Sentencia Penal Nº 13, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 2 de 27 de Enero de 2000
Sentencia Penal Nº 13, Au...ro de 2000

Última revisión
27/01/2000

Sentencia Penal Nº 13, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 2 de 27 de Enero de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 27 de Enero de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 13

Nº de recurso: 2

Resumen
   A parte solicitaba a citación para o acto do xuízo dunha serie de persoas xurídicas. Pois ben, á parte de que algunha desas persoas xa figuraba como constituída en parte nos actos e foi citada, o certo é, ademais, que a denegación da citación das outras, por parte da xulgadora, non xerou unha indefensión para a parte, que lle sexa imputábel ao órgano xudicial, pois esa invocada indefensión non ten máis orixe que a actitude serodia da propia parte, que solicita as devanditas citacións cando só faltaban catro días para o acto do xuízo, o que facía imposíbel esas citacións, xa que tódolos citados residían noutros partidos xudiciais, aos que se lles tiña que libra-los acaídos exhortos, imposíbeis de cubrir naquel cativo prazo, cando -o que é máis grave e inadmisíbel- a propia parte dispuxo de tempo máis que abondo para o solicitar con anterioridade, pois non é ben esquecermos que xa puido solicitar esas citacións para o primeiro xuízo, convocado uns seis meses antes, e que precisamente foi suspendido por pedimento e en interese desa parte. Se conxugamos esta pretensión da parte coa anterior, tírase unha certa e patente finalidade dilatoria da parte. Para concluírmos, e sen necesidade doutros especiais e complexos razoamentos, débese confirma-la pronuncia absolutoria da sentencia, que foi impugnada por medio deste recurso, na formulación do cal se observa unha patente temeridade, que leva a impórmoslle as custas procesuais desta alzada ao recorrente.    

Voces

Indefensión