Última revisión
03/07/2000
Sentencia Civil Nº 294, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1087 de 03 de Julio de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Civil
Fecha: 03 de Julio de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 294
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCIÓN PRIMEIRA
PONTEVEDRA
Rolo civil: 1087/99
P. civil: 0367/98
Orixe: XDO. DE 1ª INSTANCIA DE VIGO-9
Tipo asunto: COGNICIÓN
A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, presidente, D. LUCIANO VÁRELA CASTRO e D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, maxistrados, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENCIA NÚM.294
Pontevedra, o tres de xullo do año dous mil.
O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 367/98, vindo do Xulgado de 1ª Instancia de Vigo-9, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandado, don FERNANDO A ; doutra, como apelados e demandantes, don FRANCISCO V. D e dona Mª CARMEN B ; e, amais, dunha outra, como demandada de evicción, dona Mª. ANGÉLICA G , en xuízo de cognición.
ANTECEDENTES DE FEITO
Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso,
PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 18 de febreiro de 1999, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Instancia de Vigo-9 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:
DECISIÓN: "Que estimando la demanda formulada por don Francisco V y doña María del Carmen B , representados por el procurador don José Antonio Fandiño Carnero, y defendidos por el letrado don Carlos Quintanilla, contra don Fernando A defendido por la letrada doña Beatriz Lago Gómez y en la que ha sido demandada de evicción doña María Angélica G defendida por la letrada doña Celia González Castro, debo declarar y declaro que los actores son únicos y legítimos propietarios de la parcela de terreno comprendida entre: Norte; muro recién construido. Sur; Línea recta entre los marcos originales situados al Oeste y al Este. Oeste; vértice de las líneas anteriores. Oeste; espacio comprendido entre el muro y el antiguo marco separados por una distancia de 2,15 m condenado al demandado don Fernando A a entregar a los demandantes la parcela de terreno señalada y a deslindar su propiedad con este límite derribando el muro recientemente construido por este viento así como al abono de las costas causadas en la tramitación de esta demanda".
E fronte á devandita sentencia, a parte FERNANDO A interpuxo recurso de apelación que foi admitido en émbolos dous efectos. Tras térenselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse a data do vinteún de xuño do año que andamos para deliberaren e deitaren sentencia no presente recurso.
SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.
Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
PRIMEIRO. A parte demandada, e agora recorrente, volve a invocar nesta alzada os distintos motivos ou excepcións de orde formal, alegadas na primeira instancia; excepcións que, para seren rexeitadas, abonda con remitirmos aos razoamentos que contén a sentencia apelada, e que o recorrente nin sequera tenta combater no seu escrito de interposición do recurso. A claridade e precisión do pedimento da parte actora é evidente: reivindica o cacho de terreo que en forma de triángulo isósceles debuxa no documento que achega á súa demanda (folio 28), e que aparece delimitado polo marco no seu ángulo sur-leste, polo punto situado a 2,15 metros cara ao norte, e no lado contrario polo marco existente ao oeste. Poucas veces como neste suposto aparece tan nidio o obxecto reivindicado. E como consecuencia do dito, e en segundo termo, non cabe alegar con posiblidades de éxito a excepción de litisconsorcio pasivo necesario, pois reclamada esa faixa de terreo, non ten sentido chamar ao proceso os donos doutros fundos alonxados dese tallón.
SEGUNDO. Polo que fai ao fondo do asunto, e sen prexuízo de o tribunal asumir a liña argumental da sentencia recorrida, só cabe facer, aínda a risco de ser reiterativo, as seguintes reflexións: A) Recoñecida polas dúas partes litigantes a existencia dos dous marcos, no ángulo sur-leste do fundo do demandante (nordés do demandado), e no ángulo sur-oeste do primeiro predio (noroeste do demandado), a tese deste último, consonte a cal entre eses dous marcos había outros, non aparece en absoluto probada. Nin a titulación do demandado contén eses marcos, nin a proba testemuñal os corrobora, resultando desa proba, precisamente, que non existían os sete marcos alegados polo hoxe apelante. B) En liña co dito, as testemuñas relevantes, como son os anteriores propietarios dos fundos litixiosos, non corroboran a versión do demandado, senón o contrario, chegando entón á conclusión de que este último coa recente construcción do valado veu invadí-la propiedade do actor. C) A argumentación do demandado, de que no cerrume do seu predio se axustou á realidade rexitral non pode ter eficacia xurídica ningunha, pois é sobradamente coñecido que a presunción de exactitude rexistral, extraíbel da inscrición no Rexistro da Propiedade, non alcanza a realidade física do fundo inscrito, ou se se preferir, non fai extensivo os seus efectos ás características físicas que no folio rexistral se especifican (lindeiros, superficie, etc). D) Derradeiramente, o informe que acompaña co seu escrito de contestación á demanda, logo ratificado pola testemuña informante, ademais de carecer do rigor científico necesario, dunha beira, sinala que a aliñación non ten que ser necesariamente (A)-(B), e doutra beira, parte de certeza superficial do Rexistro da Propiedade, o cal non é xurídicamente admisíbel, como xa quedou exposto (folios 83 e 84) .
TERCEIRO. O rexeitamento do recurso leva a impórmoslle as custas procesuais desta alzada á parte apelante, ao non concorrer motivo ningún de excepción que aconselle non aplica-lo criterio xeral do vencemento obxectivo, proclamado polo art. 896, alínea terceira, da LAC.
Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,
DECIDIMOS
Que é mester nós rexeitarmos, e de feito rexeitámolo, o recurso de apelación movido por don Fernando A fronte á sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Instancia de Vigo-9, no xuizo de cognición núm. 367/98, o día 18 de febreiro de 1999, confirmando a devandita sentencia con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia, con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.
Deste xeito, por esta a nosa sentencia, cabeiramente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.
