Sentencia Penal Nº 32, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1006 de 24 de Mayo de 2000
Sentencia Penal Nº 32, Au...yo de 2000

Última revisión
24/05/2000

Sentencia Penal Nº 32, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1006 de 24 de Mayo de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 24 de Mayo de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 32

Nº de recurso: 1006

Resumen
    A tese da acusación fai súa unha inferencia que pola súa banda fan as testemuñas policiais. Estas manifestan ter visto como o acusado entrega "algo" a don José Manuel. Pero advirten as testemuñas que non poden asegurar que o entregado fose a palliña ocupada. Ámbalas dilas advirten que cando achegan ao lugar, o acusado e o Sr. Mondragón xa estaban xuntos en conversa. Sendo iso así, non poden negar que fose posíbel que o que entrega o acusado ao seu interlocutor non sexa "devolución" do que acaba de recibir o acusado do seu tal interlocutor.Certamente en instrucción. Nesa lectura coñécese que o tal interlocutor, malia declarar como ímputado, xa que logo, con interese en poder inculpar ao acusado, fai contundente protesta de que non lle adquiriu droga ningunha a tal acusado.A conclusión non pode ser outra: se non hai méritos para afirmar que o acusado foi receptor de droga, cando menos non existe proba de cargo de abondo avaliébel como xustificadora da afirmación de que foi el que entregou droga ao Sr. Desde logo, a única proba de cargo achegada, as testemuñas policiais, non achegan no senso da acusación senón avaliacións ou inferencias por eles feitas a partires do percibido, pero deixando constancia de que o que perciben non é o afirmado pola acusación. Se o único feito probado non é constituinte do delicto imputado, cómpre a absolución do acusado.    

Voces

Drogas

Reincidencia

Heroína

Estupefacientes

Atenuante

Grave adicción a sustancias tóxicas