Sentencia CIVIL Nº 180/20...il de 2017

Última revisión
16/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 180/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 617/2014 de 10 de Abril de 2017

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 17 min

Orden: Civil

Fecha: 10 de Abril de 2017

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 180/2017

Núm. Cendoj: 36057370062017100178

Núm. Ecli: ES:APPO:2017:735

Núm. Roj: SAP PO 735:2017

Resumen:
CUMPLIMIENTO OBLIGACIONES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRASENTENCIA: 00180/2017

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2013 0017961

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000617 /2014

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 14 de VIGO

Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000926 /2013

Recurrente: PREFABRICACIONES Y CONTRATAS, S.A. (PRECON, S.A.)

Procurador: Mª PAZ BARRERAS VAZQUEZ

Abogado: DANIEL NOCERA GIMENEZ

Recurrido: DIRECCION000 , C.B.

Procurador: MONTSERRAT BARRERAS GONZALEZ

Abogado: ANA SANCHEZ-ANDRADE SAAVEDRA

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 180/17

Vigo, dez de abril de dous mil dezasete.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo ORDINARIO 926/14 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 14 de Vigo ós que correspondeu o rolo 617/14, nos que aparece como parteapelante e demandado PREFABRICADOS Y CONTRATAS S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª PAZ BARRERAS VÁZQUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª DANIEL NOCERA JIMÉNEZ,e comoparte contra da que se apela e demandante D. Adrian , representada polo/a procurador/a D./D.ª MONTSERRAT BARRERAS VÁZQUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª ANA SÁNCHEZ-ANDRADE SAAVEDRA.

É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 14 de Vigo, con data do 10 DE XULLO DE 2014, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Estimar en parte la demanda interpuesta por Adrian C.B. frente a Prefabricados y Contratas S.A., con los siguientes pronunciamientos:1.- Se condena a la demandada a abonar a la actora 49.331'54 euros en concepto de comisiones, mas el interés legal desde la presentación de la demanda.2.- Se condena a la demandada a indemnizar a la actora, por la falta de preaviso, en la cantidad 16.402'68 euros, más el interés legal desde la presentación de la demanda.3.- Se desestima la pretensión indemnizatoria por clientela.4.- Cada parte abonará las costas causadas a su instancia y la mitad de los comunes.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª PAZ BARRERAS VÁZQUEZ, en representación de PREFABRICADOS Y CONTRATAS S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 16 de marzo de 2017.


Fundamentos

Primeiro: O ámbito do recurso de apelación formulado pola demandada contra a sentenza ditada en primeira instancia queda circunscrito soamente ás dúas pretensións da demandante -das tres formuladas inicialmente-, que foron acollidas por aquela resolución: A primeira delas, estimando a reclamación das comisións, condenando á demandada recurrente a pagar á actora, por este concepto, a suma de 49.331,54 euros. E a segunda, ao condenar igualmente á demandada a indemnizar á demandante en 16.402,68 por falta de preaviso. Pois ben, examinamos separadamente ambos motivos do recurso, que necesitan ser obxecto dun especial e diferenciado tratamento pois, mentres que entraremos na cerna propiamente dita do segundo dos motivos, non podemos facer o mesmo verbo daquel primeiro, por impedilo o postulado da cousa xulgada.

Segundo: O artigo 222 da L. A. C., baixo o rótulo de 'cousa xulgada material', dispón no seu parágrafo cuarto que o resolto con forza de cousa xulgada na sentenza firme que puxera fin a un proceso vencellará ó tribunal dun proceso posterior cando neste apareza como antecedentre lóxico do que sexa o seu obxecto (ou a cousa xulgada exténdase a eles por disposición legal).

Atopámonos ante un instituto que ten a súa razón de ser na seguridade xurídica, ou se estase preferir, na necesidade de evitar sentenzas contraditorias.

En efecto, razóns -practicamente exclusivas- de seguridade xurídica levaron ao lexislador a atribuir ao contido dalgunhas resolucións xudiciais firmes a forza de vincular noutros procesos, unhas veces, cun alcance excluinte ou negativo, porque o decidido exclúe un segundo proceso ou, alomenos, unha segunda sentenza sobre o mesmo, e, outras veces, cun alcance positivo ou prexudicial, porque impón que a decisión sobre a cerna se ateña ao xa resolto na sentenza firme anterior, tomándoa como indiscutible punto de partida ( sentenzas do Tribunal Supremo de 25 de abril de 2005 , 16 de xullo de 2009 e 5 de xuño de 2014).

O efecto positivo ou prexudicial da cousa xulgada vincula no fallo, pero tamén nos razonamentos da sentenza cando constitúan a razón decisoria ( sentenzas de 28 de febreiro de 1991 , 7 de maio de 2007 , 30 de decembro de 2013 e 24 de xuño de 2014).

Como proclama a sentenza do Tribunal Supremo de data 30 de novembro de 2015 , citando a de 2 de abril de 2014 'el denominado efecto positivo o prejudicial de la cosa juzgada derivada de la sentencia firme dictada en un proceso anterior que afecta a materias indisolublemente conexas con las que integran el pleito ulterior tiene como función, al igual que el de la cosa juzgada negativa, evitar pronunciamientos contradictorios en las resoluciones judiciales, lo que es incompatible con el principio de seguridad jurídica y con el derecho a la tutela judicial efectiva que reconoce el artículo 24 de la Constitución . Según se declara en la STS de 26 de enero de 2012 , recurso nº 156/2009 , la función positiva de la cosa juzgada consiste en que el tribunal que deba pronunciarse sobre una determinada relación jurídica que es dependiente de otra ya resuelta ha de atenerse al contenido de la sentencia allí pronunciada; o lo que es lo mismo, queda vinculado por aquel juicio anterior sin poder contradecir lo ya decidido'.

En último termo, a xurisprudencia, interpretando e aplicando aquel precepto, proclama que mentres que para que entre en xogo o efecto negativo o excluinte da cousa xulgada (en esencia, parágrafo primeiro do artigo 222), requírese dunha plena identidade, obxectiva e subxectiva, entre os dous procesos, o efecto positivo prodúcese, en cambio, con existir simplemente a segunda das identidades, e calquera que sexan, por outra banda, as posicións que ocupen os contendentes en cadanseu deles, sempre -claro é- que o decidido na primeira lite constitúa un lóxico e determinante antecedente do que sexa obxecto do proceso postreiro ( sentenza de 17 de xuño de 2011, así como as xa citadas, de 2 de abril de 2014 e 30 de novembro de 2015).

Terceiro: Sen necesidade doutros e máis complexas consideracións de orde xurídica, a cousa xulgada impide que neste proceso podamos volver sobre a mesma pretensión, relativa á reclamación de comisións, do 5%, cando esta cuestión, da porcentaxe, xa foi resolta precedentemente, no proceso ordinario número 636/2012, seguido entre as mesmas partes litigantes -e ocupando incluso idénticas posicións, de partes demandante e demandada- no Xulgado de Primeira Instancia número 3 desta cidade de Vigo, no que xa recaíu en grado de apelación sentenza ditada por esta mesma Sala o día 11 de novembro de 2016, resolución que deveu firme ante o aquietamento dos litigantes.

Efectivamente, a cuestión nuclear que debatíase nun e noutro proceso, nos que reclamábanse cantidades en concepto de comisións por obras contratadas con diversas entidades, e por períodos igualmente diversos, era a da porcentaxe da comisión, ora do 5% (1,5% para a uralita), que se mantería inalterable dende a data da celebración do contrato o día 10 de febreiro de 1995 (tese sostida pola demandante comisionista nos dous litixios), ora unha porcentaxe variable, segundo as características da obra contratada e o resultado dos prezos finalmente convidos (versión da comitente demandada). Pois ben, esta interrogante xa foi definitvamente resolta, insistimos, pola sentenza deste tribunal de apelación, de 11 de novembro de 2016 , inclinándonos pola segunda postura, previo análese dos distintos medios de proba, tanto directos, como indiciarios, existentes nesa primeira lite, e que en realidade son substancialmente coincidentes ou practicamente idénticos cos instrumentos de proba achegados a este novo proceso (a única diverxencia salientable estaría na proba testemuñal, pois foron diferentes as testemuñas que declararon nos dous litixios, pero o certo é que as declaracións de todas elas son esencialmente contextes, apoiando decididamente a tese da parte demandada). E non analizamos novamente o acervo probatorio, nin podemos facelo. En definitiva, a cousa xulgada veda toda posible revisión das probas para, valorándoas, no seu caso, de distinta maneira, poder inclinarmos agora pola postura da inmodificación da porcentaxe das comisións, e poder acoller, finalmente e no seu caso, a pretensión da demandante, en aberta e irreconciliable contradicción co xa decidido. A sentenza de 11 de novembro de 2016 senta un antecedente, un presuposto lóxico e determinante para o sentido do fallo nos dous preitos.

Polo dito, procede revogar a pronuncia estimatoria da sentenza de primeira instacnia, relativa ás comisións.

Cuarto: A demandada impugna o segundo pronunciamento, condenándoa a satisfacer á parte actora a suma de 16.402, 68 euros, en concepto de indemnización por falta de preaviso.

O contrato de comisión mercantil, tal como o rotulan as partes contratantes, pode extingurise, ademáis de polo transcurso do prazo de duración pactado -o que non é do caso, pois estamos ante un contrato indefinido-, por denuncia unilateral de calquera dos contratantes, con preaviso (artigo 25 da Lei de 27 de maio de 1992, sobre o contrato de axencia), ou, sen necesidade de preaviso, cando a outra parte contratante incumprira, total ou parcialmente, as obrigas legais ou contractualmente establecidas (artigo 26).

Na interpetación desta normativa a doutrina xurisprudencial senta as pautas que se expoñen seguidamente.

Primeiramente, proclama como principio xeral o da revogabilidade destas relacións contractuais (mandato, axencia, comisión, corretaxe...). As mesmas son revogables a instancia do mandatario e do comitente, e a excepción é o contrario ( sentenzas de 17 de xaneiro e 20 de novembro de 2007 e 15 de novembro de 2010 ).

En segundo lugar, e ainda que o contrato teña unha duración determinada por disposición das partes contratantes, o mesmo pode ser revogado en calquera instante, sempre que exista xusta causa ( sentenzas de 4 de abril de 1998 , 15 de novembro de 2000 e 25 de maio de 2009 ). En expresións destas resolucións, a revogación, entendida como declaración unilateral e recepticia da vontade dirixida a dar por válidamente extinguido entre as partes o vínculo contractual, é aplicable como causa de extinción do contrato, sempre que concurra loxicamente unha verdadeira vontade revogatoria e que a mesma responda a unha xusta causa.

En terceiro lugar, e como expresa a sentenza de 15 de novembro de 2010 'en orden a la apreciación de una justa causa en la decisión revocatoria, ha de tenerse en cuenta que la razón de ser de la revocabilidad se encuentra en que los contratos de colaboración y gestión de intereses ajenos producen una relación jurídica basada en la confianza mutua de las partes. De ahí que su pérdida o disminución abra la posibilidad de extinguirla a instancia de cualquiera de ellas, y, en particular, en el caso del mandante o comitente, por medio de la revocación. La STS de 6 de octubre de 2005 declara al respecto que no se puede continuar en el mantenimiento del mandato después de una falta de confianza como la que, en buena lógica, cabe anudar a una actuación desleal o contraria a la buena fe por parte del mandatario. En semejantes términos, la STS de 13 de noviembre de 2008 expone que esta facultad de desistimiento unilateral, que es excepcional en el marco de las relaciones contractuales de carácter bilateral, se explica por la naturaleza de esta figura negocial, basada en la recíproca confianza'.

E en cuarto e último lugar, reseña igualmente o Tribunal Supremo que 'la revocación no es un hecho que, por sí mismo, genere en la contraparte el derecho a ser indemnizada a menos que se pruebe que la revocación fue arbitraria ( STS 30 de noviembre de 2004 ). Es doctrina constante de esta Sala, (por todas, STS de 13 de noviembre de 2008 ) que la revocación, a la luz del artículo 279 CCom , no conlleva más derechos que los devengados por los negocios en los que se haya mediado con anterioridad a que se pusiera en conocimiento del mediador dicha voluntad revocatoria, estando la indemnización reservada a casos en que la denuncia unilateral se torna en abusiva o contraria a la buena fe. Como se explica en la Sentencia de 6 de noviembre de 2006 , a la que se remite expresamente la de 13 de noviembre de 2008 arriba citada, no siempre que se extingue un contrato basado en la confianza mutua procede la compensación económica. Sólo en los casos en que la resolución unilateral del contrato haya vulnerado el plazo de preaviso pactado, se muestre contraria a las exigencias de la buena fe contractual o sea abusiva, cabe admitir la procedencia del derecho a la indemnización; pero en tales casos su fundamento se ha de buscar, bien en el incumplimiento de lo acordado en punto al modo en que debía de realizarse la denuncia unilateral, bien en la omisión de la buena fe que modula el contenido de la relación negocial, conforme a lo dispuesto en el artículo 57 CCom y en el artículo 1258 CC (en uno y otro caso se advierte, en definitiva, la existencia de un incumplimiento contractual), bien, en fin, en el ejercicio abusivo o malicioso de un derecho que da lugar a la indemnización de los daños y perjuicios de conformidad con lo dispuesto en el artículo 7.1 y 2 CC . Doctrina que no obsta a que, llegado el caso, el desistimiento se acompañe de una compensación para evitar un eventual enriquecimiento injusto del comitente'. Igualmente, a sentenza de 25 de maio de 2009 .

Quinto: Das distintas probas que obran na lite colíxese paladinamente que había 'xusta causa' para que a demandada dera por extinguido o contrato. En efecto: A) Na carta de data 21 de decembro de 2012, dirixida pola demandada á demandante, aquela primeira decide dar por acabada a relación contractual polas razóns que reseña, e que en resumo son -literalmente- 'as reclamacións xudiciais emprendidas pola demandante de certas comisións que sinxelamente non lle corresponden, e nas que serviuse de documentos falsos co único obxecto de tratar de dotar de veracidade as súas exixencias e prexudicar con iso a PRECÓN', frustrándose así, engádese, a boa fe e relación de confianza mutua que deben presidir a relación contractual (folio 309 do tomo primeiro). B) O comportamento torticeiro e desleal que denúnciase pola demandada obsérvase efectivamente na parte actora, tal como xa deixampos sentado. Pénsese a este respecto que con data 3 de setembro de 2012, é dicir, máis de tres meses antes da carta, a actora formula a primeira das demandas, á que opóñese a demandada a través do escrito de data 30 de novembro do mesmo ano, contestación igualmente anterior á misiva. C) As reclamacións xudiciais, realizadas tanto nun como noutro preito, carecen de todo apoio contractual, ao darse por acreditado que de común acordo entre as partes mudáronse as porcentaxes das comisións iniciais, do 5% (e 1,5% para a uralita), para proceder á postre a fixalas en cada caso concreto, atendendo fundamentalmente ao prezo de obra finalmente pechado. D) As reclamacións xudiciais foron precedidas doutras extraxudicias, concretamente a través da carta dirixida pola demandante á demandada, de data 9 de abril de 2012, e contestada pola demandada o día 30 de maio dese ano, opoñéndose ás pretensións daquela primeira (folios 3 e seguintes do tomo cuarto). E) A pretensión da parte actora, referida ás comisións, aparece totalmente infundada, reiteramos, tal como xa proclamamos no primeiro dos procesos, a través da sentenza de 11 de novembro de 2016, ditada por esta Sala , e coa que aquietouse precisamente a demandante. F) Igualmente rexéitanse a pretensións xudiciais relativas ás partidas por clientela e falta de preaviso, pretensións igualmente reproducidas antes extraxudicialmente. G) O obrar desleal da demandante corrobórase e acentúase ao presentar en apoio da súa reclamación por comisións uns documentos -decisivos para o éxito da acción-, cunhas datas que non se tiveron por certas. Pois ben, e en conclusión, ante as actuacións emprendidas pola actora comisionista, ao interesar, xudicial e extraxudicialmente, capítulos indemnizatorios a cargo da comitente que non lle correspondían, fracturouse loxica e naturalmente a relación de confianza depositada por esta en aquela, mostrándose, en fin, a facultade resolutoria exercida pola demandada como xusta e lexítima, o que exclúe, derradeiramente, todo dereito a indemnización por parte da demandante, ainda que non houber prazo de preaviso.

A demanda debe rexeitarse por igual neste punto.

Sexto: A estimación do recurso conleva non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada (artigo 398 da L. A. C.). E tampouco facemos unha especial pronuncia sobre as custas devengadas na primeira instancia, dadas a dúbidas de feito xurxidas, en especial sobre as porcentaxes das comisións, dúbidas que resultan imputables á postre a un e outro contendente, ao non plasmar por escrito, como sería conveniente, o novo acordo sobre as comisións, agora de porcentaxes cambiantes segundo cada caso (artigo 394).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con estimación do recurso de apelación formulado por PREFABRICADOS Y CONTRATAS S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª PAZ BARRERAS VÁZQUEZ contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 14 de Vigo, con data do 10 DE XULLO DE 2014 , rexeitamos integramente a demanda reitora deste preito, sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012061714, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.