Sentencia Penal Nº 9, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 253 de 25 de Enero de 2000
Sentencia Penal Nº 9, Aud...ro de 2000

Sentencia Penal Nº 9, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 253 de 25 de Enero de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 25 de Enero de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 9

Nº de recurso: 253

Resumen
      Que a conductora acusada vira cando se acha diante do punto sinalado como 4º na traza gráfica da policía local.Ausencia de proba.Pero ese punto non puido ser fixado polos axentes policiais expertos ollando o escenario do accidente. Quizais, de a parte apelante ter amosada unha máis coidadosa estratexia procesual, se podería facer valer de nformes periciais concernentes; mais non o fixo.Pero xa se deixa dito que a testemuña -conductor do camión- non chega a afirmar tal falta de sinalamento. Canto que elemento de cargo a proba incúmbelle á acusación. Fracasada no intento, é ben partir de que tal infracción non ocorreu.Neglixencia no apelante como causa normativa á que lle imputar obxectivamente o resultado.    Pois que esta conclusión fai esmorece-la pretensión recriminadora cara á acusada, cómpre a súa consideración.    Pero non rematan aí as infraccións temerariamente acometidas polo recorrente; porque, de ser certo que o coche adiantado vira onde o chan está sinalado con liña continua, mal pode o ciclomotorista respecta-la obriga de adiantar separándose 1.5 metros do adiantado (artigo 85.5 do regulamento amentado) sen invadi-lo semilargo esquerdo que aquela liña non só prohibe usar a quen vai no setindo que o apelante la. Dese xeito a infracción que lle reprocha á acusada é precisamente a infracción que fai rexeitábel o comportamento do ciclomotorista.            

Tiempo de lectura: 0 min


Voces

Lesividad