Sentencia CIVIL Nº 325/20...io de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 325/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 127/2019 de 21 de Junio de 2019

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 21 de Junio de 2019

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 325/2019

Núm. Cendoj: 36057370062019100317

Núm. Ecli: ES:APPO:2019:1435

Núm. Roj: SAP PO 1435:2019

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00325/2019

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2017 0015675

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000127 /2019

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 3 de VIGO

Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000868 /2017

Recurrente: Guillermo

Procurador: PATRICIA CABALEIRO BARCIELA

Abogado: JAVIER LOIS BASTIDA

Recurrido: BANCO POPULAR ESPAÑOL SA

Procurador: JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO

Abogado: CATALINA AMER FERRAGUT

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistradosD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 325/19

Vigo, vinte e un de xuño de dous mil dezanove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 868/17 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 de Vigo ós que correspondeu o rolo 127/19, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Guillermo , representada polo/a procurador/a D./D.ª PATRICIA CABALEIRO BARCIELA e asistida do/da letrado/a D./D.ª JAVIER LOIS BASTIDA,e comoparte contra da que se apela e demandada BANCO POPULAR ESPAÑOL S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO e asistida do/da letrado/a D./D.ª CATALINA AMER FERRAGUT.

É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 3 de Vigo, con data do 19 de xullo de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Que DESESTIMANDO ÍNTEGRAMENTE la demanda presentada por la representación procesal de D. Guillermo frente a Banco Popular Español, SA, debo absolver como absuelvo a la demandada de todas las pretesiones formuladas en su contra.

Con expresa imposición de las costas del procedimiento a la parte demandante.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª PATRICIA CABALEIRO BARCIELA, en representación de D./D.ª Guillermo , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 20 de xuño de 2019.


Fundamentos

Primeiro:Ainda que no suplico do escrito de recurso de apelación se interesa a estimación íntegra da demanda, claramente se colixe de tal escrito que a parte recurrente reduce a dúas as súas pretensións da primeira instancia, unha primeira, que se declare a nulidade relativa ou anulabilidade do contrato de subscrición dos produtos financieiros de lite, e a segunda, de xeito subsidiario, que se condene á entidade bancaria demandada a unha indemnización de danos e prexuizos, abandonando, en cambio, a petición inicial de declaración de nulidade absoluta por falta de consentimento, abandono lóxico pois, de conformidade con abundante e contexte doutrina xurisprudencial, o erro no consentimento que se alega, e que se derivaría dunha falta de información do Banco sobre a natureza, complexa e de alto risco, dos produtos contratados, non xera ese tipo de nulidade radical, senón a anulabilidade. A alzada queda entón circunscrita a aqueles dous primeiros pedimentos, que procede analizar coa necesaria separación.

Segundo: A sentenza ditada en primeira instancia desestima a formulación da nulidade relativa ou anulabilidade, ao considerar que a acción estaba caducada ao tempo da presentación da demanda, o día 30 de novembro de 2017. E para apreciar esta excepción toma como dies a quo o 25 de xuño de 2012, no que se produxo o canxe dos doce títulos Bonos Banco Popular 8% Convertibles en Acciones, por accións.

Fronte a esta decisión se alza á parte apelante facendo xirar a súa argumentación sobre dous pilares. Un primeiro, que non houbo canxe consentido por ela ou, en todo caso, que non tivo lugar na data defendida polo Banco demandado. E o segundo, que o día que saíu do erro non foi ese, do canxe, senón postreiro, como seguidamente veremos.

Terceiro: O discurso da parte recurrente resulta contradictorio, ao negar, por unha banda, en determinadas paraxes do escrito de apelación a existencia do canxe, e admitilo, por outra, noutras, ainda que manteña nese suposto que a data do canxe non for a postulada polo hoxe recurrido, senón a do vencimento forzoso do produto, acaecido o día 17 de decembro de 2013. A contradicción non pode prexudicar máis que ao que incurre nela. En todo caso, resulta acreditado a través da proba documental achegada polo Banco, e consistente no extracto da conta bancaria dos demandantes, tanto a realización efectiva do canxe, como que o mesmo tivo lugar o día 25 de xuño de 2012. E non resulta creible que que o canxe se realizara motu proprio pola entidade bancaria, a que por certo estaba obter beneficios da operación, e ás costas dos actores, ignorarando estes últimos esa operación durante meses, máxime se estiveron cobrar dividendos e ata poideron participar en ampliacións de capital.

En segundo termo, a parte recurrente aduce que non estaba caducada a acción de nulidade, xa que a superación do erro prodúxose o día 30 de xullo de 2015, coa subscrición do documento privado desa data, e no que pactábase agora unha imposición a prazo fixo. Pois ben, a formulación da parte carece de consistencia pois damos por demostrado que superou o erro co canxe, intre do canxe que presupón lóxicamente, tanto a saída do erro inicial, como a consumación do contrato litixioso, xa que por mor do cambio esa relación contractual queda automáticamente extinguida.

O motivo do recurso rexéitase.

Cuarto: Non mellor sorte adversa faise merecente correr a acción indemnizatoria por incumprimento contractual despregada de xeito subsidiario. E é que, sen necesidade de máis amplas e complexas reflexións de orde xurídica, esta pretensión require para a súa estimación dos tres presupostos, primeiro, do acto danoso, e que no caso axuizado estribaría -dito moi en síntese- en non ter informado e asesorado a antidade bancaria aos clientes, como lle incumbía, sobre o carácter arriscado e complexo da operación en cernes; segundo, do prexuizo, non simplemente posible ou conxeturado, senón real e probado, pois non de todo incumprimento contractual derívanse prexuizos; e terceiro, do nexo causal entre o acto incumpridor e ese prexuizo.

Pois ben, e tal como establece atinadamente a sentenza ditada en primeira instancia, ao non acreditarse o elemento do prexuizo, a pretensión non podía ser acollida. E esta Sala comparte o argumento. En efecto, ningunha probanza fan os demandantes sobre que por mor da operación litixiosa obtivo prexuizos que, en fin, non rematan por concretar. Contrariamente: A) A suma dos importes das rendibilidades obtidas e do valor das accións percibidas en canxe excede do prezo de 12.000 euros, pagados pola subscrición dos títulos, segundo se colixe das contas que fai o Banco, e que non resultan discutidas polos apelantes, nin en todo caso desvirtuadas por algunha outra proba alternativa. B) No acordo privado de 30 de xullo de 2015 os recurrentes danse por resarcidos dos posibles prexuizos que poideran ter sufrido, nunha declaración que, como de tal data, posterior ao canxe, pode entenderse como unha renuncia xeralizada a todo prexuizo pasado.

Polo dito tampouco procede acoller este motivo.

Quinto: Non apreciamos que concurra algunha circunstancia de excepción para deixar der aplicar o criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada sanciona o artigo 398 da L. A. C.

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que desestimamos o recurso de apelación promovido por D. Guillermo contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 3 de Vigo o día 19 de xullo de 2018, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

NOTA INFORMATIVA:Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANCO SANTANDER, sucursal r/ Coruña, na conta deste expediente 0915000012012719, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local e organismo autónomo dependente. Se o ingreso se efectúa a medio de transferencia o núm. de conta IBAN é o seguinte: ES55 3569 9200 0500 1274 facendo constar, no campo concepto e observacions no xustificante de ingreso e como concepto o número de conta expediente antes salientado


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.