Convenio Colectivo de Sector de ACTIVIDADE ARQUEOLOXICA (82001025011900) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Galicia

Última revisión
09/06/2015

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de ACTIVIDADE ARQUEOLOXICA (82001025011900) de Galicia

Sector Autonómico. Versión VIGENTE. Validez desde 09 de Diciembre de 2014 en adelante

Tiempo de lectura: 42 min

Tiempo de lectura: 42 min

RESOLUCION do 7 de maio de 2015, da Direccion Xeral de Traballo e Economia Social, pola que se dispon a inscricion no rexistro e a publicacion no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ambito autonomico de Galicia para a actividade arqueoloxica (anos 2015-2018). (Diario Oficial de Galicia num. 107 de 09/06/2015)

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para a actividade arqueolóxica (anos 2015-2018), que se subscribiu con data do 9 de decembro 2014, dunha parte a Asociación Empresarial Galega de Arqueoloxía (AEGA), e doutra a Federación de Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Centros de Chamadas da Confederación Intersindical Galega, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015

Carmen Bouso Montero

Directora xeral de Traballo e Economía Social

II Convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para a actividade

arqueolóxica (anos 2015-2018)

Artigo 1. Partes asinantes

Son partes asinantes deste convenio colectivo dunha parte a AEGA e doutra, a Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da Confederación lntersindical Galega (CIG), que se recoñecen mutuamente lexitimación para negociar este convenio.

Artigo 2. Ámbito funcional

Este convenio colectivo subscríbese ao abeiro do artigo 83.1 e 2 do Real decreto lexislativo 1/1995, texto refundido do Estatuto dos traballadores, en conexión coa súa disposición transitoria sexta, e é de obrigada observancia para todas as actividades propias do sector da arqueoloxía que aparecen especificadas no artigo 57 da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia. Con carácter supletorio e no aquí non previsto, aplicarase o Estatuto dos traballadores.

O ámbito funcional será o do sector da arqueoloxía en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 1.4 do Estatuto dos traballadores. Por este convenio están afectadas as empresas e traballadores/as do sector, en todos os seus diversos aspectos; así mesmo, aquelas empresas e centros de traballo que leven a cabo traballos de carácter auxiliar á arqueoloxía, ou subcontratados en empresas públicas ou privadas.

Afecta o persoal que actualmente presta servizos nas referidas empresas, así como aquel que ingrese no futuro, tanto nas empresas xa establecidas como nas que no futuro poidan establecerse.

Artigo 3. Ámbito territorial

Este convenio será de aplicación en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 1.4 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4. Ámbito persoal

1. A normativa deste convenio será de obrigada e xeral observancia para todas as empresas, entidades públicas e traballadores/as das actividades enumeradas no artigo 2 do presente convenio, con independencia do seu domicilio social.

2. Exclúese do ámbito deste convenio o persoal de alta dirección. Este persoal é de libre designación por parte da empresa. A súa relación laboral rexerase polo seu contrato de traballo e, se é o caso, pola normativa especial que lle resulte de aplicación.

As partes asinantes do presente convenio consideran como un obxectivo prioritario o mantemento do emprego e a creación de novos postos de traballo e comprométense a propiciar, dentro de marcos negociados, as medidas necesarias para a consecución do devandito obxectivo no conxunto das empresas do sector.

Artigo 5. Ámbito temporal

Este convenio estenderá a súa vixencia desde o momento do seu asinamento ata o 31 de decembro do ano 2018, aínda que as condicións económicas entrarán en vigor desde o momento da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Artigo 6. Procedemento para a revisión do convenio

A revisión do convenio poderaa solicitar por escrito calquera das partes asinantes, polo menos con tres meses de antelación ao remate da súa vixencia.

Denunciado o presente convenio colectivo e mentres non sexa substituído por outro novo convenio, manterá a súa ultractividade prorrogándose tacitamente de ano en ano, mentres non se chegue a un acordo entre as partes. Poderase denunciar, a partir do remate da vixencia do actual convenio, de ano en ano sempre que se denuncie cunha antelación de tres meses antes do remate do ano natural que corresponda.

De non existir denuncia, o convenio prorrogarase, por períodos anuais, revisándose os conceptos económicos co IPC real no momento en que se teña constancia del, sen prexuízo do exposto no artigo 21 .

Artigo 7. Condicións máis beneficiosas

Todas as melloras contidas neste convenio se establecen con carácter de mínimas.

Os pactos ou situacións actuais existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto das convidas serán respectadas.

Tamén serán respectadas as condicións máis beneficiosas que teñan recoñecidas os traballadores/as a título individual.

Artigo 8. Vinculación á totalidade

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

No suposto de que a autoridade do traballo ou a xurisdición competente, facendo uso das súas atribucións, anulen ou invaliden algún dos pactos contidos neste convenio, as partes negociadoras comprométense a reunirse dentro dos dez días seguintes ao da publicación da resolución correspondente, co obxecto de resolver o problema suscitado. Se no prazo de 45 días a partir do da publicación da resolución en cuestión, as partes asinantes non acadan un acordo, comprométense a tratalo cando se proceda á negociación dun novo convenio.

Artigo 9. Comisión mixta paritaria

Ambas as dúas partes acordan establecer unha comisión mixta de interpretación e seguimento do cumprimento deste convenio.

Esta comisión mixta estará integrada por tres representantes das organizacións sindicais e tres da organización empresarial asinante. A constitución da comisión mixta conformarase cunha marxe de 30 días despois da publicación oficial do convenio e terá consideración de permanente, ata a sinatura do seguinte convenio.

No acto da súa constitución, a comisión mixta, en sesión plenaria, escollerá un presidente/a e dous secretarios/as, un/unha por parte empresarial e outro/a por parte sindical. Estes/as últimos/as serán rotativos cada ano.

Así mesmo, a comisión poderá solicitar os servizos de asesores/as ocasionais ou permanentes en todas as materias que sexan da súa competencia, que serán libremente designados polas partes.

A comisión elaborará o seu propio regulamento de funcionamento.

A comisión que tomará os acordos, cando proceda, por maioría de dous membros de cada unha das representacións, deberase reunir, polo menos, unha vez ao ano.

A comisión terá as seguintes funcións:

1. A interpretación do convenio, así como o seguimento do seu cumprimento.

2. Entender, de forma previa e obrigatoria á vía administrativa e xurisdicional, en todos os conflitos colectivos que poidan ser interpostos polos que están lexitimados para iso, en relación coa aplicación e interpretación dos preceptos derivados deste convenio, sen que iso poida dar lugar a demoras que prexudiquen as accións das partes, de tal maneira que entre a entrada da solicitude de intervención e a pertinente resolución non haberá máis de quince días, xa que, superados estes, quedará expedita a vía correspondente polo simple transcurso deste prazo. As decisións que adopte a comisión neste tipo de conflitos terán a mesma eficacia normativa que teñen as cláusulas deste convenio.

3. Poderá elaborar un informe anual en relación co grao de cumprimento do convenio sobre as dificultades xurdidas na súa aplicación e interpretación, así como sobre aquelas cuestións que as partes presentes na comisión coiden convenientes para un mellor desenvolvemento e aplicación deste.

4. A elaboración de recomendacións ou criterios para a negociación colectiva con vistas a unha racionalización desta e a unha progresiva extensión da actividade negociadora.

5. De conformidade co artigo 92.2 do Estatuto dos traballadores, esta comisión será a encargada de emitir informe previo co fin de proceder á extensión do convenio colectivo.

6. Cantas outras funcións deriven do estipulado neste acordo.

O domicilio da comisión queda constituído para todos os efectos na sede da CIG.

Artigo 10. Adhesión ao AGA

Cando a comisión mixta paritaria non acade no seu seo un acordo na solución dos conflitos que se lle sometan en virtude do artigo anterior, as partes están obrigadas a recorrer aos mecanismos do Acordo interprofesional galego sobre solución extraxudicial de conflitos laborais (AGA), acordo e regulamento que as partes dan por ratificado.

Artigo 11. Clasificación profesional

A clasificación profesional do persoal consignada neste convenio colectivo non implica que as empresas deberán ter previstos todos os grupos profesionais se as necesidades e o volume destas non o requiren.

Artigo 12. Grupos profesionais

O persoal incluído no ámbito deste convenio colectivo estrutúrase sobre a base dos seguintes grupos e categorías profesionais:

Grupo

Categoría

I. Arqueólogo/a

Director/a

Técnico/a

Arqueólogo/a de empresa

II. Técnico/a especialista

Técnico/a especialista

III. Persoal de apoio

Auxiliar de arqueoloxía

IV. Persoal administrativo

Xefe administrativo/a

Oficial administrativo/a

Auxiliar administrativo/a

En calquera actividade arqueolóxica de campo o persoal do grupo I representará, cando menos, o 25 % do persoal dedicado a esa actividade, proporción mínima recollida na táboa adxunta do artigo 13 do presente convenio, de obrigado cumprimento.

Artigo 13. Definición dos grupos profesionais

Grupo I (arqueólogo/a): é aquel/a traballador/a coa titulación superior correspondente que o faculta para exercer como arqueólogo/a. Neste grupo distinguimos as seguintes categorías:

Director/a: é aquel/a traballador/a que pode realizar as funcións inherentes á dirección de intervencións arqueolóxicas de calquera clase e en calquera medio, incluíndo, entre outras, as funcións de redacción de proxectos, informes e memorias ou a coordinación dos/as técnicos/as ao seu cargo.

O/a director/a dunha intervención estará presente durante a realización dos traballos ao seu cargo, tal e como marca o Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, no seu capítulo III, artigo 9, no cal se especifica a necesidade de notificar á DXPC a substitución excepcional do/a director/a por parte dun/ha axudante de dirección, escollido entre os/as técnicos/as contratados/as.

Segundo o Decreto 199/1997, no seu capítulo III, artigo 9, é responsabilidade do/a arqueólogo/a director/a remitir á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a relación nominal do persoal técnico da intervención ao final dela, polo que se considerará prioritaria esta comunicación coa finalidade de que a Administración comprobe a validez e cualificación dos/as técnicos/as de cada intervención.

Técnico/a: é aquel traballador/a que, baixo a supervisión e control da categoría anterior ou da dirección da empresa, en atención á súa experiencia e coñecementos, desenvolve, as seguintes funcións:

- Apoio ao/á director/a nas tarefas de prospección ou seguimento arqueolóxicos.

- Realización dos diferentes procesos de rexistro inherentes ás intervencións arqueolóxicas (estratigrafía, materiais, mostras, fotografía, debuxo...).

- Organización e procesamento dos materiais e mostras arqueolóxicas.

- Procesos manuais de limpeza, definición e escavación dos estratos arqueolóxicos.

- Calquera outra tarefa que, dentro dos parámetros de definición recollidos pola categoría profesional, lle sexan encargados polas categorías superiores antes citadas ou pola dirección da empresa.

Arqueólogo de empresa: é aquel traballador contratado con carácter indefinido que, pola súa experiencia e coñecementos, pode realizar calquera tipo de actividade arqueolóxica, de campo e/ou gabinete, dentro da empresa.

Grupo II (técnico/a especialista): é aquel/a traballador/a que, sen ser arqueólogo/a e tendo a titulación e experiencia necesarias, é especialista en técnicas afíns á arqueoloxía e pode participar no rexistro, documentación e estudos arqueolóxicos interdisciplinarios.

Grupo III (persoal de apoio): é aquel/a traballador/a que, pola súa titulación básica, só pode realizar as tarefas vencelladas coa actividade da empresa que non requiran coñecementos de carácter técnico, nunha escavación, no laboratorio ou no almacén.

Neste grupo distinguiremos a seguinte categoría.

Auxiliar de arqueoloxía: é aquel traballador/a que, por mor da súa experiencia contrastada no sector da arqueoloxía, pero sempre baixo a supervisión dos/as técnicos/as e/ou do/a director/a, realiza as seguintes funcións nunha escavación arqueolóxica:

' Escavación de estratos arqueolóxicos.

' Apoio nas tarefas elementais de documentación topográfica (medicións e cotas).

' Limpeza e acondicionamento das superficies escavadas.

' Limpeza e conservación das ferramentas e dos equipos arqueolóxicos.

' Traslado de equipamentos e material.

' Calquera outra tarefa que non represente unha maior responsabilidade e que lle sexa encargada e supervisada polo persoal do grupo I.

Grupo IV (persoal administrativo): é aquel/a traballador/a que, pola súa titulación específica, só pode realizar as tarefas de carácter administrativo vencelladas coa actividade da empresa. Neste grupo distinguimos as seguintes categorías:

Xefe/a administrativo/a: é aquel/a traballador/a que, cumprindo os requisitos de formación ou experiencia exixibles, realiza as funcións que comportan a integración, coordinación e supervisión de tarefas homoxéneas de carácter administrativo, realizadas por un conxunto de colaboradores/as.

Oficial administrativo/a: é aquel/a traballador/a co título e preparación teórico-práctica suficiente que ocupa un posto de traballo que comprende a execución de todo tipo de tarefas administrativas complexas, establecer previsións de cobramentos e pagamentos, xestión de cobramento de débedas, control de caixa, facturación, e en xeral, todas aquelas tarefas que sexan propias da súa categoría, sen prexuízo doutras actividades como arquivamento, coordinación e supervisión das tarefas do persoal subalterno.

Auxiliar administrativo/a: é aquel/a traballador/a que, co título axeitado ou a preparación teórico-práctica necesaria, realiza tarefas administrativas mecanizadas ou burocráticas propias da súa categoría.

Así mesmo, a comisión paritaria homologará todas as categorías non previstas neste convenio.

Ademais, en calquera actividade arqueolóxica, o persoal do grupo I (director/a, técnicos/as e/ou arqueólogos/as de empresa) representarán, cando menos, a proporción mínima recollida na táboa adxunta, de obrigado cumprimento:

Total traballadores/as

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17-20

> de 20

Director/a (grupo I)

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

Técnico/a (grupo II)

1

1

1

1

2

2

2

2

2

3

3

3

4

4

Proporción

semellante

Auxiliar (grupo III)

2

3

4

5

5

6

7

8

9

9

10

11

11

12-15

Proporción

semellante

Artigo 14. Regulación da contratación

As partes asinantes do convenio constatan as dificultades especiais de acceso á estabilidade do emprego no sector, a consecuencia da oscilación do traballo derivada das condicións específicas da actividade, o que produce a utilización extensiva dos contratos temporais e, en especial, do de obra e servizo determinado.

Por tanto, e coa finalidade de favorecer unha maior estabilidade dos/as traballadores/as e facilitar a súa integración no mercado laboral, decídese crear un mecanismo denominado «bolsa de emprego no sector da arqueoloxía profesional».

Esta bolsa de emprego, de carácter informativo e non vinculante, estará conformada por unha base de datos, actualizada periodicamente, dos traballadores/as que desexen realizar a súa actividade no sector da arqueoloxía, especificando as categorías que, pola súa titulación ou experiencia acreditadas, poidan desenvolver.

A xestión, actualización e difusión desta bolsa de emprego correrá a cargo das organizacións sindicais interesadas.

Artigo 15. Contrato para o fomento da contratación indefinida

Co obxecto de facilitar o fomento da contratación indefinida, poderase empregar esta modalidade contractual nos supostos previstos na lexislación vixente.

Artigo 16. Contrato fixo descontinuo

Tal e como recoñece a normativa vixente, este contrato concertarase para realizar traballos que teñan o carácter de fixos descontinuos e non se repitan en datas certas, dentro do volume normal de actividade da empresa. Por tanto, a todo o persoal que no momento da sinatura deste convenio estiver nesta situación faráselle contrato fixo descontinuo, mantendo a antigüidade. En todo caso garantiráselle un mínimo de 3 meses de traballo ao ano. Avisarase cunha anticipación mínima de sete días.

Cando un/unha traballador/a con esta modalidade contractual sexa chamado/a por unha empresa, e estea traballando e, por tanto, non se poida incorporar ao traballo, non perderá a súa condición de fixo/a descontinuo/a. O mesmo sucederá no caso de estar en situación de baixa médica.

Artigo 17. Contrato de interinaxe

O persoal interino é o contratado para substituír o persoal da empresa durante as súas ausencias, como consecuencia de permisos, vacacións, incapacidade temporal, excedencia forzosa ou calquera outra causa que obrigue a empresa a reservar a praza do/a traballador/a ausente. Deberase especificar no contrato o nome do/a traballador/a substituído e a causa da substitución.

Artigo 18. Contrato de obra ou servizo

1. Segundo o previsto no artigo 15.1.a) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores/as este contrato ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinado e formalizarase sempre por escrito.

2. Con carácter xeral, o contrato é para unha única obra, con independencia da súa duración, e rematará cando finalicen os traballos da categoría do/a traballador/a na dita obra.

3. Malia o anterior, o persoal fixo de obra poderá prestar servizos a unha mesma empresa, e en distintos centros de traballo da mesma comunidade autónoma, sempre que exista acordo expreso entre ambas as dúas partes para cada un dos distintos centros sucesivos, durante un período máximo de tres anos consecutivos, agás que os traballos da súa especialidade na última obra se prolonguen alén do dito prazo.

4. O cesamento dos/as traballadores/as deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos/as contratados/as para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada. Este cesamento deberá comunicarse por escrito ao/á traballador/a cunha anticipación de 15 días naturais.

5. Os contratos que se realicen con arqueólogos/as directores/as das intervencións arqueolóxicas incluídos arqueólogos de empresa non rematarán co traballo de campo, senón que finalizarán obrigatoriamente no momento en que se entregue a preceptiva memoria arqueolóxica. Esta vinculación tamén se poderá realizar a través dun contrato específico para a elaboración da memoria, e nun período que, en ningún caso, superará os seis meses desde o remate da intervención de campo.

6. En todos os supostos regulados nos números anteriores, e segundo o previsto no artigo 49.1.c) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, establécese unha indemnización por cesamento do 2,5 %, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable, devindicados durante a vixencia do contrato.

Artigo 19. Tarxeta profesional

As partes asinantes consideran que un dos instrumentos básicos determinante para combater decisivamente a sinistralidade no sector é mellorar as condicións de seguridade e saúde e que todos os/as traballadores/as que prestan servizos nas escavacións teñan a formación necesaria e adecuada ao seu posto de traballo ou función en materia de prevención de riscos laborais, de forma que coñezan os riscos e as medidas para previlos.

Ademais, e tendo en conta a presenza dos/as traballadores/as sen experiencia nun sector tan específico como a arqueoloxía, a formación e información dirixida a este persoal será a adecuada e necesaria ás súas características. En consecuencia, as partes asinantes consideran necesario que unha comisión do convenio, designada polos negociadores, desenvolva, no prazo de 3 a 6 meses, os proxectos e accións formativas necesarias para o desenvolvemento dun sistema de prevención de riscos laborais no sector.

Como forma de acreditar a formación específica recibida polos/as traballadores/as en materia de prevención de riscos laborais, acórdase implantar, tras as conclusións que emanen da comisión designada para o efecto, unha cartilla ou carné profesional que será único para toda Galicia e terá validez no conxunto do sector; como forma de acreditar a formación dos/as traballadores/as; a denominada «tarxeta profesional do sector da arqueoloxía» (TPSA).

Artigo 20. Profesionais autónomos e subcontratación

Co fin de evitar a utilización xeneralizada ou abusiva de profesionais autónomos para eludir as obrigas pactadas neste convenio, as empresas non poderán contratar con aqueles/as a prestación de servizos independentes por baixo dos custos laborais que derivarían da contratación dun/unha traballador/a por conta allea da mesma categoría e nas mesmas condicións laborais.

En calquera caso, queda totalmente prohibida a contratación de profesionais autónomos para cubrir os postos de traballo do grupo III e do grupo I agás a figura de director ou directora.

Artigo 21. O salario

1. Estrutura do salario, na cal habería que distinguir os seguintes conceptos:

- Salario base: entenderase por tal o que figura por cada categoría na táboa salarial do artigo 21.2.

- Pagas extras: os/as traballadores/as afectados por este convenio terán dereito exclusivamente a dúas pagas extraordinarias ao ano, que se aboarán antes do día 15 do mes de xullo e antes do 20 de decembro respectivamente.

A contía das pagas extraordinarias será, para cada categoría, o importe que figura na táboa salarial do artigo 21.2. O persoal que ingrese ou cese no transcurso de cada semestre natural devindicará a paga en proporción ao tempo de permanencia na empresa durante o mesmo período.

Vacacións: o persoal afectado por este convenio, sexa cal for a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito a dispor dun período de vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais de duración. En calquera caso, o seu goce iniciarase en día laborable. A contía da retribución das vacacións é a que figura na táboa salarial do artigo 21.2.

As vacacións poderanse desfrutar en calquera momento do ano, sometidas á organización e necesidades de cada empresa.

- Complemento de asistencia: aboarase a todos/as os/as traballadores/as na contía sinalada na táboa salarial do artigo 21.2 e devindicarase por día efectivo de traballo sempre que o traballador/a preste servizo efectivo, polo menos, durante catro horas.

- Complemento de transporte: co fin de compensar os gastos que repercuten nos/as traballadores/as para acudir aos seus postos de traballo, tendo en conta a mobilidade destes, que constitúe unha característica deste sector, aboarase un complemento extrasalarial, calculado por día efectivo de traballo, que se determina na táboa do artigo 21.2.

Complemento de dirección para arqueólogo/a de empresa: co fin de compensar a maior responsabilidade na dirección de equipos de traballo numerosos, establécese un complemento de 300,00 €/mes para o/a arqueólogo/a de empresa, en traballos con equipos de máis de 20 traballadores/as. Este complemento é aplicable só durante o traballo de campo e calcularase por día efectivo de traballo.

2. Táboa salarial:

Para as categorías profesionais sinaladas no artigo 13, a táboa salarial, para o ano 2015, quedaría como se representa na táboa adxunta:

Grupo

Categoría

Salario

base

Compl. asis.

Compl. transp.

Plus. direc.

PP.EE.

Vacae.

Salario br.

mes

I

Director/a

1.420,93 €

182,36 €

325,65 €

267,21 €

133,60 €

2.329,75 €

I

Técnico/a

943,31 €

182,36 €

325,65 €

187,62 €

93,81 €

1.732,75 €

I

Arqueólogo/a de empresa

857,55 €

182,36 €

108,54 €

300,00 €

186,71 €

93,36 €

1.508,85 €

II

Técnico/a especialista

937,88 €

182,36 €

217,09€

187,62 €

93,81 €

1.618,76€

III

Auxiliar de arqueoloxía

753,34 €

182,36 €

271,37 €

155,95 €

77,98 €

1.441,00 €

IV

Xefe/a administrativo/a

801,16 €

182,36 €

108,55 €

163,94 €

81,94 €

1.337,95 €

IV

Oficial administrativo/a

770,70 €

182,36 €

108,55 €

158,92 €

79,49 €

1.300,02 €

IV

Auxiliar administrativo/a

707,76 €

182,36 €

108,55 €

148,35 €

74,18 €

1.221,20 €

Co fin de renovar o poder adquisitivo do persoal afecto por este convenio acórdase que a táboa salarial para os anos seguintes ao de entrada en vigor deste acordo, e mentres non sexa renovado, será o que resulte de aplicar aos salarios do ano anterior o IPC real, con efectos do 1 de xaneiro de cada ano.

Durante o ano 2015 e 2016, producirase unha conxelación salarial no tocante á suba do IPC. Esta suba será discutida pola comisión paritaria no tocante ao ano 2017 e 2018.

Artigo 22. Pagamento de haberes

1. Todas as percepcións, agás as de vencemento superior ao mes, aboaranse mensualmente por períodos vencidos e dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ao da súa devindicación.

2. As empresas quedan obrigadas, agás acordo específico co traballador/a, a pagar as retribucións mediante transferencia bancaria, para o cal o traballador/a deberá achegar os datos necesarios.

3. O/a traballador/a deberá facilitar á empresa, ao tempo do seu ingreso ou incorporación a esta, o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ao respecto.

Artigo 23. Horas extraordinarias

As partes asinantes deste convenio aceptan reducir ao mínimo imprescindible a realización de horas extras, sendo a intención das partes a supresión total destas. No caso de térense que realizar, a súa normativa será a seguinte:

a) As horas extraordinarias, en todo caso, pola súa natureza, serán voluntarias de acordo coas disposicións vixentes, agás as que veñan motivadas por causas de forza maior.

b) Tanto as horas extraordinarias compensadas con descanso como as efectuadas para previr ou reparar danos imprevistos e urxentes non se terán en conta para o cómputo do número máximo de horas extras autorizadas legalmente.

c) O importe da hora extraordinaria terá un incremento dun 75 % sobre a hora ordinaria.

d) As empresas, sempre que non se perturbe o normal proceso produtivo, poderán compensar a retribución das horas extraordinarias por tempos de descanso na proporción de unha hora e corenta e cinco minutos por hora traballada.

Artigo 24. Gastos de desprazamento, manutención e aloxamento

No caso dos/as traballadores/as indefinidos, o pagamento derivado destes gastos realizarase mediante a presentación por parte do/a traballador/a das facturas oficiais destes.

Artigo 25. Complemento de IT

1. Nos casos de incapacidade transitoria derivada de accidente de traballo acontecido dentro do horario laboral, as empresas aboarán un complemento que, sumado ás prestacións regulamentarias, garanta o 100 % do salario base e o complemento de asistencia fixados na táboa de retribucións deste convenio e durante un período máximo de seis meses, agás que finalice antes do contrato de traballo ou a obra.

2. No caso de enfermidade común, así como de incapacidade temporal derivada de enfermidade común, as empresas aboarán un complemento que, sumado ás prestacións regulamentarias, garanta o 100 % do salario base e o complemento de asistencia fixados na táboa de retribucións deste convenio durante un período máximo dun mes.

Artigo 26. Seguridade e saúde no traballo arqueolóxico

As partes asinantes do presente convenio son conscientes da importancia que ten preservar a vida humana e o dereito á integridade física de todos/as os/as que interveñen neste sector, e por iso se extremará a vixilancia no cumprimento das normas establecidas.

1. As prospeccións arqueolóxicas son unha actividade que entraña un risco importante derivado das características do territorio galego, polo que os equipos de prospección serán dun mínimo de dous arqueólogos.

Do mesmo xeito, nos controis e seguimentos de obras de grande entidade e lineais (estradas, liñas férreas, gasodutos, oleodutos, parques eólicos, liñas eléctricas e calquera outra en que se empregue maquinaria pesada), os equipos de traballo comporanse de polo menos dous arqueólogos cando os traballos arqueolóxicos impliquen que o persoal teña que estar ao pé da obra durante o desenvolvemento dos traballos arqueolóxicos de campo.

2. A empresa queda obrigada a facilitar a todos os traballadores/as, desde o momento da súa contratación, a roupa de traballo e o equipamento exixido pola lexislación vixente.

Artigo 27. Xornada

1. A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

2. A xornada laboral diaria poderá ser continuada ou partida e estenderase de luns a venres, cos descansos entre xornada e semanal correspondentes.

3. Na xornada continuada de seis ou mais horas, establécese un período de descanso diario de trinta minutos, que terá a consideración de traballo efectivo. Na xornada partida os traballadores/as terán dereito a un período de descanso de 15 minutos, que non terá a consideración de tempo de traballo.

4. A xornada dos venres será continuada de mañá desde o mes de maio ata o mes de outubro e finalizará o máis tardar ás 15.00 horas. Os directores/as dos controis e seguimentos arqueolóxicos poderán prestar aos seus servizos os venres pola tarde sempre que exista actividade de obra que necesite a súa presenza.

Artigo 28. Calendario laboral

Os traballadores/as afectados por este convenio colectivo disporán dos seguintes días festivos:

- Festividades estatais.

- Festividades galegas.

- Festividades locais (referentes ao domicilio social da empresa).

- Así mesmo, por convenio, establécense como festivos o 24 e o 31 de decembro.

No caso de que, por acordo entre empresa e traballadores/as, se decida traballar en día festivo, este compensarase por outro en xornada distinta, como máximo dentro do trimestre seguinte e, preferentemente, a continuación dun descanso semanal.

Polo que respecta ao traballo en días festivos, só se prevé nos casos estipulados pola lexislación vixente. Neste caso, as horas traballadas terán a consideración de horas extraordinarias.

Artigo 29. Permisos retribuídos

Os/as traballadores/as afectados por este convenio, logo de aviso á empresa e posterior xustificación, poderanse ausentar ou faltar ao traballo con dereito a seguir mantendo a súa remuneración como se prestasen servizo por algún dos motivos e durante os períodos seguintes:

a) Por matrimonio ou unión de feito: 15 días.

b) En caso de morte do/a cónxuxe, pais/nais ou filios/as: 3 días se o feito acontece na mesma provincia e 5 días se acontece fóra dela. O permiso será tamén de tres días e de cinco días, respectivamente, en caso de falecemento de avós/as, pais/nais políticos, netos/as, irmás e irmáns políticos.

c) En caso de operación de familiares descritos na letra b: 2 días respectivamente en caso de accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario de parentes ata segundo grado de consanguinidade ou afinidade. No caso de que fose necesario desprazamento o permiso sería de 4 días.

d) Por nacemento de fillo/a: 3 días naturais e, en caso de desprazamento fóra da provincia, 5 días naturais.

e) Por cambio de domicilio habitual: 1 día.

f) Pola consulta ao médico/a especialista: o/a traballador/a presentará á empresa o correspondente volante do médico/a de cabeceira que propoña a visita ao/á médico/a especialista e, posteriormente, o/a traballador/a deberá xustificar documentalmente o tempo utilizado; na segunda e posteriores visitas ao/á especialista, co xustificante daquel/a será suficiente.

g) 2 días nos casos de accidente, enfermidade grave ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou 5 se necesita un desprazamento fóra da provincia.

h) Aos/ás traballadores/as que desempeñen cargo de representación sindical concederáselles o permiso horario que legal ou convencionalmente estea establecido.

i) As traballadoras ou os traballadores, por lactación do seu/súa fillo/a menor de nove meses, teñen dereito a un permiso de dúas horas de ausencia ao traballo que poderán dividir en dúas fraccións. Este dereito poderase substituír por unha redución da xornada correspondente a dúas horas ao inicio ou ao final da xornada. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos os dous traballen. No caso de nacementos múltiples, cada fillo/a dará lugar a un novo dereito.

j) As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do seu traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación do parto, logo de aviso á empresa e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

k) Quen, por razón de garda legal, teña ao seu cargo directo algún menor de 12 anos ou un/unha diminuído/a físico ou psíquico ou sensorial que non realice ningunha actividade retribuída, terá dereito a unha redución da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario ou retribución, polo menos, dun terzo e, como máximo, da metade da duración daquela. Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo/a e que non desempeñe actividade retribuída.

A concreción horaria e a determinación do período de goce do permiso de lactación e da redución de xornada previstos nos anteriores puntos deste artigo corresponderán ao traballador/a, dentro da súa xornada horaria. O/a traballador/a deberá avisar previamente ao/á empresario/a con quince días de anticipación da data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

l) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

m) Os traballadores/as indefinidos/as disporán dun día de libre disposición que poderán solicitar en calquera momento, aínda que deberán comunicalo a empresa con 7 días de anticipación.

Terá a mesma consideración que o matrimonio a parella de feito estable, legalmente acreditada, con relación aos permisos aquí descritos.

Se a lexislación vixente establece o dereito para as/os traballadoras/es á licenza ou permisos para a conciliación da vida familiar, os permisos retribuídos establecidos neste artigo sumaranse aos establecidos na lexislación de carácter xeral.

Artigo 30. Excedencias

En materia de excedencia, tanto voluntaria como forzosa, observarase a lexislación vixente. Aos/ás traballadores/as fixos que soliciten excedencia voluntaria seralles reservado o seu posto de traballo durante o primeiro ano, estando obrigada a empresa a reincorporalos/as ao posto, sempre que o traballador/a o solicite cun prazo non inferior a 30 días á data de reincorporación.

Artigo 31. Extinción do contrato de traballo

As causas, formas, procedementos e efectos tanto das suspensións como das extincións colectivas de contrato de traballo son as establecidas na lexislación vixente ou por acordo entre os/as traballadores/as e a dirección da empresa.

No referente á extinción individual do contrato de traballo por vontade do traballador/a, establécese que quen desexe cesar voluntariamente no servizo á empresa estará obrigado a poñelo en coñecemento dela, por escrito, con 15 días de anticipación, sempre que o contrato de traballo teña unha duración superior a un ano.

O incumprimento por parte do traballador/a desta obriga de avisar previamente coa suficiente anticipación dará dereito a que se lle desconte da liquidación final o importe do salario real dun día por cada día de demora no aviso previo, máis o seu equivalente en partes proporcionais.

De cumprir o/a traballador/a o aviso previo estipulado, se a empresa non lle entrega ou aboa a pertinente liquidación final por todo o último día de traballo e iso non se debe ao rexeitamento inxustificado dela por parte do traballador/a, este terá dereito a que se lle aplique o importe da liquidación final, a partir do mencionado día, do xuro por mora que legalmente estea establecido.

En caso de extinción do contrato de traballo por expiración do prazo contraído, a empresa estará obrigada en contratos de modalidade temporal, de duración superior a doce meses consecutivos, a avisar previamente ao/á traballador/a desta decisión, polo menos con quince días naturais de anticipación. De non cumprir este aviso previo, ou facelo de forma parcial, coa liquidación final aboaráselle ao/á traballador/a o importe dun día de salario por cada día de prazo incompleto co máximo de quince días de salario.

O contrato nunca poderá ser extinguido por causas alleas aos asinantes deste convenio, especialmente por motivos meteorolóxicos.

Artigo 32. Xubilación

Os/as traballadores/as interesados na xubilación parcial poderán concertar de común acordo coa empresa o pertinente contrato de substitución, de conformidade co previsto na lexislación vixente e o artigo 15.2 do Estatuto dos traballadores.

Igualmente, de conformidade co Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, aqueles/as traballadores/as con sesenta e catro anos cumpridos que desexen acollerse á xubilación co 100 % dos seus dereitos, de mutuo acordo coa empresa, serán substituídos por outros/as traballadores/as perceptores de prestacións por desemprego ou mozo/a demandante de primeira ocupación, mediante contrato de igual natureza ao que se extinga coa xubilación.

Igualdade de xénero e oportunidades.

Artigo 33. Protección da maternidade

A avaliación dos riscos a que se refire o artigo 16 da presente lei deberá comprender a determinación da natureza, o grao e a duración da exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente a axentes, procedementos ou condicións de traballo que poidan influír negativamente na saúde das traballadoras ou do feto, en calquera actividade susceptible de presentar un risco específico. Se os resultados da avaliación revelaren un risco para a seguridade e a saúde ou unha posible repercusión sobre o embarazo ou a lactación das citadas traballadoras, o empresario adoptará as medidas necesarias para evitar a exposición ao devandito risco, a través dunha adaptación das condicións ou do tempo de traballo da traballadora afectada. As devanditas medidas incluirán, cando resulte necesario, non realizar de traballo nocturno ou traballo a quendas.

Cando a adaptación das condicións ou do tempo de traballo non resulte posible ou, a pesar de tal adaptación, as condicións dun posto de traballo puideren influír negativamente na saúde da traballadora embarazada ou do feto, e así o certifiquen os servizos médicos do Instituto Nacional da Seguridade Social ou das mutuas, en función da entidade con que a empresa teña concertada a cobertura dos riscos profesionais, co informe do médico do Servizo Nacional de Saúde que asista facultativamente a traballadora, esta deberá desempeñar un posto de traballo ou función diferente e compatible co seu estado. O empresario deberá determinar, logo de consulta cos representantes dos traballadores, a relación dos postos de traballo exentos de riscos para estes efectos.

O cambio de posto ou función levarase a cabo de conformidade coas regras e criterios que se apliquen nos supostos de mobilidade funcional e terá efectos ata o momento en que o estado de saúde da traballadora permita a súa reincorporación ao anterior posto.

No caso de que, aínda aplicando as regras sinaladas no parágrafo anterior, non exista posto de traballo ou función compatible, a traballadora poderá ser destinada a un posto non correspondente ao seu grupo ou categoría equivalente, aínda que conservará o dereito ao conxunto de retribucións do seu posto de orixe.

Se o devandito cambio de posto non resultar técnica ou obxectivamente posible, ou non puider razoablemente esixirse por motivos xustificados, poderá declararse o paso da traballadora afectada á situación de suspensión do contrato por risco durante o embarazo, establecida no artigo 45.1.d) do Estatuto dos traballadores (RCL 1995, 997), durante o período necesario para a xornada.

Artigo 34. Faltas e sancións. Criterios xerais

A empresa poderá sancionar, como falta laboral, as accións ou omisións dos/as traballadores/as que se produzan con ocasión ou como consecuencia da relación laboral e que supoñan unha infracción ou incumprimento contractual dos seus deberes laborais, de acordo coa tipificación e graduación das faltas establecidas neste capítulo ou noutras normas laborais ou sociais.

' Clases de faltas.

As faltas cometidas polos/as traballadores/as ao servizo das empresas do sector clasificaranse atendendo á súa importancia e, se é o caso, á súa reincidencia, en leves, graves, e moi graves, de conformidade co que se dispón nas alíneas seguintes:

' Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

a) Ata tres faltas de puntualidade nun mes, sen motivo xustificado.

b) A falta de comunicación, con corenta e oito horas como mínimo de anticipación, de calquera falta de asistencia ao traballo por causas xustificadas, a non ser que se acredite a imposibilidade de facelo.

c) O abandono do centro ou do posto de traballo, sen causa ou motivo xustificado, aínda por breve tempo, sempre que o devandito abandono non sexa prexudicial para o desenvolvemento da actividade da empresa ou causa de danos ou accidentes aos seus/súas compañeiros/as de traballo, caso en que poderá ser considerada como grave ou moi grave.

d) Faltar ao traballo un día ao mes, sen causa xustificada.

e) A falta de atención e dilixencia debidas no desenvolvemento do traballo encomendado, a condición de que non cause prexuízo de consideración á empresa ou aos seus/súas compañeiros/as de traballo, suposto no cal poderá ser considerada como grave ou moi grave.

f) Pequenos descoidos na conservación do material.

g) Non comunicar á empresa calquera variación da súa situación que teña incidencia no laboral, como o cambio da súa residencia habitual.

h) A falta ocasional de aseo ou limpeza persoal, cando iso ocasione reclamacións ou queixas dos seus compañeiros/as ou xefes/as.

i) As faltas de respecto, de escasa consideración, aos seus/súas compañeiros/as, e mesmo, a terceiras persoas alleas á empresa ou centro de actividade, sempre que iso se produza con motivo ou ocasión do traballo.

j) Permanecer en zonas ou lugares distintos daqueles en que realice o seu traballo habitual, sen causa que o xustifique, ou sen estar autorizado/a para iso.

k) Atoparse no local de traballo, sen autorización, fóra da xornada laboral.

l) A inobservancia das normas en materia de prevención de riscos laborais que non entrañen risco grave para o/a traballador/a, nin para os seus/súas compañeiros/as ou terceiras persoas.

m) As discusións sobre asuntos estraños ao traballo durante a xornada laboral. Se tales discusións produciren graves escándalos ou alborotos, poderán ser consideradas como faltas graves ou moi graves.

n) Distraer os seus/súas compañeiros/as durante o tempo de traballo e prolongar as ausencias breves e xustificadas por tempo superior ao necesario.

ñ) Usar medios telefónicos, telemáticos, informáticos, mecánicos ou electrónicos da empresa para asuntos particulares sen a debida autorización.

' Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as seguintes:

a) Máis de tres faltas de puntualidade nun mes ou ata tres cando o atraso sexa superior a 15 minutos, en cada unha delas, durante o devandito período, sen causa xustificada.

b) Faltar dous días ao traballo durante un mes, sen causa que o xustifique.

c) Non prestar a dilixencia ou a atención debidas no traballo encomendado, que poida supor risco ou prexuízo de certa consideración para o/a propio/a traballador/a, os/as seus/súas compañeiros/as, a empresa ou terceiros.

d) A simulación de supostos de incapacidade temporal ou accidente.

e) O incumprimento das ordes ou a inobservancia das normas, en materia de prevención de riscos laborais, cando isto supoña risco grave para o/a traballador/a, os/as seus/súas compañeiros/as ou terceiros, así como negarse ao uso dos medios de seguridade facilitados pola empresa.

f) A desobediencia aos superiores en calquera materia de traballo, sempre que a orde non implique condición vexatoria para o/a traballador/a ou entrañe risco para a vida ou saúde, tanto del/a como doutros/as traballadores/as.

g) Calquera alteración ou falsificación de datos persoais ou laborais relativos ao/á propio/a traballador/a ou aos/ás seus/súas compañeiros/as.

h) A neglixencia ou imprudencia graves no desenvolvemento da actividade encomendada.

i) Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares no centro de traballo, así como utilizar para usos propios ferramentas da empresa, tanto dentro como fóra dos locais de traballo, a non ser que se conte coa oportuna autorización.

j) A diminución voluntaria e ocasional no rendemento de traballo.

k) Proporcionar datos reservados ou información do traballo ou centro de traballo ou da empresa, ou de persoas desta, sen a debida autorización para iso.

l) A ocultación de calquera feito ou falta que o/a traballador/a presenciase e que podería causar prexuízo grave de calquera índole para a empresa, para os/as seus/súas compañeiros/as de traballo ou para terceiros.

m) Non advertir inmediatamente os/as seus/súas xefes/as, o/a empresario/a ou á quen o represente, de calquera anomalía, avaría ou accidente que observe nas instalacións, maquinaria ou locais.

n) Introducir ou facilitar o acceso ao centro de traballo a persoas non autorizadas.

ñ) A neglixencia grave na conservación ou na limpeza de materiais e máquinas que o traballador/a teña ao seu cargo.

o) A reincidencia en calquera falta leve, dentro do mesmo trimestre, cando medie sanción por escrito da empresa.

p) Consumo de bebidas alcohólicas ou de calquera substancia estupefaciente que repercuta negativamente no traballo.

' Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as seguintes:

a) Máis de dez faltas de puntualidade non xustificadas, cometidas no período de tres meses ou de vinte, durante seis meses.

b) Faltar ao traballo máis de dous días ao mes, sen causa ou motivo que o xustifique.

c) A fraude, a deslealdade ou o abuso de confianza no traballo, xestión ou actividade encomendados, o furto e o roubo, tanto aos/ás seus/súas compañeiros/as como á empresa ou a calquera persoa que estea no centro de traballo ou fóra deste durante o desenvolvemento da súa actividade laboral.

d) Facer desaparecer, inutilizar, esnaquizar ou causar danos en calquera material, ferramentas, máquinas, instalacións, edificios, aparellos, trebellos, documentos, libros ou vehículos da empresa ou do centro de traballo.

e) A embriaguez habitual ou a toxicomanía se repercuten negativamente no traballo.

f) A revelación de calquera información de reserva obrigada.

g) A competencia desleal.

h) Os malos tratos de palabra ou obra ou faltas graves de respecto, consideración aos superiores, compañeiros/as ou subordinados/as.

i) O incumprimento ou inobservancia das normas de prevención de riscos laborais, cando sexan causantes de accidente laboral grave, prexuízos graves aos/ás seus/súas compañeiros/as ou a terceiros ou danos graves á empresa.

j) O abuso de autoridade por parte de quen a exerza.

k) A diminución voluntaria e reiterada ou continuada, no rendemento normal do traballo.

l) A desobediencia continuada ou persistente.

m) Os actos desenvolvidos no centro de traballo ou fóra del, con motivo ou ocasión do traballo encomendado que poidan ser constitutivos de delito.

n) A emisión maliciosa, ou por neglixencia inescusable, de noticias ou información falsa referente á empresa ou centro de traballo.

ñ) O abandono do posto ou do traballo sen xustificación, especialmente en postos de mando ou responsabilidade, ou cando iso ocasione evidente prexuízo para a empresa ou poida chegar a ser causa de accidente para o/a traballador/a, os/as seus/súas compañeiros/as ou terceiros, introducir ou facilitar o acceso ao centro de traballo a persoas non autorizadas, e a neglixencia grave na conservación ou na limpeza de materiais e máquinas que o traballador/a teña ao seu cargo.

o) A imprudencia ou neglixencia no desempeño do traballo encomendado, ou cando a forma de realizalo implique risco de accidente ou perigo grave de avaría para as instalacións ou maquinaria da empresa.

p) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, dentro do mesmo semestre, que sexa obxecto de sanción por escrito.

q) O acoso sexual, laboral por razón de sexo.

' Sancións e aplicación.

1. As sancións que as empresas poden aplicar, segundo a gravidade e circunstancias das faltas cometidas, serán as seguintes:

a) Faltas leves:

- Amoestación verbal.

- Amoestación por escrito.

b) Faltas graves:

- Suspensión de emprego e soldo de un a quince días.

c) Faltas moi graves:

- Suspensión de emprego e soldo de dezaseis a noventa días.

- Despedimento.

2. Para a aplicación e graduación das sancións que anteceden no punto 1, terase en conta:

a) O maior ou menor grao de responsabilidade do/a que comete a falta.

b) A categoría profesional deste/a.

c) A repercusión do feito nos demais traballadores/as e na empresa.

3. Previamente á imposición de sancións por faltas graves ou moi graves aos/ás traballadores/as que posúan a condición de representante legal ou sindical, seralles instruído expediente contraditorio por parte da empresa, no cal serán oídos, a parte da persoa interesada, os restantes membros da representación a que este/a pertencese, se os houber.

A obriga de instruír o expediente contraditorio aludido anteriormente esténdese ata o ano seguinte ao cesamento no cargo representativo.

4. Naqueles supostos en que a empresa pretenda impor unha sanción a aqueles traballadores/as de que teña constancia que están afiliados/as a un sindicato, deberá, con carácter previo á imposición de tal medida, dar audiencia aos delegados/as sindicais, se os/as houber.

Artigo 35. Voluntariado dentro da actividade profesional de arqueoloxía

As actividades arqueolóxicas -descritas no capítulo 1, artigo 1 do Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 6 de agosto)- en que existan partidas orzamentarias dedicadas ao persoal, non poderán empregar persoal voluntario para facer calquera tipo de labor descrito no artigo 13 do presente convenio, con excepción do persoal procedente de convenios coas universidades e non suxeito a relación laboral.

' Outros efectos das sancións.

As empresas anotarán nos expedientes laborais dos seus traballadores/as as sancións que por falta grave ou moi grave se lles impoñan, consignando tamén a reincidencia nas faltas leves.

Disposición adicional primeira

Segundo o Regulamento de eleccións a órganos de representación dos/as traballadores/as na empresa, establécese unha antigüidade mínima na empresa de tres meses para concorrer como candidato/a a eleccións sindicais (Real decreto 1844/1994, do 9 de setembro).

Disposición adicional segunda

As partes asinantes deste convenio coinciden na necesaria sensibilización das empresas e dos traballadores/as en materia de seguridade e saúde, lembrándolles ás primeiras a súa obriga ineludible de prestar a protección adecuada e eficaz aos traballadores/as e a estes/as, a súa dilixencia e colaboración, como primeiros destinatarios/as en cantas medidas preserven a súa saúde e integridade física.

A complexidade inherente a esta materia aconsella que as empresas pequenas e medianas, sen suficiente estrutura para iso, concerten con empresas especializadas a necesaria avaliación inicial de riscos e as súas posibles revisións e o asesoramento adecuado para o seguimento laboral.