Sentencia Penal Nº 43, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 39 de 03 de Mayo de 2001
Sentencia Penal Nº 43, Au...yo de 2001

Última revisión
03/05/2001

Sentencia Penal Nº 43, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 39 de 03 de Mayo de 2001

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 03 de Mayo de 2001

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 43

Nº de recurso: 39

Resumen
O representante do Ministerio Fiscal solicitou a condena do agora apelante Ma......... como autor de dúas faltas do artigo 617.2 do Código Penal, á pena de dez días de multa a razón dunha cota diaria de 1000 pesetas. Por cada unha delas; e como autor dunha falta do artigo 617.1 do mesmo Texto Legal, á pena de un mes de multa a razón dunha cota diaria de 500 ptas. A Xulgadora a quo ó así acusado condenouno, como autor de dúas faltas de lesións (artigo 617.1 CP) á pena de un mes de multa a razón dunha cota diaria de 500 ptas; e como autor da falta de maltratos (art. 617.2 CP) á pena de dez días con idéntica cota diaria, previa invocación na fundamentación xurídica do disposto no artigo 638 do vixente Código penal. Deste xeito, a Ma............ correspondíalle, como autor dunha falta de lesións, prevista e penada no artigo 617.1 do Código Penal, a pena de un mes de multa a razón de 500 ptas diarias; e como autor de dúas faltas de maltratos, previstas e penadas no artigo 617.2 do Código Penal, a pena de dez días de multa a razón dunha cota diaria de 500 ptas., por cada unha delas. Pois ben, a parte de que non existe fidedigna constanda de tal xeito de proceder, o mesmo apelante recoñece que no desvalor do inxusto penal nula trascendencia se derivaría de tal circunstancia pola natureza mesma dunhas faltas que el mesmo admite ter cometido, e se ó que se refería era a vertente civil entón hai que lembrar que o Ministerio Fiscal instou unha indemnización para Ra........... aclárase que o será nos seguintes definitivos termos: como autor dunha falta de lesións prevista e penada no artigo 617.1 do Código Penal, á pena de UN MES DE MULTA A RAZÓN DE 500 PESETAS DIARIAS; e como autor de duas faltas de maltratos, previstas e penadas no artigo 617.2 do Código Penal, A PENA DE DEZ DIAS MULTA A RAZÓN DUNHA COTA DIARIA DE 500 PTAS., por cada unha delas, debendo satisfacer as multas impostas nun só prazo nos cinco primeiros días do mes seguinte a aquel no que lle sexa notificada a sentencia, quedando suxeito en caso de impago a una responsabilidade penal subsidiaria dun día de privación de libertade por cada dúas cotas diarias no satisfeitas, e o pagamento das custas da primeira instancia, con declaración de oficio das xeradas na presente alzada.

Voces

Malos tratos

Falta de lesiones

Responsabilidad penal subsidiaria

Acusación pública

Días-multa