Sentencia Penal Nº 40, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1016 de 18 de Mayo de 2001
Sentencia Penal Nº 40, Au...yo de 2001

Última revisión
18/05/2001

Sentencia Penal Nº 40, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1016 de 18 de Mayo de 2001

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 18 de Mayo de 2001

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 40

Nº de recurso: 1016

Resumen
O recurso de apelación combate aquela conclusión da sentencia que establece a autoría do acusado por estimar que o manifestado polas testemuñas non abonda para avía-la inferencia feita pola Ilma. Xulgadora. A proba non abonda para concluí-la autoria imputada. A sentencia apelada argumenta cun sobreentendido que non resulta aceptable: a coetaneidade entre o momento da subtracción e aquel no que o acusado foi visto dentro do establecemento. Doutra banda, a testemuña empregado -Sr. F.......- Do anterior deriva unha situación na que non se entende como puido o acusado estar fóra da percepción polo dono da tenda Númentres o acusado estivo dentro. Cando menos verbo dese escenario non foi feita indagación ningunha no interrogatorio do que se dá conta na acta do xuízo oral. na caixa, quen estivo no primeiro andar desde ese último momento ata que o acusado foi visto polo dono e empregado baixando a escaleira que leva do primeiro andar ao baixo. Doutra banda, a sentencia tira consecuencias da falta de explicación polo acusado canto á posesión de 80.000 pta, ou mellor dito da credibilidade das explicacións que si foron dadas. Por tódalas devanditas razóns este Tribunal estima que as alternativas á declaración de feitos probados da apelada -subtracción noutro intre e por persoa diversa do acusado- non son irrazoables, nin son menos cribles que a proclamada pola sentencia de xeito non compatible co principio que debe inspira-la decisión xurisdiccional penal: decanta-la dúbida a prol do acusado.

Voces

Responsabilidad

Autor directo

Delito de hurto