Convenio Colectivo de Sector de ENSINO PRIVADO CONCERTADO de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Galicia

Revision. Convenio Colectivo de Sector de ENSINO PRIVADO CONCERTADO de Galicia

Sector Autonómico. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2008 en adelante

Tiempo de lectura: 9 min

Convenio afectado por
Documento oficial en PDF(Páginas 11-18)

Resolucion do 15 de maio de 2008 pola que se ordena a publicacion do Acordo do 24 de abril de 2008, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se autoriza o asinamento do acordo entre a Conselleria de Educacion e Ordenacion Universitaria, as organizacions patronais e as organizacions sindicais da ensinanza privada concertada da Comunidade Autonoma de Galicia, sobre condicions laborais para os anos 2008, 2009 e 2010, e a calidade do ensino. (Diario Oficial de Galicia num. 104 de 30/05/2008)

Preambulo

O artigo 117, número 4, da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que se posibilitará a equiparación gradual da remuneración do persoal docente do ensino privado concertado coa do profesorado público das respectivas etapas.

Así mesmo, o artigo 13.1º a) do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, incide nesta cuestión, dispoñendo que as cantidades correspondentes a salarios do persoal docente dos centros privados concertados tenderán a facer posible gradualmente que as remuneracións sexan análogas á do profesorado estatal dos respectivos niveis de ensino obxecto do concerto.

Neste sentido, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais da ensinanza privada concertada consideran oportuno dar pasos para camiñar cara á citada equiparación.

Por outro lado, o artigo 117, número 7, da citada lei recolle a posibilidade de establecer medidas para os centros privados concertados que escolaricen alumnado con necesidades específicas de apoio educativo en proporción maior á establecida con carácter xeral ou para a zona en que se localicen, polo que, coa finalidade de mellorar a calidade do ensino recóllense medidas neste sentido.

Por todo iso, a Xunta de Galicia, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, na súa reunión do día 24 de abril de 2008,

ACORDOU:

Primeiro.-Autorizar a sinatura do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as organizacións patronais e as organizacións sindicais da ensinanza privada concertada da Comunidade Autónoma de Galicia, sobre condicións laborais para os anos 2008, 2009 e 2010, e a calidade do ensino, segundo o anexo I a esta resolución.

A eficacia do acordo desde setembro de 2009 ata decembro de 2010 queda supeditada á aprobación dos concertos educativos para o período 2009-2013.

Segundo.-Aprobar o importe do módulo económico por unidade escolar, para efectos de distribución da contía global dos fondos públicos destinados ao sostemento dos centros concertados para o ano 2008, en aplicación do previsto no artigo 49.catro da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, segundo o anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

Primeiro

Autorizar a sinatura do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as organizacións patronais e as organizacións sindicais da ensinanza privada concertada da Comunidade Autónoma de Galicia, sobre condicións laborais para os anos 2008, 2009 e 2010, e a calidade do ensino, segundo o anexo I a esta resolución.

A eficacia do acordo desde setembro de 2009 ata decembro de 2010 queda supeditada á aprobación dos concertos educativos para o período 2009-2013.

Segundo

Aprobar o importe do módulo económico por unidade escolar, para efectos de distribución da contía global dos fondos públicos destinados ao sostemento dos centros concertados para o ano 2008, en aplicación do previsto no artigo 49.catro da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, segundo o anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

Anexo I

Acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as organizacións patronais e as organizacións sindicais da ensinanza privada concertada da Comunidade Autónoma de Galicia, sobre condicións laborais para os anos 2008, 2009 e 2010, e a calidade do ensino

Reunidas as partes mencionadas ás 14 horas do día 14 de maio de 2008 na Consellería de Educación, en Santiago de Compostela, e tras unha serie de reunións previas, deciden subscribir o presente acordo.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu artigo 117, número 4 establece que se posibilitará a equiparación gradual da remuneración do persoal docente do ensino privado concertado coa do profesorado público das respectivas etapas. Neste senso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais da ensinanza privada concertada consideran oportuno dar pasos para camiñar cara á citada equiparación.

Por outra banda, o citado artigo no seu apartado 7 establece a posibilidade de establecer medidas para os centros privados concertados que escolaricen alumnos con necesidade específica de apoio educativo en proporción maior á establecida con carácter xeral ou para a zona en que se localicen. Por este motivo, establécense no presente acordo medidas relacionadas coas unidades de educación especial e con centros que escolaricen alumnos con necesidades educativas especiais, que supoñan unha mellora na calidade do ensino destes alumnos e alumnas.

Tendo en conta o anterior, este acordo conta coas seguintes

CLÁUSULAS

 
Primeira

O presente acordo será de aplicación ao profesorado en pagamento delegado e aos centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia a partir das datas sinaladas en cada caso e ata decembro de 2010.

Segunda

Acórdase proceder por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao pagamento dos atrasos do ano 2006, derivados do incremento do módulo estatal por enriba do previsto pola Comunidade Autónoma galega para ese ano.

Terceira

Con carácter xeral, as nóminas do profesorado en pagamento delegado experimentarán os seguintes incrementos nos anos 2008, 2009 e 2010: por unha parte, a subida que marquen os orzamentos do Estado nos módulos correspondentes, por outra parte, un incremento interanual do 2% no Complemento Retributivo da Comunidade Autónoma (CRCA) e ademais os incrementos de 60 € brutos mensuais (14 pagas) no ano 2008, de 45 € brutos mensuais no ano 2009 e de outros 45 € brutos mensuais no ano 2010 para todo o profesorado en pagamento delegado e xornada completa. Este último incremento será reducido proporcionalmente no caso de que o profesorado implicado non complete horario de traballo en pagamento delegado.

En todo caso, o CRCA do profesorado licenciado do primeiro ciclo da ESO será axustado de xeito que o salario deste profesorado non supere o do profesorado licenciado do segundo ciclo da ESO. Para este fin constituirase unha comisión de seguimento deste acordo que determinará o CRCA do profesorado licenciado do primeiro ciclo da ESO.

Cuarta

As ratios máximas profesor/unidade serán, coa vixencia indicada en cada caso, as seguintes:

-Educación infantil: tramitarase no primeiro trimestre do ano 2008 unha ratio de 1,04 que será efectiva trala aprobación polo Consello da Xunta de Galicia e publicación no DOG e sen carácter retroactivo. A partir do 1 de setembro de 2008 a ratio para este nivel educativo será de 1,08. As novas ratios supoñen un incremento de 0,04 e 0,08 puntos respectivamente.

-Educación primaria: tramitarase no primeiro trimestre do ano 2008 unha ratio de 1,40 para centros de ata 6 unidades de primaria (incluídos os de 6) que será efectiva tras a aprobación polo Consello da Xunta de Galicia e publicación no DOG e sen carácter retroactivo. Mantense a ratio de 1,36 para o resto de centros. A nova ratio supón un incremento de 0,04 puntos para os centros citados.

-Educación secundaria: a nova ratio será de 1,56 para centros de ata 4 unidades de ESO (incluídos os de 4) a partir do 1 de setembro de 2008. Mantense a ratio de 1,52 para o resto de centros. A nova ratio supón un incremento de 0,04 puntos para os centros citados.

-Educación especial: tramitarase no primeiro trimestre do ano 2008 unha ratio de 1,08 que será efectiva trala aprobación polo Consello da Xunta e publicación no DOG e sen carácter retroactivo. A partir do 1 de setembro de 2008 a ratio para este nivel educativo será de 1,12. As novas ratios supoñen un incremento de 0,08 e 0,12 puntos respectivamente.

Ademais iguálase o complemento do módulo de persoal complementario de autistas ou alumnado con problemas graves de personalidade ao de plurideficientes.

A modificación das ratios indicadas está supeditada a que por parte da patronal se tomen as medidas oportunas para que, dentro da xornada do persoal docente, as actividades lectivas do profesorado se reduzan a un máximo de 24 horas lectivas semanais nas etapas de educación infantil, educación especial e educación primaria (incluíndo os profesores que presten a súa xornada completa en pagamento delegado entre os niveis de primaria e ESO) o 1 de setembro de 2008. Para o profesorado que imparte exclusivamente na ESO, esta redución a 24 horas lectivas semanais farase efectiva o 1 de setembro de 2010.

Quinta

Para o caso dos centros que escolaricen alumnos con necesidades educativas especiais (segundo o establecido no artigo 73 da Lei 2/2006, do 3 de maio: aquel que requira, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta) destinarase un máximo de 300.000 € en cada un dos anos 2008, 2009 e 2010 para empregar en medidas de atención á diversidade (modificación puntual de ratios, contratación de coidador/a, etc.). O procedemento e os criterios para a dotación destes recursos adicionais desenvolveranse nunha orde específica, que se levará previamente á Comisión Tripartita do Ensino Concertado.

Sexta

A Administración comprométese a revisar este acordo non máis tarde do mes de setembro de 2010, mediante a convocatoria da Comisión Tripartita do Ensino Privado Concertado coa finalidade, entre outras, de mellorar as ratios e avanzar no proceso de homologación.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Copyright © 2008 Iberley Información Legal S.L.