Última revisión
Sentencia Penal Nº 71, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1047 de 11 de Mayo de 2000
Sentencia
Orden: Penal
Fecha: 11 de Mayo de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO
Nº de sentencia: 71
Nº de recurso: 1047
Resumen
APELACIÓN CIVIL
Ningún dos motivos de apelación invocados pola demandada,
e agora recorrente, se acollen. Tamén debe ser desbotado o terceiro motivo da
apelación, e referido á constitución dun aval bancario polo importe de doce
mensualidades. Para rematarmos, tamén está chamada ao fracaso a alegación da
recorrente, atinxente ao desconto que fixo da renda en concepto de despesas de
auga, que estima que son superiores ás correspondentes ao fin negocial, por ter
ainda vixente as taxas, máis elevadas, polo concepto de obra. Derradeiramente,
se se examinan as taxas remitidas pola entidade …, SL (folio 45), obsérvase que
non existe tanta diferencia, como a apuntada pola demandada, entre a taxa por
obras, e taxa por uso comercial, que sería a correspondente ao negocio, e non
por usos domésticos.O actor adheriuse ao recurso no capitulo exclusivo das
custas procesuais, sobre as que a xulgadora a quo decide non facer unha
especial declaración.Á fin, a integra estimación da demanda ten que levar a
impórmoslle as custas procesuais da primeira instancia á demandada por mandado
do art. 523 da LAC, por non concorrer motivo ningún de excepción que aconselle
non aplicármo-lo criterio xeral do vencemento obxectivo, proclamado por este
precepto.O rexeitamento da apelación e a acollida da adhesión levan a
impórmoslle as custas procesuais desta alzada á parte demandada recorrente
(art. 736 da LAC).
Voces
Fuerza probatoria
Ver el documento "Sentencia Penal Nº 71, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1047 de 11 de Mayo de 2000"
Acceda bajo demandaAccede a más de 4.000.000 de documentos
Localiza la información que necesitas