Sentencia Penal Nº 58, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 52 de 16 de Mayo de 2001
Sentencia Penal Nº 58, Au...yo de 2001

Última revisión
16/05/2001

Sentencia Penal Nº 58, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 52 de 16 de Mayo de 2001

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 16 de Mayo de 2001

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 58

Nº de recurso: 52

Resumen
O Xulgador a quo dá como probado o feito -crucial e determinante da culpa de que cando a denunciante procedeu a subi-la cama dun dos módulos, éste caeu sobre ela, ou, utilizando a expresión da sentencia, o módulo "venceu", caendo, sobre a Sra. L......... o devandito relato fáctico non está suficientemente acreditado, ou dito doutro xeito, non aparece probado coa certeza necesaria, excluínte de calquera dúbida razoable, e a traverso da proba incriminatoria ou de cargo bastante, a caída do módulo "ao subirse" a cama, e que esa caída o vencemento do módulo obedecera a causas diversas. A testemuña denunciante -a declaración da cal ten que ser observada con extrema reserva por obvias razóns- non foi moi precisa e coherente no relato dos feitos. Doutra parte, recoñece que estaba a realizar operacións de limpeza, en clara coincidencia coa declaración da testemuña, antes mencionada. E doutra, o feito alegado pola denunciante, de proceder a subí-la cama, se compadece mal con declaración do seu fillo, de que cando se marcharon os instaladores "las camas quedaron subidas". En definitiva, existe unha insuficiencia probatoria sobre o xeito preciso de producirse o sinistro, ou o que é o mesmo, unha incertidume sobre a etioloxía da caída do módulo, defecto probatorio, e incertidume conseguinte, que non poden ser interpretados senón so senso más favorable para os acusados, a absolución dos cales resulta obrigada, dado o eido penal no que nos atopamos. Mais, en segundo termo, e aínda admitindo para os efectos simplemente polémicos que o módulo caera ao subir a lesionada a cama, os comportamentos dos acusados non mercería a sanción derivada dese restrinxido eido, sen perxuízo do encaixe que poidan ter noutras esferas xurídicas. A ausencia de anclaxes nas paredes para impedí-la caída dos mobles, dun fondo duns cincuenta centímetros, e apoiados plenamente no solo, non parece feito suficiente para afirmar que esa omisión de anclaxes, de ser necesarios, leve ao entendemento da concorrencia dunha culpa penal -nunca presumíbel- nos acusados recorrentes.

Voces

Culpa

Autor responsable

Falta de lesiones

Indemnización civil

Responsabilidad

Interés legal del dinero

Insuficiencia probatoria

Omisión