIO TEXTIL Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (27000205011982) de Lugo
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo , Revision Convenio Colectivo Provincial do Comercio Textil de Lugo 29/04/2014 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2011 Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo para o sector COMERCIO TEXTIL, da provincia de Lugo, con validez desde el 1 de enero de 2008 al 31 de diciembre de 2010 (Codigo 2700205) Convenio afectado por 14/08/2008 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2008 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 9 de xuño de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio téxtil da provincia de Lugo. Convenio afectado por 01/08/2005 Diario Oficial de Galicia 01/04/2004 No Vigente
C. Colectivo Convenio colectivo para o sector "Comercio Textil da Provincia de Lugo" para os anos 2004-2007, Codigo de Convenio nº 2700205 Convenio afectado por 27/06/2005 Boletín Oficial de Lugo 01/04/2004 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 6 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o depósito, o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio téxtil da provincia de Lugo. 16/07/2003 Diario Oficial de Galicia 01/04/2002 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 12 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio téxtil da provincia de Lugo. 19/09/2001 Diario Oficial de Galicia 01/04/2000 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 12 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio téxtil da provincia de Lugo. Convenio afectado por 07/03/1997 Diario Oficial de Galicia 01/04/1996 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 7 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio téxtil de Lugo. Convenio afectado por 14/05/1996 Diario Oficial de Galicia 01/04/1994 No Vigente
Convenio Colectivo Provincial do Comercio Textil de Lugo (Boletín Oficial de Lugo núm. 97 de 29/04/2014)
Preambulo

Visto o texto do Convenio Colectivo Provincial do Comercio Textil de Lugo, asinado o día 05 de marzo de 2014, pola representación patronal (Asociación Empresarial Textil da Provincia de Lugo) e das centrais sindicais U.G.T. (60%), CC.OO. (40%) e C.I.G., como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo.

Esta xefatura territorial, ACORDA:


PRIMEIRO:

Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.


SEGUNDO:

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 14 de abril de 2014.

- O xefe territorial, (P.A.O xefe de Servizo de Coordinación Administrativa, Artigo 39.2.1-e, Decreto 42/2013 de 21 de febreiro), Vicente Correa Díaz


CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DO COMERCIO TEXTIL DE LUGO

 


I.- ÁMBITO DE APLICACIÓN

 


Artigo 1.- ÁMBITO FUNCIONAL:

O presente Convenio Colectivo afecta e vincula a todas as empresas e traballadores da provincia de Lugo que se atopen encadradas no sector do comercio téxtil, ao través da Agrupación Provincial da dita actividade.


Artigo 2.- ÁMBITO TERRITORIAL:

As disposicións deste Convenio comprenderán a todo o territorio de Lugo e a súa provincia.


Artigo 3.- ÁMBITO PERSOAL:

Quedan sometidos ás estipulacións deste Convenio, todas as empresas e traballadores que se adiquen á actividade de comercio textil, quedando excluído o persoal especificado no Estatuto dos Traballadores cun contrato que non sexa constitutivo dunha relación laboral de traballo.


Artigo 4.- VIXENCIA E DURACIÓN:

A vixencia deste Convenio Colectivo de Traballo será dende o 1 de xaneiro de 2011 ao 31 de decembro de 2015, independentemente da súa publicación no BOP.


II.- DENUNCIA, COMISIÓN PARITARIA, CONDICIÓNS MAIS BENEFICIOSAS, NORMAS DE SUBSIDIARIA APLICACIÓN E PUBLICIDADE

 


Artigo 5.- DENUNCIA E RESCISIÓN:

Cunha antelación mínima de 30 días á data de remate do Convenio deberá ser este denunciado por calquera das partes. Denunciado o Convenio e unha vez rematada a duración pactada, o Convenio quedará prorrogado no seu conxunto por termo de como máximo catro anualidades.

A ausencia de denuncia deste Convenio significará en todo caso a prórroga do mesmo no seu conxunto por termo dun ano.


Artigo 6.- COMISIÓN PARITARIA:

Para interpretar o contido deste Convenio, vixiar o seu cumprimento e exercer funcións de arbitraxe nos problemas ou cuestións suscitados como consecuencia da aplicación do mesmo, constitúese unha Comisión Mixta Paritaria entre as partes asinantes deste Convenio, que estará formada por 5 representantes da Asociación de Empresarios asinante, 3 de U.G.T., 1 de CC.OO. e 1 de CIG, igualmente asinantes. Caso de que non se chegase a un acordo na dita Comisión, ámbalas dúas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA) e xurisdicción competente.


Artigo 7.- CONDICIÓNS MÁIS BENEFICIOSAS:

Todas as melloras contidas neste Convenio teñen o carácter de mínimas, dentro das condicións pactadas. Se respetarán as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cas aquí pactadas, manténdose as "ad personam" en canto excedan das pactadas no cómputo anual.


Artigo 8.- NORMAS DE SUBSIDIARIA APLICACIÓN:

En todo o non previsto no presente Convenio rexerá subsidiariamente o establecido na normativa laboral vixente e de aplicación.


Artigo 9.- PUBLICIDADE:

As empresas expoñerán nos seus centros de traballo un exemplar deste Convenio para consulta e coñecemento dos traballadores afectados polo mesmo.


III.- RETRIBUCIÓNS

 


Artigo 10.- SALARIO BASE:

Comprende, para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2013 ata o 31 de decembro de 2013, as retribucións que figuran no Anexo I do presente Convenio, resultado de aplicar un incremento salarial do 0,4% sobre a última táboa publicada do Convenio previamente actualizada nun 1,5%.

Para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2014, comprende as retribucións que figuran no Anexo II do presente Convenio, resultado de aplicar un incremento salarial do 0,5% sobre a táboa salarial do ano 2013.

Para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2015 ata o 31 de decembro de 2015, comprende as retribucións que figuran no Anexo III do presente Convenio, resultado de aplicar un incremento salarial do 0,7% sobre a táboa salarial do ano 2014.


Artigo 11.- GRATIFICACIÓNS REGULAMENTARIAS.-

A contía das gratificacións de 25 de xullo e de nadal, serán dunha mensualidade, cada unha, dos salarios deste Convenio, comprendido o salario base das táboas anexas e a antigüidade.


Artigo 12.- PAGA DE MARZO:

Abonarase polas empresas unha terceira paga extraordinaria dunha mensualidade do salario base das táboas anexas e a antigüidade e, en todo caso, haberá de liquidarse, a de cada ano, dentro do primeiro trimestre do ano seguinte.


Artigo 13.- SOBRESOLDO DE DESGASTE DE VESTIARIO:

Coa finalidade de repoñer o deterioro que poida experimentar o traballador nas súas prendas de roupa polo exercicio das súas funcións, establécese un sobresoldo de desgaste de vestiario mensual no importe que, para cada ano, figura nas táboas salariais anexas segundo categorías profesionais, ca excepción dos traballadores menores de 18 anos, que percibirán a metade da contía anteriormente citada.

O sobresoldo de desgaste de vestiario se devengará nas doce mensualidades por cada anualidad, sin incluílo nas pagas extraordinarias reglamentarias e de marzo.


Artigo 14.- HORAS EXTRAORDINARIAS:

As horas extraordinarias serán aboadas cun 50% de incremento sobre a hora ordinaria ou ben serán compensadas con períodos de descanso na mesma proporción. No días de ventas especiais de decembro, xaneiro, xullo, …poderá prolongarse a xornada no tempo suficiente, que será calificado como horas extraordinarias e compensadas segundo o previsto neste artigo.


Artigo 15.- ANTIGÜIDADE:

A antigüidade consistirá no devengo de cuatrienios do 6% cada un, aplicable sobre os salarios base das táboas anexas deste Convenio.


Artigo 16.- AXUDAS DE CUSTO:

Todo traballador con dereito a axuda de custo percibirá, a partires da dada da publicación do presente Convenio no BOP, 40,00 euros por axuda de custo completa e 9,00 euros por media axuda, ou ben gastos a xustificar a elección da empresa.


Artigo 17.- QUILOMETRAXE:

O traballador que por necesidade do servicio teña que desprazarse fora do lugar onde radique o seu centro de traballo empregando o seu vehículo particular percibirá por este concepto a cantidade/quilómetro que, en cada momento, estea exenta de cotización á Seguridade Social (á data de sinatura do convenio, 0,19 euros/quilómetro).


Artigo 18.- LIQUIDACIÓN POR CESE

1.- Cando o traballador cause baixa na empresa se lle aboará o importe da liquidación de salarios que legalmente lle corresponda, incluido o importe das gratificacións extraordinarias e o de vacacións en proporción ao tempo traballado dende que se devengó a correspondente gratificación ou se disfrutaron as oportunas vacacións.

2.- As empresas aboarán, para premiar a constancia no traballo, ao traballador que, tendo quince anos de antigüedade na empresa a data 1 de xaneiro de 2001, cause baixa na mesma, as seguintes cantidades en concepto de premio de constancia: o importe de dúas mensualidades completas das súas retribucións vixentes á data da baixa polo mínimo de quince anos de servicio na empresa, incrementadas en dúas mensualidades máis por cada dez anos de servicios que excedan dos quince primeiros.

Exclúese o cobro das cantidades anteriores nos seguintes supostos: extinción por falecemento do traballador ou empresario, por invalidez ou xubilación do empresario, despidos procedentes e aquelas extincións nas que o traballador teña dereito ao cobro de indemnizacións previstas no Estatuto dos Traballadores.

As empresas poderán aboar o premio de constancia fraccionado en tantas mensualidades como o número de mensualidades de salarios a ter en conta para o cálculo do importe do premio.


Artigo 19.- RETRIBUCIÓNS DOS TRABALLADORES PARA A FORMACIÓN:

O salario base para os traballadores contratados baixo a modalidade contractual de Contrato para a Formación será, durante os dous anos de vixencia do contrato, o seguinte:

No primeiro ano de vixencia do contrato, o 80% do salario base da categoía correspondente según convenio.

No segundo ano de vixencia do contrato, o 85% so salario base da categoría correspondente según convenio.


Artigo 20.- CLÁUSULA DE DESVINCULACIÓN SALARIAL:

As empresas afectadas polo presente convenio, só poderán deixar de aplicar o réxime salarial pactado no mesmo por acordo maioritario da comisión paritaria do mesmo, e sempre ca finalidade de superar unha situación de crise económica da empresa provocada por perdas no derradeiros ejercicios contables. A empresa afectada deberá presentar solicitude por escrito á comisión paritaria para aplicar esta cláusula, acreditando debidamente as perdas reales sufridas pola empresa ao medio de contabilidade dos resultados dos tres derradeiros ejercicios contables, e presentand asimismo a reducción salarial proposta e a duración prevista da desvinculación. A empresa afectada deberá presentar ademáis a documentación que lle requira a comisión paritaria aos efectos de decidir sobre a aplicación da cláusula de desvinculación.

No caso de considerar debidamente fundamentada a solicitude, a comisión paritaria acordará o nivel retributivo aplicable á empresa afectada, así como o período de duración da desvinculación salarial aprobada.


IV.- TEMPO DE TRABALLO

 


Artigo 21.- XORNADA DE TRABALLO:

A xornada de traballo máxima legal para o persoal comprendido no presente Convenio Colectivo será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

A regulación legal en materia de apertura de establecementos comerciais e libertade horaria non suporá modificación da xornada máxima de traballo prevista no Convenio habendo de respetarse en todo caso os descansos mínimos previstos na normativa laboral e no presente convenio. Sempre que a duración da xornada diaria continuada exceda de 6 horas, o traballador terá dereito a un descanso de 15 minutos. Este período de descanso se considerará tempo de traballo efectivo.


Artigo 22.- DESCANSO SEMANAL:

Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal, acumulable por períodos de ata 14 días, de día e medio ininterrumpido que, como regla xeral, comprenderá a tarde do sábado ou, no seu caso, a mañá do luns e o día completo do domingo. A duración do descanso semanal dos menores de 18 anos será, como mínimo, de 2 días ininterrumpidos.

No caso de que por necesidades do sector sexa necesario traballar en domingos ou festivos, se compensará ao traballador a partires da publicación do presente convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, a elección da empresa, ben coa cantidade que se establece no presente artigo como plus de domingos e festivos, ben cun descanso de día e medio por domingo ou festivo traballado a tempo completo, a maiores do descanso mínimo semanal previsto no parágrafo anterior.

O importe do plus de domingos e festivos para o ano 2014, a partires da publicación do Convenio, queda fixado en 21,50€, e para o ano 2015 en 22,00€.

Non obstante o anterior, os importes do plus de domingos e festivos previstos no parágrafo anterior se verán incrementados en 10€ para os domingos e festivos traballados por enrriba no número de domingos e festivos de apertura autorizada pola Comunidade Autónoma de Galicia para os establecementos comerciais, debendo aboarse dito recargo unha vez alcanzado o límite sinalado aínda que a empresa estea incluida nos establecementos comerciais con libertade horaria.

En todo caso as empresas darán a coñecer aos traballadores a necesidade de prestar servizo en domingo ou festivo cun mes de antelación.


Artigo 23.- VACACIÓNS:

O persoal comprendido neste Convenio gozará dun período anual de vacacións de 30 días, preferentemente entre os meses de xuño e setembro. No caso de desacordo á hora de fixar a data de disfrute das vacacións, resolverá a jurisdicción do social por un procedemento preferente e sumario. A decisión judicial non poderá ser obxeto de recurso.

Con carácter xeral o disfrute das vacacións poderá fraccionarse nun máximo de dous períodos, salvo que medie mutuo acordo entre empresa e traballador en orde a un fraccionamento maior ou concurran causas organizativas, que en todo caso se haberán de motivar, que xustifiquen dito maior fraccionamento.


Artigo 24.- LICENCIAS RETRIBUÍDAS:

O traballador poderá ausentarse do traballo, previo aviso e xustificación, con dereito a remuneración salvo no caso de que expresamente se regule a non remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) No caso de falecemento de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias o prazo será de catro días

b) No caso de accidente ou enfermidade grave, debidamente acreditada, de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

c) No caso de hospitalización de parentes de primeiro e segundo grao: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias o prazo será de catro días. Esta licencia poderá disfrutarse en calquera momento durante a hospitalización do familiar, incluso de xeito fraccionado.

d) No caso de matrimonio do traballador: quince días naturais.

e) No caso de nacemento de fillo: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias o prazo será de catro días.

f) No caso de matrimonio de parentes de primeiro grao: un día, que necesariamente terá que ser o da celebración do matrimonio.

g) No caso de bautizo ou comunión dun fillo: un día, que necesariamente terá que ser o da celebración do bautizo ou comunión.

h) No caso de traslado de domicilio habitual: un día.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal, incluido o exercicio do sufragio activo.

j) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación do parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo

k) Os traballadores por lactancia dun fillo menor de nove meses teñen dereito a unha hora de ausencia do traballo que poden dividir en dous fraccións ou a unha reducción da sua xornada en media hora ca mesma finalidade. Este dereito poderá ser sustituido por acumulación a xornadas completas se media acordo entre a empresa e o traballador.

l) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

m) Un día por asuntos propios retribuido non acumulable ás vacacións, e sempre tendo en conta que esta licencia retribuida non poderá ser disfrutada no transcurso da temporada de rebaixas, campaña de Nadal-Reis, ou as festas locais de San Froilán. Asimesmo, esta licencia non poderá ser disfrutada facendoa coincidir no medio de dous festivos ao obxeto de formar un ponte vacacional. Nas mesmas condicións xa sinaladas, un día por asuntos propios non retribuido.

n) Con fin de atender necesidades excepcionais, un permiso non retribuido de 15 días non fraccionable que, salvo pacto en contrario, non se poderá acumular a vacacións ou festivos nin disfrutarse nas temporadas de rebaixas, campaña de Nadal-Reis e festas locais de San Froilán. Dado o seu carácter excepcional, este permiso requerirá dun preaviso dun mes de antelación; non poderá ser disfrutado polo mesmo traballador en dous anualidades consecutivas; e non poderá ser disfrutado simultáneamente por máis dun traballador da empresa.

o) No caso de ter que asistir a consulta médica, ou ben acompañar a un fillo menor de 9 anoao médico, polo tempo indispensable para acudir a dita consulta, e sempre que se acredite debidamente con certificado médico.

p) No caso de nacemento de fillos prematuros ou que, por calquera causa, deban permañecer hospitalizados a continuación do parto, o pai ou a nai, terán dereito a ausentarse do traballo durante unha hora.

Asimesmo terán dereito a reducir a súa xornada de traballo ata un máximo de 2 horas, con a disminución proporcional do salario.

q) Quen por razón de garda legal teña a seu coidado directo a algún menor de 12 anos ou a unha persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial, que non desempeñe actividade retribuida, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa disminución proporcional do salario entre, a lo menos, un octavo e un máximo da mitade da duración de aquela. Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade, que por razós de idade, accidente ou enfermedade non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuida. Se dous ou máis traballadores da empresa serrasen este mesmo dereito polo mesmo suxeto causante, o empresario poderá limitar o seu ejercicio por razós xustificadas de funcionamento da empresa.

r) A concreción horaria e a determinación do período de disfrute do permiso de lactancia e da reducción da xornada, previstos nos apartados i), m) e n) corresponderá ao traballador, dentro da súa xornada ordinaria.

O traballador deberá preavisar ao empresario con 15 días de antelación, a data no que se reincorporará á súa xornada ordinaria. As discrepancias xurxidas entre empresario e traballador sobre a concreción horaria e a determinación dos períodos de disfrute previstos nos apartados i), m) e n) serán resueltas pola xurisdicción competente.

s) A traballadora víctima de violencia de xénero terá dereito, para facer efectiva a súa protección e o seu dereito á asistencia social integral, á reducción da xornada de traballo coa disminución proporcional do salario, ou á reordenación do tempo de traballo, ao través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou de outros xeitos de ordeación do tempo de traballo que se empreguen na empresa.

En todo caso o traballador terá dereito a aquelas outras licencias que resulten de aplicación en función do disposto na normativa laboral vixente.


Artigo 25.- LEI DE IGUALDADE-CONCILIACIÓN VIDA FAMILIAR E LABORAL:

Os dereitos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral se recoñecerán aos traballadores e traballadoras do sector, de xeito que fomenten a asunción equilibrada das responsabilidades familiares, evitando toda discriminación basada no seu ejercicio.

O permiso e a prestación por maternidade se concederán no termos previstos na normativa laboral e de Seguridade Social.

Para contribuir a un reparto máis equilibrado das responsabilidades familiares, se recoñece aos pais o dereito a un permiso e unha prestación por paternidade, no termos previstos na normativa laboral e de Seguridade Social.


Artigo 26.- EXCEDENCIAS:

O traballador que teña unha antigüidade de a lo menos un ano na empresa, segundo o disposto no artigo 46.2 do ET, terá a posibilidade de situarse en situación de excedencia voluntaria por un prazo non menor de catro meses e non superior a cinco anos, sempre cumprindo os requisitos e de acordo aos termos establecidos no citado precepto e outra legislación aplicable.

Asimesmo, os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a dous anos, para atender o coidado de familiares ata o segundo grado por consanguinidade ou afinidade, sempre cumprindo os requisitos e de acordo aos termos establecidos no artigo 46.3 do ET e demáis legislación aplicable.


V.- PRESTACIÓNS SOCIAIS

 


Artigo 27.- PÓLIZA DE SEGUROS:

As empresas subscribirán, a favor dos seus traballadores, unha póliza de seguros por importe de 18.000 euros que cubra, en caso de accidente de traballo, os riscos de morte e invalidez permanente nos graos de total, absoluta e grande invalidez.


Artigo 28.- PLAN DE XUBILACIÓNS PARCIAIS:

28.1.- Ao amparo do previsto no artígo 8 do Real Decreto-Lei 5/2013, de 15 de marzo, se establece un Plan de Xubilacións Parciais para os traballadores e traballadoras incluidos no ámbito de aplicación do presente Convenio nacidos ata o 31 de decembro de 1957, cuias condicións de incorporación á xubilación parcial serán as vixentes con anterioridade á entrada en vigor da Lei 27/2011 -regulación anterior ao 1 de xaneiro de 2013coa simultánea celebración dun contrato de relevo.

28.2.- De conformidade con lo establecido no artigo 86.1 do Estatuto dos Traballadores, que posibilita que as partes negociadoras dos convenios colectivos establezan a duración dos convenios pudendo pactarse distintos períodos de vixencia para cada materia, o Plan de Xubilacións Parciais previsto no presente artigo terá vixencia dende a súa sinatura, que tivo lugar o 27 de marzo de 2013, ata o 31 de decembro de 2018 inclusive, salvo que con anterioridade teña lugar modificación legal que afecte a súa regulación ou modificación da regulación prevista no presente Convenio.

28.3.- Para acceder á xubilación parcial conforme ao presente Plan de Xubilacións Parciais, o traballador ou traballadora interesada deberá dirixir a oportuna solicitude á dirección da empresa cunha antelación mínima de tres meses á data na que pretenda acceder á xubilación parcial.

A empresa receptora da solicitude, tras estudiar de buena fe a solicitude con a vista posta nun acordo, tendo en conta a situación da empresa nese momento, en caso de considerar pertinente a solicitude acordará co traballador o acceso á situación de xubilación parcial de conformidade co presente Plan de Xubilacións Parciais.

28.4.- Con carácter xeral o acceso á xubilación parcial ao amparo do presente Plan haberá de ter lugar ca reducción máxima da xornada que permite a normativa vixente con anterioridade á entrada en vigor da Lei 27/2011 [75%] salvo que medie acordo entre empresa e traballador en orde á aplicación dun porcentaxe menor ou maior de reducción de xornada, dentro dos límites permitidos por tal normativa.

28.5.- Con carácter xeral a parte da xornada que subsista para o traballador parcialmente xubilado ao amparo do presente Plan se acumulará anualmente a xornadas completas, sexa nun único prazo ou en varios prazos temporais, salvo que medie acordo entre empresa e traballador en outro senso.

28.6.- O traballador xubilado parcialmente percibirá a parte proporcional do salario que corresponda en función á xornada traballada, remuneración que percibirá de xeito mensual con independencia da acumulación da xornada en xornadas completas.

28.7.- O traballador xubilado parcialmente ao amparo do presente Plan está obrigado a solicitar a xubilación ordinaria ao cumprir a idade de xubilación ordinaria prevista no art. 161.1.a) e na Disposición Transitoria Vixésima da Lei Xeral da Seguridade Social, data na que quedará extinguida a súa relación contractual ca empresa pasando a situación de xubilado total a todos os efectos.


Artigo 29.- INCAPACIDADE TEMPORAL:

As empresas completarán as prestacións con cargo á Seguridade Social, ata o 100% do salario do Convenio, nos casos e ca duración que se indica a continuación:

1) No suposto de que a situación de I.T. sexa a consecuencia de accidente de traballo ou enfermedade profesional, aboándose o complemento mentres dure a situación de I.T. 2) No suposto de que a situación de I.T. sexa consecuencia de enfermidade común ou accidente non laboral o complemento aboaráse únicamente cando se produza a hospitalización do traballador e mentras dure a situación de IT.


VI.- COMISIÓNS

 


Artigo 30.- COMISIÓN DE SEGURIDADE E HIXIENE:

As partes asinantes acordan constituír unha Comisión Provincial Sectorial de Seguridade e Hixiene no Traballo, integrada por un representante de cada unha das Centrais Sindicais asinantes do Convenio e un número de representantes da Asociación Empresarial Textil igual ao total das Centrais Sindicais. As funcións básicas da Comisión de Seguridade e Hixiene terá como obxectivos prioritarios:

1.-Promover a observación das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2.-Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reducir os riscos que atenten á integridade física e saúde dos traballadores.

3.-Dar a coñecer as normas e procedementos que en materia de Seguridade e Hixiene dicten os Organismos especializados nesta materia.

4.-Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que se realicen aos traballadores deste sector.

5.-Cantas outras funcións a Comisión se atribúa orientadas ao desenvolvemento e mellora da Seguridade Social e Hixiene no traballo, no sector, e na provincia de Lugo.


Artigo 31.- COMISIÓN DE FORMACIÓN:

As partes sinatarias acordan constituir unha Comisión Paritaria Sectorial Provincial de Formación Profesional, integrada por 1 representante de cada unha das Centrais Sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Empresarial Téxtil igual ao número total de representantes das Centrais Sindicais.

Serán funcións desta Comisión:

− Requerir das Administracións Autonómica e Central competentes o recoñecemento desta Comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiación oficial que afecten ao sector de comercio téxtil, coa finalidade de colaborar tanto nos que estean en marcha como nos que se poidan programar no futuro.

− Elaborar estudios sobre necesidades e requerimientos de formación profesional no sector para chegar a definir a organización e programación da mesma, tanto ocupacional como reglada.

− Elaborar os planes formativos necesarios para acadar a homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais cos seus equivalentes na Unión Europea.

− Cantas outras funcións a Comisión se atribúa orientadas ao desenvolvemento e a mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo


VII.- OUTRAS MATERIAS

 


Artigo 32.- REVISIÓN DE CATEGORÍAS PROFESIONAIS.- MOZO E MOZO ESPECIALIZADO:

O mozo que teña unha antigüidade de 5 anos nesta categoría pasará á categoría de mozo especializado, sempre que non exista xa persoal con esta categoría na empresa e que a persoa aspirante cumpra o perfil, cualificación e aptitudes precisas para desempeñar este posto. En calquera caso, a aplicación do salario correspondente á categoría superior se efectuará dende o momento no que se produza o ascenso efectivo, sen que teña efectos retroactivos.


Artigo 33.- DEREITOS SINDICAIS:

As empresas poñerán a disposición dos Comités de Empresa ou Delegados de Persoal o oportuno taboleiro de anuncios para o seu uso, sen perxuízo de poder mantelo para outros usos nos que así se autorizaran.

As empresas poderán deducir ao través das nóminas as cotas correspondentes aos afiliados ás Centrais Sindicais asinantes do presente Convenio naqueles supostos nos que os interesados o solicitasen por escrito á Dirección da Empresa, indicando o número de conta corrente do sindicato á que desexan se lles transfira o importe da referida cota.


Artigo 34.- MODALIDADES DE CONTRATACION:

Os contratos de duración determinada previstos no Artigo 15.1.b) do Real Decreto Lexislativo 1/1995 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores poderán ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de dezaoito meses. Caso de que se concerten tales contrataciones por un prazo inferior a doce meses, poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poda exceder de dito límite máximo.


Artigo 35.- CONTRATOS A TEMPO PARCIAL:

Os traballadores e traballadoras con contrato a tempo parcial terán os mesmos dereitos que os traballadores contratados a tempo completo, se ben as percepcións económicas se aboarán en proporción á xornada de traballo. A partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, nas empresas de a lo menos dez traballadores os contratos a tempo parcial se rexirán polo seguinte:

a) No caso de formalización de contratos a tempo parcial con xornada inferior a 30 horas semanais, a regla xeral será a xornada continuada, salvo mutuo acordo entre a empresa e o traballador noutro senso e salvo que, polo número de días de prestación de servizos, a concreción horaria do contrato a tempo parcial supoña a realización de xornadas diarias de traballo similares ás dos traballadores contratados a tempo completo.

b) Cando se amplíe a xornada de traballo nun centro de traballo ou se produzcan vacantes, terán dereito ao incremento da xornada laboral, antes de novas contratacións, os traballadores que presten servizos a tempo parcial e estean interesados na ampliación. Para o caso de haber varios traballadores interesados se seguirá o seguinte orde de preferencia: 1) Traballadores do centro que sufriran reduccións de xornada nos cinco anos anteriores. 2) Traballadores do centro con maior antigüidade na empresa. Caberán excepcións ao réxime previsto no presente apartado cando existan razós organizativas ou productivas justificadas.

c) Aos efectos de facilitar que os traballadores a xornada parcial que presten servizos nun centro de traballo no que se amplíe a xornada vexan incrementada a súa xornada laboral, a empresa non terá que recoñecer con respecto á nova xornada ampliada e, polo tanto, aboar, a antigüidade que os traballadores tiveran recoñecida polo resto da xornada.


Artigo 36.- PROHIBICIÓN DE DISCRIMINACIÓN:

Dentro das empresas os traballadores e traballadoras non poderán ser discriminados por razóns étnicas, de ideoloxía, sexo, afiliación política ou sindical.

Se respetará o principio de igualdade de acceso a tódos os postos de traballo da empresa tanto para homes como para mulleres sen discriminación algunha.

Así, as empresas están obrigadas a respetar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar, e no seu caso acordar, cos representantes legais dos traballadores no xeito que se determine na legislación laboral.


Artigo 37.- EQUIPARACIÓN DE PARELLAS DE FEITO:

As parellas de feito que figuren inscritas no correspondente Rexistro Oficial gozarán de todos os dereitos que lles correspondan en virtude do presente convenio, equiparándose a súa situación á dos cónxuxes.


DISPOSICIONES ADICIONALES

 


D.A. UNICA.- ABONO DE ATRASOS:

Os atrasos aos que haxa lugar como consecuencia da publicación do presente Convenio, haberán de aboarse aos traballadores no prazo de seis meses a contar dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.


ANEXO I.- TÁBOA SALARIAL 2013

CONVENIO COLECTIVO DE COMERCIO TEXTIL DE LUGO

Vixencia: dende o 01/01/2013 ao 31/12/2013

CATEGORÍA PROFESIONAL

Soldo Base

Plus Desgaste Vestiario

Soldo Mes

Retribución Anual

GRUPO I: PERSOAL TÉCNICO TITULADO

Titulado Grao Superior

1.170,00

81,81

1.251,81

18.531,72

Titulado Grao Medio

994,39

79,68

1.074,07

15.872,01

Axudante Técnico Sanitario

877,29

78,24

955,53

14.098,23

GRUPO II: PERSOAL MERCANTIL TÉCNICO NON TITULADO

Director

1.287,18

83,30

1.370,48

20.307,30

Xefe de División

1.140,65

81,49

1.222,14

18.087,63

Xefe de Persoal

1.111,76

81,11

1.192,87

17.649,72

Xefe de Compras

1.111,76

81,11

1.192,87

17.649,72

Encargado Xeral

1.111,76

81,11

1.192,87

17.649,72

Xefe de Sucursal e Super

994,39

79,68

1.074,07

15.872,01

Xefe de Almacén

994,39

79,68

1.074,07

15.872,01

Xefe de Grupo

935,79

78,95

1.014,74

14.984,25

Xefe de Sección Mercantil

859,63

78,01

937,64

13.830,57

Encargado Establecemento Subasta

847,92

77,85

925,77

13.653,00

Xefe de Ventas

1.111,56

81,11

1.192,67

17.646,72

PERSOAL MERCANTIL PROPIAMENTE DITO

Viaxante

859,63

78,01

937,64

13.830,57

Corredor de Praza

847,92

77,85

925,77

13.653,00

Dependente

818,62

77,51

896,13

13.209,42

Dependente Maior

899,22

78,53

977,75

14.430,66

Axudante

752,16

76,72

828,88

12.203,04

Traballador para a formación

% do salario base fixado no convenio segundo categoría

73,13

GRUPO III: PERSOAL TÉCNICO NON TITULADO

Director

1.287,18

83,30

1.370,48

20.307,30

Xefe de División

1.140,65

81,49

1.222,14

18.087,63

Xefe de Administración

1.029,52

80,10

1.109,62

16.404,00

Secretario

830,45

77,64

908,09

13.388,43

Xefe de Sección Administrativa

959,14

79,26

1.038,40

15.338,22

PERSOAL ADMINISTRATIVO

Contable, Caixeiro, Taquimecanógrafo, Idiomas, etc.

859,63

78,01

937,64

13.830,57

Oficial Administrativo e Operador de Máquinas Contables

818,62

77,51

896,13

13.209,42

Auxiliar Administrativo e Perforista

752,18

76,72

828,90

12.203,34

Auxiliar de Caixa

752,18

76,72

828,90

12.203,34

Auxiliar Maior de Caixa

807,91

77,37

885,28

13.047,09

GRUPO IV: PERSOAL DE SERVICIOS E ACTIVIDADES AUXILIARES

Xefe de Sección de Servicios

934,67

78,96

1.013,63

14.967,57

Debuxante

994,39

79,68

1.074,07

15.872,01

Escaparatista

818,62

77,51

896,13

13.209,42

Axudante de Montaxe

752,18

76,72

828,90

12.203,34

Delineante

760,09

76,81

836,90

12.323,07

Visitador

760,09

76,81

836,90

12.323,07

Rotulista

760,09

76,81

836,90

12.323,07

Cortador

848,38

77,85

926,23

13.659,90

Axudante Cortador

752,18

76,72

828,90

12.203,34

Xefe de Taller

757,50

76,75

834,25

12.283,50

Persoal de Oficio de 1ª

801,08

77,31

878,39

12.943,92

Persoal de Oficio de 2ª

779,08

77,02

856,10

12.610,44

Persoal de Oficio de 3ª

769,29

76,90

846,19

12.462,15

Mozo Especializado

762,48

76,82

839,30

12.359,04

Mozo

752,18

76,72

828,90

12.203,34

Empaquetadora

752,18

76,72

828,90

12.203,34

GRUPO V: PERSOAL SUBALTERNO

Conserxe

752,18

76,72

828,90

12.203,34

Cobrador

752,18

76,72

828,90

12.203,34

Vixiante, Sereno, Ordeanza, Porteiro

752,18

76,72

828,90

12.203,34

Persoal de Limpeza

3,50

-

-

-


ANEXO II.- TÁBOA SALARIAL 2014

CONVENIO COLECTIVO DE COMERCIO TEXTIL DE LUGO

Vixencia: dende o 01/01/2014 ao 31/12/2014

CATEGORÍA PROFESIONAL

Soldo Base

Plus Desgaste Vestiario

Soldo Mes

Retribución Anual

GRUPO I: PERSOAL TÉCNICO TITULADO

Titulado Grao Superior

1.175,85

82,22

1.258,07

18.624,39

Titulado Grao Medio

999,36

80,08

1.079,44

15.951,36

Axudante Técnico Sanitario

881,68

78,63

960,31

14.168,76

GRUPO II: PERSOAL MERCANTIL TÉCNICO NON TITULADO

Director

1.293,62

83,72

1.377,34

20.408,94

Xefe de División

1.146,35

81,90

1.228,25

18.178,05

Xefe de Persoal

1.117,32

81,52

1.198,84

17.738,04

Xefe de Compras

1.117,32

81,52

1.198,84

17.738,04

Encargado Xeral

1.117,32

81,52

1.198,84

17.738,04

Xefe de Sucursal e Super

999,36

80,08

1.079,44

15.951,36

Xefe de Almacén

999,36

80,08

1.079,44

15.951,36

Xefe de Grupo

940,47

79,34

1.019,81

15.059,13

Xefe de Sección Mercantil

863,93

78,40

942,33

13.899,75

Encargado Establecemento Subasta

852,16

78,24

930,40

13.721,28

Xefe de Ventas

1.117,12

81,52

1.198,64

17.735,04

PERSOAL MERCANTIL PROPIAMENTE DITO

Viaxante

863,93

78,40

942,33

13.899,75

Corredor de Praza

852,16

78,24

930,40

13.721,28

Dependente

822,71

77,90

900,61

13.275,45

Dependente Maior

903,72

78,92

982,64

14.502,84

Axudante

755,92

77,10

833,02

12.264,00

Traballador para a formación

% do salario base fixado no convenio segundo categoría

73,50

GRUPO III: PERSOAL TÉCNICO NON TITULADO

Director

1.293,62

83,72

1.377,34

20.408,94

Xefe de División

1.146,35

81,90

1.228,25

18.178,05

Xefe de Administración

1.034,67

80,50

1.115,17

16.486,05

Secretario

834,60

78,03

912,63

13.455,36

Xefe de Sección Administrativa

963,94

79,66

1.043,60

15.415,02

PERSOAL ADMINISTRATIVO

Contable, Caixeiro, Taquimecanógrafo, Idiomas, etc.

863,93

78,40

942,33

13.899,75

Oficial Administrativo e Operador de Máquinas Contables

822,71

77,90

900,61

13.275,45

Auxiliar Administrativo e Perforista

755,94

77,10

833,04

12.264,30

Auxiliar de Caixa

755,94

77,10

833,04

12.264,30

Auxiliar Maior de Caixa

811,95

77,76

889,71

13.112,37

GRUPO IV: PERSOAL DE SERVICIOS E ACTIVIDADES AUXILIARES

Xefe de Sección de Servicios

939,34

79,35

1.018,69

15.042,30

Debuxante

999,36

80,08

1.079,44

15.951,36

Escaparatista

822,71

77,90

900,61

13.275,45

Axudante de Montaxe

755,94

77,10

833,04

12.264,30

Delineante

763,89

77,19

841,08

12.384,63

Visitador

763,89

77,19

841,08

12.384,63

Rotulista

763,89

77,19

841,08

12.384,63

Cortador

852,62

78,24

930,86

13.728,18

Axudante Cortador

755,94

77,10

833,04

12.264,30

Xefe de Taller

761,29

77,13

838,42

12.344,91

Persoal de Oficio de 1ª

805,09

77,70

882,79

13.008,75

Persoal de Oficio de 2ª

782,98

77,41

860,39

12.673,62

Persoal de Oficio de 3ª

773,14

77,28

850,42

12.524,46

Mozo Especializado

766,29

77,20

843,49

12.420,75

Mozo

755,94

77,10

833,04

12.264,30

Empaquetadora

755,94

77,10

833,04

12.264,30

GRUPO V: PERSOAL SUBALTERNO

Conserxe

755,94

77,10

833,04

12.264,30

Cobrador

755,94

77,10

833,04

12.264,30

Vixiante, Sereno, Ordeanza, Porteiro

755,94

77,10

833,04

12.264,30

Persoal de Limpeza

3,52

-

-

-


ANEXO III.- TÁBOA SALARIAL 2015

CONVENIO COLECTIVO DE COMERCIO TEXTIL DE LUGO

Vixencia: dende o 01/01/2015 ao 31/12/2015

CATEGORÍA PROFESIONAL

Soldo Base

Plus Desgaste Vestiario

Soldo Mes

Retribución Anual

GRUPO I: PERSOAL TÉCNICO TITULADO

Titulado Grao Superior

1.184,08

82,80

1.266,88

18.754,80

Titulado Grao Medio

1.006,36

80,64

1.087,00

16.063,08

Axudante Técnico Sanitario

887,85

79,18

967,03

14.267,91

GRUPO II: PERSOAL MERCANTIL TÉCNICO NON TITULADO

Director

1.302,68

84,31

1.386,99

20.551,92

Xefe de División

1.154,37

82,47

1.236,84

18.305,19

Xefe de Persoal

1.125,14

82,09

1.207,23

17.862,18

Xefe de Compras

1.125,14

82,09

1.207,23

17.862,18

Encargado Xeral

1.125,14

82,09

1.207,23

17.862,18

Xefe de Sucursal e Super

1.006,36

80,64

1.087,00

16.063,08

Xefe de Almacén

1.006,36

80,64

1.087,00

16.063,08

Xefe de Grupo

947,05

79,90

1.026,95

15.164,55

Xefe de Sección Mercantil

869,98

78,95

948,93

13.997,10

Encargado Establecemento Subasta

858,13

78,79

936,92

13.817,43

Xefe de Ventas

1.124,94

82,09

1.207,03

17.859,18

PERSOAL MERCANTIL PROPIAMENTE DITO

Viaxante

869,98

78,95

948,93

13.997,10

Corredor de Praza

858,13

78,79

936,92

13.817,43

Dependente

828,47

78,45

906,92

13.368,45

Dependente Maior

910,05

79,47

989,52

14.604,39

Axudante

761,21

77,64

838,85

12.349,83

Traballador para a formación

% do salario base fixado no convenio segundo categoría

74,02

GRUPO III: PERSOAL TÉCNICO NON TITULADO

Director

1.302,68

84,31

1.386,99

20.551,92

Xefe de División

1.154,37

82,47

1.236,84

18.305,19

Xefe de Administración

1.041,91

81,06

1.122,97

16.601,37

Secretario

840,44

78,58

919,02

13.549,56

Xefe de Sección Administrativa

970,69

80,22

1.050,91

15.522,99

PERSOAL ADMINISTRATIVO

Contable, Caixeiro, Taquimecanógrafo, Idiomas, etc.

869,98

78,95

948,93

13.997,10

Oficial Administrativo e Operador de Máquinas Contables

828,47

78,45

906,92

13.368,45

Auxiliar Administrativo e Perforista

761,23

77,64

838,87

12.350,13

Auxiliar de Caixa

761,23

77,64

838,87

12.350,13

Auxiliar Maior de Caixa

817,63

78,30

895,93

13.204,05

GRUPO IV: PERSOAL DE SERVICIOS E ACTIVIDADES AUXILIARES

Xefe de Sección de Servicios

945,92

79,91

1.025,83

15.147,72

Debuxante

1.006,36

80,64

1.087,00

16.063,08

Escaparatista

828,47

78,45

906,92

13.368,45

Axudante de Montaxe

761,23

77,64

838,87

12.350,13

Delineante

769,24

77,73

846,97

12.471,36

Visitador

769,24

77,73

846,97

12.471,36

Rotulista

769,24

77,73

846,97

12.471,36

Cortador

858,59

78,79

937,38

13.824,33

Axudante Cortador

761,23

77,64

838,87

12.350,13

Xefe de Taller

810,73

78,24

888,97

13.099,83

Persoal de Oficio de 1ª

810,73

78,24

888,97

13.099,83

Persoal de Oficio de 2ª

788,46

77,95

866,41

12.762,30

Persoal de Oficio de 3ª

778,55

77,82

856,37

12.612,09

Mozo Especializado

771,65

77,74

849,39

12.507,63

Mozo

761,23

77,64

838,87

12.350,13

Empaquetadora

761,23

77,64

838,87

12.350,13

GRUPO V: PERSOAL SUBALTERNO

Conserxe

761,23

77,64

838,87

12.350,13

Cobrador

761,23

77,64

838,87

12.350,13

Vixiante, Sereno, Ordeanza, Porteiro

761,23

77,64

838,87

12.350,13

Persoal de Limpeza

3,54

-

-

-

NOTA.- Detectándose erro no salario do Xefe de Taller, procédese a súa corrección con efectos do 01/01/2015

R. 1568