Sentencia Penal Nº 124, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 7 de 29 de Septiembre de 1999
Última revisión
Sentencia Penal Nº 124, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 7 de 29 de Septiembre de 1999
Sentencia
Orden: Penal
Fecha: 29 de Septiembre de 1999
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 124
Nº de recurso: 7
Resumen
Sendo ao redor das 20:45 horas dese día, o acusado
propúxolle a Isabel iren tomar outra consumición a outro bar, situado na praia
fluvial, desa localidade, aceptando esta última; encarreiráronse entón os dous
cara a ese lugar, indo diante o acusado e tras del Isabel. Non está acreditado
que o acusado se achase nun estado de embriaguez ou de intoxicación de
substancias estupefacientes que anulasen ou diminuísen as súas facultades
intelectivas ou volitivas.O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións definitivas,
que modificou no acto da vista, cualificou a súa versión dos feitos como
constitutivos dun delicto de agresión sexual agravado dos arts. 178, 179, 180-3º e 70 do Código penal, dunha falta de lesíóns do art. 617-1 do mesmo código, solicitando a pena de 15 años de prisión, polo delicto, arresto de 6
fins de semana pola falta, accesorias, custas e a que lle indemnice a Isabel
10.000.000 de pta.Os feitos que se declaran probados constitúen: A) un delicto
de agresión sexual dos arts. B) Unha falta de lesións do art. 617.1 do mesmo
código.A actitude agresiva do acusado cara a víctima, golpeándoa dolosamente, e
causándolle as lesións que se describen na alínea de feitos probados desta
sentencia, aparece acreditada de xeito claro e incontestábel, tanto polas declaracións
da prexudicada, que verbo da súa veracidade non xeran dúbida ningunha no
tribunal, como da realidade mesma das lesións, pericialmente contrastadas, e
acaecidas nun contexto espacio-temporal no que non cabe outra alternativa qua
de que foron xeradas polo acusado.
Aínda que tampcuco non ofrece dúbida ningunha que o
acusado cometeu o delicto de agresión sexual, antes amentado, a súa especial
gravidade fal necesario, se cabe, un maior detimento na súa análise, e
nomeadamente, do elemento violento que o configura.No primeiro termo, o acusado
recoheceu no acto do xuízo oral o feito da felación, aínda que afirme que foi
un acto consentido ou puramente voluntario da víctima. O devandito
recohecemento seria abondo para apreciármo-lo delicto de agresión sexual se,
claro é, houbese violencia pola súa parte. E tamén recoñeceu que tentou
penetrar vaxinalmente a víctima, aínda que non o conseguise, engade, por non
ter unha erección axeitada.A fin, ese feito do bico é compatíbel coa agresión
sexual, como o é tamén o feito de que esta non tivese racha ningunha na súa
roupa, pois ante a inicial actitude sinxelamente ameazante e intimidatoria do
acusado non tivo máis remedio que permitir, que non consentir, que lle fose
quitada a roupa.Ao carón desas declaracións do suxeíto pasivo do ilícito
existen as lesións aturadas por este, que polas súas caracterísiticas son
reflexo dun comportamento agresivo do acusado ante a resistencia da víctima.
Convén lembrarmos que o acusado non ofrece ningunha alternativa razoábel para el
explicar esas lesións, as que a prexudicada non tiña con anterioridade aos
feitos agora axuizados. Dunha beira, o acusado nega as agresións. Mais, por
outra, o seu letrado defensor afirma no seu escrito de cualificación que o seu
defendido lle deu dúas labazadas á víctima para a tranquilizar, polo ataque de
nervios que padeceu despois do acto sexual. Engadindo esta resolución nun caso
substancialmente idéntico ao agora axuizado que "... Non concorre nos
feitos axuizados circunstancia ningunha modificativa da responsabilidade penal.
A embriguez ou intoxicación por estupefacientes do acusado ata o punto de ter
anuladas ou sinxelamente diminuídas as súas facultades intelectivas ou
volitivas son carecentes de todo apoio probatorio. Desbotadas, por interesadas,
as declaracións do acusado neste punto, declaracións, por certo, nada rotundas
ou sólidas, as testemuñas, integradas pola propia víctima e a dona do bar,
negan eses estados do acusado.No derradeiro lugar, imporáselle ao acusado polo
delicto de agresión sexual a pena de nove años de prisión en atención ás
circunstancias que arrodearon este feito, exteriorizado en dous acometementos
sexuais, aínda que efectuadas ininterrumpidamente, que revestiron unha especial
brutalidade exteriorizada nas lesións aturadas pola víctima.Que é mester nós
condenármo-lo acusado, TELMO , e de feito condenámolo, como autor criminalmente
responsábel dun delicto de agresión sexual, xa definido, e dunha falta de
lesións, igualmente definida, ás penas: polo delicto, de NOVE ANOS DE PRISION,
e pola falta, DE ARRESTO DE CINCO FINS DE SEMANA, ao pagamento das custas
procesuais, inseridas as da acusación particular, e a que lle indemnice a
Isabel 2.030.000 pesetas, cantidade á que lle será de aplicación o avindo no
art. 921 da LAC. Cando esta sentencia for firme, comuníqueselle ao Rexistro
Central de Penados e Rebeldes para que faga as acaídas añotacións.
Voces
Agresión sexual
Arresto
Auxilio
Estupefacientes
Intimidación
Violencia
Embriaguez
Hecho delictivo
Presunción de inocencia
Individualización de la pena
Delito de violación
Se ha alcanzado el límite semanal de acceso por IP a 5 sentencias
Para poder acceder al doble de documentos semanales regístrese de manera gratuita:
Registro Gratuito¿Necesita un acceso ilimitado?
Vea aquí nuestras tarifas de suscripciónSi es usted cliente o ya se ha registrado, introduzca sus datos de acceso.
Acceder