Sentencia Penal Nº 61, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1049 de 05 de Septiembre de 2000

TIEMPO DE LECTURA:

  • Orden: Penal
  • Fecha: 05 de Septiembre de 2000
  • Tribunal: AP - Pontevedra
  • Ponente: Barreiro Prado, Jose Juan Ramon
  • Núm. Sentencia: 61
  • Núm. Recurso: 1049
Resumen:

O Avogado do Estado remata a súa impugnación interesando "se dicte sentencia, por la que, revocando la de instancia, se tipifique el delito y se imponga la pena solicitada por esta parte y por el Ministerio Fiscal"; mais resultou que se ben o representante deste último, tanto á hora de provisionalmente calificar os feitos axuizados como, posteriormente, no acto da vista oral, efectivamente interesou se tipificasen aqueles como constitutivos dun delito de atentado, previsto e penado nos artigos 550 e 551.1 do vixente Código Penal, o certo é que, agora, expresamente ten impugnado o recurso de apelación da Avogacia do Estado na representación e defensa que no presente procedemento ostenta, e explicitamente remata o Fiscal por solicitar nesta alzada a confirmación da sentencia apelada, aquientándose así coa consideración xudicial da instancia de seren os feitos encadrables na falta prevista e penada no artigo 620.2 do mesmo texto legal.

Pois ben, cando ó Avogado do Estado lle chegou a ocasión de formular o seu escrito de conclusións provisionais, limitouse a literalmente consignar en idéntico numeral co da acusación pública, conformes con el correlativo del Ministerio Fiscal"; e ren máis, non propugnándose así daquela a inclusión da expresión que o recorrente en apelación agora, de xeito serodio pois, bota en falla na declaración de feitos probados.

Deste xeito, correctamente se ten obrado pola Maxistrada-Xuiz a quo á non reflectir tal particular na resolución da súa autoría.

En canto á cualificación xurídica dos feitos axuizados como constitutivos dunha falta prevista e penada no artigo 620.2 do Código Penal e non como merecedores do reproche delictivo dos artigos 550 e 551.1 do mesmo texto penal, como neste sentido teima o recorrente nesta alzada, cómpre igualmente ratificar o criterio xudicial sostido na instancia.

Se desestima el recurso.

 

 

 


Diligencias previas
Acusación pública

Ver el documento " Sentencia Penal Nº 61, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1049 de 05 de Septiembre de 2000 "
¡Es gratis!

  • Accede a más de 4.000.000 documentos
  • Localiza la información que necesitas
No hay legislación relacionada...