Sentencia Penal Nº 262, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 243 de 29 de Noviembre de 1999
Sentencia Penal Nº 262, A...re de 1999

Última revisión
29/11/1999

Sentencia Penal Nº 262, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 243 de 29 de Noviembre de 1999

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 29 de Noviembre de 1999

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 262

Nº de recurso: 243

Resumen
    0 vehículo da denunciante resultou con danos mateirais non acreditados na súa entidade. Tras a devandita sentencia lles ter sido notificada ás partes, MILAGROS  interpuxo recurso de apelación que foi admitido e tramitado consonte co avindo no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal e, téndoselle elevadas as actuacións a esta Audiencia, pasóuselle ao maxistrado relator para el resolver.A parte apelada discute a admisibilidade do recurso por suposta preclusión. 0 recurso de apelación aparece presentado en escrito con data de 9 de xuño, malia facerse constar, a carón do selo do xulgado, a data de 8 de xuño. Fronte á tese da sentencia que afirma a irrelevancia penal do feito por mor da entidade da lesión padecida, cómpre advertirmos que ese feito foi obxecto de proba de pericia no xuízo verbal de faltas. A médico forense non rectifica o seu diagnóstico na fase investigadora. Verbo da saliencia penal desa lesión, cómpre, pola semellanza, citar aquí a sentencia TS 2ª, S 09-01-1996, rec.Tal doutrina resulta actual mesmo logo do hoxe vixente novo Código penal. Daquela que, diante desa avaliación do resultado lesivo, cobre importancia a conducta do conductor denuncaido. Mesmo o informe da Garda Civil actuante limitase a reprochárenlle á conductora do terceiro vehículo unha infracción -non deixar clara a súa vontade de cede-la pasaxe- que, de seu, non abonda para serlle imputado en exclusiva o resultado xerado. En consecuencia, a conducta do denunciado cae na tipificación do artigo 621.3 do Código penal na medida en que leve pero penalmente relevante é a conducta de quen, malia a visibilidade de que dispuña, e vendo que outro vehículo se atopaba na manobra de agardar viramento á esquerda, diminuíndo o espacio practicábel de estrada, non minora a súa velocidade e tenta unha manobra de elusión desaconsellábel para unha persoa prudente. Responsabilidade penal e civil. Da falta anterior resulta criminalmente responsábel o denunciado como autor, segundo o artigo 28 do Código penal e civilmente obrigado á reparación do dano segundo deriva do artigo 116 do mesmo corpo legal.Canto á indemnización, cómpre atermonos ao disposto nos artigos 110 e concordantes do Código penal, en relación coa Lei 122/1962 en redacción dada pola Lei 30/1995 de 9 de novembro, coas contías fixadas pola Orde do Ministerio de Economía e Facenda de 13-3-1997. Resulta evidente que conceptos indemnizatorios de ulterior establecemento legal non son de aplicación a feitos ocorridos denantes.As despesas farmacéuticas non se acreditan, diante do informado polo forense, como vencenllábeis causalmente ao accidente.Canto aos danos materiais, a falta de proba en xuízo oral obriga a remitírmo-la parte á fase de execución para, segundo establece o artigo 984 da Lei de axuizar penal, acreditar e determina-lo importe esixíbel.Que é mester eu estimar, e dese xeito 0 fago, o recurso de apelación movido por dona Milagros fronte á sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª inst e instr de Caldas de Reis, no xuízo de faltas núm. 532/97, revogando a sentencia apelada, e condenando o Sr. Isidro como autor dunha falta de imprudencia simple, xa definida, á pena de 20 días de multa a razón de 1 500 pesetas día e a que lle indemnice á denunciante a cantidade de 215 688 pesetas, incrementadas nun 10 por cento en concepto de corrección por perda de capacidade ocupacional, máis a que se determine en execución de sentencia polo concepto de danos materiais, cantidade da que responderá a aseguradora W.  de xeito directo. Deste xeito, por esta a miña sentencia, á fin xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.  

Voces

Práctica de la prueba

Daños materiales

Lesividad

Falta de imprudencia simple