Sentencia Penal Nº 26, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1039 de 17 de Abril de 2000

TIEMPO DE LECTURA:

  • Orden: Penal
  • Fecha: 17 de Abril de 2000
  • Tribunal: AP - Pontevedra
  • Ponente: Varela Castro, Luciano
  • Núm. Sentencia: 26
  • Núm. Recurso: 1039
Resumen:

O acusado consideraba ao detido en grave angustia pola necesidade de consumo e, amais diso, gravemente deteriorado na saúde polo que pretendía que puidese consumí-la droga agachada. Non concorren circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.Doutra banda, o acusado non nega ter agachada a droga co propósito de que non fose descuberta ainda que engade, en alegación a penas insinuada, que logo se esqueceu de que fixera ese ocultamento. O acusado declara, nembargantes, baixo condicións que ao tribunal lle merecen gran credibilidade no que atinxe ás circunstancias nas que se desenvolve o comportamento do acusado.   Nesas circunstancias, este tribunal non descoñece a doutrina do Tribunal Supremo verbo a subsumibilidade de comportamentos de entrega de droga a familiares ou amigos consumidores a titulo de doazón no tipo penal do tráfego ilícito. Nembargantes, tampouco non descoñece a doutrina asentada en casos de clara similitude co agora axuizado. Singularmente na sentencia TS 2ª, S 20-07-1998, núm. 985/1998, rec. No presente caso: a) non hai difusión, nin contraprestación, tentábase consumo inmediato, sen nutra finalidade que a altruista de amigo para quen estaba na situación propia de consumidor privado de acceso a tóxico, e a cantidade é tan mínima que non acada máis que 72 centésimas de gramo. Polo que conluímos que a conduta do acusado non atopa abeiramento no tipo penal de tráfego ilícito imputado debendo absoverse ao acusado.Deste xeito, por esta a nosa sentencia, da cal se achegará certificación ao rolo da Sala, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.

 


Drogas
Contraprestación
Toxicomanía
Tipo penal
Heroína
Arresto
Decomiso
Síndrome de abstinencia
Centro penitenciario
Antijuridicidad

Ver el documento " Sentencia Penal Nº 26, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1039 de 17 de Abril de 2000 "
¡Es gratis!

  • Accede a más de 4.000.000 documentos
  • Localiza la información que necesitas
No hay legislación relacionada...