Sentencia Penal Nº 32, Audiencia Provincial de Ourense, Rec 394 de 11 de Febrero de 2000

TIEMPO DE LECTURA:

  • Orden: Penal
  • Fecha: 11 de Febrero de 2000
  • Tribunal: AP - Ourense
  • Ponente: Orosa Rico, Paula
  • Núm. Sentencia: 32
  • Núm. Recurso: 394
Resumen:

 

 

Pola demandada dona Gloria recórrese en apelación a sentencia dictada na instancia para interesar só a parcial revogación desta última en dous dos seus particulares pronunciamentos: o relativo á contía da pensión alimenticia, e o atinxente ó uso e disfrute do motocultor.Non se limitou a referida demandada a contestar á demanda de separación ue de contrario foi formulada polo seu marido, senón que aproveitando a mesma deduciu reconvención para, entre outras cousas, interesar a fixación dunha pensión alimenticia a favor dos fillos do matrimonio, concretando a mesma na suma mensual de trinta mil pesetas.Con tal fundamental bagaxe probatorio, certamente que aq suma fixada pola Xulgadora a quo e tan só cinco mil pesetas menos que as interesadas pola demandada-apelante, lonxe de considerarse desaxustadas, repútanse ponderadas e ben proporcionadas ás necesidades de toda orde dos alimentistas e ás auténticas e reais posibilidades do alimentante de atende-las mesmas.Efectivamente, carece de obxecto o alegado formulado pola apelante no sentido de deixar sen efecto o pronunciamento relativo á atribución ó esposo do uso e disfrute do motocultor, cando ó mesmo se lle fixou a duración temporal de dous años, e este lapso temporal xa ten transcorrido con exceso dende a data da sentencia (8 setembro 1997) ata o día de hoxe. Prantexado así o tema amósase acertada a solución adoptada pola Xulgadora a quo polos motivos anteriormente expresados e en consideración sobre todo a que á apelante réstalle aínda a posesión do automóbil e ciclomotor e que recuperará (se xa non o fixo) a tamén posesión do motocultor transcorridos dous años.Dada a natureza deste tipo de procedementos e as concretas cuestións que se discutían na presente alzada, non se fai especial pronunciamento verbo das custas que se puidesen ter xerado.Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga, Se desestima o recurso de apelación interposto pola representación de don GLORIA, fronte á sentencia dictada polo JDO.1 INST.E INSTR. 1 REDONDELA na data 8 de setembro de 1997 debemos confirmar e confirmamos, a devandita sentencia recorrida, sen facer especial pronunciamento verbo das custas que se puidesen ter xerado. Achéguese testemuño desta sentencia ó seu rolo de Sala, notifíquese de xeito legal ás partes e devólvanse as actuacións ó Xulgado de orixe con testemuño da resolución dictada, por quen se acusará recibo. Deste xeito, por esta sentencia nosa, á  fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

 


No hay voces...

Ver el documento " Sentencia Penal Nº 32, Audiencia Provincial de Ourense, Rec 394 de 11 de Febrero de 2000 "
¡Es gratis!

  • Accede a más de 4.000.000 documentos
  • Localiza la información que necesitas
No hay legislación relacionada...