Sentencia Penal Nº 21, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 3 de 18 de Enero de 2000
Sentencia Penal Nº 21, Au...ro de 2000

Última revisión
18/01/2000

Sentencia Penal Nº 21, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 3 de 18 de Enero de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 18 de Enero de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 21

Nº de recurso: 3

Resumen
  A manifestación agora efectuada polo recorrente de que tan só se trata dun obreiro e que só gaña unhas oitenta mil pesetas brutas ó mes, en contraste se amosa coa súa declaración prestada no acto da vista oral no sentido de que era "autónomo", que a súa empresa se chamaba "M S.L." e que "traballaba" con Caixa Pontevedra, de onde que non se enxergue violación algunha, por parte da resolución recorrida, do ó respecto sinalado polo artigo 50.5 do vixente Código Penal.   E a mesma concordancia coa sentencia apelada se debe exteriorizar co apartado relativo á responsabilidade civil, pois, se ben efectivamente os sete días de baixa non precisaron atención hospitalaria, a súa retribución en base a dez mil pesetas diarias abofé que debe entenderse que tamén abraguen o inevitable dano moral sufrido pola víctima ante o comportamento auténticamente deleznable amosado polo apelante que nin respetou intimidades nin domicilios alleos para perpetrar a agresión na persoa da súa antigua parella sentimental. Impóñense as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.      

Voces

Violencia

Falta de lesiones

Días-multa

Violación