Sentencia Penal Nº 61, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 53 de 24 de Mayo de 2000
Sentencia Penal Nº 61, Au...yo de 2000

Última revisión
24/05/2000

Sentencia Penal Nº 61, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 53 de 24 de Mayo de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 24 de Mayo de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 61

Nº de recurso: 53

Resumen
    Dúas eran as manobras realizadas polos dous usuarios da estrada: o apelante fixo unha manobra de adiantamento; a apelada, unha de viramento con cambio de dirección e vieiro. Quen imputa responsabilidade a un deses usuarios vén soporta-la carga de acreditar que na manobra feita polo imputado non foi observada a norma regulamentaria. O apelante afirma que na manobra de viramento a apelada incumpre a norma reguladora.Canto ao aviso, é debido facelo con anticipación de abondo. A proba practicada non avala a tese desa omisión. Pero esa declaración di tamén que non percibe unha minoración de velocidade no coche. Porque dona Josefina Pan non admite ter visto ela o intermitente, aínda que non nega que puidese ser posto.Daquela que tales medios de proba autorizan unha única conclusión de proba posíbel: o intermitente foi posto e non consta cando. Aquí a carga da proba non se atribúe en atención á esixencia de responsabilidade, porque non se reclama do apelante. Pero, na medida en que alega que o seu comportamento exclúe a pretendida xustificación da apelada e non pode serlle imputado ao apelante o resultado, cómprelle a el acadar tal proba.Daquela que abondou co sinxelo inicio do viramento para que a colisión, que se recoñece non foi alén dun simple roce, fose inevitábel. Que é mester eu rexeitar, e de feito rexéitoo, o recurso de apelación movido por don Juan fronte á sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Inst e Instr de Lalín-2, no xuízo de faltas, confirmando a devandita sentencia con imposición das custas ao apelante.    

Voces

Primera asistencia facultativa

Daños materiales

Omisión

Culpa