C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

Sector Autonomico. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2008 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 45 del 06/03/2014

    Convenio colectivo de Editoriales. GALICIA RESOLUCION do 13 de febreiro de 2014, da Direccion Xeral de Traballo e Economia Social, pola que se ordena o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prorroga do convenio colectivo galego de editoriais. EDITORIAIS Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 44 del 04/03/2011

    Convenio colectivo de Editoriales. GALICIA Resolucion do 15 de febreiro de 2011, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision mixta paritaria do convenio colectivo galego de editoriais, relativo a aprobacion da taboa salarial para o ano 2011. EDITORIAIS Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 40 del 01/03/2010

    Convenio colectivo de Editoriales. GALICIA Resolucion do 29 de xaneiro de 2010, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision mixta paritaria do convenio colectivo galego de editoriais, relativo a aprobacion da taboa salarial para o ano 2010. EDITORIAIS Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 51 del 13/03/2009

    ...clausulas de revision salarial... ...clausula de revision salarial... ...8200425... ...82000425011996... ...Editoriales galicia... ...Editoriales... ...Editoriais galicia... ...Visto o acordo subscrito o 20 de xaneiro de 2009 pola comisión mixta paritaria do convenio colectivo galego de editoriais, relativo á aprobación da cl... ...Depósito de convenios colectivos... ...Sindicatos... ...Cláusula de revisión salarial...

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 46 del 05/03/2008

    Convenio colectivo de Editoriales. GALICIA Resolucion do 8 de febreiro de 2008, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision mixta paritaria do convenio colectivo galego de editoriais, relativo a aprobacion da clausula de revision salarial para o ano 2007. (Codigo de Convenio nº 8200425) EDITORIAIS Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 69 del 10/04/2007

    Convenio colectivo de Editoriales. GALICIA Resolucion do 28 de febreiro de 2007, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision mixta do convenio colectivo galego de editoriais, relativo a aprobacion da taboa salarial para o ano 2007. EDITORIAIS Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 40 del 27/02/2006

    Convenio colectivo de Editoriales. GALICIA Resolución do 1 de febreiro de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cláusula de revisión salarial do convenio colectivo de editoriais para o ano 2005. EDITORIAIS Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 52 del 16/03/2005

    ...Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia... ...8200425... ...82000425011996... ...Editoriales galicia... ...Editoriales... ...Editoriais galicia... ...Visto o texto para a cláusula de revisión salarial do convenio colectivo de editoriais, que subscribiu a comisión mixta paritaria do referido convenio... ...Depósito de convenios colectivos... ...Salario base... ...Sindicatos... ...Convenio colectivo... ...Convenio colectivo de Editoriais...

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 67 del 06/04/2004

    Convenio colectivo de Editoriales. GALICIA Resolución do 1 de marzo de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cláusula de revisión salarial do convenio colectivo de editoriais para o ano 2003. EDITORIAIS Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 69 del 08/04/2003

    Convenio colectivo de Editoriales. GALICIA Resolución do 27 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de editoriais para o ano 2002. EDITORIAIS Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 81 del 26/04/2002

    Convenio colectivo de Editoriales. GALICIA Resolución do 18 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de editoriais para o ano 2001. EDITORIAIS Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 81 del 26/04/2001

    ...Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia... ...8200425... ...82000425011996... ...Editoriales galicia... ...Editoriales... ...Editoriais galicia... ...Advertido erro, na devandita resolución, publicada no DOG nº 68, do xoves, 5 de abril de 2001, cómpre engadi-loseguinteanexo:Esta norma conten táboas,...

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 77 del 20/04/2001

    Convenio colectivo de Editoriales. GALICIA Resolución do 27 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de editoriais para o ano 2000. EDITORIAIS Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 13500 del 12/07/2000

    Convenio colectivo de Editoriales. GALICIA Resolución do 31 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo galego de editoriais para o ano 1999. EDITORIAIS Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

  • Código: 8200425
  • Código Nuevo: 82000425011996
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Galicia
  • Diario Oficial de Galicia nº 14900 del 04/08/1999

    Convenio colectivo de Editoriales. GALICIA Resolución do 15 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo galego de editoriais para o ano 1999. EDITORIAIS Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo Resolucion do 9 de outubro de 2008, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo galego de editoriais. Convenio afectado por 24/11/2008 Diario Oficial de Galicia 01/01/2008 Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Resolución do 12 de maio de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo galego de editoriais. Convenio afectado por 04/07/2006 Diario Oficial de Galicia 01/01/2006 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 27 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito, e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo galego de editoriais. Convenio afectado por 15/02/2005 Diario Oficial de Galicia 01/01/2004 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 5 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo galego de editoriais. Convenio afectado por 21/08/2002 Diario Oficial de Galicia 01/01/2002 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 5 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo galego de editoriais. Convenio afectado por 05/04/2001 Diario Oficial de Galicia 01/01/2000 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 13 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo galego de editoriais. Convenio afectado por 23/09/1998 Diario Oficial de Galicia 01/01/1998 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 2 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo galego de editoriais. 27/05/1996 Diario Oficial de Galicia 01/01/1996 No Vigente
Convenio Colectivo
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
C. Colectivo Resolucion do 9 de outubro de 2008, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo galego de editoriais. 24/11/2008 Diario Oficial de Galicia 01/01/2008 Documento oficial en PDF
Convenio afectado por
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Revision RESOLUCION do 13 de febreiro de 2014, da Direccion Xeral de Traballo e Economia Social, pola que se ordena o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prorroga do convenio colectivo galego de editoriais.
  • ...
  • 06/03/2014 Diario Oficial de Galicia 01/01/2013 Documento oficial en PDF
    Modificacion/Interpretacion RESOLUCION do 8 de novembro de 2012, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se ordena o rexistro, o deposito e a publicacion no Diario Oficial de Galicia do acordo da comision negociadora do convenio colectivo galego de editoriais.
  • ...

  • Artículos afectados
    26/11/2012 Diario Oficial de Galicia 01/01/2012 Documento oficial en PDF
    Revision Resolucion do 15 de febreiro de 2011, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision mixta paritaria do convenio colectivo galego de editoriais, relativo a aprobacion da taboa salarial para o ano 2011.
  • ...

  • Artículos afectados
    04/03/2011 Diario Oficial de Galicia 01/01/2011 Documento oficial en PDF
    Revision Resolucion do 29 de xaneiro de 2010, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision mixta paritaria do convenio colectivo galego de editoriais, relativo a aprobacion da taboa salarial para o ano 2010.
  • ...

  • Artículos afectados
    01/03/2010 Diario Oficial de Galicia 01/01/2010 Documento oficial en PDF
    Revision Resolucion do 6 de febreiro de 2009, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon a inscricion no rexistro e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision mixta paritaria do convenio galego de editoriais, relativo a aprobacion da clausula de revision salarial para o ano 2009.
  • ...

  • Artículos afectados
    13/03/2009 Diario Oficial de Galicia 01/01/2009 Documento oficial en PDF

    Resolucion do 9 de outubro de 2008, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo galego de editoriais. (Diario Oficial de Galicia núm. 228 de 24/11/2008)
    Preambulo

    Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico de editoriais (código de convenio nº 8200425), que se subscribiu o 30 de setembro de 2008, entre a representación da Asociación de Editores e a Confederación Intersindical Galega, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

    ACORDA:

    Primeiro.-Ordenar a inscrición do referido convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

    Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

    Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2008.

    Pilar Cancela Rodríguez

    Directora xeral de Relacións Laborais

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    CONVENIO COLECTIVO GALEGO DE EDITORIAIS

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo I Ámbito de aplicación

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 1º.-Ámbito territorial.

    Este convenio é de aplicación obrigatoria en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 2º.-Ámbito funcional.

    Dentro do ámbito enunciado no artigo 1º, a aplicación do convenio será obrigatoria para todas as empresas editoriais e para os traballadores destas.

    Enténdese por empresas editoriais as que se dediquen, con ou sen talleres gráficos, á edición de libros, folletos, fascículos, cómics e revistas (periódicas ou non) que non estean expresamente incluídas de acordo coa lexislación vixente no ámbito de empresas de prensa.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 3º.-Ámbito persoal.

    O convenio inclúe todo o persoal empregado nas empresas mencionadas no artigo anterior.

    Quedan excluídos en canto ao ámbito persoal deste convenio:

    a) O persoal que exerza funcións de alta dirección, alto goberno e alto consello, característicos dos cargos de administrador xeral, conselleiros, directores xerais, directores xerentes, apoderados e outros análogos.

    b) O persoal que teña concertada coa empresa unha relación non laboral, suxeita ás normas da contratación civil ou mercantil.

    c) Os axentes comerciais, suxeitos a relación mercantil e os representantes sometidos a relación laboral especial.

    Inclúense expresamente no ámbito de aplicación deste convenio colectivo todos os traballadores/as que presten os seus servizos nas máquinas das empresas ou unidades produtivas citadas no artigo anterior.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 4º.-Adhesión ao convenio.

    Poden adherirse á totalidade deste convenio todas as empresas e os seus traballadores/as que, por algunha razón, estivesen rexidas por outro convenio de diferente ámbito funcional, sempre que a súa actividade sexa igual ou afín (distribución) á comprendida no artigo 2º deste convenio.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 5º.-Ámbito temporal.

    Este convenio entrará en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 2008.

    A duración deste convenio fíxase en catro anos, contados a partir do día 1 de xaneiro de 2008, e enténdese prorrogado de ano en ano, ata que entre en vigor o novo convenio.

    Ámbas as partes consideran automaticamente denunciado este convenio ao final da súa vixencia, o 31 de decembro de 2011*.

    A negociación deberá iniciarse cunha antelación mínima dun mes á data de caducidade do convenio vixente.

    A representación sindical ou empresarial que pretenda negociar un novo convenio, que substitúa o vixente, deberá comunicar por escrito a súa proposta do punto ou puntos que haxa que negociar, expresando:

    a) Prazo de duración do novo convenio.

    b) Materias concretas que se vaian negociar.

    c) Repercusión económica anual das condicións que teñan carácter ou incidencia económica.

    d) Ámbito persoal e funcional, se é o caso, do convenio que se pretenda negociar.

    e) Proxecto de composición da comisión negociadora, con expresión do número de membros de cada unha das representacións.

    f) Documentación acreditativa de reunir a necesaria lexitimación para negociar un convenio exixida polo artigo 87.2º, 3º e 4º do Estatuto dos traballadores.

    g) Se se considera conveniente, ou non, que as negociacións teñan un presidente e, se é o caso, proposta, en terna, da persoa indicada para a función.

     

    NOTA: Prorrógase o convenio ata o 31 de decembro de 2013. Ver RESOLUCION do 13 de febreiro de 2014, da Direccion Xeral de Traballo e Economia Social, pola que se ordena o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prorroga do convenio colectivo galego de editoriais. (Diario Oficial de Galicia núm. 45 de 06/03/2014)


    Capítulo II Compensación, garantías e absorción

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 6º.-Globalidade.

    As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico indivisible e, para os efectos da súa aplicación, serán consideradas globalmente.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 7º.-Compensación.

    As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexesen, por mellora pactada ou unilateralmente concedida pola empresa (mediante mellora voluntaria de soldos ou salarios, mediante primas ou complementos variables, gratificacións e beneficios voluntarios ou mediante conceptos equivalentes ou análogos) por imperativo legal, xurisprudencial, contencioso ou administrativo, convenio colectivo de traballo, pacto de calquera clase, contrato individual, usos e costumes locais, comarcais ou por calquera outra causa.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 8º.-Exclusións.

    Considéranse excluídos da compensación global, establecida no artigo 7º, os seguintes conceptos:

    a) A cotización dos réximes de Seguridade Social por bases superiores ás pactadas.

    b) A xornada inferior na súa duración á establecida pola lei.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 9º.-Absorcións.

    Unicamente terán eficacia práctica as disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou nalgúns conceptos retributivos se, globalmente consideradas e sumadas ás vixentes con anterioridade ao convenio, superan o nivel total deste.

    En caso contrario, consideraranse absorbidas polas melloras pactadas.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 10º.-Garantía persoal.

    Respectaranse as situacións persoais que, con carácter global, excedan o convenio. Serán respectadas, con carácter persoal, a xornada máis favorable, a intensiva e as vacacións de maior duración.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo III Comisión mixta

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 11º.-Constitución.

    Desde a sinatura deste convenio, queda legalmente constituída a comisión mixta paritaria, formada polas organizacións empresariais e sindicais asinantes do convenio, que estará formada por:

    Tres vogais, como máximo, por cada parte, que poderán variar dunha reunión a outra. As partes poderán ir acompañadas por asesores, nun número máximo de dous por cada un deles, e para cada reunión, elixirán de entre os seus membros un moderador.

    Dous secretarios, un por cada parte, que tomarán nota do tratado e levantarán acta, conxuntamente, cando menos, dos acordos adoptados.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 12º.-Funcións.

    As funcións da comisión mixta serán as seguintes:

    a) Interpretación auténtica do convenio.

    b) Actualización das normas do convenio.

    c) Control e vixilancia do establecido sobre horas extraordinarias.

    d) Intervir con carácter preceptivo nas cuestións que se susciten en relación coa aplicación dos valores salariais do convenio.

    e) Velar para que non se produzan situacións de discriminación e impulsar a realización de medidas directas de acción positiva.

    f) Todas aquelas cuestións referentes ao sector editorial que, de mutuo acordo, lle sexan sometidas polas partes.

    g) Cantas outras actividades tendan á eficacia práctica do convenio.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 13º.-Funcionamento.

    1. A comisión mixta reunirase:

    a) Unha vez por trimestre, con carácter ordinario.

    b) Cando así o acorden ambas as dúas partes (reunión extraordinaria).

    As convocatorias da comisión mixta serán realizadas polos seus secretarios. A convocatoria será realizada por escrito, nela constará o lugar, a data e a hora da reunión, así como a orde do día. Enviaráselles aos seus membros con sete días de antelación.

    En primeira convocatoria, considerarase validamente constituída a comisión mixta cando estean presentes os 2/3 da totalidade de membros de cada unha de ambas as dúas representacións.

    En segunda convocatoria, que se producirá media hora máis tarde, abondará coa asistencia da metade máis un dos membros de cada unha das representacións.

    2. Os acordos da comisión mixta adoptaranse conxuntamente, entre as dúas representacións, e non serán efectivos ata a aprobación da acta en que consten.

    No caso de non chegar a un acordo, ambas as dúas partes, se así o deciden, poderán someterse a arbitraxe, conciliación ou mediación diante do SMAC, AGA ou outros organismos competentes. A decisión dos citados organismos terá carácter vinculante, agás no caso de que ambas as dúas partes chegasen a un acordo posterior ou simultáneo, no que prevalecerá este sobre aquela, que quedará nula e sen efecto.

    Cando ambas as dúas partes o consideren oportuno e así o acorden, crearanse comisións de traballo específicas, para tratar temas concretos e predeterminados. Estas comisións elaborarán os relatorios, que logo serán presentados á comisión mixta, e que non serán vinculantes, senón que terán simple carácter consultivo.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo IV Organización do traballo

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 14º.-Organización do traballo.

    A organización práctica do traballo e a determinación de grupos, ciclos, sectores ou departamentos, así como a clasificación de servizos que se consideren convenientes, son facultade exclusiva da dirección da empresa.

    O progreso técnico, debido a sistemas de organización e produtividade, mellor formación profesional ou equipamentos máis adecuados, debe supor unha mellora nas condicións de traballo e na remuneración, en xusta correspondencia ao beneficio que lle renda á prosperidade das empresas.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 15º.-Facultades da dirección da empresa.

    Son facultades da dirección da empresa:

    1. Dirixir o proceso produtivo, na forma máis adecuada para promover o benestar e a mellor formación profesional dos traballadores e traballadoras, así como a máis xusta distribución dos beneficios do dito proceso.

    2. Promover, estimular e manter a colaboración cos seus traballadores e traballadoras, como necesidade da paz social e da prosperidade do conxunto dos factores produtivos persoais.

    3. Organizar a produción e mellorar e dignificar as relacións laborais.

    4. Respectar e facer cumprir os cadros, fixados de acordo co disposto neste convenio.

    5. Promover e respectar as categorías profesionais dos seus traballadores, facilitándolles a súa formación e promoción social e humana.

    6. A exixencia de rendementos normais.

    7. A adxudicación de tarefas para a saturación do traballador a rendemento normal.

    8. A fixación dos índices de calidade ou de desperdicio admisibles e o establecemento de sancións, para o caso do seu incumprimento.

    9. Exixir a vixilancia, limpeza e atención das máquinas atribuídas á categoría profesional de que se trate.

    10. A mobilidade e redistribución do persoal da empresa, conforme as necesidades da organización e da produción. En todo caso, respectarase a situación persoal, concedéndose o necesario período de adaptación.

    11. Realizar, durante o período de organización do traballo e con carácter provisional, as modificacións nos métodos de traballo, normas de valoración, distribución do persoal, cambio de funcións e variacións técnicas das máquinas e materiais, que faciliten o estudo comparativo con situacións de referencia ao estudo técnico de que se trate.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 16º.-Obrigas da empresa.

    Son obrigas da empresa:

    1. Establecer os sistemas de traballo de modo que poidan ser realizados polos traballadores/as en xornada normal.

    2. Pór en coñecemento da representación legal dos traballadores, cun mínimo de vinte días de antelación, o propósito de modificar a organización do traballo, normas de valoración ou sistemas de remuneración, achegando para isto, estudos con datos que sirvan de base para a modificación da proposta.

    3. Limitar, ata un máximo de dez semanas, a experimentación de novas normas ou sistemas, a que se refire o punto anterior.

    4. Solicitar, finalizado o período de proba, a conformidade ou desacordo razoado da representación legal dos traballadores.

    5. Ter á disposición dos traballadores e, en especial, dos seus representantes legais, as tarefas asignadas a cada posto de traballo, así como as normas de valoración correspondentes.

    6. Establecer e redactar, de maneira clara e comprensible, a fórmula para o cálculo de salarios e incentivos.

    7. Fomentar o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións cos clientes e administracións públicas galegas.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 17º.-Dereitos dos traballadores.

    Son dereitos dos traballadores e traballadoras:

    1. Obter, en compensación pola súa intervención no proceso produtivo, unha remuneración suficiente para ter unha calidade de vida digna, en xornada normal e mediante un rendemento normal nas súas tarefas.

    2. Cooperar coas súas iniciativas na prosperidade da empresa.

    3. Ser consultados, a través dos representantes legais, en toda decisión relativa á organización do traballo, cambios de sistemas de produción, clasificacións e categorías profesionais.

    4. Ademais dos dereitos e garantías outorgados pola lexislación xeral vixente, son facultades dos representantes legais dos traballadores coñecer as tarefas asignadas aos postos de traballo e a valoración deles e, en caso de desconformidade, formular as reclamacións pertinentes diante da autoridade laboral competente.

    5. Desenvolver a súa actividade laboral e profesional en lingua galega e recibir formación lingüística para mellorar o servizo ao público no seu posto de traballo, recoñecendo a empresa deste xeito a oficialidade da lingua galega e os dereitos lingüísticos dos traballadores e traballadoras recollidos no Estatuto de autonomía de Galicia, Lei de normalización lingüística, Lei do Estatuto galego de consumidores e usuarios e demais disposicións legais concordantes.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 18º.-Organizacións dos servizos.

    Co obxecto de establecer un mellor funcionamento, as empresas procurarán organizar os seus servizos de forma que os xefes de calquera categoría estean obrigados a transmitir as instrucións da dirección e as suxestións do persoal, polas canles xerárquicas establecidas, co obxecto de que non se desvirtúe o seu contido e a finalidade, sen prexuízo das funcións que, en materia laboral e de relación, lles correspondan aos representantes legais dos traballadores.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo V Política de emprego

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 19º.-Igualdade e non discriminación.

    Dentro das empresas, os traballadores e traballadoras non poderán ser discriminados por razóns étnicas, de ideoloxía, sexo, afiliación política ou sindical.

    Respectarase o principio de igualdade de acceso a todos os postos de traballo da empresa, tanto para os homes como para as mulleres, sen ningunha discriminación.

    Cando se produza unha convocatoria para cubrir un posto de traballo, poderanse establecer medidas de acción positiva, dando preferencia ás persoas do sexo menos representado para favorecer o seu acceso ao grupo, categoría profesional ou posto de traballo de que se trate. Eliminarase a especificación de sexo e estado civil nos anuncios de ofertas de emprego.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 20º.-Capacidade diminuída.

    As empresas procurarán destinar o persoal con capacidade diminuída que teña a súa orixe nalgunha enfermidade profesional, accidente de traballo ou desgaste físico debido á súa actividade profesional ao servizo da empresa, a un posto de traballo adecuado ás súas condicións.

    Para ser colocados nesta situación terán preferencia os traballadores e traballadoras que perciban subsidios ou pensións inferiores ao SMI vixente. A orde para o beneficio establecido anteriormente determinarase polas cargas familiares, en caso de igualdade pola antigüidade na empresa.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 21º.-Ingresos.

    Para ingresar na empresa é preceptivo que o aspirante cumprise a idade de dezaseis anos. A admisión do persoal realizarase de acordo coas disposicións vixentes en materia de colocación, dando preferencia, en igualdade de condicións, ao persoal que prestase servizos como interino ou eventual, debendo someter os aspirantes a recoñecemento médico e demais formalidades exixibles.

    A empresa poderá someter os aspirantes ás probas teóricas, prácticas e psicotécnicas que considere convenientes, para comprobar o seu grao de adecuación.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 22º.-Período de proba.

    As admisións consideraranse provisionais durante un período de proba que, en ningún caso, poderá exceder o que se sinala na seguinte escala:

    Técnico titulado superior e medio: 6 meses.

    Analista, xefe administrativo 1ª: 4 meses.

    Xefe informático, técnico cualificado, xefe administrativo 2ª, diagramador editorial, redactor, cartógrafo, preparador de orixinais, tradutor, corrector de estilo/lingüístico, ilustrador, coordinador de edición: 3 meses.

    Oficial cualificado e especialista administrativo, técnico editorial, técnico especialista, xefe de equipo, promotor de vendas, xefe de almacén, auxiliar técnico editorial, oficial cualificado e especialista de preimpresión técnica, almaceneiro: 2 meses.

    Oficial de preimpresión técnica, auxiliar administrativo, axudante de almaceneiro, auxiliar de servizos xerais: 1 mes.

    Durante este período, tanto o traballador/a como a empresa poderán rescindir o contrato sen aviso previo, sen que ningunha das partes teña por isto dereito á indemnización. O traballador ou traballadora durante este período de proba terá dereito a percibir a retribución correspondente á súa categoría profesional.

    Transcorrido o prazo referido, o traballador ou traballadora pasará a figurar no cadro de persoal da empresa, e o tempo do período de proba será computado para os efectos de antigüidade.

    O período de proba non é obrigatorio e a empresa poderá, pois, proceder á admisión de persoal con renuncia total ou parcial á súa utilización.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 23º.-Cesamentos.

    O traballador que desexe cesar voluntariamente no servizo da empresa estará obrigado a poñelo en coñecemento desta, por escrito, cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

    Técnicos, persoal administrativo e comercial: 1 mes.

    Resto do persoal: 15 días.

    O incumprimento, por parte do traballador/a, da obriga de avisar coa indicada antelación dará dereito á empresa a descontar da súa liquidación o importe do salario dun día, por cada día de atraso no aviso previo.

    Tendo recibido a empresa, coa antelación sinalada, o aviso previo indicado, estará obrigada, ao finalizar o prazo, a aboar ao traballador a liquidación correspondente. O incumprimento desta obriga pola empresa suporá o dereito do traballador a ser indemnizado, co importe do salario dun día, por cada día de atraso no aboamento da liquidación, co límite do número de días do aviso previo.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 24º.-Ascensos.

    1. Os ascensos para cubrir vacantes ou ampliacións do cadro de persoal, agás nos casos que se enumeran nos últimos parágrafos deste artigo, levaranse a cabo logo dunha proba de aptitude teórico-práctica, en que se valorarán todas as circunstancias inherentes ao posto que se vai cubrir entre o persoal da especialidade e, de non o haber, entre o de especialidades afíns.

    2. No caso de igualdade de puntuación que mida a capacidade das persoas aspirantes, darase preferencia a persoa do sexo menos representado no posto que se vai cubrir.

    3. O tribunal que vaia xulgar as probas de acceso será designado pola empresa e presidido por un representante desta. Necesariamente formarán parte do tribunal dous traballadores de categoría superior, designados polos representantes legais dos traballadores.

    4. Promoveranse, por libre designación da dirección da empresa, preferentemente entre o seu persoal, os postos de traballo correspondentes aos seguintes grupos e categorías:

    a) Persoal técnico titulado.

    b) Xefes de 1ª e técnicos cualificados.

    c) Persoal comercial.

    5. As vacantes que se produzan no grupo profesional subalterno serán cubertas por persoal procedente da propia empresa que, por motivos de idade, accidente ou causas análogas, teña a súa capacidade física diminuída, coa única excepción dos que para o desempeño da súa función requiran estar en posesión de todas as súas facultades físicas. Neste punto, a empresa, cos representantes legais dos traballadores, determinará en cada ocasión a procedencia para cubrir as vacantes co persoal axeitado.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 25º.-Formación laboral.

    As empresas poderán organizar cursos de formación profesional, por persoal especializado, ou enviar os seus traballadores aos centros preparados para tal efecto.

    Os traballadores e traballadoras deberán colaborar coas medidas que adopten as empresas, e estas informarán os representantes legais dos traballadores sobre o seu contido e desenvolvemento, podendo presentar as suxestións que consideren interesantes para o cumprimento dos fins propostos.

    Crearase unha comisión paritaria que se ocupará de xestionar os fondos de formación e de organizar cursos.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 26º.-Contratos eventuais por necesidades da produción.

    Ao abeiro do disposto no artigo 15.1º b) do texto refundido do Estatuto dos traballadores (Lei 12/2001, do 10 de xullo), e do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, este contrato ten por obxecto atender exixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

    a) Formalización do contrato: formalizarase por escrito e consignarase con suficiente precisión e claridade a causa e circunstancia que o motive.

    b) Duración e prórrogas: a duración deste non poderá ser inferior a 10 días nin superior a doce meses, dentro dun período de dezaoito meses, contados a partir do momento do contrato inicial.

    En caso de que se concerte o contrato nun prazo inferior aos doce meses, poderase prórrogar mediante acordo das partes, por unha soa prórroga sen que a duración total do contrato poida exceder o dito límite máximo. A prórroga terá unha duración mínima de 30 días.

    Se ao remate do período inicial ou da prórroga non houbese comunicación con quince días de antelación á súa finalización, o contrato considerarase prorrogado automaticamente ata súa duración máxima. Se ao remate da súa duración máxima non houbese denuncia expresa con quince días de antelación e se continuasen prestando servizos, o contrato considerarase por tempo indefinido.

    c) Indemnización: ao remate do contrato por expiración do tempo convido, o traballador percibirá unha indemnización económica equivalente a doce días do seu salario por ano de servizo, en proporción ao tempo traballado. Exceptúase o caso de cesamento voluntario do traballador.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 27º.-Contratos en prácticas.

    O contrato de traballo en prácticas rexerane pola normativa xeral vixente.

    Malia o disposto no parágrafo anterior, a súa retribución será do 70% o primeiro ano e do 85% o segundo ano, do salario fixado no convenio colectivo para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 28º.-Xubilación parcial.

    Os traballadores que desexen acollerse á xubilación parcial e ás condicións previstas no Real decreto 1131/2002, do 31 de outubro, comunicaranlle a súa decisión á empresa cun mes de antelación á data en que desexen que teña lugar a súa xubilación parcial. Recibida a anterior comunicación, a empresa deberá proceder, simultaneamente coa redución de xornada pola xubilación parcial, á formalización do contrato de revezamento co traballador substituto nos termos e condicións do real decreto referido anteriormente. Para o disposto neste artigo observarase a lexislación vixente en cada momento.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 29º.-Xubilación anticipada aos 64 anos.

    Os traballadores e traballadoras, aos 64 anos, poderán solicitar a xubilación anticipada consonte o disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 30º.-Xubilación obrigatoria.

    Establécese a xubilación obrigatoria para todos os traballadores que fagan ou xa teñan feitos os 65 anos, sempre que concorran os seguintes requisitos:

    1. Ter cumpridos os períodos de carencia necesarios para percibir a correspondente pensión de xubilación.

    2. Que a empresa lle dirixa ao traballador un escrito en que conste a obriga de xubilarse e o compromiso de contratar un desempregado, con outro contrato da mesma natureza. O cesamento e a nova contratación deberán efectuarse no prazo dun mes, desde a notificación escrita.

    Non se producirá cesamento nin, por conseguinte, nova contratación, se durante o prazo antes fixado o traballador acredita que non reúne o número de anos de cotización necesarios para obter a pensión de xubilación con plenitude de porcentaxes, debendo xubilarse necesariamente no momento en que complete o dito período.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo VI Clasificación profesional

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 31º.-Disposicións xerais.

    O sistema de clasificación profesional será de aplicación a todo o persoal que desenvolva a súa actividade nos ámbitos de aplicación previstos nos artigos 2º e 3º deste convenio, e será clasificado conforme as actividades profesionais pactadas e as definicións que se establecen nel.

    A partir da entrada en vigor deste sistema de clasificación profesional, todas as empresas incluídas no ámbito funcional do convenio estarán obrigadas á súa aplicación nas condicións que se establecen e, polo tanto, a clasificar o seu persoal con base nos criterios contidos no sistema de clasificación. Así mesmo, o persoal que preste os seus servizos nestas empresas, con anterioridade á entrada en vigor do sistema, deberá, obrigatoriamente, quedar encadrado nalgún dos niveis profesionais.

    Os grupos e niveis profesionais consignados son simplemente enunciativos e non presupoñen a obriga de ter cubertas todas as prazas enumeradas, se as necesidades e volume da empresa non o requiren.

    Con todo, desde o mesmo momento en que exista na empresa un traballador que realice as funcións específicas dun nivel profesional determinado, terá que ser remunerado, polo menos, coa retribución que para o devandito nivel fixa este convenio colectivo ou calquera disposición que teña forza de obrigar.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 32º.-Clasificación: clasificación segundo a permanencia.

    De conformidade co previsto no artigo 15 do Estatuto dos traballadores, o persoal afectado por este convenio clasifícase en fixo e temporal.

    É persoal fixo o que se contrata expresamente por tempo indefinido e o que adquire tal condición por imperativo legal.

    É persoal temporal o contratado por tempo determinado, de acordo con calquera das modalidades contractuais vixentes en cada momento, tales como:

    a) Cando se contrate o traballador para a realización de obra ou servizo determinado.

    b) Cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos así o exixiren, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

    c) Cando se trate de substituír traballadores con dereito a reserva do posto de traballo, sempre que no contrato de traballo se especifiquen o nome do substituto e a causa da substitución.

    Así mesmo, terán a consideración de persoal temporal os contratados ao abeiro dos decretos de medidas de fomento do emprego.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 33º.-Sistema de clasificación: estrutura.

    O sistema de clasificación que se recolle neste convenio estrutúrase en áreas, grupos e niveis profesionais. Esta estrutura é o resultado de adaptar as previsións contidas no artigo 22.1º do Estatuto dos traballadores, obtendo así, mediante a negociación colectiva, un sistema de clasificación especificamente adecuado ás necesidades do sector editorial.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 34º.-Área profesional.

    Enténdese por área profesional o espazo de actividade do sector delimitado polo conxunto de tecnoloxías dirixidas a un mesmo obxectivo de produción, sendo estas: comúns, editoriais e preimpresión.

    Área comúns: é o espazo do sector cuxas actividades son transversais a calquera ámbito do sector produtivo do convenio.

    Área editorial: é o espazo do sector cuxas actividades están relacionadas coa edición e produción editorial en calquera soporte de papel e cartón, simple ou transformado, analóxico ou dixital.

    Área preimpresión: é o espazo do sector cuxa actividade está relacionada cos diferentes procesos de preimpresión.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 35º.-Grupo profesional.

    Enténdese por grupo profesional o conxunto de prestacións con especialidade propia, como son o emprego dunha determinada tecnoloxía ou elemento común, integradas en cada área profesional; enúncianse a continuación os grupos profesionais: Área común: grupo directivos e técnicos; grupo administrativos; grupo comercial; grupo almacén e expedicións; grupo servizos xerais. Área editorial: grupo editorial. Área preimpresión: grupo preimpresión técnica.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 36º.-Nivel profesional.

    Para determinar o nivel profesional contido en cada grupo atenderase á prestación de servizos efectiva, e de forma combinada, tanto ao dominio efectivo das funcións e tecnoloxía propias do grupo profesional, como aos diferentes graos de responsabilidade, dependencia e autonomía.

    Enténdese por tecnoloxía o conxunto dos instrumentos e procedementos industriais empregados en cada un dos grupos establecidos neste convenio.

    Enténdese por responsabilidade o grao de autonomía de acción do titular da función, o nivel de influencia sobre os resultados e a relevancia da xestión sobre os recursos humanos, técnicos e produtivos.

    Enténdese por iniciativa o grao de suxeición funcional no desempeño das tarefas ou funcións desenvolvidas.

    Enténdese por autonomía o grao de dependencia xerárquica no desempeño das tarefas ou funcións que se desenvolven.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 37º. - Clasificación segundo a función.

    O persoal que presta os seus servizos no sector editorial, dentro do ámbito de aplicación deste convenio colectivo, clasificarase, tendo en conta o nivel de responsabilidade e as funcións que realiza, nos seguintes grupos e niveis que configuran cada área profesional.

    * Área profesional: comúns.

    Grupo directivos e técnicos: agrupa as prestacións de carácter técnico comúns ao conxunto das diferentes actividades encadradas dentro do ámbito funcional do convenio. A título orientativo pódense considerar as seguintes:

    -Xestión de recursos humanos, económicos, financeiros, ambientais, prevención de riscos laborais, etc.

    -Tarefas de organización tales como estudos e metodoloxías de traballo e melloras de métodos.

    -Programación, organización, implantación e mantemento de sistemas informáticos e redes, dentro da empresa.

    -Xestión e implantación de certificacións e normas nacionais e internacionais.

    Niveis:

    Titulado universitario superior: é o traballador/a que, posuíndo un título universitario, ou de ensino universitario técnico, desempeña o seu traballo dentro da empresa en virtude da titulación requirida por ser esta necesaria para o labor que desenvolve.

    Titulado universitario medio: é o traballador/a que, posuíndo un título recoñecido oficialmente como de grao medio, desempeña o seu traballo dentro da empresa en virtude da titulación requirida por ser esta necesaria para o labor que desenvolve.

    Xefe técnico: é o traballador/a que, dentro das actividades recollidas no grupo profesional de técnicos, dirixe e coordina os traballadores que están ao seu cargo, e depende de xeito directo da dirección da empresa.

    Xefe informático: é o traballador/a que prepara os programas correspondentes aos diversos temas propostos aos equipos de proceso de datos, podendo correr ao seu cargo o mando do devandito grupo.

    Técnico cualificado: é o traballador/a que realiza tarefas complexas propias deste grupo profesional que requiren un alto grao de especialización, coñece á perfección as actividades que debe desempeñar e realízaas con plena autonomía.

    Técnico especialista: é o traballador/a que realiza tarefas que requiren especialización, coñece as actividades que debe desempeñar, baixo a subordinación e coordinación a outras categorías superiores.

    Grupo administrativos: agrupa aquelas prestacións de carácter administrativo comúns nas actividades que configuran o ámbito funcional do convenio.

    Niveis:

    Xefe administrativo de primeira: é o traballador/a que, provisto ou non de poderes, leva a responsabilidade e dirección dunha ou máis seccións, está encargado de imprimirlles unidade e depende sempre da dirección, xerencia ou administración da empresa.

    Xefe administrativo de segunda: é o traballador/a que, provisto ou non de poderes limitados, está encargado de orientar, suxerir e dar unidade á sección ou dependencia que teña ou seu cargo, así como de distribuír o traballo entre oficiais, auxiliares e demais persoal que dependa del.

    Oficial cualificado administrativo: é o traballador/a que realiza traballos administrativos de gran complexidade e asume a responsabilidade das tarefas ao seu cargo. A título orientativo correspóndense con este nivel os que son responsables dos exercicios contables da empresa, confección de estatísticas complexas, confección de orzamentos, compra de materias primas, así como outros servizos cuxo mérito, importancia, iniciativa e responsabilidade teñan analoxía cos citados.

    Oficial especialista administrativo: é o traballador/a que, baixo a subordinación a outras categorías superiores, desenvolve funcións administrativas con responsabilidade, pero en menor grao que a exixida a un oficial cualificado.

    Auxiliar administrativo: é o traballador/a que, sen iniciativa especial, realiza operacións auxiliares de administración dentro da empresa. Así mesmo, encadraranse neste nivel profesional os traballadores que teñan como actividade fundamental atender as comunicacións telefónicas da empresa, prestar atención ao público en recepcións, así como outros servizos análogos.

    Grupo comerciais: agrupa aquelas prestacións consistentes en realizar funcións comerciais e abrangue as diferentes actividades encadradas no ámbito funcional do convenio.

    Niveis:

    Xefe de equipo: é o traballador/a que, baixo a supervisión do xefe de vendas ou director comercial, coordina un grupo de promotores de vendas dunha determinada zona ou rexión xeográfica previamente asignada a el. Ademais responsabilízase da representación da empresa editorial nesa zona ou rexión e da promoción e/ou venda dos seus produtos.

    Promotor de vendas: é o traballador/a que, ao servizo exclusivo dunha empresa editorial, percorre as rutas sinaladas nunha zona xeográfica previamente asignada a el, para ofrecer produtos, tomar notas de pedidos, informar os clientes e prescritores, transmitir encargas recibidas e coidar do seu cumprimento.

    Grupo almacén e expedicións: agrupa aquelas prestacións consistentes en almacenamento e expedición, así como a distribución e abastecemento, dentro da empresa, de materias primas e outros produtos.

    Niveis:

    Xefe de almacén: é o traballador/a que dirixe e é responsable das operacións de almacenamento e expedición dentro da empresa, ten baixo a súa dependencia os operarios que realizan este labor.

    Almaceneiro: é o traballador/a que executa as funcións propias do seu grupo profesional, coñece todas as tarefas que se desenvolven e que son designadas polo xefe de almacén. Así mesmo xestiona o almacén e pode ser o responsable e dirixir os almacéns pequenos.

    Axudante de almaceneiro: é o traballador/a que realiza todas as funcións sinaladas polo almaceneiro, baixo iniciativa e dirección deste, ten ao seu cargo os mozos de almacén.

    Grupo servizos xerais: agrupa aquelas prestacións de servizos de carácter auxiliar dentro da organización da empresa que son comúns ás diferentes actividades do ámbito funcional do convenio, como poden ser, a título orientativo, a de conserxe, porteiro, ordenanza, persoal de limpeza, cociña, etc. Tamén se encadran as prestacións de tarefas auxiliares dentro das diferentes áreas de produción e en calquera sección da empresa, vinculadas aos oficios deste convenio.

    Niveis:

    Auxiliar de servizos: é o traballador/a que desenvolve calquera das funcións propias de conserxe, limpeza, ordenanza, porteiro, así como outras por analoxía asimiladas a estas.

    * Área profesional: editoriais.

    Grupo editoriais: agrupa as prestacións propias do sector editorial.

    Niveis:

    Redactor: é o traballador/a que, con título académico ou sen el, redacta, baixo a supervisión da empresa a que está vinculado laboralmente, artigos para todo tipo de publicacións.

    Diagramador editorial: é o traballador/a que, dotado de boa preparación cultural e artística, e dominando as diversas técnicas do debuxo, con coñecementos prácticos e amplos dos diferentes medios empregados na edición de libros, das técnicas e sistemas de preimpresión, impresión e encadernación utilizados en artes gráficas, é capaz de concibir e realizar, na súa totalidade, proxectos orixinais para a conversión dun orixinal nun produto editorial.

    Cartógrafo: é o traballador/a especializado capaz de concibir e realizar, na súa totalidade, proxectos e debuxos orixinais de mapas, planos, gráficos e diagramas en todas as súas fases: información, proxecto, gravado e traballos con filmes.

    Preparador de orixinais: é o traballador/a que dispón dos orixinais de maneira que poidan ser adaptados á maqueta prevista, sinalando ademais os tipos de letra, largos de liña, ilustración e demais características tipográficas. Deberá afondar no orixinal para seleccionar os textos indicativos (mesmo titulares, se fai falta), unificar epígrafes, realizar maquetas, etc. Durante a elaboración da obra supervisará os traballos de imprenta de xeito que sigan a pauta marcada pola maqueta ou sentará o criterio máis axustado nos casos en que o texto, as ilustracións ou as dificultades aconsellen separarse das previsións iniciais.

    Tradutor: é o traballador/a que, dominando varios idiomas, realiza traducións de textos literarios ou científicos e se atopa vinculado á empresa en virtude a relación laboral.

    Corrector de estilo/lingüístico: é o traballador/a que, con ou sen título profesional, pero con práctica abonda en determinada especialidade e, en todo caso, con perfectos coñecementos gramaticais e tipográficos, está unido á empresa mediante relación laboral e dedícase a preparar orixinais destinados a súa composición, velando pola pureza do idioma.

    Coordinador de edición: é o traballador/a que, dentro do equipo editorial ten a responsabilidade de coordinar todos os traballos necesarios e as persoas que interveñen na creación editorial dun libro, revista, cómic ou outro tipo de publicación.

    Ilustrador: é o traballador/a que, con formación artística suficiente para a elección do material de ilustración coñecendo ben as súas fontes de procedencia e con plena responsabilidade na súa conservación, catalogación, rexistro de entradas e saídas, determina, en contacto ou non co autor do texto, unha vez lido o orixinal, as fotografías, gravados, debuxos, etc., que deben ilustrar a obra.

    Técnico editorial: é o traballador/a que realiza as tarefas necesarias, segundo as indicacións dun superior, para resolver os traballos asignados de acordo coas características técnicas e requirimento de prazos marcados.

    Auxiliar técnico editorial: é o traballador/a que desenvolve tarefas auxiliares e básicas de tipo técnico dentro dunha unidade de realización.

    * Área profesional: preimpresión.

    Grupo preimpresión técnica: agrupa as prestacións propias da área de preimpresión que empregan tecnoloxías e procedementos informáticos. A título orientativo, encadraríanse neste grupo as seguintes prestacións: composición de textos, captación e tratamento de imaxes, filmación ou multimedia, deseño gráfico, tratamento de son e vídeo, así como outras análogas.

    Niveis:

    Oficial cualificado de preimpresión técnica: é o traballador/a que domina completamente a tecnoloxía da preimpresión técnica, interpretando os parámetros do xefe de equipo, ou de quen o empresario designe, e executa con responsabilidade plena calquera das funcións propias do seu posto de traballo.

    Oficial especialista de preimpresión técnica: é o traballador/a que, sen dominar completamente a tecnoloxía da preimpresión técnica, executa as instrucións recibidas do xefe de equipo, ou de quen o empresario designe, e executa con responsabilidade plena as funcións propias do seu posto de traballo.

    Oficial de preimpresión técnica: é o traballador/a que, coñecendo parte da tecnoloxía da preimpresión técnica, executa as instrucións recibidas do persoal de maior nivel profesional, sen plena autonomía.

    Artigo 37º. - Clasificación segundo a función.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo VII Mobilidade funcional e xeográfica e modificación das condicións de traballo

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 38º.-Traslados.

    Os traslados poderán ser exclusivamente xeográficos ou funcionais, ou ben participar das características destes dous tipos de mobilidade.

    Enténdese por mobilidade funcional o cambio de funcións do traballador no seo da empresa, e dentro do seu grupo profesional.

    Enténdese por mobilidade xeográfica o traslado do traballador ou traballadora a un centro de traballo situado nunha localidade distinta.

    A mobilidade funcional e xeográfica pode ter lugar nos seguintes supostos:

    a) Por solicitude do traballador ou traballadora.

    b) Por mutuo acordo entre a empresa e o traballador ou traballadora.

    c) Por necesidades do servizo.

    d) Por permuta.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 39º.-Cambios xeográficos ou funcionais por solicitude do traballador.

    O cambio, xa sexa funcional ou xeográfico, por solicitude do traballador ou traballadora, deberá contar coa aceptación previa da empresa, a cal poderá proceder á modificación do salario do traballador de acordo co que lle corresponda no novo posto de traballo. Esta modificación salarial, se a houbese, terá que ser obrigatoriamente advertida por escrito. No caso de que o salario correspondente ao novo posto de traballo sexa superior ao posto de orixe, a empresa modificará obrigatoriamente o salario do traballador trasladado, axeitándoo ao regulamentado no convenio vixente. Nos traslados que impliquen mobilidade xeográfica por solicitude do traballador/a, non terá dereito a ningunha indemnización polos gastos que orixine o cambio.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 40º.-Cambios xeográficos ou funcionais por acordo entre a empresa e o traballador.

    Cando o cambio se efectúe por mutuo acordo, deberá axustarse ás condicións convidas por escrito entre ambas as dúas partes. Tales condicións non serán nunca inferiores aos mínimos establecidos neste convenio.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 41º.-Mobilidade xeográfica ou funcional por necesidades do servizo.

    Nos casos de mobilidade xeográfica, a facultade de traslado que se concede ás empresas por necesidades de traballo, soamente poderá ser executada co persoal que leve ao seu servizo menos de dez anos, e tan só unha vez con cada persoa, e deberá exercela a empresa. As persoas con menores en idade de escolarización ou maiores dependentes ao seu cargo terán preferencia para a permanencia, salvada esta circunstancia, o traslado realizarase en orde inversa ao de antigüidade.

    Nos casos de traslado xeográfico forzoso, logo dos trámites legais establecidos, o traballador percibirá, con xustificación previa, o importe dos seguintes gastos:

    -Os de locomoción do interesado e familiares que con el convivan ou dependan del economicamente; os de transporte de mobiliario, roupa e útiles; e unha indemnización en metálico, equivalente a sesenta ou trinta días do salario real que perciba no momento do traslado, segundo teña familiares ou non ao seu cargo.

    -No caso de traslado dunha poboación a outra, que implique necesariamente cambio de residencia, a empresa facilitará ao traballador vivenda axeitada ás súas necesidades, no lugar a que se traslada, e con renda igual á que pagase ata o momento do traslado e, se isto non fose posible, aboará ao traballador a diferenza xustificada de renda.

    -No suposto de que a empresa pretenda trasladar o centro de traballo a outra localidade, deberá axustarse ao procedemento establecido nas normas xerais que regulen, en cada momento e con carácter xeral, a materia política de emprego e, en todo caso, virá obrigada a comunicalo ao persoal cun ano de antelación, sempre que sexa posible, quen terá dereito a que se lle aboen os gastos que se orixinen, por tal motivo a familiares que conviven con el, incluíndo os correspondentes a transportes de enxoval e percibindo, ademais, unha gratificación equivalente a dous ou un mes de retribución, segundo teñan ou non familiares ao seu cargo.

    -No dito aviso, a empresa detallará os seguintes extremos:

    a) Lugar onde proxecta trasladar o centro de traballo.

    b) Posibilidade ou non de vivenda na nova localidade e condicións do seu aluguer ou propiedade.

    c) O traballador afectado terá un prazo máximo de dous meses para aceptar ou formular obxeccións ás propostas de traslado.

    -No caso de que a empresa non fixese o traslado anunciado, se algún traballador realizase gastos xustificados con tal obxecto, será indemnizado polos prexuízos ocasionados, corresponderalle coñecer os conflitos individuais, que por tal causa puidesen producirse, á xurisdición de Traballo.

    Prescindirase do prazo de aviso previo, nos casos de forza maior.

    Cando as necesidades do traballo así o xustifiquen e non se chegase a acordo entre as dúas partes, a empresa poderá levar a cabo o cambio garantíndolle ao trasladado todos os seus dereitos adquiridos, así como os que puidesen corresponderlle polo previsto neste convenio e na lexislación laboral vixente.

    Nos casos de traslado dun departamento a outro no mesmo centro de traballo, por causa de redución do cadro de persoal, respectaranse, en igualdade de condicións, os máis antigos na categoría e grupos correspondentes.

    Nos traslados efectuados dentro da mesma categoría profesional que supoñan algún beneficio ou mellora para o traballador ou traballadora trasladado, terán preferencia os de maior antigüidade na categoría de que se trate, sempre que exista igualdade de capacitación técnica para o desempeño do posto que se desexa cubrir, sen prexuízo do disposto no artigo 42º deste convenio.

    As partes asinantes deste convenio fan constar a súa vontade de que os traslados funcionais e xeográficos se efectúen sempre, preferentemente, por acordo entre o traballador e a empresa.

    En todos os demais aspectos referentes a este artigo, as partes asinantes deste convenio remítense ao disposto con carácter xeral no capítulo III, sección primeira do Estatuto dos traballadores.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 42º.-Permuta.

    Os traballadores, con destino nunha mesma localidade ou en localidades distintas e pertencentes á mesma empresa e grupo profesional, poderán concertar a permuta dos seus respectivos postos, coa reserva do que aquela decida, en cada caso, tendo en conta as necesidades do servizo, a aptitude dos permutantes para o novo destino e demais circunstancias que deben ser consideradas.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 43º.-Polivalencia.

    Por necesidades da empresa, todo traballador ou traballadora virá obrigado a realizar as tarefas que se lle encomenden dentro do seu grupo profesional, respectándolle o salario se realizase tarefas dunha puntuación inferior, e aboándolle un complemento por traballo de superior categoría por diferenza en todos os conceptos salariais, se realizase tarefas de puntuación superior, que será a diferenza entre a puntuación de orixe e a superior.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo VIII Protección ás mulleres vítimas da violencia de xénero

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 44º.-Mulleres vítimas da violencia de xénero.

    As traballadoras vítimas da violencia de xénero terán dereito a desfrutar do período vacacional en datas diferentes ás marcadas, así como, a dividir este período en varias fraccións logo do aviso á empresa.

    A traballadora vítima da violencia de xénero que se vexa na obriga de abandonar o posto de traballo na localidade onde viña prestando os seus servizos, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito a asistencia social integrada, terá dereito preferente a ocupar outro posto de traballo, do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente, que a empresa teña vacante en calquera outro dos seus centros de traballo.

    En tales supostos a empresa estará na obriga de comunicarlle á traballadora as vacantes existentes nese momento e as que se puidesen producir no futuro.

    O traslado ou o cambio de centro de traballo terán unha duración inicial de seis meses, durante os cales a empresa terá a obriga de reserva o posto de traballo que anteriormente ocupaba a traballadora. Terminado este período a traballadora poderá optar entre o regreso ao seu posto de traballo anterior ou a continuidade no novo. Neste último caso decaerá a citada obriga de reserva.

    O contrato de traballo pode extinguirse por decisión da traballadora que se vexa obrigada a abandonar definitivamente o seu posto de traballo como consecuencia de ser vítima da violencia de xénero.

    Será nulo o despedimento das traballadoras vítimas de violencia de xénero polo exercicio dos dereitos de redución ou reordenación do tempo de traballo ou de suspensión da relación laboral, nos termos e condicións establecidas por lei.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 45º.-Suspensión do contrato de mulleres vítimas da violencia de xénero.

    O período de suspensión terá unha duración inicial que non poderá exceder os seis meses, salvo que das actuacións de tutela xudicial resultase que a efectividade do dereito de protección da vítima requirise a continuidade da suspensión. Neste caso, o xuíz poderá prorrogar a suspensión por períodos de tres meses, cun máximo de dezaoito meses.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo IX Retribucións

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 46º.-Disposicións xerais.

    As retribucións do persoal a que afecta este convenio estarán constituídas polo salario base de convenio e os complementos del, e corresponden á xornada a que se refire o artigo 61º.

    O pagamento do salario efectuarase, dentro da xornada, mensualmente. O cálculo deste salario realizarase en razón de 365 días repartidos en doce mensualidades.

    Todas as empresas afectadas por este convenio, no momento de efectuaren o pagamento do salario, estarán obrigadas a entregar aos traballadores un duplicado da nómina, en que se fagan constar todos os conceptos que establece a lexislación vixente para que, en todo momento e circunstancias, o traballador coñeza o que percibe por salario, o que tributa á Facenda Pública e a cotización á Seguridade Social.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 47º.-Anticipos.

    O traballador terá dereito a recibir anticipos á conta, polo traballo xa realizado, sen que poidan exceder ata o 90% do importe do salario. Este dereito farase efectivo no momento de formalizar a solicitude.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 48º.-Salario mínimo anual.

    O salario mínimo anual (SMA) para cada un dos niveis salariais deste convenio está composto por catorce mensualidades do salario base (doce mensualidades e dúas gratificacións extraordinarias), complemento lineal, e paga de beneficios.

    Non se inclúen os seguintes conceptos: antigüidade, nocturnidade, comisións de vendas, incentivos, quilometraxe, axudas de custo ou complementos persoais.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 49º.-Salario base de convenio.

    Durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2008 o salario base mensual do convenio, para cada un dos niveis salariais deste convenio, será o exposto no anexo I.

    Establécese unha cláusula de revisión, da contía do salario base mensual do convenio, entre o aumento do 3%, e o IPC real do ano 2008, que calculase para Galicia o Instituto Nacional de Estatística.

    Durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2009 o salario base mensual do convenio para cada un dos niveis salariais deste convenio, incrementarase no IPC real do ano 2008 que calculase para Galicia o Instituto Nacional de Estatística máis 0,25%.

    Se neste ano 2009 o IPC real resultante o 31 de decembro superase o incremento pactado para o devandito ano, actualizaríanse o salario base nas táboas vixentes, sen carácter retroactivo.

    Durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2010, o salario base mensual do convenio para cada un dos niveis salariais deste convenio incrementarase no IPC real do ano 2009 que para Galicia calculase o Instituto Nacional de Estatística máis 0,25%.

    Se neste ano 2010 o IPC real resultante a 31 de decembro superase o incremento pactado para o devandito ano, actualizaríanse o salario base nas táboas vixentes, sen carácter retroactivo.

    Durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2011, o salario base mensual do convenio para cada un dos niveis salariais dese convenio incrementarase no IPC real do ano 2010 que para Galicia calculase o Instituto Nacional de Estatística máis 0,25%.

    Se neste ano 2011 o IPC real resultante o 31 de decembro superase o incremento pactado para o devandito ano, actualizaríase o salario base nas táboas vixentes, sen carácter retroactivo.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 50º.-Complemento lineal do convenio.

    É unha cantidade, igual para todas as categorías, que se devengará por tempo efectivamente traballado, tendo a consideración de complemento salarial de vencemento periódico superior ao mes.

    Aínda que o seu devengo sexa anual, este complemento será satisfeito na forma e tempo que, de común acordo, se adopte en cada empresa, deixando a salvo a opción individual do traballador e mesmo a posibilidade de que o seu importe anual sexa percibido en dous ou máis aboamentos ao longo do ano.

    Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2008 o importe do complemento lineal do convenio será de 4042,65 euros anuais.

    Establécese unha cláusula de revisión da contía do complemento lineal do convenio entre o aumento do 3% e o IPC real do ano 2008 que calculase para Galicia o Instituto Nacional de Estatística.

    Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2009 o complemento lineal do convenio incrementarase no IPC real do ano 2008 que calculase para Galicia o Instituto Nacional de Estatística máis 0,25%.

    Se neste ano 2009 o IPC real resultante o 31 de decembro superase o incremento pactado para o devandito ano, actualizaríase o complemento lineal nas táboas vixentes, sen carácter retroactivo.

    Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2010 o complemento lineal do convenio incrementarase no IPC real do ano 2009 que calculase para Galicia o Instituto Nacional de Estatística máis 0,25%.

    Se neste ano 2010 o IPC real resultante o 31 de decembro superase o incremento pactado para o devandito ano, actualizaríase o complemento lineal nas táboas vixentes, sen carácter retroactivo.

    Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2011 o complemento lineal do convenio incrementarase no IPC real do ano 2010 que calculase para Galicia o Instituto Nacional de Estatística máis 0,25%.

    Se neste ano 2011 o IPC real resultante o 31 de decembro superase o incremento pactado para o devandito ano, actualizaríase o complemento lineal nas táboas vixentes, sen carácter retroactivo

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 51º.-Gratificacións extraordinarias.

    A gratificación de xuño, correspondente ao primeiro semestre do ano, e a de Nadal, correspondente ao segundo semestre, réxense na súa contía e pagamento polas seguintes normas:

    a) O importe de cada paga será o equivalente a unha mensualidade do salario base de convenio, incluída a antigüidade en cada caso.

    b) O persoal que cese ou ingrese durante o ano, eventual ou/e interino, percibirá estas pagas extraordinarias en proporción ao tempo traballado no semestre correspondente a cada paga, computándose as fraccións de meses ou de semanas, segundo os casos, como completos.

    c) Percibiranse: a de xuño, na última quincena do mes que corresponde, e a de Nadal, entre o 15 e o 24 de decembro.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 52º.-Paga de participación en beneficios.

    En concepto de participación en beneficios, a cada traballador ou traballadora aboaráselle 34 días do salario base mensual, máis a antigüidade. A entrega desta cantidade, agás outro acordo entre as partes, efectuarase o mes de marzo, do ano seguinte ao do seu devengo.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 53º.-Complemento de antigüidade.

    Os traballadores e traballadoras comprendidos neste convenio desfrutarán, como complemento persoal de antigüidade, dun aumento periódico polo tempo de servizos prestados á mesma empresa, consistente en dous trienios e quinquenios sucesivos.

    O módulo para o cálculo e aboamento do complemento persoal de antigüidade será o último salario base de convenio percibido polo traballador, servindo este módulo non só para o cálculo dos trienios ou quinquenios de novo vencemento, senón tamén para os dos xa percibidos. A contía do complemento persoal de antigüidade será do 3% por cada trienio e do 3% por cada quinquenio.

    A data inicial do cómputo da antigüidade será a de ingreso do traballador na empresa. Así mesmo, consideraranse os servizos prestados no período de proba e os do persoal eventual ou interino que pase a ocupar praza no cadro de persoal da empresa. O importe de cada trienio comezará a devengarse desde o día 1 do mes seguinte ao do seu cumprimento.

    O traballador ou traballadora que cese definitivamente na empresa e, posteriormente, ingrese de novo nela só terá dereito a que se lle compute a antigüidade a partir da data deste novo ingreso, perdendo todos os dereitos de antigüidade anteriormente obtidos.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 54º.-Complemento de nocturnidade.

    Establécese un complemento de nocturnidade do 25% do salario base de convenio para os traballadores/as que, de xeito continuo ou periodicamente, presten o seu servizo no período comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 55º.-Axudas de custo e desprazamentos.

    Se, por necesidades do servizo, algún traballador se ten que desprazar fóra da localidade en que teña a súa residencia, a empresa aboará o 75% do seu salario de convenio, cando efectúe un xantar fóra do seu domicilio, e o 140%, cando teña que comer e pasar a noite fóra del.

    Cando o traballador non poida regresar a comer ao seu domicilio por asignarlle a empresa traballos distintos dos habituais, aínda cando sexa dentro da localidade, terá dereito ao aboamento das axudas de custo por comida. Se os gastos orixinados por tal motivo superan o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa logo do recoñecemento daquelas e coa xustificación previa por parte do traballador do gasto realizado. A empresa determinará os medios de locomoción que se deberán empregar en cada caso. Os gastos de locomoción serán por conta da empresa, sen que en ningún caso o tempo investido nas viaxes dea lugar a suplemento ningún porque a súa duración supere a xornada legal.

    Os desprazamentos dos membros do equipo comercial (xefes de equipo e promotores de vendas) rexeranse polas condicións estipuladas nas súas condicións de traballo.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 56º.-Quilometraxe.

    Neste concepto aboaranse 0,27 euros por quilómetro. Establécese unha cláusula de revisión do prezo do gasóleo a partir de 1,284 euros, por cada oscilación de 0,10 euros no prezo, incrementará ou diminuirá 0,01 euros o importe por quilómetro esta cláusula terá vixencia ata a sinatura dun novo convenio.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 57º.-Horas extraordinarias.

    As partes asinantes coinciden en considerar positivos os efectos que poden derivar dunha política conducente á redución ao mínimo das horas extraordinarias.

    Enténdese por horas extraordinarias as que excedan a xornada anual pactada ou a distribución semanal, en todo caso as que superen as 10 horas diarias; o seu aboamento efectuarase dentro dos límites que establece o artigo 35 do Estatuto dos traballadores, podendo substituílas ou compensalas por un tempo equivalente de descanso, en lugar de ser retribuídas monetariamente, a súa realización efectuarase dentro dos límites que establece este artigo.

    Establécense neste convenio, como horas de forza maior, estruturais e ordinarias as seguintes:

    a) Horas extraordinarias de forza maior son as que se realicen para previr ou reparar sinistros ou danos extraordinarios ou urxentes, así como no caso de risco de perda das materias primas.

    b) Horas extraordinarias estruturais son as necesarias por períodos punta de produción, pedidos imprevistos, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estrutural derivadas da natureza do traballo de que se trate.

    c) Horas extraordinarias ordinarias son o resto das horas extraordinarias non especificadas anteriormente.

    Prohíbese a realización de horas extraordinarias no período comprendido entre as 22.00 horas da noite e as 6.00 horas da mañá.

    A realización de horas extraordinarias rexistrarase, día a día, e totalizaranse semanalmente, entregando copia do resumo semanal ao traballador ou traballadora no parte correspondente.

    Será competencia da comisión mixta o control e vixilancia do establecido neste artigo. En caso de anomalías na realización de horas extraordinarias, a comisión mixta poderá solicitar a información oportuna da empresa afectada.

    A contía das horas extra será determinada de común acordo entre a dirección da empresa e a representación legal dos traballadores.

    O límite de horas extraordinarias que hai que traballar establécese en 65 horas ano.

    Existirá a posibilidade, logo de acordo entre a empresa e o traballador, de que as horas extraordinarias poidan ser intercambiadas por xornadas completas de descanso, nas condicións que se pacten en cada empresa.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 58º.-Baixas por incapacidade transitoria por accidente de traballo.

    Os traballadores en situación de incapacidade transitoria por accidente de traballo percibirán, con cargo á empresa, a partir do primeiro día de baixa, a diferenza existente entre as prestacións económicas da Seguridade Social e o 100% do salario de cotización do mes anterior á baixa.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 59º.-Baixas por enfermidade común.

    Aos traballadores en situación de incapacidade temporal por enfermidade común, complementaráselles con cargo á empresa, desde o cuarto día de baixa ata o 75% do salario base, complemento lineal, antiguedade e parte proporcional das pagas extra, do mes anterior á baixa.

    Os traballadores en situación de incapacidade temporal por enfermidade común, no caso de hospitalización por un período superior a 24 horas e durante a convalecencia da enfermidade causante da hospitalización, percibirán con cargo á empresa, a partir do primeiro día de hospitalización, a diferenza existente entre as prestacións económicas da Seguridade Social e o 100% do salario base, complemento lineal, antigüidade e parte proporcional das pagas extra, deste convenio colectivo do mes anterior á baixa. Será requisito, para facer o pagamento destas cantidades, a acreditación da enfermidade causante da hospitalización.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 60º.-Baixas por maternidade.

    Se durante o período de xestación do embarazo, a traballadora causase baixa por enfermidade común, complementaráselle con cargo á empresa, durante os tres primeiros días de baixa ata o 100% do salario base, complemento lineal, antigüidade e parte proporcional das pagas extra, do mes anterior á baixa, e desde o cuarto día de baixa ata o 75% do salario base, complemento lineal, antigüidade e parte proporcional das pagas extras, do mes anterior á baixa.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo X Xornada de traballo, horarios e descansos

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 61º.-Xornada anual.

    A xornada anual nos anos 2008, 2009 e 2010 será de 1756 horas de traballo efectivo, tanto en xornada partida como continuada.

    A xornada anual a partir do ano 2011 será de 1752 horas de traballo efectivo, tanto en xornada partida como continuada.

    No desenvolvemento do punto anterior terase en conta o seguinte:

    a) As empresas que viñesen realizando un número de horas anuais de traballo efectivo inferior ao establecido no parágrafo anterior, manteranas como condición máis beneficiosa.

    b) Para o persoal afectado por un réxime de xornada continuada de 8 horas diarias, establécese un descanso de 15 minutos, respectándose os tempos de descanso para os que os tivesen recoñecidos en xornadas inferiores a 8 horas, computándose os tempos de descanso en idéntica forma a como se viñan realizando ata a data.

    Naquelas empresas en que se estea desfrutando de tempos de descanso superiores, manteranse estes, agás pacto en contrario entre a dirección da empresa e a representación dos traballadores.

    c) As ausencias ao traballo, reguladas no artigo 66º deste convenio ou por disposición legal, consideraranse como tempo de traballo efectivo.

    d) Todos os traballadores terán dereito a desfrutar de dúas xornadas (16 horas) de libre disposición ao longo do ano, debendo comunicarllo á empresa, polo menos, con 48 horas de antelación.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 62º.-Horario semanal.

    As empresas, respectando o número de horas laborables do ano, fixadas no artigo 61º, acordarán, a través dos representantes legais dos traballadores, o horario e a súa distribución semanal máis adecuado ás súas necesidades en cada época do ano.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 63º.-Prolongación da xornada.

    Cando nunha empresa se produza unha sobrecarga de traballo extraordinario, por necesidades non programadas, a dirección dela poderá establecer un horario máis prolongado, con 24 horas de aviso previo, sen superar as 10 horas diarias e as 44,5 horas semanais, respectando, en todo caso, o período legal de descanso entre xornadas, reducindo a xornada semanal en épocas de menor actividade ou acumulando o seu exceso en días completos, sempre que se cumpran o número e horas anuais sinalado. En ningún caso, o carácter excepcional deste punto poderá xerar ningún tipo de xornada permanente diferenciada, en canto ao seu cómputo semanal.

    Os excesos de xornada semanais, producidos pola aplicación deste punto, non poderán superar o período continuo de 4 semanas en cada ocasión que se produza. Agás acordo entre as partes, a súa compensación en tempo de descanso terá lugar no mesmo mes ou nos dous inmediatamente seguintes.

    Esta prolongación de xornada será sempre compensada en tempo de descanso e nunca mediante percepcións económicas.

    Logo de xustificación suficiente da existencia e importancia da causa alegada, quedan exceptuados do aquí convido:

    1. Os que cursen con regularidade estudos para a obtención dun título académico ou de ensino profesional oficialmente recoñecido, durante o tempo imprescindible para asistir ás clases.

    2. Os que teñan obrigas familiares habituais, de carácter persoal e ineludible.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 64º.-Redución da xornada por motivos familiares.

    1. As traballadoras, por lactación dun fillo/a menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do posto de traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A duración do permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución da súa xornada nunha media hora coa mesma finalidade ou por un período de tempo de permiso retribuído equivalente á suma de cada unha das horas diarias; o aproveitamento deste dereito deberá producirse, necesariamente, de forma consecutiva ao permiso por maternidade ou por paternidade, debendo comunicar á empresa tal exercicio cunha antelación de 30 días. A acumulación do permiso de lactación poderá ser gozada en réxime de xornada parcial sempre que exista acordo entre a persoa traballadora e a empresa. Este permiso poderá ser gozado indistintamente pola nai ou polo pai, no caso de que ambos traballen.

    2. Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de oito anos ou un discapacitado físico, psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, cando menos, un oitavo e un máximo da metade da duración daquela.

    Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo, e que non desempeñe actividade retribuída.

    A redución da xornada prevista neste artigo constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores/as da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

    3. A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do permiso de lactación e da redución da xornada, previstos nos números 1 e 2 deste artigo, corresponderanlle ao traballador/a, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador/a deberá avisar previamente ao empresario con quince días de antelación a data en que se vai reincorporar á súa xornada ordinaria.

    4. O uso deste dereito non suporá perdas doutros dereitos, en particular os de formación e actualización profesional, salvo os que deriven da propia xornada reducida ou sexan incompatibles co novo horario reducido do traballador/a.

    5. A traballadora vítima de violencia de xénero terá dereito, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, á redución da xornada de traballo con diminución proporcional do salario no tempo que considere necesario e sen que sexan de aplicación os límites máximo e mínimo establecidos no anterior número 2.

    6. Ao remate das reducións da xornada aquí previstas, o traballador/a terá dereito a incorporarse nas mesmas condicións ao seu posto de traballo.

    7. En todo o non previsto nos puntos anteriores será de aplicación o disposto no artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 65º.-Vacacións.

    O réxime de vacacións anuais retribuídas do persoal será de trinta días naturais, calquera que sexa a categoría ou grupo a que pertenzan.

    As vacacións concederanse, preferentemente, nos meses de xuño a setembro, ambos os dous inclusive.

    As vacacións anuais desfrutaranse sempre dentro do ano natural ao que correspondan e non poderán compensarse en metálico, en todo nin en parte.

    Procurarase compracer o persoal en canto á época do seu desfrute, dando preferencia, dentro das respectivas categorías, ao máis antigo na empresa, sen prexuízo do establecido nas disposicións legais de rango superior.

    Os traballadores ou traballadoras, que na data determinada para o desfrute das vacacións non completasen aínda un ano efectivo no cadro de persoal da empresa, terán dereito a un número de días proporcionais ao tempo de servizos prestados.

    No caso de peche do centro de traballo, por vacacións, a dirección da empresa designará o persoal que durante o devandito período teña que executar obras necesarias, labores de empresa, entretemento, etc, concertando particularmente cos interesados a forma máis conveniente de vacacións anuais.

    O cadro de distribución de vacacións negociarase entre a empresa e os representantes dos traballadores e traballadoras, expoñéndose cunha antelación de dous meses, como mínimo, nos taboleiros de anuncios para o coñecemento do persoal.

    Cando o período de vacacións fixado coincida no tempo cunha incapacidade temporal derivada de embarazo, parto ou lactación natural, suspensión de contrato por maternidade ou paternidade, terase dereito a gozar das vacacións en data diferente á da incapacidade temporal ou á suspensión aínda que rematase o ano natural.

    O persoal con dereito a vacacións, que cese no transcurso do ano, terá dereito á parte proporcional das vacacións, segundo o número de meses traballados, computándose como mes completo a fracción deste.

    En caso de morte do traballador, o importe correspondente á devandita parte proporcional das vacacións satisfarase aos seus habentes dereito.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo XI Licenzas e excedencias

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 66º.-Ausencias xustificadas.

    Todo o persoal suxeito a este convenio terá dereito ás seguintes ausencias retribuídas, coa necesaria xustificación, se é o caso:

    a) Dezasete días naturais, en caso de matrimonio.

    b) Tres días nos casos de accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario, ou nos supostos de morte de familiar ata o 2º grado de consanguinidade ou afinidade. Cando, por tal motivo, a persoa precise facer un desprazamento, o prazo será de catro días.

    c) No suposto de hospitalización ou intervención cirúrxica (que exixa internamento durante un período mínimo de dous días) de pai, nai, cónxuxe ou fillos, o prazo xeral de tres días da letra anterior poderá estenderse ata dous días máis, sempre que algún destes parentes, que conviva co traballador, precisase atención especial e non tivese outra persoa para coidalo. En ningún caso, a extensión deste prazo poderá acumularse á de catro días para o suposto de desprazamento.

    d) Cinco días por nacemento, adopción ou acollemento de fillo/a.

    e) Dous días por traslado de domicilio habitual.

    f) Un día por voda de fillos ou irmáns.

    g) Polo tempo indispensable para matricularse ou examinarse en centros de ensino recoñecidos.

    h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

    i) Polo tempo indispensable para asistencia a técnicas de preparación ao parto, na rede sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

    j) Para asistencia e acompañamento de fillas/os menores de idade ou maiores dependentes, ao consultorio médico da Seguridade Social, en horas coincidentes coa xornada, debendo xustificar o tempo co correspondente volante visado polo/a facultativo/a.

    Equipárase ao cónxuxe o compañeiro ou compañeira, sempre que se xustifique por medio de certificado de convivencia, o referente ás ausencia xustificadas recollidas neste artigo.

    Nos casos de enfermidade grave de familiar ata o 2º grao e nos de nacemento de fillo, poden ser outorgadas licenzas de duración superior negociando as condicións.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 67º.-Suspensión do contrato por maternidade.

    No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas, ampliables no suposto de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo/a a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase á opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. En caso de falecemento da nai, con independencia de que esta realizase ou non algún traballo, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do período de suspensión, computado desde a data do parto, e sen que se desconte deste a parte que a nai puidese gozar con anterioridade ao parto. No suposto de morte do fillo/a, o período de suspensión non se verá reducido, salvo que, unha vez finalizadas as seis semanas de descanso obrigatorio, a nai solicitase reincorporarse ao seu posto de traballo.

    Malia o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatamente posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos os proxenitores traballen, a nai, ao iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o outro proxenitor goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. O outro proxenitor poderá seguir facendo uso do período de suspensión por maternidade inicialmente concedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo esta estea en situación de incapacidade temporal.

    No caso de que a nai non tivese dereito a suspender a súa actividade profesional con dereito a prestacións de acordo coas normas que regulen a devandita actividade, o outro proxenitor terá dereito a suspender o seu contrato de traballo polo período que correspondese á nai, o que será compatible co exercicio do dereito recoñecido no artigo seguinte.

    Nos casos de parto prematuro e naqueles en que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, o período de suspensión poderá computarse, por instancia da nai, ou na súa falta, do outro proxenitor, a partir da data da alta hospitalaria. Exclúense do devandito cómputo as 6 semanas posteriores ao parto, de suspensión obrigatoria do contrato da nai.

    Nos casos de partos prematuros con falta de peso e aqueloutros en que o neonato precise, por algunha condición clínica, hospitalización a continuación do parto, por un período superior a sete días, o período de suspensión ampliarase en tantos días como o nacido estea hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais, e nos termos en que regulamentariamente se desenvolva.

    Nos supostos de adopción e de acollemento previstos no artigo 45.1º d) do Estatuto dos traballadores, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas, ampliable no suposto de adopción ou acollemento múltiples en dúas semanas por cada menor a partir do segundo. A devandita suspensión producirá os seus efectos, por elección do traballador, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, provisional ou definitivo, sen que en ningún caso un mesmo menor poida dar dereito a varios períodos de suspensión.

    No caso de que ambos os proxenitores traballen, o período de suspensión distribuirase a opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

    No caso de aproveitamento simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas previstas nos parágrafos anteriores ou das que correspondan en caso de parto, adopción ou acollemento múltiples.

    No suposto de discapacidade do fillo/a ou do menor adoptado ou acollido, a suspensión do contrato a que se refire este punto terá unha duración adicional de dúas semanas. No caso de que ambos os proxenitores traballen, este período adicional distribuirase a opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva e sempre de forma ininterrompida.

    Os períodos aos que se refire este punto poderán gozarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, logo de acordo entre os empresarios e os traballadores afectados, nos termos que regulamentariamente se determinen.

    Nos supostos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado, o período de suspensión, previsto para cada caso neste punto, poderá iniciarse ata catro semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.

    Os traballadores/as beneficiaranse de calquera mellora nas condicións de traballo á que puidesen ter dereito durante a suspensión do contrato nos supostos a que se refire este artigo, así como nos previstos no seguinte parágrafo.

    No suposto de risco durante o embarazo ou de risco durante a lactación natural, nos termos previstos no artigo 26 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, a suspensión do contrato finalizará o día en que se inicie a suspensión do contrato por maternidade biolóxica ou o lactante cumpra nove meses, respectivamente, ou, en ambos os casos, cando desapareza a imposibilidade da traballadora de reincorporarse ao seu posto anterior ou a outro compatible co seu estado.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 68º.-Suspensión do contrato por paternidade.

    Nos supostos de nacemento de fillo/a, adopción ou acollemento de acordo co artigo 45.1º d) do Estatuto dos traballadores, o traballador terá dereito á suspensión do contrato durante trece días ininterrompidos, ampliables no suposto de parto, adopción ou acollemento múltiples en dous días máis por cada fillo/a a partir do segundo. Esta suspensión é independente do goce compartido dos períodos de descanso por maternidade regulados no artigo anterior.

    No suposto de parto, a suspensión corresponde en exclusiva ao outro proxenitor. Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito corresponderá só a un dos proxenitores, a elección dos interesados; con todo, cando o período de descanso regulado no artigo anterior sexa gozado na súa totalidade por un dos proxenitores, o dereito á suspensión por paternidade unicamente poderá ser exercido polo outro.

    O traballador/a que exerza este dereito poderá facelo durante o período comprendido desde a finalización do permiso por nacemento de fillo/a, previsto legal ou convencionalmente, ou desde a resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ata que finalice a suspensión do contrato regulada no artigo anterior ou inmediatamente logo da finalización da devandita suspensión.

    A suspensión do contrato a que se refire este artigo poderá gozarse en réxime de xornada completa ou en réxime de xornada parcial dun mínimo do 50%, previo acordo entre o empresario e o traballador/a, e conforme se determine na lexislación vixente.

    O traballador/a deberá comunicar á empresa o exercicio deste dereito con 3 días de antelación.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 69º.-Excedencia voluntaria común.

    As empresas concederanlle ao persoal que polo menos conte cunha antigüidade dun ano nela o pase á situación de excedencia voluntaria por un período de tempo non inferior a seis meses nin superior a cinco anos, sempre que os excedentes non superen o 10% do cadro de persoal. O paso á expresada situación poderá solicitarse sen especificación de motivos polo solicitante, agás que vaia utilizarse para traballar noutra actividade idéntica ou moi semellante á da empresa de orixe. Deberá facerse por escrito e a petición deberá ser resolta favorablemente pola empresa, no prazo máximo dun mes, a partir da data de solicitude.

    Durante o desfrute da excedencia, a pesar de que se solicitase ou concedese por un prazo superior a seis meses, transcorridos estes, poderá o traballador renunciar ao resto da excedencia, coa obriga de avisar cun mes de antelación, do seu desexo de reincorporarse ao traballo activo. Cumpridos estes requisitos polo traballador, este terá dereito a ingreso con preferencia sobre calquera outro traballador alleo ao persoal da empresa nas novas contratacións de persoal con categoría igual ou similar á súa.

    Se a nova contratación non se correspondese coa categoría propia, senón coa inferior, o excedente poderá optar entre ocupar esta praza co salario asignado, e tendo preferencia para o ascenso no caso de existir vacante, ou non reingresar e conservar o dereito ao reingreso nun posto da súa categoría.

    En todo caso, a solicitude do reingreso deberá facerse, dentro do período de excedencia, cunha antelación mínima dun mes respecto á data na que remate.

    Transcorrido o prazo sen solicitar o reingreso, perderá o excedente todos os seus dereitos ao reingreso.

    O tempo de excedencia voluntaria non será computado para ningún efecto.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 70º.-Excedencias voluntarias especiais.

    a) Os traballadores/as, calquera que sexa a súa antigüidade na empresa, terán dereito a pasar á situación de excedencia, por un período máximo de tres anos, para dedicarse a asistir a un familiar, en primeiro grao de consaguinidade que fose declarado discapacitado con necesidade de recibir coidados permanentes ou que estivese en situación de grande invalidez pola Seguridade Social.

    b) No caso de nacemento dun fillo, a traballadora ou o traballador, indistintamente, terán dereito a pasar á situación de excedencia, por un período máximo de tres anos, para atender á súa crianza e educación inicial, contados desde a data de remate do período de descanso obrigatorio.

    Nestes supostos, os períodos de excedencia computaranse para efectos de antigüidade e a persoa terá dereito a asistencia a cursos de formación, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Os períodos de excedencia previstos neste punto poderán ser gozados de xeito fraccionado.

    Rematados os períodos de excedencias voluntarias especiais sinalados neste artigo, os traballadores e traballadoras excedentes, logo de solicitude de reingreso formulada cun mes de antelación, reincorporaranse automaticamente ao posto de traballo que desempeñaban ao solicitaren a excedencia.

    A utilización destas excedencias cunha finalidade distinta á que motivou a súa concesión determinará a perda do dereito ao reingreso.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 71º.-Excedencia forzosa.

    Esta excedencia, que dará dereito á reserva de posto e traballo e cómputo de antigüidade do excedente, concederase por designación para desempeñar cargo público que imposibilite a asistencia ao posto de traballo ou elección para cargo electivo que exixa plena dedicación en organizacións sindicais.

    A situación de excedencia prorrogarase polo tempo que dure o exercicio do cargo, debendo reincorporarse ao seu posto de traballo no prazo máximo de 30 días naturais seguintes ao seu cesamento, salvo que imperativo legal imposibilite a súa reincorporación.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo XII Aspectos sociais

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 72º.-Seguro colectivo de vida.

    Establécese a obriga, para todas as empresas, de ter concertado un seguro de morte, incapacidade permanente absoluta e incapacidade permanente total, derivada de accidente de traballo, para todos os traballadores/as que manteñan calquera tipo de relación laboral coa empresa polos seguintes importes:

    -Morte por accidente: 30.050,61 €.

    -Incapacidade permanente absoluta: 30.050,61 €.

    -Incapacidade permanente total: 30.050,61 €.

    Se algunha empresa tivese en cómputo global un seguro mellor que o especificado neste artigo, o establecido aquí sería absorbido e emendado, continuando co seguro mellor no cómputo global.

    Para efectos de declaración de incapacidade permanente absoluta ou total, seguirase o que ditaminasen os órganos competentes da Seguridade Social ou da xurisdición social.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo XIII Premios, faltas e sancións

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 73º.-Premios.

    Co obxecto de recompensar a conduta, o rendemento e a laboriosidade e cualidades sobresalientes do persoal, estimulándoo ao mesmo tempo, as empresas, oídos os representantes legais dos traballadores, establecerán os correspondentes premios, que serán outorgados individual ou colectivamente.

    Os premios poderán ser: recompensas en metálico, bolsas ou viaxes de perfeccionamento, aumento de vacacións, ata o dobre das que regulamentariamente correspondan ao interesado, ou calquera outra que sexa acordada pola dirección da empresa.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 74º.-Faltas.

    Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia, transcendencia ou intención, en leve, grave ou moi grave. A enumeración dos diferentes tipos de faltas, dentro de cada un dos indicados grupos que figuran nas epígrafes seguintes, é meramente enunciativa e non implica que non poidan existir outras, as cales serán cualificadas segundo a analoxía que garden con aquelas.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 75º.-Faltas leves.

    Considéranse faltas leves as seguintes:

    1. As faltas de puntualidade, ata tres nun mes, na asistencia ao traballo, con atraso superior a cinco minutos e inferior a trinta no horario de entrada.

    2. Non cursar en tempo oportuno a baixa correspondente, cando se falte ao traballo por motivo xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de tela efectuado.

    3. O abandono do servizo, sen causa fundada, aínda cando sexa por breve tempo.

    4. Pequenos descoidos na conservación do material.

    5. Non atender o público coa corrección e dilixencia debidas.

    6. Faltar ao traballo un día ao mes, sen causa xustificada.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 76º.-Faltas graves.

    Considéranse faltas graves as seguintes:

    1. Máis de tres faltas, non xustificadas, de puntualidade ao traballo durante un período de trinta días.

    2. Ausencia, sen causa xustificada, por dous días, durante un período de trinta días.

    3. A desobediencia aos seus superiores, en materia de servizo.

    4. A neglixencia ou desidia no traballo, que afecte a boa marcha do servizo.

    5. Realizar, sen oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada laboral, así como empregar ferramentas da empresa para usos propios.

    6. O quebrantamento ou violación de segredos de reserva obrigada.

    7. A reincidencia en faltas leves (incluídas as de puntualidade), aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre, tendo mediado notificación escrita.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 77º.-Faltas moi graves.

    Considéranse faltas moi graves as seguintes:

    1. As faltas inxustificadas de puntualidade en máis de 10 veces durante un período de seis meses consecutivos ou 20 veces durante un período de doce meses.

    2. As faltas inxustificadas de asistencia ao traballo en número de tres ou máis nun período de dous meses consecutivos.

    3. A indisciplina, a desobediencia ou a neglixencia no traballo evidenciadas de forma grave e notoriamente prexudicial para a empresa.

    4. As ofensas verbais ou físicas, incluídas as de natureza sexual a calquera das persoas que traballen na empresa ou aos seus familiares.

    5. A diminución continuada e voluntaria no rendemento do traballo pactado ou ordinario establecido.

    6. O furto, roubo e malversación que afecte a empresa, os seus intereses ou os compañeiros traballadores.

    7. As ausencias e abandono do posto de traballo inxustificadamente, cando ocasionaren grave prexuízo ao proceso produtivo, deterioración ás cousas ou risco para as persoas.

    8. A reincidencia en falta grave, sexa cal for a súa clase e natureza, sempre que se cometa dentro dun período de seis meses desde a primeira.

    9. O acoso sexual ou por razón de sexo. No caso de que se exercese calquera represalia contra a persoa denunciante do acoso sexual ou razón de sexo, considerarase tamén acto de discriminación por razón de sexo.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 78º.-O abuso de autoridade.

    O abuso de autoridade, por parte dos xefes, será sempre considerado como falta moi grave. O traballador afectado porao inmediatamente en coñecemento da dirección da empresa, a través da canle xerárquica correspondente, que ordenará a inmediata instrución de expediente.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 79º.-Sancións aos traballadores.

    Correspóndelle á empresa a facultade de impoñer sancións. De toda sanción, agás a amoestación verbal, darase traslado por escrito ao interesado, que deberá xustificar a recepción ou asinar o informado da comunicación. Informarase, preceptivamente, aos representantes legais dos traballadores. No caso de faltas graves ou moi graves abrirase un expediente.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 80º.-Graduación de sancións.

    As sancións que procederá impoñer, en cada caso, segundo as faltas cometidas, serán as seguintes:

    Por faltas leves: amoestación verbal, amoestación por escrito ou suspensión de emprego e soldo, ata dous días, comunicándollo ao traballador.

    Por faltas graves: suspensión de emprego e soldo de tres ata quince días. Inhabilitación temporal, por prazo de ata dous anos, para pasar a categorías superiores.

    Por faltas moi graves: suspensión de emprego e soldo de dezaseis a noventa días. Inhabilitación temporal, por prazo de ata catro anos, para pasar a categorías superiores. Despedimento.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 81º.-Tramitación.

    Para a imposición das sancións que anteriormente se establecen, teranse en conta as seguintes normas:

    Corresponde ao director da empresa ou persoa en que delegue a facultade de impoñer sancións por faltas leves, graves ou moi graves. Observaranse, en todo caso, as disposicións legais que sexan de aplicación.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 82º.-Prescrición.

    As faltas prescribirán nos prazos e nas circunstancias previstas na lexislación laboral vixente, de carácter xeral.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 83º.-Anulación das anotacións desfavorables.

    Como norma xeral, as anotacións desfavorables quedarán anuladas cando transcorran, sen reincidencia, os seguintes prazos:

    Seis meses, se se trata de faltas leves, un ano para as faltas graves e dous anos para as faltas moi graves.

    As empresas, de acordo cos representantes legais dos traballadores, establecerán as normas que, en función da boa conduta posterior dos sancionados, poidan acurtar os prazos citados.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 84º.-Sancións ás empresas.

    As empresas, de acordo coa lexislación xeral vixente, poderán ser sancionadas cando incorran en incumprimento das disposicións legais de carácter laboral.

    As sancións ás empresas rexeranse polo Estatuto dos traballadores e polas demais disposicións legais que puidesen existir.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo XIVSeguridade, saúde laboral e perigrosidade

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 85º.-Seguridade e saúde laboral no traballo.

    Co fin de lograr o cumprimento da vixente Lei de prevención de riscos laborais, todas as empresas con máis de cinco traballadores contarán cun delegado de prevención de seguridade e saúde laboral no traballo.

    A elección deste delegado de prevención efectuarase no caso de non haber representación sindical, de mutuo acordo entre a dirección da empresa e o persoal.

    Ante a crecente implantación de técnicas informáticas que utilizadas correctamente favorecen tanto a produtividade como mesmo a comodidade no traballo, as empresas prestarán especial atención á vixilancia dos aspectos de seguridade e saúde laboral que estas técnicas puidesen ofrecer, moi especialmente as de carácter oftalmolóxico.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 86º.-Recoñecemento médico.

    A dirección da empresa xestionará a realización dun recoñecemento médico cada ano, do que se lle entregará copia do resultado a cada traballador.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 87º.-Protección á maternidade e á lactación.

    Protección á maternidade e á lactación natural: no prazo de 5 meses desde a aprobación deste convenio o comité de seguridade e saúde (no caso de non existir este, será a empresa coa participación das persoas delegadas de prevención de riscos) elaborará e aprobará unha relación de todos os postos de traballo exentos de riscos para as mulleres embarazadas, con parto recente e lactantes e para a súa descendencia dentro da empresa. Para a elaboración desta lista realizarase unha avaliación na que se terá en conta a determinación da natureza, o grao e a duración da exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente a axentes, procedementos ou condicións e tempos de traballo que poidan influír negativamente na saúde das traballadoras ou do feto. Esta lista será revisada e actualizada cada ano desde a súa aprobación.

    No momento no que a empresa teña coñecemento da situación de embarazo dalgunha das súas traballadoras deberá proceder, con carácter inmediato, a cambiala de posto, no caso de ser preciso, para un dos postos exentos de risco.

    As traballadoras poderán pasar a ocupar postos de igual ou inferior categoría sen que o cambio supoña ningunha perda económica para elas. En todo caso, os cambios previstos son de carácter transitorio e cesarán cando o posto orixinario deixe de supor un risco para elas ou a súa descendencia.

    As traballadoras tamén poderán pasar a ocupar postos de superior categoría beneficiándose, nestes casos, das melloras salariais derivadas do cambio. No caso de que o cambio non fose posible por razóns xustificadas ou, aínda cambiando de posto, a traballadora seguise en situación de risco derivada do exercicio do traballo, esta pasará a situación de suspensión por risco por embarazo ou lactación. Para estes supostos, a empresa facilitará que a tramitación da suspensión se realice coa maior celeridade posible.

    As mulleres embarazadas que realicen traballo nocturno ou traballen a quendas no momento no que comuniquen a súa situación á empresa pasarán a traballar en quenda única.

    Todos os cambios realizados polo previsto neste artigo non poderán supor perdas económicas para a traballadora.

    Durante o período de suspensión da traballadora por risco durante o embarazo ou a lactación natural as traballadoras percibirán o 100% da base reguladora correspondente.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Capítulo XV Disposición derradeira

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    Artigo 88º.-Aplicacións da lexislación xeral.

    No non previsto ou regulado por este convenio, serán de aplicación, sobre as respectivas materias, as normas e disposicións de carácter xeral establecidas pola lexislación vixente en cada momento.

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    CLÁUSULA ADICIONAL

    Confeccionouse un documento obrigatorio de transposición dun sistema de clasificación a outro, que a continuación figura como anexo II. Unha vez realizada a transposición no seo de cada empresa, este documento guía carecerá de calquera tipo de validez e eficacia.

    Vigo, 30 de setembro de 2008.

    Asinado:

    Pola Asociación Galega de Editores (AGE):

    Pilar Sampil Sánchez

    José Manuel Fernández Cadahia

    Carlos del Pulgar Sabín

    Pola Confederación Intersindical Galega (CIG):

    Helena Pérez Fernández

    Fernando Fernández González

    Xesús Costa Argibay

     

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01

    ANEXO I. TABLAS 2013

    ANEXO I. TABLAS 2013

    ANEXO I. TABLAS 2013


    ANEXO II. CATEGORÍAS PROFESIONALES

    ANEXO II. CATEGORÍAS PROFESIONALES

    • Texto Original. Publicado el 2008-11-24, en vigor desde 2008-01-01