Sentencia Penal Nº 58, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1033 de 14 de Noviembre de 2000
Sentencia Penal Nº 58, Au...re de 2000

Última revisión
14/11/2000

Sentencia Penal Nº 58, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1033 de 14 de Noviembre de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 14 de Noviembre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 58

Nº de recurso: 1033

Resumen
 PROCEDIMIENTO ABREVIADO POR DELICTO CONTRA A SAUDE PÚBLICA O acusado posuia, dentro dun bote dos adicados a garda de películas de fotografía, sete paquetes que contiñan cada un cinco palliñas, cheas de heroína ata un peso total de 2,209 g desta substancia con pureza de 60,90%. Non consta que o acusado tentase adicar esa substancia á venda a terceiras persoas. Tampouco consta que momentos antes, unha terceira persona, lle entregase a esta substancia ningunha en pagamento dunha débeda do acusado con ésta, por importe de mil pta. A única imputación a considerar probada é aquela verbo da que versou o xuízo oral, no que se facían dúas imputacións diversas a eses dous acusados: unha a entrega dunha palliña a unha terceira persoa en pagamento dunha débeda; a outra, que a substancia que se lles ocupa era adicada, polos dous, á venda a terceiros. Canto ó adicamento polos acusados ao tráfego da droga que se lles ocupa, as argumentacións do Ministerio Fiscal para xustificar a acusación, refírense á posesión misma da droga; ó feito de que a intervención da policía non é casual, si non froito dunha investigación; alude tamén a contradiccións nas declaracións dos imputados e, por último, refírese a cantidade e pureza da droga ocupada. A este respecto, compre dicir que o acusado presentaba síndrome de abstinencia, sendo consumidor de opiáceos e cocaína. Estas premisas, postas en relación coa pouca cantidade de droga ocupada, non permiten afirmar que a mesma fose adicada á venda. Respecto á entrega da cantidade de droga a unha muller por un dos imputados en pago dunha deuda, o elemento de xuízo alegado pola acusación son as manifestacións de dúas testemuñas, a muller e o seu marido. A muller retráctase do aneriormetne dito no xuízo oral, sendo corroborado este extremo polo seu marido, polo tanto, debe terse por acreditado.

Voces

Drogas

Heroína

Coimputado

Presunción de inocencia

Síndrome de abstinencia

Arresto

Medios de prueba

Prueba de cargo

Informes periciales

Decomiso

Consumo compartido

Omisión

Minuta