Sentencia Penal Nº 1063, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 38 de 09 de Junio de 2000
Sentencia Penal Nº 1063, ...io de 2000

Última revisión
09/06/2000

Sentencia Penal Nº 1063, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 38 de 09 de Junio de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 09 de Junio de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 1063

Nº de recurso: 38

Resumen
    En día non concretado dos meses de abril ou maio do año 1995, os acusados, JORGE JUAN B e CÁNDIDO C , ámbolos dous maiores de idade e carecentes de antecedentes penais, procederon a cubrir un parte amigábel de accidente, no que fixeron figurar que achándose aparcado en batería o vehículo Renault 11, propiedade de Jorge Juan, na rúa Travesía, fronte ao campo de fútbol de Moaña, foi golpeado polo vehículo Ford Escort, ,conducido polo seu propietario, o outro acusado, quen tiña concertado seguro coa compañía M... De seguida, Jorge Juan B presentou demanda de xuízo verbal civil contra de Cándido Costa e aquela compañía de seguros, xuízo no que, malia o codemandado, Cándido, recoñece-la realidade do sinistro e a súa responsabilidade, rematou con sentencia firme rexeitadora da demanda. Ante a negativa reiterada e conteste dos acusados dos feitos que o Ministerio Fiscal lles vén imputando, a proba de cargo ofrecida pola acusación fica na realidade circunscrita aos dous dictames periciais practicados no acto do xuízo oral, mais eses dictames conteñen tales deficiencias que non poden levar a unha decisión condenatoria. Ese descoñecemento xeneralizado e aboluto, nembargantes terlle sido exhibido o seu dictame, impediulles ao Ministerio Fiscal e ás defensas artellaren as súas respectivas estratexias, e, conseguintemente, non poden ser tomadas en consideración as escasas e ata dubitativas afirmacións do perito, quen polo demais nunca tivo a máis mínima constancia verbo da versión dada polos hoxe acusados sobre o accidente, nin sobre a súa realidade e demais circunstancias. As custas procesuais decláranse de oficio.    

Voces

Estafa

Sentencia firme