Sentencia Penal Nº 132, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1167 de 22 de Octubre de 1999
Sentencia Penal Nº 132, A...re de 1999

Última revisión
22/10/1999

Sentencia Penal Nº 132, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1167 de 22 de Octubre de 1999

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 22 de Octubre de 1999

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 132

Nº de recurso: 1167

Resumen
Por mor do golpe propinado polo acusado, a Raquel despegouselle a metade inferior do segundo incisivo superior esquerdo, necesitando unha nova implantación da metade do dente, o que importa nove mil pesetas. Os feítos que se declaran probados constitúen unha falta de lesións do art. 617.1 do C. p., xa que o acusado golpeou coa man na facíana da súa filla, xerándolle contusión que precísou dunha única asistencia facultativa, curando en un día, durante o que estivo impedida para o seu traballo habitual.No feito axuizado non concorre circunstancia ningunha modificativa da responsabilidade criminal, non existindo neste capítulo imputación ningunha por parte do Ministerio Fiscal.Consonte co avindo no art. 116 do C. penal, toda persoa responsábel criminalmente dun delicto ou fatla éo tamén civilmente, sendo neste capítulo ponderada a suma de nove mil pesetas, pedida polo Ministerio Fiscal, importe do arranxo do dente. Que, absolvendo o acusado, ANTONIO P, do delicto de lesións que o Ministerio Fiscal lle imputa, 6 mester nós condenármolo, e de feito condenámolo, como autor dunha falta de lesións, xa definida, sen a concorrencia de circunstancia ningunha modificativa da responsabilidade criminal, á pena de multa de dous meses cunha cota día de mil pesetas, ao pagamento das custas procesuais propias dun xuízo de faltas, e a que lle indemnice a Raquel P a suma de nove mil pesetas, suma á que lle será de aplicación o avindo no art. 921 da LAC.    

Voces

Autor directo