Última revisión
13/07/2009
Auto Civil Nº 156/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4043/2008 de 13 de Julio de 2009
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Civil
Fecha: 13 de Julio de 2009
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 156/2009
Núm. Cendoj: 36057370062009200113
Núm. Ecli: ES:APPO:2009:1483A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
AUTO: 00156/2009
AUDIENCIA PROVINCIAL DE
PONTEVEDRA
Sección 006
ROLLO : RECURSO DE APELACION (LECN) 0004043 /2008
Juzgado procedencia : JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 11 de VIGO
Procedimiento de origen : EJECUCION DE TITULOS JUDICIALES 0001008 /2005
RECURRENTE : María Teresa
Procurador/a : JOSE RAMON CURBERA FERNANDEZ
Letrado/a : CARLOS ENRIQUE BORRAS DIAZ DE RABAGO
RECURRIDO/A : HDI HANNOVER INTERNACIONAL SEGUROS, S.A.
Procurador/a : Mª DOLORES BRAVO CORES
Letrado/a : JOSE MANUEL AMOEDO VILLAR
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Ilmo/s. Sr/es.
Magistrado/s: D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, D. Julio Picatoste Bobillo e D.ª Magdalena Fernández Soto, pronunciou
NO NOME DO REI
o seguinte
AUTO nº 156/09
En Vigo, a trece de xullo de dous mil nove.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Execución de Títulos Xudiciais 1008/05, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 11 de Vigo , ós que correspondeu o rolo 4043/08, nos que aparece como parte apelante demandante D./D.ª María Teresa , representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE R. CURBERA FERNÁNDEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª CARLOS BORRÁS DÍAZ DE RÁBAGO, e como parte contra a que se apela e demandada D./D.ª HDI HANNOVER INTERNACIONAL, representada polo/a procurador/a D./D.ª DOLORES BRAVO CORES e asistida polo/a letrado/a D./D.ª JOSÉ MANUEL AMOEDO VILLAR.
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1ª Instancia Núm. 11 de Vigo, con data do 21 de xullo de 2006, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:
"Por lo expuesto, debo estimar y estimo la oposición formulada por la Procuradora Doña Dolores Bravo Cores, en representación de la entidad "HDI HANNOVER INTERNACIONAL (ESPAÑA) SEGUROS Y REASEGUROS S.A.", declarando que no procede la ejecución instada por el Procurador Don José Ramón Curbera Fernández, en representación de Doña María Teresa , debiendo alzarse los embargos y medidas de garantía adoptadas, con imposición a la ejecutante de las costas procesales causadas."
Segundo: Contra o dito auto, o/a procurador/a D./D.ª José R. Curbera Fernández, en representación de D./D.ª María Teresa , presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro: Para centrar debidamente a controversia debemos lembrala doctrina xurisprudencial sobre a carga da proba da culpa extracontractual, no contexto circulatorio de vehículos a motor, e nos supostos específicos, de colisións recíprocas de vehículos con danos mutuos para os seus respectivos conductores, doctrina que ven proclamar que para eses casos non cabe establecer presuncións de culpa en contra do conductor demandado, coa conseguinte inversión da carga da proba, nin outros remedios tendentes a obxetivizala responsabilidade.
Así, a s. do T. S. de data 28-5-90 proclama que a teoría da responsabilidade obxectiva ou por risco "resulta incompatible con aquellos supuestos de mutua o recíproca colisión de vehículos de motor, con imposibilidad de determinar a cuál de los conductores cabe atribuir la culpabilidad del accidente, como causa eficiente del mismo". Ou a de 17-6-96, ao dispor que "es doctrina pacífica y constante derivada de la jurisprudencia de esta Sala, la que establece de una manera llana, que la inversión de la carga de la prueba no opera en los casos de accidentes de circulación por colisión de vehículos, al encontrarse los conductores en la misma situación y anularse las consecuencias de tal inversión probatoria". No mesmo senso, di a s. de 20-12- 97 que "la inversión de la carga de la prueba no opera en los accidentes de circulación por colisión de vehículos y resultado de daños materiales". Ou, finalmente, a s. de 1-4-98, que declara que "la posición cuasi objetiva e inversora de la carga de la prueba, que impera en el espacio de la culpa extracontractual, no rige si el reclamante, o la persona por cuyo fallecimiento se acciona, ha intervenido en el evento e incidido en la relación causal, pues en este supuesto las partes ocupan una situación a acreditar de acuerdo con las líneas generales del "onus probandi", que fija el art. 1214 CC ".
Pois ben, dado que a demandante era a conductora dun dos dous vehículos intervintes no sinistro, e está reclamar, ademais de danos persoais por importe de 1.511,73 euros, danos materiais habidos no vehículo da sua propiedade, pola moito mais elevada suma, de 9.164,07 euros, non pode acollerse a sua pretensión indemnizatoria nin nun nin noutro concepto, ao non acreditar, como lle correspondía de conformidade co criterio xurisprudencial citado, a neglixencia do conductor demandado, elemento culpabilístico que no caso axuizado se centra nun feito moi concreto: a invasión por parte deste último do carril dereito, polo que marchaba a demandante. Contrariamente, se algo cabe colexir do acervo probatorio existente na causa é que foi a actora a que invadiu tan innecesaria como descoidadamente o carril contrario. Así o podemos inferir: A) Do croque acompañado co atestado policial, que tendo en conta o dato obxectivo, das pegadas de freada deixadas sobre o pavimento polo vehículo Renault, sitúa a este vehículo no seu carril, sen invadilo contrario (folio 89).B) Das declaracións que como testemuñas prestaron o dous policcías locais que acodiron ao lugar do accidente e confeccionaron o atestado, os que afirman en síntese que o Renault non chegou a invadirlo semiancho esquerdo. C) As declaracións, que no seu interrogatorio prestou a demandante, non deixan de ofrecer amén datos indicadores do seu actuar indilixente, cando asevera, por exemplo, que "non veu ao vehículo contrario ata que o tivo enriba", que "non sabe -referíndose evidentemente ao punto da colisión- se foi no seu carril ou no do Clio", ou que "non lembra se freou". CH) Derradeiramente, a falta de pegadas de freada do Ford, da demandante, e o cruce entre o vehículo do demandado e o vehículo terceiro, producido antes e practicamente sen solución de continuidade, refrendarían, por unha banda, a apreciación da falta de atención da demandante, e por outra, que o vehículo do demandado marchaba pola sua man, pois de non ser así entraría en colisión primeira co ese terceiro.
O recurso non pode entón prosperare.
SEGUNDO: Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimen obxectivo que para as custas procesuais desta alzada establece o artº 398, en relación co artº 394, ambos da L. A. C ..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Rexeitámolo recurso de apelación promovido por Dª María Teresa representada polo Procurador Sr. José R. Curbera Fernández contra da sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 11 de Vigo o día 21 de xullo de 2009 , con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Notifíqueselles esta resolución ás partes.
Esta é a nosa resolución, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.
PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.
DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.
