C. Colectivo , Revision. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITARIA, PASTELARIA, REPOSTARIA E PRATOS PREPARADOS (36004185012007) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2012 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 3604185
  • Código Nuevo: 36004185012007
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Pontevedra
  • Boletín Oficial de Pontevedra nº 112 del 13/06/2017

    ...Industrias De Panificación Pontevedra... ...Despachos De Panificación Pontevedra... ...Industrias Panificación Pontevedra... ...Despachos Panificación Pontevedra... ...3600785... ...Panificadoras,confiterías, pastelerías, reposterías y platos cocinados PONTEVEDRA... ...Convenio o Acordo: INDUSTRIAS Y DESPACHOS DE PANIFICACIÓN, CONFITERÍA, PASTELERÍA, REPOSTERÍA Y PLATOS PREPARADOS - Expediente: 36/01/0099/2017 -... ...Convenio colectivo... ...Convenio colectivo...

  • Código: 3604185
  • Código Nuevo: 36004185012007
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Pontevedra
  • Boletín Oficial de Pontevedra nº 58 del 23/03/2017

    ...Industrias De Panificación Pontevedra... ...Despachos De Panificación Pontevedra... ...Industrias Panificación Pontevedra... ...Despachos Panificación Pontevedra... ...3600785... ...Panificadoras,confiterías, pastelerías, reposterías y platos cocinados PONTEVEDRA... ...Convenio o Acordo: INDUSTRIAS Y DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITERIA,PASTELERIA, REPOSTERIA Y PLATOS PREPARADOS - Expediente: 36/01/0263/2016 - Data:...

  • Código: 3604185
  • Código Nuevo: 36004185012007
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Pontevedra
  • Boletín Oficial de Pontevedra nº 193 del 08/10/2013

    Convenio colectivo de Confiterías y pastelerías. PONTEVEDRA Convenio Colectivo do Sector de Industrias e Despachos de Panificacion, Confeiterias, Pastelerias, reposterias e Pratos Cociñados da provincia de Pontevedra. Codigo de Convenio numero 36004185012007 INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITARIA, PASTELARIA, REPOSTARIA E PRATOS PREPARADOS Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITARIA, PASTELARIA, REPOSTARIA E PRATOS PREPARADOS (36004185012007) de Pontevedra

  • Código: 3604185
  • Código Nuevo: 36004185012007
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Pontevedra
  • Boletín Oficial de Pontevedra nº 242 del 18/12/2012

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITARIA, PASTELARIA, REPOSTARIA E PRATOS PREPARADOS Pontevedra Taboas salariais do convenio colectivo do Sector de Industrias e Despachos de Panificacion, Confeiterias, Reposterias e Pratos Cociñados da provincia de Pontevedra. Codigo de Convenio numero 36004185012007 INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITARIA, PASTELARIA, REPOSTARIA E PRATOS PREPARADOS Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITARIA, PASTELARIA, REPOSTARIA E PRATOS PREPARADOS (36004185012007) de Pontevedra INDUSTRIAS Y DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITERIA, PASTELERIA, REPOSTERIA Y PLATOS PREPARADOS Código de Convenio número 36004185012007 ...

  • Código: 3604185
  • Código Nuevo: 36004185012007
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Pontevedra
  • Boletín Oficial de Pontevedra nº 218 del 14/11/2011

    ...Industrias De Panificación Pontevedra... ...Despachos De Panificación Pontevedra... ...Industrias Panificación Pontevedra... ...Despachos Panificación Pontevedra... ...3600785... ...Panificadoras,confiterías, pastelerías, reposterías y platos cocinados PONTEVEDRA... ...CONVENIO INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACIÓN, CONFEITERÍAS, PASTELERÍAS, REPOSTARÍAS E PRATOS COCIÑADOS Código de Convenio número 36004185012007 Vi...

  • Código: 3604185
  • Código Nuevo: 36004185012007
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Pontevedra
  • Boletín Oficial de Pontevedra nº 116 del 17/06/2008

    Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITARIA, PASTELARIA, REPOSTARIA E PRATOS PREPARADOS Pontevedra Taboas salariais 2007/2008 do convenio colectivo do sector de INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITARIA, PASTELARIA, REPOSTARIA E PRATOS PREPARADOS, con nº de codigo 3604185 INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITARIA, PASTELARIA, REPOSTARIA E PRATOS PREPARADOS Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITARIA, PASTELARIA, REPOSTARIA E PRATOS PREPARADOS (36004185012007) de Pontevedra Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representaci...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo , Revision Convenio Colectivo do Sector de Industrias e Despachos de Panificacion, Confeiterias, Pastelerias, reposterias e Pratos Cociñados da provincia de Pontevedra. Codigo de Convenio numero 36004185012007 Convenio afectado por 08/10/2013 Boletín Oficial de Pontevedra 01/01/2012 Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de industrias e despachos de panificacion, confeiteria, pasteleria, reposteria e pratos preparados, con nº de codigo 3604185 Convenio afectado por 24/03/2010 Boletín Oficial de Pontevedra 01/01/2009 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFEITARIAS, PASTELARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS, con n º de codigo 3604185 Convenio afectado por 06/06/2007 Boletín Oficial de Pontevedra 01/01/2006 No Vigente
Convenio Colectivo
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
C. Colectivo , Revision Convenio Colectivo do Sector de Industrias e Despachos de Panificacion, Confeiterias, Pastelerias, reposterias e Pratos Cociñados da provincia de Pontevedra. Codigo de Convenio numero 36004185012007 08/10/2013 Boletín Oficial de Pontevedra 01/01/2012 Documento oficial en PDF
Convenio afectado por
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Revision TABOAS SALARIAIS 2017 E 2018 DO SECTOR DE INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFEITERIAS, PASTELERIAS, REPOSTERIAS E PRATOS COCIÑADOS 13/06/2017 Boletín Oficial de Pontevedra 01/01/2017 Documento oficial en PDF
Modificacion/Interpretacion MODIFICACION DO CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFEITERIAS, PASTELERIAS, REPOSTERIAS E PRATOS COCIÑADOS 13/06/2017 Boletín Oficial de Pontevedra 08/05/2017 Documento oficial en PDF
Revision TABOAS SALARIAIS ANO 2016 DO SECTOR DE INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITERIAS, PASTELERIAS, REPOSTERIAS E PRATOS COCIÑADOS 23/03/2017 Boletín Oficial de Pontevedra 01/01/2016 Documento oficial en PDF
Sentencia/Laudo LAUDO ARBITRAL DO CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITERIAS, PASTELERIAS, REPOSTERIAS E PRATOS PRECOCIÑADOS 23/03/2017 Boletín Oficial de Pontevedra 23/11/2016 Documento oficial en PDF

Convenio Colectivo do Sector de Industrias e Despachos de Panificacion, Confeiterias, Pastelerias, reposterias e Pratos Cociñados da provincia de Pontevedra. Codigo de Convenio numero 36004185012007 (Boletín Oficial de Pontevedra núm. 193 de 08/10/2013)
Preambulo

Código de Convenio número 36004185012007

Visto o Acordo da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo do Sector de Industrias e Despachos de Panificación, Confeiterias, Pastelerias, reposterías e Pratos Cociñados da provincia de Pontevedra, polo que se aproba o convenio colectivo, suscrito en representación da parte económica, por unha representación de Aproinppa - Asociación Provincial Industrial de Panificación y Pastelería de la provincia de Pontevedra, e da parte social, por representantes das centrais sindicais, CIG, CC.OO e UGT, en data 11 de xullo de 2013.


Primeiro.

Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 25 de xullo de 2013.


Segundo.

Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en perxuizo de terceiros.


FUNDAMENTOS DE DEREITO

 


Primeiro.

Que o artigo 90.2 y 3 do real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.


Segundo.

Disposición adicional segunda do real Decreto 713/2010, de 28 de mayo, sobre rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

estaxefatura territorial,


ACORDA

 


Primeiro.

Ordenar o seu rexistro e depósito no rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).


Segundo.

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.


Terceiro.

Ordenar a notificación desta resolución a Mesa negociadora do mesmo.


CONVENIO COLECTIVO SECTOR DE INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACIÓN, CONFEITERÍAS, PASTELERÍAS, REPOSTERÍAS E PRATOS COCIÑADOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2012/2013

APROINPPA


CAPÍTULO I. ÁMBITO DE APLICACIÓN

 


1. ÁMBITO DE APLICACIÓN

Este convenio colectivo regula as relacións laborais de todas asindustrias e despachos de panadería, confeitería, repostería e pratos cociñados da provincia de Pontevedra.

No non regulado nel, acolleranse ao Acordo Marco Sectorial publicado o 13 de febreiro de 1996. 


2. ÁMBITO TERRITORIAL

A eficacia deste convenio atinxe a cantas empresas, sucursais e establecementos estean establecidos dentro dos límites territoriais da provincia de Pontevedra.


3. VIXENCIA E PRORROGAS

O convenio colectivo entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2012 ata o 31 de decembro de 2013, prorrogándose automaticamente ano a ano, de non mediar denuncia das partes cunha antelación de, polo menos, dous meses ao remate da súa vixencia.

O vixente Convenio, con independencia de a sua vigencia prevista, manterá a sua aplicación ata que sexa substituido por un Convenio do mismo ámbito.


4. COMISIÓN PARITARIA

1) Créase unha comisión paritaria, coas seguintes funcións: a) Mediación, arbitraxe e conciliación nos conflitos individuais ou colectivos que lle sexan sometidos e aqueloutras funcións que deriven da aplicación deste convenio.

b) As de interpretación e aplicación do pactado. c) As de seguimento do conxunto de acordos.

2) Os acordos aos que chegue a Comisión paritaria, en cuestións relacionadas con este convenio, consideraranse parte del e terán a mesma eficacia e obrigatoriedade. Os mencionados acordos remitiranse á autoridade laboral para o seu rexistro.

3) A Comisión paritaria quedará composta por cinco membros da Asociación Provincial de Industriais de Panificación e Pastelería da Provincia de Pontevedra (APROINPPA) e por cinco membros da representación social. Os membros da representación social serán os tres sindicatos que correspondan en proporción ao número de representantes nas empresas nas que sexa aplicable o vixente convenio. Poderán asistir mediante asesor con voz pero sen voto.

4) As partes acordan emitir un regulamento de funcionamento da mencionada Comisión paritaria, no prazo dun mes contado a partir do asinamento deste convenio.

5) A comisión Paritaria adoptará os acordos necesarios no prazo da vixencia do Convenio 2012/2013 para adecuación das categorias profesionais reguladas no mesmo a previsión legal do estatuto dos Traballadores.


CAPÍTULO II. RÉXIME DE TRABALLO

 


5. ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

As empresas, para a organización do traballo, actuarán dentro das normas establecidas neste convenio e nas demais disposicións legais que lles sexan aplicables.


6. XORNADA DE TRABALLO

A xornada de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, tanto para a xornada continuada como para a xornada partida. encaso de efectuar xornada continua establécese un tempo de descanso de 15 minutos.

Sen prexuízo da liberdade das empresas para traballaren en domingos e festivos, os traballadores e traballadoras desta provincia gozaran do descanso semanal no dito día.

Porén, as empresas poderán pactar co traballador/a o seu traballo en domingos e festivos sempre que se respecten as condicións seguintes:

a) Que o traballador/a acepte voluntariamente realizar o seu traballo en domingo ou festivo.

b) Que o traballo nese día sexa retribuído, sen prexuízo do descanso semanal que lle corresponda en compensación, amais do salario normal, como mínimo un cento vinte por cento del, tomando como base a seguinte fórmula: Salario anual dividido pola xornada anual de 1.800 horas e multiplicado polo 120 por cento mais.

Aqueles traballadores e traballadoras que sexan contratados para traballar en domingos ou festivos quedan exonerados da voluntariedade descrita no apartado anterior, se ben percibirán as compensacións económicas que se establecen neste artigo, igual ca o resto dos traballadores e traballadoras.

En aplicación do reflectido no artigo 34.2 do estatuto dos Traballadores, e no o obstante o previsto no apartado b) anterior, estblecese una acumulación de 100 horas o ano, como máximo, para ampliar ou reducir a xornada de traballo a través dunha distribución irregular da mesma, de xeito que o final do ano o saldo de horas entre traballador/a e empresa sexa cero. Os únicos limitesda acumulación serán os seguintes:

a) respetarse un preaviso de 72 Horas.

b) A duración da xornada semanal non poderá superar as 48 horas.


7. DÍAS DE INACTIVIDADE OBRIGATORIA

Consideraranse días de inactividade laboral obrigatoria, os seguintes:

Día 25 de decembro festividade do nacemento do noso Señor

Día 1 de xaneiro festividade de Ano novo.

Día 1 de maio Día Internacional da Clase Obreira

establécese, igualmente, como día de inactividade obrigatoria, o Día do Patrón, o cal fixarán de común acordo a empresa e os traballadores e traballadoras.

Se por necesidades da produción fora necesario traballar calquera destes días, de común acordo entre empresa e o traballador/a, este/a último/a terá dereito a un día de vacacións a maiores.


8. CALENDARIO LABORAL

Cada ano, a empresa confeccionará o obrigatorio calendario laboral cos correspondentes horarios de traballo, consonte a normativa legal vixente en cada momento. O calendario será exposto nun lugar visible para xeral coñecemento.

O devandito calendario terá a duración da xornada anual coas particularidades establecidas neste convenio.


9. VACACIÓNS

O persoal afectado por este convenio terá dereito ao gozo dun período anual de vacacións, de acordo coas seguintes condicións:

As vacacións terán unha duración de trinta e un días naturais para todo o persoal, calquera que sexa a súa categoría profesional.

O salario que se percibirá durante o período de vacacións calcularase a razón do salario base de convenio máis a antigüidade ou complemento persoal.

O período de vacacións pactarano de común acordo a empresa e o traballador/a en épocas que tradicionalmente non haxa unha especial actividade no sector, de maneira rotativa e preferentemente no verán.

O persoal de baixa por incapacidade temporal (IT), con independencia da orixe desta, disporá e gozará da totalidade das vacacións, sempre que a súa reincorporación ao traballo se produza dentro do mesmo ano natural.


10. INGRESOS E CESAMENTOS

Todo o persoal, agás situación máis beneficiosa para este, ingresará na empresa cos seguintes períodos de proba:

Persoal técnico 3 meses

Persoal administrativo 1 mes

Persoal mercantil 1 mes

Persoal non cualificado 15 días

Transcorrido o período de proba sen denuncia por ningunha das partes, o traballador/a continuará na empresa baixo as condiciones establecidas neste convenio ou no contrato de traballo.

O cesamento na empresa debe comunicalo o traballador, polo menos, con 15 días de antelación e por escrito. Sen este requisito, a empresa poderá descontarlle da liquidación o importe das retribucións diarias por cada día de atraso no aviso.


11. LICENZAS E PERMISOS

As licenzas e permisos que a empresa poderá conceder ás traballadoras e traballadores serán os que se recollen no cadro de licenzas, ausencias e facilidades concedidas aos traballadores/as, unido como anexo iv a este convenio.


12. IGUALDADE NO TRABALLO

respectaraseo principio de igualdade en todos os postos de traballo, tanto para o home como para a muller, sen ningún tipo de discriminación, e desaparecerá calquera trato de desigualdade tanto favorable como adversa que se practicara por razón de sexo.


CAPÍTULO III. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 


13. SOLDOS E SALARIOS

Sendo este convenio fusionado do conxunto do sector de panadería, pastelería e confeitería da provincia de Pontevedra, establécese no anexo I unha primeira táboa salarial para aqueles traballadores e traballadoras que causen alta en empresas do sector a partir do un de xaneiro do dous mil sete, data da fusión dos Convenios.

establécese, igualmente, no anexo II, a táboa salarial para os traballadores e traballadoras do sector de panificación da provincia de Pontevedra que se encontren de alta con anterioridade á data do 1 de xaneiro de 2007, a cal rexerase no futuro polos mesmos incrementos acordados neste convenio. Igualmente, inclúese a súa correspondente táboa de adaptación. Tamén se establece no anexo III a táboa salarial para as traballadoras e traballadores do sector de pastelería, repostería e pratos preparados da provincia de Pontevedra que se estiveran de alta antes da data do 1 de xaneiro de 2007, a cal se rexerá no futuro polos mesmos incrementos acordados neste convenio.

As táboas salariales quedan fixadas do seguinte xeito:

Incremento para o ano 2012: 0,6 % en taboas, dende xaneiro de 2013, que non supondrá abono de atraso algún polo ano 2012, senon unicamente o abono de atrasos dende xaneiro do presente ano.

Incremento para o ano 2013: 1,15 %.

Os soldos e salarios deste convenio fíxanse por unidade de tempo calquera que sexa a periodicidade coa que se fixera efectivo.


14. ANTIGÜIDADE

Os traballadores e traballadoras afectados por este convenio, contratados a partir da fecha do un de xaneiro do Dos Mil Sete, data de publicación do presente Convenio, e de non acollerse a Disposición Adicional,.nondevengarán complemento ningún de antigüidade; percibirán por compensación desta a cantidade de 102,38 € (2012) y 103,56 € (2013) en cada mensualidade percibida e en cada categoría, calquera que sexa o seu salario e condicións.

Para as traballadoras e traballadores con contratos vixentes ao 31 de decembro de 2006, que non soliciten a adaptación ao convenio común, respectaranse os dereitos adquiridos nos anteriores textos normativos do convenio de cada un deles, é dicir:

Traballadores/as do Convenio de Panificación: dous bienios do 5 % e catro quinquenios do 10 % da retribución base.

Traballadores/as do Convenio de Confeitería, Pastelería, repostería e Pratos Preparados: consistirá en cuadrienios ao 6 % sobre o salario base de convenio.


15. GRATIFICACIÓNS EXTRAORDINARIAS

Os traballadores/as afectados por este convenio percibirán tres pagas extraordinarias de salario base máis antigüidade ou complemento persoal, no caso de térena consolidada, cos seguintes prazos:

Paga de verán, percibirase antes do 30 de Xullo.

Paga de nadal, percibirase antes do 30 de novembro.

Paga do Patrón, percibirase antes do 15 de Abril.

Estas pagas percibiranse en proporción á anualidade precedente do contrato e os períodos habidos de incapacidade temporal non afectarán ás contías destas.


16. COMPLEMENTO DE TRANSPORTE

O complemento por desprazamento complemento de transporte está incluído nos salarios base das táboas salariais anexas, desaparecendo como complemento individualizado.


17. HORAS EXTRAORDINARIAS

As horas extraordinarias pagaranse cun 75 % de recarga sobre o salario total da táboa salarial correspondente á hora ordinaria.

A recarga por horas extraordinarias traballadas en domingos ou festivos será, en todo caso, do 150 %.

Cabe a posibilidade de compensar as horas extraordinarias con tempos equivalentes ao descanso retribuído, incrementados nas porcentaxes correspondentes citadas, todo isto de común acordo a empresa e o traballador/a.


18. XUBILACIÓN PARCIAL

A todo o persoal que solicite a xubilación a tempo parcial e reúna os requisitos legais esixidos para isto, seralle concedida pola empresa, coa única condición de que se solicite, polo menos, con noventa días de antelación.


19. SEGURO DE ACCIDENTES

As empresas afectadas por este convenio subscribirán, con efectos do 1 de xaneiro de 2013, unha póliza de accidentes, con primas íntegras ao seu cargo, que cubran as seguintes continxencias e indemnizacións de todo o persoal:

Accidente laboral ou común con resultado de morte, invalidez permanente total, absoluta ou grande invalidez, por un capital de 21.000,00 euros.

As indemnizacións faránselles efectivas aos traballadores/as ou aos seus habentes causa.


20. COMPLEMENTO POR INCAPACIDADE TEMPORAL

Durante as situacións definidas pola Seguridade Social, a empresa aboará desde o primeiro día de baixa do traballador ou traballadora o 75 % do salario base máis os complementos de antigüidade ou o complemento persoal, e a partir do décimoquinto día, e ata o último día do duodecimo mes de baixa, o 100 % do dito salario base máis antigüidade ou complemento persoal. nocaso de baixa por maternidade, ingreso hospitalario, accidente de traballo ou enfermidade profesional, aboarase o 100 % do salario base máis o complemento de antigüidade ou o complemento persoal desde o primeiro día e ata o duodecimo mes de baixa.


21. AXUDAS DE CUSTO

Terá dereito a axuda de custo aquel persoal que, mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente, se vexa forzado a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional, por conta da empresa, con desprazamentos fóra do centro de traballo que lle imposibiliten o regreso, debendo efectuar comidas ou aloxarse nestes lugares, polo que percibirán as seguintes contías:

Axuda de custo completa 32,45 €

Xantar 14,04 €

Cea 10,04 €

Aloxamento 15,62 €

Almorzo 3,73 €


22. RÉXIME TRANSITORIO DE AXUDA ESCOLAR

As táboas salariais, correspondentes ao ano 2007, incorporan a axuda escolar da que dispoñían os traballadores/as de pastelería e repostería, que desaparecen como concepto individualizado; en cambio, subsisten os dereitos derivados daqueles traballadores/as que en abril de 1991 adquiriran o dereito complementario de incapacidade por fillo discapacitado, manténdoo nos mesmos termos ca no convenio Colectivo de 1990.


CAPÍTULO IV. DISPOSICIÓNS VARIAS

 


23. ALTAS NA SEGURIDADE SOCIAL

A empresa está obrigada a lle entregar ao persoal unha copia da súa alta na Seguridade Social, para o que disporá dun prazo de una seman desde a súa incorporación ao traballo.


24. SEGURIDADE SOCIAL, SAÚDE LABORAL E ALIMENTARIA

As obrigas previstas na Lei de prevención de riscos laborais e nos seus regulamentos han concretarse en cada empresa de acordo coas esixencias establecidas nos capítulos III e IV da devandita lei sobre actuación preventiva, avaliación de riscos, plan de emerxencia, información e formación das traballadoras/es, vixilancia da saúde do persoal en relación cos riscos do seu posto de traballo.

Para estes efectos designarase un traballador/a ou traballadores/as que se ocuparán da prevención, ou farase cargo persoalmente o empresario, ou proverase en servizo alleo ou ben a través da Mutua de Accidentes de Traballo e enfermidade Profesional.

A empresa que conte con delegado/a de persoal, coidará de lle facilitar o cumprimento que lle corresponda das funcións do delegado de prevención.

Co fin de cumprir a normativa vixente en materia de saúde laboral, todo o persoal da empresa terá dereito a unha revisión médica anual, que se realizará, en calquera caso, a cargo da empresa.

Igualmente, deberanse cumprir da forma máis estrita posible aquelas disposicións legais en materia de manipulación de alimentos e boas prácticas alimentarias.


25. PRENDAS DE TRABALLO

Con carácter xeral, as empresas suxeitas ao presente convenio fornecerán o persoal ao seu servizo, obrigatoria e gratuitamente, do seguinte número de prendas de roupa ao ano ou fracción do ano, as cales poranse ao dispor da traballadora ou traballador no momento da súa contratación:

2 chaquetas curtas

2 pantalóns

4 mandís

2 gorros

O seu uso será obrigatorio. Así mesmo, o persoal estará obrigado a conservar as prendas de traballo en bo estado.


26. EXCEDENCIAS E SUSPENSIÓN DE CONTRATOS

Canto ás excedencias e suspensións de contratos, haberá que aterse ao que establece o estatuto dos Traballadores nos artigos 45 a 48, matizando que o período mínimo de excedencia voluntaria será dun ano e só poderá ser por menos prazo en caso de causa xustificada de carácter familiar, estudos, etc.; e no que se refire á reserva do posto de traballo e cómputo da antigüidade, estenderase durante todo o período de excedencia por estas causas.


27. COMITÉS DE EMPRESA

A empresa facilitará, na medida do posible, e se dispuxer del, local para reunións e consultas dos delegados/as ou comités de empresa co persoal, amais dun taboleiro para as súas comunicacións, avisos, carteis, etc.


28. DEREITOS SINDICAIS

Haberá de aterse ao disposto na vixente Lei orgánica de liberdade sindical de 1985.


29. GARANTÍAS AD PERSONAM

Este convenio en concreto respectará as condicións persoais que, globalmente consideradas, excedan do pactado no seu contido económico ou social, manténdose estritamente ad personam.


30. PARTES ASINANTES

Este convenio asinárono as Asociacións de Industriais de Panificación da provincia de Pontevedra (Aproinpa) e a asociación de empresarios Artesáns de Pastelería da Provincia de Pontevedra, integradas hoxe en día nunha única entidade, a Asociación Provincial de Industriales de Panificación y Pastelería de la Provincia de Pontevedra (Aproinppa), ademais das centrais sindicais Comisións Obreiras (CCOO), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Confederación Intersindical Galega (CIG).


31. CATEGORÍAS E ASCENSOS

a) no persoal de obradoiro, os postos de oficial de primeira cubriranse, a metade por antigüidade e a outra metade por libre designación da empresa. enambos os casos realizarase unha proba de aptitude entre o persoal da categoría inferior. Os/as aprendices, unha vez superado o período de aprendizaxe, pasarán á categoría de oficial de segunda, se houber vacante, ou de axudante en calquera outro caso, categoría na que poderá estar un prazo máximo de dous anos, momento en que pasará á categoría de oficial de segunda.

b) no persoal administrativo pasarase á categoría de oficial, en caso de vacante, por antigüidade, logo do exame de aptitude entre os auxiliares administrativos. Os auxiliares administrativos accederán á categoría de oficial administrativo ao cabo de catro anos de actuar como auxiliar.

c) Os contratos de aprendizaxe non poderán ter unha duración superior aos dous anos, pasando posteriormente á categoría seguinte que lle corresponda segundo a súa función dentro da empresa.


32. CONTRATOS DE DURACIÓN DETERMINADA

Os contratos de duración determinada están regulados dentro do artigo 15.b do estatuto dos Traballadores e non poderán ter unha duración maior de doce meses, dentro dun período de quince meses. Ao remataren, o traballador terá dereito a unha indemnización de doce días por ano, rateándose proporcionalmente se o tempo é inferior á duración máxima establecida.


33. PACTO DE NON CONCORRENCIA

estimaraseque existe competencia desleal na conduta do persoal da empresa cando este preste os seus servizos noutra empresa do sector dedicada á mesma actividade ou cando a desenvolva a título persoal como autónomo.

Tal competencia desleal considerarase como falta moi grave e será sancionado segundo as normas establecidas.


CAPÍTULO V. DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

PRIMEIRO.OBSERVATORIO DE SAÚDE

Acórdase crear un observatorio para a saúde co fin de acometer durante a vixencia un estudo sobre enfermidades profesionais do sector e propoñer posibles solucións en materia de saúde.


DISPOSICIONES ADICIONALES

 


D.A. UNICA.

Dado que este Convenio Colectivo vén a fusionar os anteriores da provincia de Pontevedra da Industria de Panificación e o de Obradoiros e Despachos de Confeiterías, Pastelerías, reposterías e Pratos Cociñados, aos traballadores e traballadoras que prestaran servizos en ambos os sectores antes da súa publicación no Boletín Oficial, e lles foran aplicables os ditos convenios, seguiránselles aplicando as súas cláusulas en tanto sexan máis favorables cas establecidas neste convenio.


ANEXO I. Táboa en vigor para contratos concertados a partir do 1 de xaneiro de 2007

Datos en euros/mes

Categoría

Salario

Complemento

Salario

Complemento

Peroal Técnico

Xefe/a de fabricación

1.124,62

102,38

1.137,55

103,56

PersoalAdministrativo

Xerente/Administrador/a

1.110,94

102,38

1.123,71

103,56

Xefe/a de oficina e contabilidade

1.063,32

102,38

1.075,55

103,56

Oficial administrativo/a

900,64

102,38

911,00

103,56

Auxiliar administrativo/a

799,47

102,38

808,66

103,56

Persoal de Obradoiro

Mestre(a)/Encargado(a)

1.110,94

102,38

1.123,71

103,56

Oficial de primeira

1.027,95

102,38

1.039,77

103,56

Oficial de segunda

908,89

102,38

919,34

103,56

Axudante/Auxiliar

866,46

102,38

876,42

103,56

Aprendiz

773,33

102,38

782,23

103,56

Servizos Complementarios

Encargado/a de establecemento

872,34

102,38

882,37

103,56

Autovenda/Repartidor(a)

840,28

102,38

849,94

103,56

Empregado/a establecemento

840,28

102,38

849,94

103,56

Persoal de limpeza

773,33

102,38

782,23

103,56


ANEXO II. Táboa salarial para contratos en vigor o 31 de decembro de 2006 e táboa de adaptación de categoríasconvenio de empresas de panificación de Pontevedra

Datos en euros/mes

Categoría

Salario 2012

Salario 2013

Xefe de fabrica

1.004,53

1.016,08

Xefe/a de oficina

884.01

894,18

Oficial administrativo/a

805,58

814,85

Auxiliar administrativo/a

763,53

772,31

Mestre(a)/Encargado(a)

918,61

929,17

Oficial de primeira

976,37

987,60

Oficial de segunda

918,61

929,17

Oficial de segunda

918,61

929,17

Oficial de segunda

918,61

929,17

Oficial de segunda

918,61

929,17

Axudante/Auxiliar

878,97

889,08

Aprendiz

795,17

804,32

Autovenda/Repartidor(a)

806,13

815,40

Empregado/a establecemento

795,17

804,32

Persoal de limpeza

795,17

804,32


ANEXO III. Táboa salarial para contratos en vigor o 31 de decembro de 2006 para convenio de pastelería reposteríae pratos preparados da provincia de Pontevedra

Datos en euros/mes

Categoría

Salario 2012

Salario 2013

Persoal de Obradoiro

Xefe/a de fabricación

1.157,13

1.170,44

encargado/a

1.157,13

1.170,44

Oficial de primeira

1.066,40

1.078,66

Oficial de segunda

887,58

897,79

Axudante/Auxiliar

838,75

848,40

Aprendiz

794,75

803,89

Persoal de Acabado:

Oficial de primeira

1.066,40

1.078,66

Axudante/Auxiliar

838,75

848,40

Persoal de Oficios Varios:

Oficial de primeira

1.066,40

1.078,66

Oficial de segunda

887,58

897,79

Axudante/Auxiliar

838,75

848,40

Subalternos:

encargado/a establecemento

962,74

973,81

empregado/a establecemento

809,03

818,33

Administrativos:

Xerente/Administrador

1.189,69

1.203,37

Xefe/a de oficina

1.098,75

1.111,39

Oficial administrativo/a

945,26

956,13

Auxiliar administrativo/a

846,77

856,51

Persoal Mercantil:

encargado/aestablecemento.

919,40

929,98

empregado/a establecemento

887,58

897,79

Axudante

836,66

846,28

Autovenda/repartidor(a)

887,58

897,79

Persoal de limpeza

794,75

803,89


ANEXO IV. Táboa de licenzas e permisos para o conxunto dos convenios

Motivo da licenza

Tempo

máximo

Salario

Antigüid.

Ant.

xor.

Semimec.

C.Vol.

C.Per

Documento

acreditativo

Falecemento de pais, avós, cónxuxe, fillos, netos, irmáns, e pais políticos

4 días naturais

si

si

si

si

si

Necrolóxica e documentos que acrediten parentesco

Enfermidade grave ou intervención quirurxica de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe o parella de feito, irmáns e avós

4 días naturais

si

si

si

si

si

Certificado médico que especifique a gravidade

Falecemento de noras, xenros, cuñados, sobriños, tios e avós políticos

2 días naturais

si

si

si

si

si

Necrolóxica e documento acreditativo de parentesco

Nacemento de fillo/a

3 días laborais

si

si

si

si

si

Libro de familia ou certificado do xulgado

Matrimonio do traballador/a

15 días naturais

si

si

si

si

si

Libro fam/certif. xulgado/igrexa

Matrimonio fillos/irmáns e novas nupcias de pais

1 día laboral

si

si

si

si

si

Cert. xulgado/igrexaParentesco. Invitación

Traslado de domicilio habituallaboral

1 día

si

si

si

si

si

Certificado do Padrón

Enfermidade e cosulta médica. Consulta a especialista SOE prescrita por médico de medicina xeral

Polo tempo neces. Máximo 5 horas ao día

si

si

si

si

si

Copia volante médico SOE xustificante asistencia a especialista

Consulta médico medicina xeral

4h/día Máximo

si

si

si

si

si

Certificado médico ou similar

Enfermidade con baixa oficial

3 prim. días

si

si

si

si

si

Parte de baixa

Accidente de Traballo

Día de accid.

si

si

si

si

si

Xustificante serv. médico mutua patronal

Lactación

S/Lei

si

si

si

si

si

Certificado de nacimiento

Cargo sindical ou público

S/Lei

si

si

si

si

si

Segundo o caso

Asuntos propios

2 días laborais

si

si

si

si

si

Solicitar 15 dias antes

En Vigo, a 12 de agosto de 2013.A Xefa Territorial, María rita Peón Fernández.