Sentencia Civil Nº 203, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1123/97 de 08 de Abril de 1998
Sentencia Civil Nº 203, A...il de 1998

Última revisión
08/04/1998

Sentencia Civil Nº 203, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1123/97 de 08 de Abril de 1998

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Civil

Fecha: 08 de Abril de 1998

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 203

Nº de recurso: 1123/97

Resumen
Como se di na sentencia recorrida, a cuestión debatida é a da preferencia dos créditos que teñan as entidades financeiras fronte aos codemandados nesta tercería. No caso están a se comparar dúas pólizas de empréstito. 0 apelante entende que a data a comparar para decidi_la preferencia, con abeiramento no artigo 1924.3 do Código civil non é o da data da póliza _a súa é posterior á da demandante tercerista aquí apelada_ senón que a é a da data na que queda fixada a cantidade reclamable. Tal liquidez, cando a devolución non   da mesma cantidade prestada en un só acto, senón por entregas mensuais, non ocorre ata que se fa¡ a liquidación non intervención de fedatario, ou, de non existir ese pacto, ata a sentencia recaída no proceso seguido contra do debedor. Ese é o caso da STS de 7 de abril de 1995 que cita a sentencia apelada. Os cálculos para cohece-la cantidade liquida esixible non requiren doutro aval que sinxelas operacións matemáticas. Tal diferericia de suposto litixioso foi axeitadametne avaliado pola sentencia recorrida. E non cabe dúbida que o presentado polo B.. Aquela cualificación é allea á terminolcxia das partes. b) que o artigo 1924_30 do Código civil, cando regulamente preferencia entre créditos, non atende en absoluto á data da súa esixibilidade, senón que, dado que a nota identificadora dos créditos que toma en consideración é a da súa constancia en determinado título, ao único que atende é á data do titulo.Non é estrañuo que diente desas consideracións sexa máis autorizada a doutrina que esixe unha solución idéntica e que esta pase por partir en todo caso da data do documento no que se instrumenta o dereito, sen prexuízo de que para poder facer efectiva a pretensión terceira sexa presuposto que o dereito con vocación de preferencia sexa esixible, ainda que, dado este presuposto, o efecto da preferencia sexa ex tunc _data do documento_ e non ex nunca _data da esixibilidade. Xa que logo, mesmo desta doutrina, pode concluirse que o feito de que a liquidación feita pola entidade tercerista apelada foxe ulterior á data da póliza da apelante demandada na terceria, logo de feita a liquidación cumprirla atermonos á data da póliza do empréstito. Sendo o outorgado axeitadamente recoñecido na sentencia apelada. Se rexeita o recurso.  

Voces

Empréstitos

Tercería

Tercerista

Documento fehaciente

Juicio ejecutivo

Rebeldía

Bienes embargados

Contrato de préstamo

Cantidad líquida

Prestatario

Contratos mercantiles

Aval

Entidades de crédito

Pacta sunt servanda

Título ejecutivo

Autonomía de la voluntad

Ex tunc

Ex nunc