Sentencia Penal Nº 124, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 7 de 29 de Septiembre de 1999
Sentencia Penal Nº 124, A...re de 1999

Última revisión
29/09/1999

Sentencia Penal Nº 124, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 7 de 29 de Septiembre de 1999

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 29 de Septiembre de 1999

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 124

Nº de recurso: 7

Resumen
Sendo ao redor das 20:45 horas dese día, o acusado propúxolle a Isabel iren tomar outra consumición a outro bar, situado na praia fluvial, desa localidade, aceptando esta última; encarreiráronse entón os dous cara a ese lugar, indo diante o acusado e tras del Isabel. Non está acreditado que o acusado se achase nun estado de embriaguez ou de intoxicación de substancias estupefacientes que anulasen ou diminuísen as súas facultades intelectivas ou volitivas.O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións definitivas, que modificou no acto da vista, cualificou a súa versión dos feitos como constitutivos dun delicto de agresión sexual agravado dos arts. 178, 179, 180-3º e 70 do Código penal, dunha falta de lesíóns do art. 617-1 do mesmo código, solicitando a pena de 15 años de prisión, polo delicto, arresto de 6 fins de semana pola falta, accesorias, custas e a que lle indemnice a Isabel  10.000.000 de pta.Os feitos que se declaran probados constitúen: A) un delicto de agresión sexual dos arts. B) Unha falta de lesións do art. 617.1 do mesmo código.A actitude agresiva do acusado cara a víctima, golpeándoa dolosamente, e causándolle as lesións que se describen na alínea de feitos probados desta sentencia, aparece acreditada de xeito claro e incontestábel, tanto polas declaracións da prexudicada, que verbo da súa veracidade non xeran dúbida ningunha no tribunal, como da realidade mesma das lesións, pericialmente contrastadas, e acaecidas nun contexto espacio-temporal no que non cabe outra alternativa qua de que foron xeradas polo acusado. Aínda que tampcuco non ofrece dúbida ningunha que o acusado cometeu o delicto de agresión sexual, antes amentado, a súa especial gravidade fal necesario, se cabe, un maior detimento na súa análise, e nomeadamente, do elemento violento que o configura.No primeiro termo, o acusado recoheceu no acto do xuízo oral o feito da felación, aínda que afirme que foi un acto consentido ou puramente voluntario da víctima. O devandito recohecemento seria abondo para apreciármo-lo delicto de agresión sexual se, claro é, houbese violencia pola súa parte. E tamén recoñeceu que tentou penetrar vaxinalmente a víctima, aínda que non o conseguise, engade, por non ter unha erección axeitada.A fin, ese feito do bico é compatíbel coa agresión sexual, como o é tamén o feito de que esta non tivese racha ningunha na súa roupa, pois ante a inicial actitude sinxelamente ameazante e intimidatoria do acusado non tivo máis remedio que permitir, que non consentir, que lle fose quitada a roupa.Ao carón desas declaracións do suxeíto pasivo do ilícito existen as lesións aturadas por este, que polas súas caracterísiticas son reflexo dun comportamento agresivo do acusado ante a resistencia da víctima. Convén lembrarmos que o acusado non ofrece ningunha alternativa razoábel para el explicar esas lesións, as que a prexudicada non tiña con anterioridade aos feitos agora axuizados. Dunha beira, o acusado nega as agresións. Mais, por outra, o seu letrado defensor afirma no seu escrito de cualificación que o seu defendido lle deu dúas labazadas á víctima para a tranquilizar, polo ataque de nervios que padeceu despois do acto sexual. Engadindo esta resolución nun caso substancialmente idéntico ao agora axuizado que "... Non concorre nos feitos axuizados circunstancia ningunha modificativa da responsabilidade penal. A embriguez ou intoxicación por estupefacientes do acusado ata o punto de ter anuladas ou sinxelamente diminuídas as súas facultades intelectivas ou volitivas son carecentes de todo apoio probatorio. Desbotadas, por interesadas, as declaracións do acusado neste punto, declaracións, por certo, nada rotundas ou sólidas, as testemuñas, integradas pola propia víctima e a dona do bar, negan eses estados do acusado.No derradeiro lugar, imporáselle ao acusado polo delicto de agresión sexual a pena de nove años de prisión en atención ás circunstancias que arrodearon este feito, exteriorizado en dous acometementos sexuais, aínda que efectuadas ininterrumpidamente, que revestiron unha especial brutalidade exteriorizada nas lesións aturadas pola víctima.Que é mester nós condenármo-lo acusado, TELMO , e de feito condenámolo, como autor criminalmente responsábel dun delicto de agresión sexual, xa definido, e dunha falta de lesións, igualmente definida, ás penas: polo delicto, de NOVE ANOS DE PRISION, e pola falta, DE ARRESTO DE CINCO FINS DE SEMANA, ao pagamento das custas procesuais, inseridas as da acusación particular, e a que lle indemnice a Isabel  2.030.000 pesetas, cantidade á que lle será de aplicación o avindo no art. 921 da LAC. Cando esta sentencia for firme, comuníqueselle ao Rexistro Central de Penados e Rebeldes para que faga as acaídas añotacións.    

Voces

Agresión sexual

Arresto

Auxilio

Estupefacientes

Intimidación

Violencia

Embriaguez

Hecho delictivo

Presunción de inocencia

Individualización de la pena

Delito de violación