Sentencia Penal Nº 25, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1119 de 07 de Marzo de 2000
Sentencia Penal Nº 25, Au...zo de 2000

Última revisión
07/03/2000

Sentencia Penal Nº 25, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1119 de 07 de Marzo de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 07 de Marzo de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 25

Nº de recurso: 1119

Resumen
  O Ministerio Fiscal á hora de elevar as súas provisionais a definitivas cualificou os feitos como constitutivos dun delicto contra a saúde pública, na súa modalidade de tenencia de droga que causa grave dano á saúde destinada ó tráfico, penado n artigo 368 do Código Penal, do que consideraba responable en cncpeto de autor ó acusado conforme o artigo 28 do Código Penal, apreciando a concorrencia da circunstancias agravante de reincidencia do art. 22-8 do Código Penal, e a atenuante de grave adicción a sustancias estupefacientes do art. 21.2 do Código Penal, procede impor ó acusado a pena de cinco años de prisión e multa dun millón de pesetas, comiso da droga íntervida, así como o pagamento das custas.A defensa do acusado mostrou a súa disconformidade co manifestado polo Ministerio Fiscal, solicitando a libre absolución do seu representado. Sobre as 19'08 horas do día 15 de agosto de 1997 o acusado MANUEL, das circunstancias persoais que xa constan, foi detido por axentes da policía local de Bueu na rúa …, da mesma vila, cando saía do automóbil Seat Ibiza, que conducía, momento no cal intentou fuxir portando na súa man unha bulsa de plástico que, a súa vez, contiña outras catro bolsas máis pequenas cunha substancia que, convenientemente analizada, resultou ser heroína, cun peso de 19'780 gramos netos, unha pureza do 52'64%, e un valor aproximado de 489.750 pts.A intervención da policía local de Bueu veu motivada polo feito de que dous axentes da mesma decatáronse da presencia dun vehículo a motor ó conductor do cal tiñan asociado co consumo e posible venda de estupefacientes, así como que proviña o mesmo da estrada de Cangas do Morrazo lugar ó que, segundo aqueles funcionarios, se soe ir a busca-la droga para o seu posterior trapicheo.O conductor do amentado automóbil resultou ser o acusado MANUEL que, ó saír daquel, intentou fuxir cunha bolsa de plástico na man que, a súa vez, contiña outras catro máis pequenas, nas que se inserira a droga que foi incautada (19'780 gramos netos de heroína, cunha pureza do 52'64 %, e un valor aproximado de 489.750 pts). Pois ben, ante a radical negativa do acusado de orientar a posesión da droga que lle foi incautada ó tráfico ou consumo de terceiras persoas alleas a el mesmo, haberá que pescudar se ós autos se achegou a cumprida demostración de tal predicada actividade ilícita tal e como así o viña preconizando a acusación pública. E por enriba, non deron especificado en que datos concretos se baseaban para soster tal hipotética sospeita, non acreditándose sequera que relación gardaba o acusado con aquel automóbil, nin mesmo quen era o seu lexítimo propietario. E por último, a intervención policial paralizouse con tal actividade, isto é, a posta do acusado a disposición da garda civil, e ren máis, non téndose interesado nin, xa que logo, practicado máis pescudas ó respecto (entrada e rexistro no domicilio daquel para ver de se nel se podían atopar obxectos reveladores da autoría delictiva que se lle imputa, etc), sendo de subliñar que ó acusado só se lle ocupou a droga e ningún outro trebello ou instrumento (diñeiro en efectivo, pesas, balanzas, navallas ou coitelos con restos, substancias para corta-la droga, palliñas, papel de aluminio, recortes das esquinas de bolsas, ovos de plástico, cadernos ou follas con anotacións, etc).Só se podería sustentar entón a acusación na cantidade de droga aprehendida, na súa pureza, e no importe económico que podería terse acadado coa súa venda. Mais considérase que tales circunstancias non abondan para enervar a constitucional presunción de inocencia. Do mesmo xeito a STS do 30 xuño 1989 lembraba que "La sentencia de 20 de abril de 1988, con referencia a la heroína, recuerda que la Sala ha venido considerando, como demostrativa de la tenencia tendencial del tráfico ulterior, los casos de posesión o tenencia de droga de las cantidades siguientes: 150 gramos -sentencia 11 de noviembre de 1983-, 15 gramos -sentencia 29 de octubre de 1983-, 17 gramos -sentencia de 23 de febrero de 1984-, 34 gramos -sentencia de 12 de diciembre de 1984-, 11,774 gramos -sentencia de 8 de octubre de 1986-, 3,3 gramos -sentencia de 7 de febrero de 1986-, 31,051 gramos -sentencia de 26 de febrero de 1987-, e 43,6 gramos -sentencia de 16 de septiembre de 1987-, cantidades límites con los módulos exigidos por este Tribunal para la apreciación del subtipo, y que, por tanto, han de servir, con mayor razón, para la deducción del hecho básico, para la apreciación de la prueba de cargo directa o indiciaria; en tanto que el concepto de exigüidad, que debe servir para distinguir en el consumidor habitual de drogas la cantidad que puede suponerse destinada al propio consumo y la que está orientada al tráfico deben ser objeto de interpretación estricta y rigurosa.Se absulve a Manuel.        

Voces

Drogas

Heroína

Estupefacientes

Presunción de inocencia

Reincidencia

Grave adicción a sustancias tóxicas

Atenuante

Decomiso

Contrabando

Sentencia firme

Acusación pública

Actividad delictiva

Indicio probado

Prueba de indicios

Metadona

Toxicomanía

Valoración de la prueba

Prueba de cargo