Sentencia Penal Nº 51, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1120 de 19 de Mayo de 2000
Sentencia Penal Nº 51, Au...yo de 2000

Sentencia Penal Nº 51, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1120 de 19 de Mayo de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 19 de Mayo de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 51

Nº de recurso: 1120

Resumen
  Téndoselles notificada a devandita sentencia ás partes, RAMIRO interpuxo recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos dous efectos. Mais non existe ningunha proba para que se aprecie esa circunstancia. Doutra beira, as testemuñas non fan ningunha manifestación sobre ese estado do acusado. No segundo lugar, solicita que se aprecie aquela circunstancia como atenuante moi cualificada, e non como atenuante simple. Mais esta invocación semella baldía, e carecente de toda practicidade, pois o certo é que, aínda que a sentencia di na súa fundamentación xurídica que aprecia a circunstancia amentada como atenuante simple, o certo é que para os efectos penolóxicos vén estímala como moi cualificada, pois, de ser acollida como atenuante simple, a mínima pena a impoñer sería a metade inferior desta (art. 6, núm. 2, do cp), é dicir, de un a dous años (art. 240), mais na sentencia imponse a pena de nove meses, aplicando, á fin, a pena inferior nun grao, como se dunha atenuante moi cualificada se tratar (art. 66, núm. 4). As custas procesuais desta alzada decláranse de oficio.Que é mester nós rexeitarmos, e de feito rexeitámolo, o recurso de apelación formulado por RAMIRO, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado do Penal Pontevedra 1, na data de 26 de maio de 1999, con declaración de oficio das custas procesuais desta alzada.    

Tiempo de lectura: 0 min


Voces

Atenuante

Autor directo

Robo con fuerza

Responsabilidad

Robo con fuerza en las cosas

Grave adicción a sustancias tóxicas

Ejecución de sentencia

Decomiso

Drogas

Eximentes incompletas

Violencia