C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS (15000545011981) de Coruña

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2019 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 1500545
  • Código Nuevo: 15000545011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 141 del 27/07/2017

    Convenio colectivo de hospitalización y laboratorios. A CORUÑA Resolucion pola que se inscribe no Rexistro e se da publicidade ao convenio colectivo do sector de Establecimientos sanitarios de hospitalizacion, asistencia, consulta y laboratorios de analisis clinicos da provincia da Coruña. Codigo de convenio n.º 15000545011981 ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS Convenio Colectivo de Sector de ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS (15000545011981) de Coruña Visto o expediente do Convenio colectivo de ESTABLECIMIENTOS SANITARIOS DE HOSPITALIZACION ASISTENCIA CONSULTA Y LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS...

  • Código: 1500545
  • Código Nuevo: 15000545011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 192 del 07/10/2015

    ...laboratorios de análisis clínicos CORUÑA... ...asistencia hospitalaria CORUÑA... ...consulta hospitalaria CORUÑA... ...Convenio colectivo de Establecimientos hospitalarios de hospitalización, asistencia, consulta y laboratorios de análisis clínicos A CORUÑA... ...Visto o texto da acta da subscrita o día 29 de xuño de 2015 pola comisión mixta paritaria do convenio colectivo de establecementos sanitarios de ho... ...Salario base... ...Convenio colectivo... ...Convenio colectivo...

  • Código: 1500545
  • Código Nuevo: 15000545011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 125 del 06/07/2015

    ...Hospitalización CORUÑA... ...laboratorios de análisis clínicos CORUÑA... ...asistencia hospitalaria CORUÑA... ...consulta hospitalaria CORUÑA... ...Convenio colectivo de Establecimientos hospitalarios de hospitalización, asistencia, consulta y laboratorios de análisis clínicos A CORUÑA... ...A Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña RESOLVE: 1.º.-Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Col... ...Sindicatos... ...Comisión negociadora...

  • Código: 1500545
  • Código Nuevo: 15000545011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 47 del 08/03/2013

    Convenio Colectivo de Sector de ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS Coruña Resolucion de inscricion e publicacion do convenio colectivo de establecementos sanitarios de hospitalizacion, asistencia, consulta e laboratorios de analisis clinicos (codigo de convenio n.º 15000545011981) ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS Convenio Colectivo de Sector de ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS (15000545011981) de Coruña Visto o expediente do Convenio colectivo de ESTABLECIMIENTOS SANITARIOS DE HOSPITALIZACION ASISTENCIA CONSULTA Y LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS ...

  • Código: 1500545
  • Código Nuevo: 15000545011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 195 del 24/08/2007

    Convenio Colectivo de Sector de ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS Coruña Revision salarial do convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios de hospitalizacion, asistencia, consulta e laboratorios de analises clinicas da Coruña ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS Convenio Colectivo de Sector de ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS (15000545011981) de Coruña Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de ESTABLECEMENTOS SANITARIOS DE HOSPITALIZACIÓN, ASISTENCIA, CONSULTA E LA...

  • Código: 1500545
  • Código Nuevo: 15000545011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 234 del 11/10/2006

    Convenio Colectivo de Sector de ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS Coruña Convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios de hospitalizacion, asistencia, consulta e laboratorios de analises clinicas (codigo convenio 1500545), ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS Convenio Colectivo de Sector de ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS (15000545011981) de Coruña Visto o expediente do convenio colectivo do sector de ESTABLECEMENTOS SANITARIOS DE HOSPITALIZACIÓN, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANÁLESE...

  • Código: 1500545
  • Código Nuevo: 15000545011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 50 del 11/03/2004

    Convenio Colectivo de Sector de ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS Coruña Resolución do 10 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas. ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS Convenio Colectivo de Sector de ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS (15000545011981) de Coruña Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás represent...

  • Código: 1500545
  • Código Nuevo: 15000545011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 50 del 02/03/2004

    Convenio Colectivo de Sector de ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS Coruña Revision salarial do convenio colectivo de establecementos sanitarios de hospitalizacion, asistencia, consulta e laboratorios de analises clinicas ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS Convenio Colectivo de Sector de ESTABLECEMENTOS HOSPITALARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS (15000545011981) de Coruña Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e la...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo Resolucion de inscricion e publicacion do convenio colectivo de ESTABLECIMIENTOS SANITARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA Y LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS, 2019-2022 30/06/2020 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2019 Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo , Revision Resolucion pola que se inscribe no Rexistro e se da publicidade ao convenio colectivo do sector de Establecimientos sanitarios de hospitalizacion, asistencia, consulta y laboratorios de analisis clinicos da provincia da Coruña. Codigo de convenio n.º 15000545011981 27/07/2017 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2016 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo , Revision Resolucion de inscricion e publicacion do convenio colectivo de establecementos sanitarios de hospitalizacion, asistencia, consulta e laboratorios de analisis clinicos (codigo de convenio n.º 15000545011981) Convenio afectado por 08/03/2013 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2010 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios de hospitalizacion, asistencia, consulta e laboratorios de analises clinicas (codigo convenio 1500545) 13/03/2009 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2007 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Resolución do 5 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas. Convenio afectado por 11/12/2003 Diario Oficial de Galicia 01/01/2002 No Vigente
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios de hospitalizacion, asistencia, consulta e laboratorios de analises clinicas 25/11/2003 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2002 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 6 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de sanidade privada, establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas. 27/08/2001 Diario Oficial de Galicia 01/01/2000 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 21 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas da provincia da Coruña. 31/03/2000 Diario Oficial de Galicia 01/01/1999 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 18 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas da provincia da Coruña. 25/01/1999 Diario Oficial de Galicia 01/01/1998 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 13 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo provincial de establecementos sanitarios de hospitalización, asitencia, consulta e laboratorios de análises clínicas da Coruña. 27/02/1998 Diario Oficial de Galicia 01/01/1997 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 7 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas. 27/12/1996 Diario Oficial de Galicia 01/01/1996 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 23 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios. 25/03/1996 Diario Oficial de Galicia 01/01/1995 No Vigente
Resolucion de inscricion e publicacion do convenio colectivo de ESTABLECIMIENTOS SANITARIOS DE HOSPITALIZACION, ASISTENCIA, CONSULTA Y LABORATORIOS DE ANALISIS CLINICOS, 2019-2022 (Boletín Oficial de A Coruña núm. 97 de 30/06/2020)

Logo de constituirse a comisión negociadora do convenio colectivo de ESTABLECIMIENTOS SANITARIOS DE HOSPITALIZACIÓN, ASISTENCIA, CONSULTA Y LABORATORIOS DE ANÁLISIS CLÍNICOS, 2019-2022, (código de convenio número 15000545011981), subscríbese con data 05 de decembro de 2019 o texto do convenio colectivo polas partes lexitimadas, e solicítase a súa inscrición e publicación con data 23 de decembro de 2019.

O 19 de maio e o 17 de xuño de 2020 recíbese nova documentación en contestación aos requirimentos do 5 de marzo e 25 de maio de 2020.

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 deoutubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm 255,do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do12 de xuño de 2010), así coma na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60 de 26 de marzo de 2013).

Considerando que a xefatura territorial de economía, emprego e industria da Coruña é competente para resolver a inscrición do convenio colectivo de ESTABLECIMIENTOS SANITARIOS DE HOSPITALIZACIÓN, ASISTENCIA, CONSULTA Y LABORATORIOS DE ANÁLISIS CLÍNICOS, 2019-2022, e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería de economía, emprego e industria (DOG núm 18, de 25 de xaneiro de 2018).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. A inscrición do convenio colectivo de ESTABLECIMIENTOS SANITARIOS DE HOSPITALIZACIÓN, ASISTENCIA, CONSULTA Y LABORATORIOS DE ANÁLISIS CLÍNICOS, 2019-2022, no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A remisión do convenio colectivo de ESTABLECIMIENTOS SANITARIOS DE HOSPITALIZACIÓN, ASISTENCIA, CONSULTA Y LABORATORIOS DE ANÁLISIS CLÍNICOS, 2019-2022, ao Boletín Oficial da provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 23 de xuño de 2020

O xefe territorial de economía, emprego e industria

Isidoro Martínez Arca

Convenio Colectivo de Establecementos Sanitarios de Hospitalización, Asistencia, Consulta e Laboratorios de Análises Clínicas de A Coruña

Artigo 1. Ámbito de aplicación

Este convenio será de aplicación en toda a provincia da Coruña e establece as normas básicas e regula as condicións mínimas de traballo entre as empresas destinadas a establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas, coa excepción das institucións da Seguridade Social.

En todo o no regulado polo presente Convenio Colectivo aplicarase suplementariamente o Estatuto dos traballadores.

Artigo 2. Ámbito funcional

Este convenio provincial regula as condicións de traballo entre as empresas que desenvolven a súa actividade dentro do grupo de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas, coa excepción das institucións da Seguridade Social.

Artigo 3. Ámbito temporal

A duración deste convenio será de 4 anos, do 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de decembro de 2022, prorrogándose automaticamente por períodos anuais, a non ser que se produza denuncia escrita de calquera das partes dentro dos dous últimos meses de vixencia do convenio ou das súas prórrogas. En todo caso, unha vez rematada a súa vixencia, este manterá en vigor o seu contido normativo, ata que sexa substituído por un novo convenio colectivo.

_Os efectos do convenio entrarán en vigor dende a data da súa publicación no BOP, agás o artigo 4 relativo ao incremento salarial que ten carácter retroactivo, e respecto do artigo 22. b) dende o 1 de outubro do 2019.

Artigo 4. Revisión salarial

O incremento salarial, queda como sigue:

- Ano 2019.- 1,75%

- Ano 2020.- 2 %

- Ano 2021.- 2,25%

- Ano 2022.- 2,50%

Aplicándose para o 2019 a subida ao mes seguinte da publicación deste convenio no BOP, co correspondente pago de atrasos. No ano 2020 e seguintes o incremento farase efectivo dende o mes de xaneiro.

Establecese una cláusula de revisión para o suposto de que o IPC real estatal a 31 de decembro de cada uns dos anos pactados, rexistre un valor superior os incrementos pactados cada ano, ata o tope do 3%.

Naqueles casos en que o pagamento do salario establecido neste convenio e as bonificacións e complementos salariais acumulados polo traballador non cheguen ao SMI establecido pola lexislación vixente anualmente, complementarase ata o SMI nun concepto Plus SMI , non consolidable, que se regularizará antes do remate do ano natural. Para o ano 2019 garántese un salario mínimo para os traballadores a xornada completa de 12.600 € ao ano.(RD 1462/2018 de 21 decembro del 2018)

Artigo 5. Vinculación á totalidade

Este convenio constitúe un todo orgánico e as partes quedan vinculadas ao cumprimento na súa totalidade. Se no proceso de homologación a autoridade competente modifica algunha das cláusulas na súa actual redacción, a comisión negociadora deberase reunir para considerar se cómpre modificación, mantendo a vixencia do resto do articulado do convenio ou se, pola contra, a modificación de tal ou tales obriga a revisar as condicións recíprocas que as partes fixen.

Artigo 6. Garantía ad personam

Por seren condicións mínimas as outorgadas neste convenio, respectaranse ad personam as máis beneficiosas consideradas no seu conxunto e cómputo anual.

Artigo 7. Dereitos sindicais

As empresas recoñecerán a todos os sindicatos debidamente implantados, como elementos básicos e consubstanciais para afrontaren a través deles as necesarias relacións entre as persoas traballadoras e empresarios/as, sempre que aqueles teñan unha afiliación do 15 por cento.

a) As empresas respectarán o dereito de todos os/as traballadores e traballadoras a sindicárense libremente, admitirán que as/os traballadoras/es afiliadas/os a un sindicato poidan realizar xuntanzas, recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo e sen perturbar a actividade normal das empresas.

Non poderán suxeitar o emprego dun traballador ou dunha traballadora á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco despedir a un traballador ou a unha traballadora ou prexudicalos de calquera outra forma por mor da súa afiliación ou actividade sindical.

Os sindicatos poderán remitir información a todas aquelas empresas que dispoñan de suficiente afiliación, co fin de que esta se distribúa fóra das horas de traballo e sen que o exercicio de tal práctica poida interromper o proceso produtivo.

Todos os centros dispoñerán dun taboleiro sindical, no que os sindicatos debidamente implantados poderán inserir comunicacións, das que remitirán copia á dirección da empresa.

b) Cota sindical.-Por requirimento dos traballadores afiliados e das traballadoras afiliadas ás centrais sindicais ou sindicatos que posúan a representación previa referida no parágrafo anterior, as empresas descontaranlle na súa nómina mensual o importe da cota sindical correspondente. As persoas traballadoras interesadas en tal operación remitirán á dirección da empresa un escrito no que expresarán con claridade a orde do desconto, á central sindical ou sindicato ó que pertence, a contía da cota, así como o número de conta corrente á que se debe transferir esta cantidade. As empresas efectuarán as ditas detraccións, agás indicación en contra, durante períodos dun ano. A dirección da empresa entregaralle copia da transferencia á persoa representante do sindicato.

c) Negociación colectiva.-A os cargos de relevancia nacional das centrais implantadas nacionalmente e que participen nas comisións negociadoras dos convenios, mantendo a súa vinculación como persoas traballadoras en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos por estas, co fin de facilitarlles o labor como negociadores e durante o transcurso desta negociación, sempre que á empresa lle afecte a dita negociación.

d) Excedencias.-Poderá solicitar a situación de excedencia aquela persoa traballadora que posúa cargo sindical de relevancia provincial a nivel de secretario do sindicato respectivo e nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres estea no exercicio de dito cargo, reincorporándose á súa empresa se o solicitase no prazo dun mes, ó rematar o desempeño deste. En empresas cun cadro de persoal superior a 50 persoas traballadoras, as persoas afectadas polo remate da súa excedencia cubrirán a primeira vacante que, do seu grupo profesional, se produza no seu cadro de persoal de pertenza, agás pacto individual en contra.

e) Asembleas.-O número de asembleas de persoal que se poderán realizar nas condicións previstas que se establecen no artigo 78 do Estatuto dos Traballadores será de seis (6) ao ano, podendo distribuírse as datas da súa celebración na forma que aqueles consideren máis conveniente. O disposto no parágrafo anterior entenderase sen prexuízo do que establece o último parágrafo do devandito artigo 78.

Artigo 8. Comité de empresa

O comité de empresa é o órgano representativo e colexiado do conxunto dos traballadores e das traballadoras na empresa ou centro de traballo para a defensa dos seus intereses.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécenselles aos comités de empresa as seguintes funcións:

A) Seren informados pola dirección da empresa:

a) Trimestralmente sobre a evolución xeral do sector económico ao que pertence a empresa, sobre a evolución dos negocios e a situación da produción e vendas da entidade, sobre o seu programa de produción e evolución probable do emprego na empresa.

b) Anualmente, coñecerán e terán á súa disposición o balance, a conta de resultados, a memoria e no caso de que a empresa revista forma de sociedade por accións ou participación, cantos documentos se lles dean a coñecer ás persoas asociadas.

c) Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestruturacións e as reducións do cadro de persoal, e sobre os plans de formación profesional da empresa.

d) En función da materia de que se trate:

1) Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias.

Estudios de tempo, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

2) Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa, cando isto supoña calquera incidencia que afecte ó volume do emprego.

3) A empresa facilitaralle ó comité de empresa o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente utilice, estando lexitimado o comité para efectúa-las reclamacións oportunas, segundo a lexislación vixente, entre a empresa e, se é o caso, a autoridade laboral competente.

4) Sobre sancións impostas por faltas moi graves, e en especial, en supostos de despedimento.

5) No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, o movemento de ingresos, cesamentos e ascensos.

B) Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

a) Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto ós pactos, condicións ou usos da empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas entre a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

b) A calidade da docencia e da efectividade desta nos contratos de formación e capacitación da empresa.

c) As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

C) Colaborar, como regulamentariamente se determine, na xestión de obras sociais establecidas pola empresa, en beneficio das persoas traballadoras ou da súa familia.

D) Colaborar coa dirección da empresa para conseguilo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da produtividade na empresa.

E) Recoñécese ó comité de empresa capacidade procesual, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relacionado co ámbito das súas competencias.

F) As persoas que integran o comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán o sixilo profesional en todo o referente ás letras a) e c) do punto A) deste artigo, aínda despois de deixaren de pertencer ó comité de empresa e en especial en todas aquelas materias sobre as que a dirección da empresa sinale expresamente o carácter reservado.

G) O comité velará non só porque nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente ou pactada, senón tamén polos principios da non discriminación, igualdades de sexo e fomento dunha política racional de emprego.

Artigo 9. Garantías sindicais

a) Ningunha persoa que forme parte do comité de empresa ou que sexa delegado ou delegada de persoal poderá ser despedido ou despedida nin ser sancionado ou sancionada durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte ao seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou dimisión, e sempre que o despedimento ou a sancións e bases e na actuación da persoa no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outras causas, deberase tramitar expediente contraditorio, no que será oído, a parte da persoa interesada, o comité de empresa ou representantes delegados ou delegadas de persoal, ou delegados ou delegadas do sindicato ó que pertenza, no suposto de estar recoñecido como tal na empresa.

Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo, respecto dos demais traballadores e traballadoras, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

b) Non poderán ser discriminadas na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

c) Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturbalo normal desenvolvemento do proceso produtivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicándolle todo isto previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa norma legal vixente para tal efecto.

d) Dispoñerán dun crédito de horas mensuais retribuídas cada unha das persoas do comité ou delegados e delegadas de persoal en cada centro de traballo, para o exercicio das súas reunións de representación, de acordo coa seguinte escala:

TRABALLADORES/AS

HORAS

Ata 100 traballadores/as

15

De 101 a 250 traballadores/as

20

De 251 a 500 traballadores/as

30

De 501 a 750 traballadores/as

35

De 751 traballadores/as en adiante

40

Non se computará dentro do máximo legal de horas o exceso que sobre este mesmo se produza con motivo da designación de delegados/as de persoal ou persoas que formen parte do comité de empresa como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados/as e, polo que se refire á celebración de sesións oficiais, a través das cales transcorran tales negociacións, e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito de negociación referido.

e) Sen superar o máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas das que dispoñen os membros do comité de empresa ou persoas que son delegadas de persoal, co fin de prever a asistencia destas persoas a cursos de formación ou outras actividades.

f) O total de horas retribuídas dos membros do comité de empresa a que se refire a letra d) poderase acumular para seren gozadas por un ou varios dos seus compoñentes sen superar o máximo total, sempre que medie acordo ó respecto do comité, debidamente comunicado á dirección da empresa con oito días de antelación ó mes de que se trate, e non supoña alteración grave do réxime laboral desta.

Artigo 10. Clasificación profesional

O persoal a que se refire este convenio será clasificado nos grupos e subgrupos que figuran no anexo I, capitulo I sección primeira a deste convenio.

Tales grupos profesionais teñen carácter acumulativo e non implican a obriga de ter provistas todas elas se a necesidade ou volume do centro non o regulasen.

Cando a persoa traballadora realice funcións superiores ás do seu grupo profesional, por un período superior a seis meses durante un ano ou oito meses durante dous anos, pode reclamar o ascenso. Así mesmo, terá dereito á diferencia retributiva entre o seu grupo profesional e a función que efectivamente realice.

No prazo de seis meses as partes comprométense a constituír unha comisión mixta que adapte os capítulos II e III do anexo os grupos profesionais que figuran no capitulo I do citado anexo.

Artigo 11. Contrato de traballo

O contrato de traballo efectuarase por escrito.

Deberán constar por escrito os contratos efectuados para formación por tempo e para obra ou servizo determinado e os contratos a tempo parcial. De non se cumprir tal esixencia, consideraranse efectuados por tempo indefinido.

En todo caso, calquera das partes poderá esixir que o contrato se formalice por escrito, mesmo no transcurso da relación laboral.

O contrato eventuais por circunstancias da mercado, acumulacións de tarefas ou exceso de pedidos, poderá ter unha duración máxima de doce meses nun período de dezaoito meses.

O número de contrato eventuais por circunstancias da mercado, acumulacións de tarefas ou exceso de pedidos non poderá superar o 20% da contratación.

Artigo 12. Período de proba

Os ingresos que se acollan na empresa enténdense realizados a título de proba, a cal rexerase pola seguinte escala:

- Técnicos titulados: seis meses.

- Resto do persoal, agás non cualificados: un mes.

- Persoal non cualificado: 14 días laborais.

Ao persoal que supere o período de proba seralle recoñecida como data de antigüidade a de ingreso na empresa. En todo caso, o persoal en período de proba terá dereito á retribución e demais beneficios correspondentes a súa categoría.

Durante o período de proba, ámbalas dúas partes poderán rescindir o contrato sen previo aviso e sen que teña por isto dereito a reclamación ou indemnización algunha.

Artigo 13. Ascensos

Todo o persoal da empresa terá igualdade de condicións e dereito de preferencia a cubrir as vacantes existentes en calquera dos grupos profesionais destas.

Os ascensos efectuaranse coas condicións seguintes:

a) Titulación axeitada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Entrevista persoal.

d) Superar satisfactoriamente as probas que propoña a empresa, as cales se axeitaran ó posto de traballo que se vaia desempeñar.

Artigo 14. Licenzas

A persoa traballadora, logo de aviso previo e xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración polos motivos e tempos seguintes:

a) Quince días naturais por casamento.

b) Dous días por casamento de fillas ou fillos.

c) Un día por casamento de irmás, irmáns, cuñadas e cuñados.

d) Sete días en caso de falecemento: do cónxuxe, de fillos/as de calquera dos cónxuxes.

e) Seis días por nacemento ou adopción de fillo/a.

f) Seis días en caso de falecemento de pais, nais de calquera dos cónxuxes.

g) Un día por casamento de pais ou nais.

h) Dous días en caso de doenza grave ou intervención de familiares a que se refiren os puntos anteriores, que se poderán ampliar ata sete días cando por tal motivo a persoa traballadora precise facer un desprazamento para tal efecto.

i) Dous días por falecemento, accidente ou enfermidade grave ou hospitalización de parentes ata o 2.º grado de consanguinidade ou afinidade, ampliándose a catro cando a persoa traballadora necesite facer un desprazamento a tal efecto. Nos supostos nos que o falecemento sexa de irmáns, irmás, cuñados e cuñadas o permiso será de cinco días. No caso unicamente de falecemento de tíos, tías, sobriños, sobriñas e curmáns que vivan no mesmo domicilio dous días, se non un día.

j) Un día, ampliable a dous, por traslado de domicilio.

k) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo.

l) Polo tempo indispensable, debidamente xustificado, para someterse a exames en centros de ensino.

m) Tres días de libre disposición a o ano para todo o persoal, a gozar de común acordo coa dirección da empresa que non se poden acumular ás vacacións e quedando excluídos os períodos de máis actividade da empresa para o seu goce, debendo de solicitalo a lo menos 7 días naturais de antelación, salvo en caso de urxencia xustificada que poderá realizalo con 4 días de antelación.

Cando unha persoa traballadora solicite o goce dos días de libre disposición en forma e tempo establecido, de non ter resposta en 4 días naturais da empresa por escrito entenderase concedida a petición, salvo en casos de urxencia en que o prazo redúcese a dous días naturais.

Se por causas organizativas a empresa non puidera conceder o día de libre disposición solicitado, deberá de garantir que a persoa traballadora, en caso de estar interesado, poda desfrutar do mesmo dentro dos catro meses seguintes a solicitude efectuada.

n) Polo tempo indispensable para a realización de probas, tratamentos ou consultas médicas, debidamente acreditadas do propio traballador.

l) 16 horas anuais para acompañar os fillos/as menores de 18 anos e os país e nais que estean o seu cargo (enténdese que se da este suposto cando convivan coa persoa traballadora e teñan recoñecido un grado de dependencia por la Xunta de Galicia, circunstancia que deberá acreditar a persoa traballadora que queira gozar do dereito), para acompañalos na realización de probas, tratamentos ou consultas médicas, así como para asistir as titorías dos fillos/as debidamente acreditadas, necesitándose nestes casos solicitalo goce cun aviso previo mínimo de 48 horas.

Artigo 15 . Vacacións

Establecese un período de vacacións para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio, que comprenderá 30 días naturais retribuídos conforme á media obtida pola persoa traballadora, por tódolos conceptos, en xornada normal, nos tres meses anteriores á data de iniciación destas.

Os departamentos de persoal dos diferentes centros estudarán, sempre que as necesidades así o permitan, establecelo período de vacacións e de forma rotatoria entre os meses de xuño a setembro, ambos incluídos.

En todo caso, e con independencia do punto anterior, as vacacións colleranse preferentemente no período de maio a outubro e en quendas rotatorias por servizos.

Artigo 16. Excedencias

Por coidado de fillos e familiares

As persoas traballadoras terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo ou filla, tanto cando sexa por natureza, como por adopción ou acollemento persoal.

Este dereito concédese tamén para atender ao coidado dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade,que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída.

A persoa que exerza este dereito poderá renunciar ó mesmo e pedir o reingreso na empresa solicitándoo por escrito. A reincorporación farase efectiva dentro dos trinta días seguintes á súa solicitude de reincorporación.

O período no que a persoa permaneza en situación de excedencia por algún dos motivos expostos neste apartado terá dereito á conservación do cómputo de antigüidade e á reserva do seu posto de traballo.

Cando a excedencia sobrepase os dous anos deberá de acreditarse non ter traballado noutra empresa da competencia mediante un informe de vida laboral.

Forzosa

Este tipo de excedencia concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ao traballo, e dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia. Tamén poderán exercer este dereito aquelas persoas que posúa cargo sindical de relevancia provincial a nivel de secretario do sindicato respectivo o nacional en calquera das súas modalidades, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo, de acordo co indicado no apartado d), artigo 7.º deste convenio.

O reingreso na empresa, comunicarase con cinco días de antelación, e producirase en calquera caso dentro do mes seguinte ao cese no cargo.

Voluntaria

A persoa con polo menos unha antigüidade dun ano na empresa ten dereito a que se lle recoñeza, por motivos particulares, a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a catro meses e non maior a cinco anos. A petición da excedencia será resolta pola empresa no prazo máximo dun mes, a partir da data de presentación da solicitude.

Este dereito só poderá ser exercitado outra vez pola mesma persoa se transcorreron catro anos desde o remate da anterior excedencia.

Solicitando o reingreso en tempo hábil, se non existisen prazas vacantes da súa categoría, a persoa traballadora excedente poderá ocupar unha vacante de categoría inferior á que antes desempeñaba, respectándose as condicións laborais e correspondentes á nova categoría, e conservando o seu dereito preferente a ocupar a primeira vacante que se produza na categoría ordinaria.

Terán dereito tamén a unha licenza non retribuída, non inferior a un mes e non superior a catro, con dereito á reserva do posto de traballo cuxo goce poderá pospoñerse por necesidades do servizo e non coincidirá co período de vacacións. Agás no caso de hospitalización prolongada por accidente, enfermidade ou enfermidade grave que implique repouso domiciliario, acreditado por prescrición facultativa, do cónxuxe ou parentes de ata primeiro grao.

Será necesario acreditar o grao de parentesco e haberá que xustificar a denegación do permiso na data solicitada.

En todos os supostos recollidos no presente apartado facúltase á empresa para formalizar contrato de interinidade para cubrir o posto do traballador/a con reserva de posto de traballo.

Artigo 17. Protección á maternidade e lactación

Protección á maternidade

As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto (en centros públicos e privados), previo aviso ó empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo. Este permiso será extensible ó tempo necesario para asistir á realización de tratamentos de reprodución asistida.

O Cónxuxe ou parella de feito terá dereito a un permiso retribuído para acompañar á parella, no caso de realización de exames prenatais ou técnicas de preparación ó parto e tratamentos de reprodución asistida, sempre e cando estea xustificada a necesidade de realización dentro da xornada de traballo

Lactación

Este permiso constitúe un dereito individual das persoas traballadoras, homes e mulleres, pero só poderá ser exercido por un dos proxenitores nos caso que ambos traballen.

Por lactación dun fillo ou filla menor de 12 meses, a persoa terá dereito a unha hora de ausencia de traballo, que poderá dividir en dúas fraccións de media hora cada unha. Este dereito poderase substituír por unha redución da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xornada ou ben nunha hora ao inicio ou ao final da xornada. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos traballen. No caso de nacementos múltiples, cada fillo/a dará lugar a un novo dereito.

Igualmente, poderase substituír o tempo de lactación, a vontade da persoa traballadora, por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente, nun total de 19 días laborais despois do gozo do permiso de maternidade No caso de nacemento múltiple, cada fillo/a dará lugar a un novo dereito

Artigo 18. Salario base

O soldo base é o que consta para cada categoría profesional na táboa salarial anexa a este convenio.

Non existirá ningunha diferencia salarial en igual prestación de servizos por razón de xénero.

Artigo 19. Complemento persoal de antigüidade

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá, por este concepto, un cinco por cento do salario base por cada tres anos de servizo na empresa. A data inicial para o cómputo da antigüidade será a de ingreso na empresa.

O importe de cada trienio comezará a retribuírse dende o día 1 do mes seguinte o seu vencemento.

En caso de que as persoas traballadoras con contrato en prácticas ou de formación continuasen ó servizo da empresa ó remataren aquelas, computaráselle o tempo traballado en virtude de tales contratos para os efectos de antigüidade.

_Artigo 20.- Complemento de nocturnidade e festivos traballados

1. Complemento de traballo nocturno.-Este complemento consistirá no 25 por cento do salario base. Considerarase traballo nocturno o comprendido entre as 22.00 horas e as 6.00 do día seguinte. Se o tempo traballado dentro do período nocturno fose inferior a tres horas, aboarase exclusivamente sobre as horas traballadas.

2. Plus de festivos.-Abonarase a cantidade de 15€ (a maiores do salario base día), por cada festivo traballado.

3.- Plus día 24 decembro.- As persoas traballadoras que presten servizo nas quendas de tarde e noite do día 24 de decembro cobrarán o plus por importe de 15€

4.- Plus día 25 decembro.- As persoas traballadoras que presten servizo nas quendas de mañá e de tarde do día 25 de decembro cobrarán o plus por importe de 15€

5.-Plus día 31 decembro.- As persoas traballadoras que presten servizo nas quendas de tarde e noite do día 31 de decembro cobrarán o plus por importe de 15€

6.-Plus día 1 xaneiro.- As persoas traballadoras que presten servizo nas quendas de mañá e de tarde do 1 de xaneiro cobrarán o plus por importe de 15€

7.-Plus día 6 xaneiro.- As persoas traballadoras que presten servizo nas quendas de mañá e de tarde do día 6 de xaneiro cobrarán o plus por importe de 15€

Artigo 21. Complemento de especialidade, toxicidade, perigo e penosidad

Por mor da maior toxicidade, perigo e penosidad, establécese un complemento retributivo para todo o persoal que desempeñe traballos nalgunha das seguintes seccións ou departamentos: quirófanos, radioelectroloxía, radioterapia, medicina nuclear, citostáticos, laboratorio de análise, unidade de coidados intensivos, hemodiálise, anatomía patolóxica.

A contía do complemento será do 15 por cento do salario base.

Para ter dereito a percepción deste complemento será preciso que a dedicación do produtor ao posto de traballo teña carácter exclusivo ou preferente, e en forma habitual ou continuada. Considerarase como continuada a dedicación nas actividades penosas, tóxicas e perigosas nun horario superior a media xornada.

Cando o destino ó posto non teña carácter habitual e continuado, só se percibirá o complemento en razón dos días en que se desempeñen labores no dito posto e calquera que sexa o número de horas de dedicación a este durante a xornada.

Este complemento percibirase única e exclusivamente mentres a persoa desempeñe a praza ou posto cualificado, e non supoñerá a consolidación persoal do dereito cando a persoa que o veña percibindo sexa destinado a posto de traballo ou cualificado como de especialidade.

As empresas comprométense a adoptar as medidas oportunas para reducir no posible a toxicidade, perigo e penosidad no desempeño da prestación polas persoas traballadoras.

Artigo 22. Gratificacións extraordinarias

a) Unha paga extraordinaria polo 15 de xullo e outra de Nadal, sendo o importe da cada unha delas dunha mensualidade do salario base máis a antigüidade, que se fará efectiva nos días hábiles inmediatamente anteriores a estas datas.

b) Unha gratificación anual en concepto de premio de vinculación ou permanencia por importe dunha mensualidade do salario base máis antigüidade, que se cobrará durante o mes de outubro.

Artigo 23. Horas extraordinarias

A iniciativa do traballo en horas extraordinarias correspóndelle á empresa e a libre aceptación da persoa traballadora.

Terán a consideración de horas extraordinarias as que se realicen sobre a xornada laboral ordinaria. Aboaranse cun incremento do 75 por cento sobre o salario que correspondese a cada hora ordinaria.

Ámbalas dúas partes acordan a conveniencia de reduciren ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión.

b) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como de risco de perda de materiais e materias primas: realización.

c) Horas extraordinarias necesarias por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da actividade de que se trata: mantemento, sempre que non caiba utilización das distintas modalidades da contratación temporal ou parcial establecidas pola Lei

Artigo 24. Xornadas de traballo

A xornada de traballo para as empresas e persoas traballadoras afectadas por este convenio será de 40 horas semanais, computándose o tempo de descanso (bocadillo) de 15 minutos como traballo efectivo.

Como mínimo gózase dun fin de semana libre cada 4 semanas.

Establecerase a xornada continuada durante os meses de xullo, agosto e setembro para todas as persoas traballadoras afectadas por este convenio, coa excepción de que aquelas persoas que traballen en consultas e naqueles servizos que, por unhas especiais características e co actual cadro de persoal, non permitisen aquela implantación, caso no que estas persoas serán compensadas cun día libre en cada un dos devanditos meses con independencia do legalmente establecido.

No caso de non existir acordo entre as partes, as súas discrepancias someteranse ó ditame da comisión paritaria.

Correspóndelle á empresa a fixación dos horarios de acordo coas necesidades do servizo, debendo entregar o calendario laboral a representación legal das persoas traballadoras no primeiro mes de cada ano.

Flexibilización de xornada

O persoal con fillas ou fillos menores de 12 anos, ou con familiares con dependencia debidamente acreditada, terán dereito a solicitar a flexibilización da xornada de traballo, a distribución do horario deberá ser acordada entre a persoa que o solicita e o empresario.

Naqueles servizos nos que por causas organizativas non sexa posible flexibilizar o horario, a dirección comprométese a comunicar con carácter preferente unha vacante nun posto de traballo de similar categoría que si o permita ou favorecer a permuta entre distintos postos de traballo sempre que se cumpran uns requisitos preestablecidos e as dúas persoas estean de acordo.

Notificarase ao comité de empresa por parte da dirección os casos nos que se produzan estas flexibilizacións de xornada atendendo ós aspectos de confidencialidade que marca a Lei orgánica de protección de datos.

Redución de xornada

A persoa traballadora que, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de doce anos ou unha persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial acreditada, que non desempeñe actividade retributiva, terá dereito á unha redución da súa xornada de traballo, coa diminución proporcional do seu salario, entre un mínimo dun octavo e un máximo da metade da xornada habitual que viñera desenvolvendo durante o último ano.

Artigo 25. Voluntariedade de noites

O persoal maior de 55 anos con máis de 15 anos de antigüidade na empresa poderá solicitar por escrito perante o Departamento de Recursos Humanos a renuncia voluntaria á realización de quendas de noites. A dirección da empresa comprométese a comunicar por escrito, e con carácter preferente ás persoas interesadas en renunciar voluntariamente á realización de noites, calquera vacante ou praza de nova creación que se produza na empresa e que se adapte ás actitudes e aptitude da persoa que o solicita, e que teña como principal característica o feito de non ter que realizar quendas de noite.

Artigo 26. Saúde e seguridade no traballo

De conformidade co disposto na Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, así como nas lexislacións sucesivas que a complementan e desenvolven, os traballadores/as teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. O citado dereito supón a existencia dun correlativo deber das empresas na protección dos traballadores/as ao seu servizo fronte aos riscos laborais. Os dereitos de información, consulta e participación en materia preventiva, paralización da actividade en caso de riscos graves e inminentes e vixilancia do seu estado de saúde, nos termos previstos na citada Lei, forman parte do dereito dos traballadores/as a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.

En cumprimento do deber de protección, as empresas deberán garantir a seguridade e a saúde dos traballadores/as ao seu servizo en todos os aspectos relacionados co traballo. A estes efectos, no marco das súas responsabilidades, as empresas realizarán a prevención dos riscos laborais mediante Plan de Prevención de Riscos Laborais, avaliación dos riscos e planificación da actividade preventiva, así como implantando e implementando a adopción de cantas medidas sexan necesarias para a protección da seguridade e a saúde dos traballadores/as, como vén recollido nos termos establecidos en capítulos III, IV e V, da Lei 31/1995, 8 de novembro, de Prevención de riscos laborais e nas sucesivas normas que a desenvolven e complementan.

Igualmente, a empresa está obrigada a garantir unha formación teórica e práctica, suficiente e adecuada nesta materia, durante a xornada de traballo ou descontando o tempo investido nela (Art. 19 LPRL). Corresponde a cada traballador/a velar, segundo as súas posibilidades e mediante o cumprimento das medidas de prevención que en cada caso sexan adoptadas, pola súa propia seguridade e saúde no traballo e pola daqueloutras persoas ás que poida afectar a súa actividade profesional, por mor dos seus actos e omisións no traballo, de conformidade coa súa formación e as instrucións do empresario.

Prendas de traballo e uniforme

As empresas facilitaranlle a todo o persoal o vestiario que este precise (zocos, batas, medias, buzos, etc.), que será renovable cando se precise, pero non poderá superar un ano. De igual xeito, o persoal que realice traballos especiais será dotado de pezas especiais: luvas, batas, etc.

Sen prexuízo da debida atención e coidado da roupa a que se refire este artigo por parte de cada unha das persoas traballadoras, o lavado e pranchado desta realizarase na empresa e por conta desta.

Revisións médicas

Naqueles postos de traballo con especial risco de enfermidade (contaxios, infeccións, etc.) farase revisión médica, polo menos, semestralmente. Ó resto do persoal faráselle a dita revisión cando menos, unha vez ó ano. En caso de efectuar a revisión fóra das horas de traballo, o tempo empregado non será retribuído.

O recoñecemento aludido levarao a cabo un facultativo elixido pola persoa traballadora entre o persoal adscrito á empresa, co debido control por parte do comité de empresa.

O resultado de revisións médicas a que se refire este artigo farase constar nas oportunas fichas de cada persoa traballadora, debéndose remitir correspondente informe ao comité de empresa, a pedimento da persoa traballadora interesada.

Artigo 27. Premios de xubilación

Concederáselles un premio ás persoas que se xubilen antes dos 64 anos, de acordo coa seguinte táboa:

Xubilación ós 60 anos cumpridos: 3.606,07 € .

Xubilación ós 61 anos cumpridos: 3.005,06 € .

Xubilación ós 62 anos cumpridos: 2.404,05 € .

Xubilación ós 63 anos cumpridos: 1.803,04 € .

Artigo 28. Persoal con capacidade diminuída

Polo que atinxe ó persoal con capacidade física diminuída, non será este un motivo para que este persoal non poida optar a un posto de traballo axeitado ás funcións que poida desempeñar.

Artigo 29. Complemento de incapacidade transitoria

Nos supostos de baixa por I.T. as empresas aboarán ao traballador/traballadora, a partires do primeiro día de baixa, por esta continxencia, a diferencia entre a prestación económica con cargo á Seguridade Social e a Mutua de Accidentes de Traballo, co salario que o traballadora/traballadora teña recoñecido no momento do feito causante, ata o tope máximo de cotización.

Artigo 30. Violencia de xénero

A traballadora vítima de violencia de xénero que se vexa obrigada a abandonar o posto de traballo na localidade onde viña prestando os seus servizos, para facer efectiva a súa protección ao seu dereito á atención social integral, terá dereito a ocupar outro posto de traballo, do mesmo grupo profesional, que a empresa teña vacante en calquera outro dos seus centros de traballo. En tales supostos, a empresa estará obrigada a comunicar á persoa traballadora as vacantes existentes nese momento ou as que se poidan producir no futuro.

O traslado ou o cambio de centro de traballo terá unha duración inicial de seis meses, durante os cales a empresa terá a obriga de reservar o posto de traballo que anteriormente ocupaba a persoa traballadora. Terminado este período, a persoa traballadora poderá optar entre o regreso ao seu posto de traballo anterior ou a continuidade no novo. Neste último caso, decaerá a mencionada obriga de reserva.

A persoa traballadora vítima de violencia de xénero terá dereito, para facer efectiva a súa protección ao seu dereito á atención social integral, á redución da xornada de traballo con diminución proporcional do salario ou á reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou de outras formas de ordenación do tempo de traballo que se utilicen na empresa.

O contrato de traballo poderá suspenderse por decisión da persoa traballadora que se vexa obrigada a abandonar o seu posto de traballo como consecuencia de ser vítima de violencia de xénero. O período de suspensión terá unha duración inicial que non poderá exceder de seis meses, salvo que das actuacións de tutela xudicial resultase que a efectividade do dereito de 2 protección da vítima requirise a continuidade da suspensión. Neste caso, o órgano xudicial poderá prorrogar a suspensión por períodos de tres meses, cun máximo de dezaoito meses. Non se computarán como faltas de asistencia, aos efectos do previsto no artigo 52 d) do Estatuto dos Traballadores as ausencias motivadas pola situación física ou psicolóxica derivada da violencia de xénero As accións de formación poderán incluír accións positivas respecto ao acceso á formación das persoas traballadoras vítimas de violencia de xénero.

A traballadora que sofre violencia de xénero poderá exercer os dereitos de carácter laboral previstos se acredita tal situación ante a empresa mediante calquera das formas sinaladas no artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: certificación da orde de protección ou da medida cautelar, sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia de xénero, certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios, ou dos servizos de acollida da Administración pública ou autonómica ou local, informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, informe da inspección de traballo e da seguridade social, ou calquera outra que se estableza regulamentariamente. Ademais, a condición de vítima de violencia de xénero deberá ser coñecida de forma fehaciente pola dirección da empresa.

Artigo 31. Atencións sociais

A comisión paritaria do convenio estudará a posibilidade de integrar o persoal do sector en calquera economato laboral dos existentes ou de nova creación, ou cooperativa de consumo ou institución similar, tan axiña como sexa posible, así como das condicións da súa integración.

O anterior non afectará ao persoal que está integrado nalgún dos establecementos citados.

As empresas darán facilidades nas quendas a todas aquelas persoas traballadoras que estean realizando estudios.

Recoméndaselles a tódalas empresas o estudio para establecer un seguro de responsabilidade civil para todo o persoal afectado por este convenio.

Artigo 32. Permiso de formación

20 horas anuais destinadas a formación para cursos homologados oficialmente cuxo contido estea directamente relacionado coas funcións do seu posto de traballo.

Artigo 33. Comisión paritaria

Establecese a comisión mixta paritaria do convenio como órgano encargado da administración, interpretación, aplicación e vixilancia do cumprimento do convenio colectivo que permite ás partes asinantes do mesmo manter unha fluidez na comunicación e dar cumprida resposta aos conflitos que poidan xurdir na interpretación e aplicación dos artigos do convenio.

A comisión estará integrada polos seguintes membros:

- Tres vogais pola representación sindical asinante do convenio.

- Tres vogais pola representación empresarial asinante do convenio.

A comisión mixta paritaria axuntarase con carácter ordinario no primeiro trimestre do ano a partir da sinatura do convenio, e con carácter extraordinario a petición de calquera das partes.

Son funcións da comisión paritaria, entre outras as seguintes:

- A recepción de notificación dos acordos de inaplicación das condicións de traballo.

- A resolución, no prazo máximo de sete días, das discrepancias xurdidas na obtención destes acordos se así o solicita unha das partes.

- A resolución de calquera dúbida da interpretación, aplicación e vixilancia do cumprimento do convenio colectivo.

- A interpretación preceptiva e previa á tramitación xudicial ou extraxudicial de conflitos colectivos de interpretación.

- A comisión paritaria velará asemade polo cumprimento do convenio coa finalidade de garantir a competencia leal entre as empresas do sector.

A comisión paritaria terá o seguinte enderezo: [email protected]

Artigo 34. Solución extraxudicial de conflitos laborais

Ante a importancia que ten a resolución pacífica dos conflitos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as Centrais sindicais CIG, CCOO., e UGT, as partes asinantes deste convenio durante a súa vixencia acordan someterse para calquera tipo de interpretación do mencionado convenio ás fórmulas articuladas do AGA.

Artigo 35. Seguro de responsabilidade civil

As empresas contarán cun seguro de responsabilidade civil.

Artigo 36. Réxime disciplinario

Establécese un réxime disciplinario para todas as empresas que figura no anexo II deste convenio.

Artigo 37. Plans de igualdade e oportunidade e non discriminación

De acordo co establecido na Lei orgánica 3/2007 de 22 de marzo, para igualdade efectiva de mulleres e homes, xunto coas modificacións recollidas no Real Decreto-ley 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, as empresas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, adoptarán medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que negociarán e, no seu caso, acordarán, coa representación legal dos traballadores/as, na forma que se determine na lexislación laboral vixente.

Disposición Adicional

As partes asinantes deste convenio comprométense a facilitar a negociación dun convenio colectivo a nivel autonómico.

Anexo I. Clasificación profesional

Capítulo I

Sección 1ª.-Grupos Profesionais e Clasificación Funcional

As persoas traballadoras ás que este convenio se refire serán clasificadas nos grupos que se relacionan a continuación, en atención as funcións que efectúan:

As persoas traballadoras ás que este convenio se refire serán clasificadas nos grupos que se relacionan a continuación, en atención as funcións que efectúan:

GRUPO

PROFESIONAL

ÁREAS FUNCIONAIS

GRUPO I

Integrarán este grupo os seguintes postos de traballo de referencia, segundo áreas funcionais

SANITARIA

NON SANITARIA

Director/a médico/a

Director/a administrativo/a

Subdirector/a médico/a

Subdirector/a administrativo/a

Médico/a especialista.

Administrador/a

Grado en Medicina Xeral e Ciruxía/ Médico Adxunto

Médico/a residente ou interno

Farmacéutico/a

Odontólogo/a

Economista, Letrado/a

Psicólogo/a

Enxeñeiro/a, Arquitecto/a, Periodista

Veterinario/a

Xefaturas médicas

Xefaturas administrativas

Xefe/a de departamento

Xefe/a de sección

Xefe/a de servizo

Xefe/a de negociado

Xefe/a clínico

TITULACIÓN

Os Títulos de Licenciado/a, enxeñeiro/a, Arquitecto/a, Doutores/as, Master Universitarios e Graos Universitarios, habilitantes para o desempeño da profesión; Titulacións ou coñecementos adquiridos no desempeño da sua profesión equivalentes os anteriores.

GRUPO

PROFESIONAL

ÁREAS FUNCIONAIS

GRUPO II

Integrarán este grupo os seguintes postos de traballo de referencia, segundo áreas funcionais

SANITARIA

NON SANITARIA

Xefe/a de enfermería

Supervisor/a de enfermería

Enfermeiro/a

Traballador/a social

Enfermeiro/a especialista/ Matrón/a

Calquera outra Titulación adquirida para este grupo

Fisioterapeuta

Logopeda

Terapeuta ocupacional

Dietista e Nutricionista

Óptico / Optometrista

Calquera outra Titulación adquirida para este grupo

TITULACIÓN

Os Títulos Diplomados/as, Graos Universitarios habilitantes para o desempeño da profesión, Titulacións ou coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión equivalente ós anteriores.

GRUPO

PROFESIONAL

ÁREAS FUNCIONAIS

GRUPO III

Integrarán este grupo os seguintes postos de traballo de referencia, segundo áreas funcionais

SANITARIA

NON SANITARIA

Técnico/a Superior Especialista: **

Técnico/a Superior Especialista

Técnico/a Superior en Audioloxía Protésica

Técnico Superior en Integración Social

Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía

Técnico Superior en Administración e Finanzas

Técnico/a Superior en Asistencia a Dirección

Técnico/a Superior en Dietética

Técnico Superior en Secretariado

Técnico/a Superior en Documentación Sanitaria

Técnico/a de montaxe de instalacións

Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental

Técnico/a Superior en Mantemento

Técnico/a Superior en Radiodiagnóstico e Medicina nuclear

Técnico/a Superior en Administración de Sistemas Informáticos.

Técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico.

Técnico/a Superior en Prevención de Riscos

Técnico/a Superior en Educación Infantil

Técnico/a superior en Ortoprotésica /

Técnico/a en promoción, atención y formación a persoas xordas

Técnico/a Ortopédico/a

Técnico/a Superior en Próteses Dentais

Técnico/a Superior en Dirección de Cociña ou Xefe de Cociña

Técnico/a Superior en Radioterapia

Oficial administrativo

Xefe/a de Taller

TITULACIÓN

Formación Profesional de Técnico Superior ( Ciclo Superior de Formación Profesional ou equivalencia de Técnico Especialista de Formación Profesional II) e calquera outro título de grao superior de Formación Profesional declarado formalmente; Titulacións ou coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión equivalentes ós anteriores.

Deberanse respectar todos aqueles acordos verbais ou por escrito, entre os traballadores/as e a empresa, que supoñan melloras sobre o reflicto convenio

GRUPO

PROFESIONAL

ÁREAS FUNCIONAIS

Integrarán este grupo os seguintes postos de traballo de referencia, segundo áreas funcionais

GRUPO IV

SANITARIA

NON SANITARIA

Técnico Sanitario

Técnico No Sanitario

Técnico/a de Farmacia

Auxiliar Administrativo/a*

Auxiliar de Enfermería// TCAE: Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría

Operador Informático

Técnico/a en Atención Sociosanitaria

Puericultor/a

Informáticos

Electricista

Calefactor

Fontaneiro

Albanel

Pintor

Carpinteiro

Mecánico/a- Conductor/a

Cociñeiro/a

Xardineiro/a

Perruqueiro/a

Encargado/a, Xefe/a de Almacén

TITULACIÓN

- Formación Profesional de Técnico ou Técnico Auxiliar, Titulacións ou coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión equivalentes ós anteriores e calquera outro título de grao medio de Formación Profesional declarado formalmente.

*O personal Aux Administrativo con 5 anos de exercicio na categoría ascenderán a oficiais, e de non existir vacante continuarán como auxiliares, coa retribución de Oficial Administrativo

GRUPO

PROFESIONAL

ÁREAS FUNCIONAIS

Integrarán este grupo os seguintes postos de traballo de referencia, segundo áreas funcionais

GRUPO V

SANITARIA

NON SANITARIA

Técnico Sanitario

ADMINISTRACIÓN

Celador/a

Conserxe

Ordenanza

SERVICIÓN XERÁIS

Telefonista(más de 50 Tfnos.)

Telefonista(menos de 50 Tfnos.)

Pranchadora

Costureira

Camareira, Axte. Cocina

Limpadora

Pinche de cocina

Condutor/a

Axudante oficios mantemento (Grupo IV)

Peón

Porteiro

TITULACIÓN

Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou Certificado de escolaridade (ou equivalente ós anteriores), ou non Titulado.

Deberanse respectar todos aqueles acordos verbais ou por escrito, entre os traballadores/as e a empresa, que supoñan melloras sobre o reflectido no convenio

Os grupos profesionais especificados anteriormente teñen carácter enunciativo, e non implican a obrigación de ter provistas todas elas, se a necesidade e volume do centro non o require.

As definicións correspondentes ás distintos grupos profesionais son as que se reflicten no anexo deste convenio, o que forma parte integrante do mesmo.

Sección 2ª.-Clasificación do persoal en razón a permanencia no local de traballo

Pola súa permanencia no local de traballo, o persoal ocupado nos establecementos rexidos por este convenio clasifícanse nos seguintes grupos:

a) Persoal interno.-Cando nas súas condicións de traballo figure o dereito a manutención e aloxamento.

b) Persoal externo.-Sempre que non concorra ningunha das circunstancias anteriores.

c) Persoal semi-interno.-No caso de que figure nas súas condicións de traballo o dereito a manutención.

As empresas poderán transforma-lo persoal interno ou semi-interno ou externo cando por necesidades do servizo interese ás mesmas, e de común acordo coas persoas traballadoras afectadas, comunicándollo ás mesmas en forma con trinta días de antelación como mínimo. Estas persoas terán os mesmos dereitos que os que corresponden a situación laboral á que acceden.

Se os cambios en razón de permanencia non afectaran a totalidade das persoas traballadoras dunha empresa, e si, a un número determinado delas, gozarán de preferencia para escolle-las persoas traballadoras por rigorosa orde de antigüidade.

Sección 3ª.-Clasificación do persoal por razón da súa permanencia ao servizo da empresa

Segundo a súa permanencia ó servizo das empresas o persoal clasificarase da forma seguinte:

a) Persoal fixo.-É o que se precisa de modo permanente para realiza-lo traballo propio da actividade á que se dedica a empresa. Estará composto como mínimo dun número de persoas traballadoras igual ao que comprende o cadro de persoal da empresa.

b) Persoal eventual.-É o admitido polas empresas para realizar traballos deste carácter, considerándose de tal condición os traballos de carácter temporal e absolutamente extraordinarios que se presenten nas empresas por calquera motivo anormal, por prazo non superior a seis meses, transcorrido este prazo, se subsisten as necesidades temporais polas cales foi establecido o contrato eventual, este poderá prorrogarse por tres meses máis, e se o termo deste segundo período continuase prestando os seus servizos pasará á condición de fixo.

Non se poderá clasificar como persoal eventual máis que aquel que realice os traballos que merecen tal consideración de acordo co establecido neste apartado.

c) Persoal interino.-Son as persoas traballadoras que poden contratarse para substituílo persoal do cadro de persoal nos casos de excedencia, permisos, vacacións, incapacidade temporal para traballo, derivada de enfermidade ou accidente.

Reincorporada a persoa titular o seu posto de traballo, se a persoa traballadora interina continuase prestando os seus servizos, sen cubrir nova interinidade, pasará a formar parte do cadro de persoal da empresa, ocupando o último lugar na escala, entre as da súa categoría, e respectando sempre as normas establecidas para os ascensos.

As persoas traballadoras eventuais e interinas figurarán en relacións separadas e, salvo no caso de desfrutar doutras condicións máis beneficiosas, terán dereito á retribución asignada a súa categoría profesional, ás gratificacións extraordinarias establecidas neste convenio, devengándose estas percepcións polo tempo de prestación do servizo, na mesma forma que o persoal do cadro de persoal.

No prazo de tres meses, contados a partir da aprobación deste convenio, as empresas procederán á clasificación e definición do persoal dependente das mesmas, con arrego aos grupos e categorías que se establecen na sección primeira, debendo expoñerse no taboleiro de anuncios da empresa durante os quince días seguintes, ó obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas poidan formula-la oportuna reclamación. Cumprido o último prazo, a empresa remitirá a clasificación á Delegación Provincial de Traballo para o seu coñecemento. Dentro do cadro de persoal inicial e sucesivas poderanse amortizar as vacantes que se produzan, sen prexuízo da promoción do persoal existente por vía de ascenso.

Capítulo II. Ingresos e ascensos. Cadro de persoal e escalafóns. Cambios de postos de traballo, ceses e despedimentos

Sección 1ª.-Ingresos e ascensos

O ingreso das persoas traballadoras fixas axustarase ás normas legais xerais sobre colocación de persoas traballadoras e ás especiais para as persoas traballadoras de idade madura e eivadas, podendo as empresas someter ás persoas candidatas ás probas de ingreso que considere oportunas.

Entenderase que todo o persoal de novo ingreso quedará sometido, salvo pacto en contrario, a un período de proba, dunha duración máxima de seis meses para as persoas tituladas, tres para o persoal administrativo e de quince días para o resto.

Durante o período de proba, ambas partes poderán rescindilo contrato sen previo aviso e sen que teñan por elo dereito a reclamación ou indemnización algunha. Terminado dito prazo, o persoal pasará a figurar definitivamente no cadro de persoal da empresa ou cesará no seu servizo.

En todo caso, o persoal en período de proba terá dereito á retribución e demais beneficios correspondentes á súa categoría, computándose a súa duración a tódolos efectos.

Ascensos.-Todo o persoal da empresa terá, en igualdade de condicións, dereito preferente para cubri-las vacantes existentes en calquera dos grupos profesionais da mesma.

Os ascensos efectuaranse seguindo as normas que se expresan nos puntos seguintes.

Persoal titulado dos grupos A, B e C.-Os ascensos correspondentes a este persoal serán de libre decisión da empresa, entre o que posúa o título correspondente.

Para o persoal non titulado do grupo B establécense dúas quendas alternas; o primeiro, antigüidade, previa proba de aptitude, entre os da categoría inmediatamente inferior, e o segundo, por elección da empresa entre o persoal das dúas categorías inferiores inmediatas.

Grupo D.-Os administradores serán de libre designación da empresa con preferencia entre o persoal da mesma.

Para o resto do persoal comprendido no mesmo, dúas quendas alternas, o primeiro, de antigüidade, previa proba de aptitude, e o segundo, por elección da empresa entre as persoas traballadoras das dúas categorías inferiores inmediatas.

Os/as auxiliares con cinco anos de servizo na categoría ascenderán a oficiais, e de non existir vacante continuarán como auxiliares, coa retribución de oficial.

Os aspirantes con máis de dous anos de servizo no centro pasarán automaticamente a ocupar praza de Auxiliares.

Grupo E: subalternos.-O conserxe, por libre decisión da empresa, entre as persoas integrantes deste grupo profesional.

As prazas de ordenanza, porteiros/as e vixiantes proveranse preferentemente entre as persoas traballadoras da empresa que, por minusvalía, enfermidade ou idade avanzada, non poidan seguir desempeñando o seu oficio con rendemento normal.

Os botóns pasarán automaticamente a calquera das categorías profesionais que integran este grupo.

O persoal comprendido no grupo F, de Servizos Xerais, e o comprendido no grupo G), persoal de oficios varios, os ascensos serán de libre decisión da empresa para as categorías profesionais de Xefe de cociña e Xefe de taller con preferencia entre o persoal da mesma e para o resto do persoal establécense as quendas alternas; o primeiro, antigüidade previa proba de aptitude entre os de categoría inmediatamente inferior, e o segundo, por elección da empresa entre os de categoría inferior.

Sección 2ª.-Cadro de persoal e escalafons

Todas as empresas veñen obrigadas a confeccionar os cadros de persoal do seu persoal fixo, sinalado de acordo co que establezan os organismos sanitarios correspondentes, o número total de persoas traballadoras que comprende cada categoría profesional, coa separación e especificación por grupos e subgrupos, sen que poidan ser modificadas as que existan no momento de entrada en vigor deste convenio.

Os ditos cadros de persoal, unha vez confeccionados, serán remitidas a Delegación Provincial de Traballo, si se trata de empresas de ámbito provincial, ou á Dirección Xeral de Traballo, se son estatais, a efectos de coñecemento.

Dentro do cadro de persoal inicial e sucesivos, as empresas poderán amortizar as vacantes que se produzan, sen prexuízo da promoción das persoas traballadoras existente por vía de ascenso, comunicándollo a Delegación Provincial de Traballo.

O Cadro de persoal confeccionarase, como mínimo, cada dous anos, e non terá efecto algún contrario, a situación e dereitos adquiridos polas persoas traballadoras que formen parte da empresa.

Cada ano, dentro do primeiro trimestre, formularase polas empresas o escalafón de tódalas súas persoas traballadoras, clasificadas por grupos profesionais; dentro destes, por orde de categorías, e en elas, por orde de antigüidade. Dito escalafón estará exposto trinta días no taboleiro de anuncios da empresa, en dito prazo as persoas traballadoras poderán realiza-las reclamacións que crean oportunas ante a dirección, quen resolverá en prazo de sete días, e se existiran modificacións, exporanse en notas aparte, durante igual período de trinta días, por se hai reclamacións de persoas traballadoras a quen afecte a modificación. Contra as resolucións denegatorias das empresas, o persoal afectado poderá exercer as accións correspondentes ante a Xurisdición de Traballo.

Sección 3ª.-Cambios de postos de traballo; ceses e despidos

As persoas traballadoras pertencentes a mesma empresa, categoría, grupo e subgrupo poderán concerta-la permuta dos seus respectivos postos, a reserva do que aquela decida en cada caso, tendo en conta as necesidades do servizo, a aptitude de ambas persoas que permutan para o novo destino e outras circunstancias que sexan dignas de apreciar.

A empresa, en caso de necesidade, poderá destinar ás persoas traballadoras a realizar traballos de categoría superior, reintegrándose o seu antigo posto cando cese a causa que motivou o cambio.

Este cambio non poderá ser de duración superior a catro meses ininterrompidos, salvo os casos de enfermidade, accidente de traballo, licencias e excedencia especial, en tal caso, a situación prolongarase mentres subsistan as circunstancias que o motivaron.

Cando unha persoa traballadora realice traballo de categoría superior durante máis de catro meses, sen concorrer os supostos especiais a que se refire o parágrafo anterior, consolidará a categoría superior, sempre que exista turno de ascenso a esta de libre designación de empresa e salvo que para o desempeño da mesma se requirise a posesión de títulos ou coñecementos especiais debidamente acreditados por probas de suficiencia, en tales casos o cambio de traballo terá transcendencia exclusivamente económica. A praza ocupada por este sistema incidirá no citado turno de ascenso por libre designación da empresa.

A retribución destas persoas traballadoras, en tanto en canto desempeña traballos de categoría ou cualificación superior será a correspondente a mesma.

Por necesidade xustificada da empresa poderase destinar a unha persoa traballadora de categoría profesional inferior a que estea adscrito, conservando a retribución correspondente a súa categoría.

Salvo casos moi excepcionais, dos que se informará ó comité de empresa ou, no seu defecto, as/os delegadas/os de persoal, esta situación non poderá prolongarse por período superior a dous meses, co fin de non prexudicar a súa formación profesional.

Así mesmo evitarán as empresas reitera-la realización destes traballos de inferior categoría a unha mesma persoa traballadora.

Se o cambio de destino para o desempeño de traballos de categoría inferior tivera a súa orixe en petición da persoa traballadora, asignarase a esta a retribución que corresponda ó traballo efectivamente realizado.

As empresas acoplarán as persoas con capacidade diminuída que teña a súa orixe nalgunha enfermidade profesional, accidente de traballo ou desgaste físico natural, como consecuencia dunha dilatada vida ó servizo da empresa, destinándoa a traballos adecuados as súas condicións.

A retribución a percibir por estas persoas será a correspondente o seu novo posto de traballo.

As persoas traballadoras que desexen cesar voluntariamente no servizo da empresa viran obrigadas a poñelo no coñecemento da mesma, cumprindo os seguintes prazos de aviso previo.

Persoal do grupo técnico, dous meses; do grupo de empregados, un mes, e dos subalternos e obreiros, quince días.

O incumprimento por parte das persoas traballadoras da obriga de aviso previo coa indicada antelación dará dereito á empresa a descontar da liquidación da persoa o importe do salario dun día por cada día de atraso no aviso.

Tendo recibido o aviso con dita antelación, a empresa virá obrigada a liquidar o finalizar o prazo os conceptos fixos que poidan ser calculados en tal momento. O resto deles o fará no momento habitual de pago.

O incumprimento desta obriga imputable a empresa levará aparellado o dereito do traballador a ser indemnizado co importe do salario dun día por cada día de atraso na liquidación, co límite do número de días de aviso previo. Non existirá tal obriga e, por conseguinte, non nace este dereito se a persoa traballadora non aviso previamente coa antelación debida.

Capítulo III. Definición dos grupos profesionais

Grupo A.-Persoal directivo

1.1. Director médico.-Corresponde ó mesmo:

a) Organizar, impulsar, coordinar e controlar os servizos médico-cirúrxicos do establecemento, dando cumprimento ós acordos da entidade reitora ou do órgano correspondente.

b) Cumprimentar e velar polo cumprimento das instrucións relativas ás funcións asistenciais e hospitalarias.

c) Propoñer toda clase de acordos sobre os servizos asistenciais, acerca do que a entidade reitora ou o órgano correspondente teña que pronunciarse.

d) Velar polo cumprimento, nos servizos que lle están encomendados, das disposicións de carácter xeral, ditadas pola Administración Sanitaria do Estado e dos regulamentos internos, instrucións permanentes e ordes xerais polas que se rexa o establecemento e os seus servizos.

e) Asegura-lo mantemento da ética profesional no establecemento.

f) Dita-las instrucións permanentes que lle estean atribuídas regulamentariamente e as ordes xerais e particulares que fosen necesarias para o funcionamento dos servizos asistenciais, co asesoramento previo da Xunta facultativa, nos casos que así proceda.

g) Presidila xunta facultativa e comisións de carácter asistencial que existan no establecemento, sempre que por disposición de carácter xeral non correspondera a presidencia a outra persoa.

h) Realiza-los estudos e suxerilos asesoramentos necesarios para propoñer-la aprobación na forma regulamentaria dos módulos de hospitalización e de tratamento ambulatorio.

i) Requirir ós órganos que lle estean subordinados, cando o xulgue necesario, para a xestión dos servizos dependentes dos mesmos, coordinando a súa actividade.

l) Exerce-la xefatura do persoal sanitario do establecemento, intervindo en forma directa na súa vinculación o mesmo, e propoñer-lo nomeamento de dito persoal.

m) Exerce-la facultade disciplinaria respecto do persoal sanitario, na forma e medida determinadas regulamentariamente.

1.2. Director administrativo.-Corresponde ó mesmo:

a) Organizar, impulsar, coordinar e inspeccionar dunha forma inmediata os servizos administrativos e económicos do establecemento.

b) Exerce-las funcións como xefe da unidade dos Servizos Administrativos.

c) Asesorar tecnicamente á dirección en materias administrativas e económicas.

d) Prepara-lo plan económico anual do establecemento e o seu balance de resultado e organizar e dirixila contabilidade do centro.

e) Ser responsable ante a dirección dos servizos xerais de persoal, mantemento e conservación do almacén, contratación, rexistro e caixa.

f) Velar pola conservación e mantemento do edificio, dependencias e terreos do establecemento.

g) Coida-los establecementos do centro.

h) Proporcionar adecuada instalación o persoal do establecemento.

i) Ter ó día a información lexislativa que afecte ó establecemento e ó persoal, así como comunicar a este as instrucións permanentes e ordes xerais que estean en vigor.

l) Procura-la normalización e actualización das técnicas administrativas.

m) Ser secretario dos órganos económico-administrativos do establecemento.

n) Calquera outra función que sinale o regulamento de réxime interno do establecemento ou lle delegue o xerente en materia administrativa.

1.3. Subdirector médico.-É o que realiza as funcións por delegación do Director Médico, atribuídas ó mesmo, e asume o posto de Director nas súas ausencias.

1.4. Subdirector administrativo.-É o que realiza as funcións por delegación do Director Administrativo, atrib