Sentencia Penal Nº 53, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 26 de 18 de Mayo de 2000

TIEMPO DE LECTURA:

  • Orden: Penal
  • Fecha: 18 de Mayo de 2000
  • Tribunal: AP - Pontevedra
  • Ponente: Varela Castro, Luciano
  • Núm. Sentencia: 53
  • Núm. Recurso: 26
Resumen:

 

Tras a devandita sentencia lles ter sido notificada ás partes, DOLORES interpuxo recurso de apelación, que foi admitido e tramitado consonte co avindo no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal. Téndoselle elevadas as actuacións a esta Audiencia, pasóuselle ao maxistrado relator para el resolver.O primeiro dos motivos do recurso non pode ser acollido. Non corroboran a tese de previa agresión polo lesionado. A realidade da lesión resulta acreditada pola non discutida credibilidade, nese concreto particular, do parte médico forense.Pola contra, a ausencia de calquera mínima alusión á actividade desenvolvida pola víctima e, xa que logo, a absoluta falta de calquera mínimo indicio de perda patrimonial derivada causalmente da lesión, leva a desbota-lo inxustificado -a sentencia nada di verbo diso- criterio da recorrida, seguindo pautas obxectivas fixadas para outros ámbitos de responsabilidade como é a indemnización de lesións con ocasión do tráfego viario.Respecto disto, tense por indemnización de abondo 15 000 pesetas. Que é mester eu estimar parcialmente, e dese xeito o fago, o recurso de apelación movido por dona Dolores R fronte á sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Inst e Instr da Estrada-1, no xuízo de faltas núm. 139/99, no senso de fixarmos en 15 000 pesetas a indemnización a prol da víctima, confirmando no máis a apelada sen facermos especial imposición das custas desta instancia.Deste xeito, por esta a miña sentencia, cabeiramente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

 


Autor responsable
Falta de lesiones
Responsabilidad
Informes periciales

Ver el documento " Sentencia Penal Nº 53, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 26 de 18 de Mayo de 2000 "
¡Es gratis!

  • Accede a más de 4.000.000 documentos
  • Localiza la información que necesitas
No hay legislación relacionada...