Sentencia Social 315/2025...o del 2025

Última revisión
12/11/2025

Sentencia Social 315/2025 Juzgado de lo Social de Vigo nº 6, Rec. 987/2024 de 16 de julio del 2025

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 24 min

Orden: Social

Fecha: 16 de Julio de 2025

Tribunal: Juzgado de lo Social nº 6

Ponente: ALEJANDRO COUSELO BARRIO

Nº de sentencia: 315/2025

Núm. Cendoj: 36057440062025100009

Núm. Ecli: ES:JSO:2025:2446

Núm. Roj: SJSO 2446:2025

Resumen:
ORDINARIO

Encabezamiento

XDO. DO SOCIAL N. 6 VIGO

SENTENZA: 00315/2025

RÚA PADRE FEIJOO NÚM. 1 ANDAR 16 36204-VIGO

Tfno:886218430-218952-53

Correo Electrónico:social6.vigo@xustiza.gal

Equipo/usuario: CO

NIG:36057 44 4 2024 0006870

Modelo: N02700 SENTENCIA

PEF DCHO CONCILIA VIDA PERSONAL,FAM Y LABORAL 0000987 /2024

Sobre: ORDINARIO

DEMANDANTE/S D/ña: Azucena/A: Magdalena

DEMANDADO/S D/ña: DIRECCION000. AVOGADO/A: VICENTE VISO VEGA

SENTENZA

Vigo, 16 de xullo do 2025.

Visto e oído por min, Alejandro Couselo Barrio, Maxistrado Xuíz do Xulgado do Social nº 6 de Vigo, o procedemento nº 987/2024 deste xulgado, cuxo obxecto o constitúe unha reclamación de cantidade, pronuncio a presente sentenza. Foron partes no procedemento:

1.- demandante: Azucena que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendido pola Avogada dona Rosa Tárrago Nesta.

2.- demandada: DIRECCION000., que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendida polo Avogado don Vicente Viso Vega.

3.- O Ministerio Fiscal, que non compareceu no procedemento no seu propio nome e interese.

Antecedentes

PRIMEIRO.-O día 21/11/2024 a parte demandante presentou demanda no Decanato dos Xulgados do Partido Xudicial de Vigo. Na mesma a demandante, logo de alegar os feitos e fundamentos de dereito que tivo a ben, solicitou que se ditara sentenza na que se estimara a demanda e se condenara á empresa demandada a recoñecerlle ata que o seu fillo teña 15 anos unha novación contractual consistente nun contrato a tempo parcial de 5+2 non saíndo nunca logo das 15:30 horas. A demandante renunciou no acto do xuízo ás pretensións subsidiarias. Na data 09/01/2025 formulou demanda na que solicitou unha indemnización por importe de 7.500 euros, demanda que foi acumulada á primeiramente presentada.

SEGUNDO.-Admitida a trámite a demanda, sinalouse para os actos de conciliación e xuízo o día 15 de xullo do 2025, data na que tiveron lugar e ós que compareceu a parte demandante, quen se ratificou nas alegacións e pretensións que constan na demanda, agás coma xa indicamos, de desistir das pretensións subsidiarias.

A empresa demandada compareceu no acto do xuízo e contestou á demanda consonte ó contido das alegacións que constan na acta videográfica do xuízo oral.

Foi proposta e practicada a proba de documental e de declaración de testemuñas, e ambas partes concluíron coma tiveron por convinte.

TERCEIRO.-O presente procedemento foi tramitado consonte as normas aplicables.

Hechos

1.-A parte demandante, dona Azucena, con DNI NUM000, ven prestando os seus servizos para a empresa DIRECCION000. dende o 05/02/2007 por causa dunha relación laboral, indefinida, e cunha categoría de Caixeira (Xerente A).

O demandante percibe un salario bruto mensual, incluído o rateo das pagas extras, por importe de 1.681,10 euros (feitos non controvertidos).

2.- A traballadora ven gozando dende o 18/10/2023 dunha redución da xornada por coidado de menor de doce anos, realizando unha xornada de 30 horas semanais de xeito rotativo: unha semana de luns a sábado de 10:30 a 15:30 e outra de luns a venres de 10:30 a 15:30 e sábados de 16:30 a 21:30 horas, contando cun sábado libre cada 6/8 semanas (feitos non controvertidos).

3.- O fillo da demandante cumpriu doce anos o 24/11/2024. Na data 17/10/2024 a traballadora solicitou, facendo referencia ó artigo 22 do Convenio colectivo, unha novación contractual da relación laboral dende o 24/11/2024 pasando a prestar servizos a tempo parcial ata que o fillo menor cumprira quince anos, solicitando en canto á xornada que a empresa valorara a posibilidade de negociar con ela ó acollerse ó 5+2 onde sexa posible respectar o acordo de horario de saída ás 15:30 e, no caso de non ser posible, continuar co mesmo horario laboral que viña realizando (feitos non controvertidos, escrito da demandante presentado á empresa).

4.- Na data 28/10/2024 a empresa contestou á demandante que a partir do 24/11/2024 pasaría a realizar as súas funcións a tempo parcial, cunha xornada de 30 horas semanais ata que o seu fillo cumprira 15 anos. No que atinxe ó horario, a empresa non aceptou a solicitude e lle propuxo á demandante, dentro do 5+2 un horario semanal rotativo de mañá e tarde, debendo escoller no horario de mañá entre os seguintes: de 08:30 a 14:30 ou de 09:30 a 15:30 e no horario de tarde entre os seguintes; de 15:30 a 21:30 ou de 16:30 a 22:30 horas (feitos non controvertidos, comunicación da empresa).

5.- No centro de traballo onde presta servizos a demandante hai persoas traballadoras con adaptación de xornada que prestan servizos na quenda de mañá. Outra traballadora con novación contractual por ter un fillo maior de doce anos e menor de quince realiza quenda rotatoria por semana de mañá e tarde. A meirande afluencia de público neste centro de traballo prodúcese pola tarde (declaración da testemuña).

6.- Esgotouse a vía conciliatoria previa por medio de acto de conciliación que foi presentado diante do SMAC de Vigo na data 21/11/2024 téndose como intentada sen avinza na data 07/01/2025 (certificación achegada coa demanda).

Fundamentos

PRIMEIRO.-Consonte o contido do artigo 97.2 da Lei Reguladora da Xurisdición Social, os anteriores feitos probados resultan do meu exame e valoración da proba que foi practicada no acto do xuízo, conforme ás regras da san e imparcial crítica, efectuada en relación con cada un dos medios de proba e, fundamentalmente, da proba documental achegada por ambas partes.

Compre termos en conta que as partes non fixeron cuestión verbo das circunstancias da relación laboral, o que releva de proba estes extremos fácticos ó abeiro do contido do artigo 87 da LRXS.

SEGUNDO.-A primeira precisión que debemos facer neste procedemento atinxe á delimitación do obxecto do mesmo porque, á vista das argumentacións da demandante nas súas demandas, entendemos que confunde os límites da pretensión laboral que exercitou diante da empresa e que deu lugar, á fin, ó presente procedemento.

Se nos atemos ó seu escrito de data 17 de outubro do 2024, con base no contido do Convenio colectivo, a traballadora solicitou da empresa a novación contractual establecida no artigo 14 do devandito Convenio, publicado no BOE do 28/02/2024, por máis que por confusión no seu escrito aludira ó artigo 22 do Convenio.

Compre advertirmos que este artigo contén a previsión que contén (á que logo aludiremos) porque a traballadora tiña unha relación contractual a tempo completo coa demandada, por máis que gozara dunha redución da xornada por coidado de fillo menor de doce anos, o que implica que, cando o fillo supera esta idade, deixa de gozar da redución da xornada (que se norma no artigo 37 do Estatuto dos Traballadores coma un permiso) e debe prestar servizos a xornada completa.

O artigo 14 do Convenio colectivo permite que as persoas traballadoras que teñan un fillo de entre doce e quince anos e estiveran gozando da redución da xornada, convirtan o seu contrato nun contrato a tempo parcial co mesmo número de horas nas que viñan prestando servizos, e precisamente nisto consiste a novación. >Unha vez acadada a idade de quince anos, a empresa ten a obriga de converte-lo contrato a xornada completa:

Establece o segundo parágrafo do artigo 14 do Convenio colectivo: "Las personas trabajadoras que tengan a su cuidado directo un/a menor de 12 años, que estén disfrutando de una reducción de jornada, cuando se agote la edad máxima legal, pueden solicitar una novación contractual, a tiempo parcial pudiendo mantener el número de horas semanales que venían realizando, hasta los 15 años del/la menor. El horario y la distribución de la jornada se establecerá de acuerdo a las necesidades organizativas de la Empresa en ese momento. Una vez finalizado el contrato a tiempo parcial, la Dirección de la Empresa deberá convertirlo a tiempo total".

Pois ben, isto foi o que solicitou a traballadora da empresa no escrito que sa indicamos do 17/10/2024 e a isto foi ó que respondeu a empresa.

Non nos achamos, polo tanto, diante dos supostos contemplados no artigo 34.8 do Estatuto dos Traballadores e 17 do Convenio colectivo, tendo en conta, sobre todo, que neste último artigo se establece un procedemento negociado para a concreción horaria no que deberán terse en conta as necesidades de ambas partes.

Compre advertirmos que no seu escrito a traballadora non indica necesidade específica algunha en relación co seu fillo menor, só solicita a novación contractual.

Pois ben, sentado o que antecede, entendo que neste procedemento debemos atender só á controversia que xorde entre a traballadora e a empresa por causa da súa solicitude de novación contractual, porque isto foi o que solicitou e do que obtivo contestación.

E dunha simple lectura do texto do Convenio colectivo podemos apreciar que o artigo 14 do mesmo non concede dereito algún á traballadora que solicita tal novación contractual nin a persistir co mesmo horario que tiña cando gozaba da redución da xornada nin a solicitar ningún horario concreto. O texto do Convenio é claro: "El horario y la distribución de la jornada se establecerá de acuerdo a las necesidades organizativas de la Empresa en ese momento".

E iso foi o que fixo a empresa, estimou a petición de novación contractual a xornada parcial de 30 horas e lle sinalou, de acordo coas súas necesidades organizativas, un horario que é o habitual entre os traballadores, de feito, outra traballadora tamén en situación de novación contractual presta servizos no horario rotatorio por semanas de mañá e tarde.

Todo elo sen prexuízo de que exercite os dereitos, no seu caso e de ter as circunstancias precisas, que lle recoñecen o artigo 34 do ET e 17 do Convenio colectivo.

Xa que logo, compre desestimarmos a pretensión exercitada pola demandante.

TERCEIRO.-Alega a traballadora a vulneración dos seus dereitos fundamentais ao ser tratada de xeito diverso que outros traballadores e verse privada dos seus dereitos de conciliación da vida laboral e familiar.

Para resolvermos a cuestión é preciso atendermos a varios parámetros, o primeiro deles a xurisprudencia do Tribunal Constitucional, que argumenta na súa sentenza do 20/10/2008, recurso 2899/2006, o seguinte:

"Tratándose de la tutela frente a actos lesivos de derechos fundamentales, hemos subrayado de forma reiterada la importancia que en relación con la misma tiene la regla de la distribución de la carga de la prueba. Con objeto de precisar con nitidez los criterios aplicables en materia probatoria cuando están en juego posibles vulneraciones de derechos fundamentales en el ámbito de las relaciones laborales resulta oportuno remitirse a lo señalado en nuestra STC 87/2004, de 10 de mayo (FJ 2). Decíamos allí, sistematizando y resumiendo nuestra reiterada doctrina anterior, que la necesidad de garantizar que los derechos fundamentales del trabajador no sean desconocidos por el empresario bajo la cobertura formal del ejercicio por parte de éste de los derechos y facultades reconocidos por las normas laborales para organizar las prestaciones de trabajo, pasa por considerar la especial dificultad que en no pocas ocasiones ofrece la operación de desvelar en los procedimientos judiciales correspondientes la lesión constitucional, encubierta tras la legalidad sólo aparente del acto empresarial. Una necesidad tanto más fuerte cuanto mayor es el margen de discrecionalidad con que operan en el contrato de trabajo las facultades organizativas y disciplinarias del empleador. Precisamente la prevalencia de los derechos fundamentales del trabajador y las especiales dificultades probatorias de su vulneración en aquellos casos, constituyen las premisas bajo las que la jurisprudencia constitucional ha venido aplicando la específica distribución de la carga de la prueba en las relaciones de trabajo, hoy recogida en los arts. 96 y 179.2 de la Ley de procedimiento laboral (LPL ).

La finalidad de la prueba indiciaria no es sino la de evitar que la imposibilidad de revelar los verdaderos motivos del acto empresarial impida declarar que éste resulta lesivo del derecho fundamental ( STC 38/1981, de 23 de noviembre , FFJJ 2 y 3), finalidad en torno a la cual se articula el doble elemento de la prueba indiciaria. El primero, la necesidad por parte del trabajador de aportar un indicio razonable de que el acto empresarial lesiona su derecho fundamental ( STC 38/1986, de 21 de marzo , FJ 2), principio de prueba dirigido a poner de manifiesto, en su caso, el motivo oculto de aquél; un indicio que, como ha venido poniendo de relieve la jurisprudencia de este Tribunal, no consiste en la mera alegación de la vulneración constitucional, sino que debe permitir deducir la posibilidad de que aquélla se haya producido (así, SSTC 114/1989, de 22 de junio, FJ 5 , y 85/1995, de 6 de junio , FJ 4). Sólo una vez cubierto este primer e inexcusable presupuesto puede hacerse recaer sobre la parte demandada la carga de probar que su actuación tiene causas reales absolutamente extrañas a la pretendida vulneración de derechos fundamentales, así como que aquéllas tuvieron entidad suficiente como para adoptar la decisión, único medio de destruir la apariencia lesiva creada por los indicios. Se trata de una auténtica carga probatoria y no de un mero intento de negar la vulneración de derechos fundamentales - lo que claramente dejaría inoperante la finalidad de la prueba indiciaria ( STC 114/1989, de 22 de junio , FJ 4)-, que debe llevar a la convicción del juzgador que tales causas han sido las únicas que han motivado la decisión empresarial, de forma que ésta se hubiera producido verosímilmente en cualquier caso y al margen de todo propósito vulnerador de derechos fundamentales. Se trata, en definitiva, de que el empleador acredite que tales causas explican objetiva, razonable y proporcionadamente por sí mismas su decisión, eliminando toda sospecha de que aquélla ocultó la lesión de un derecho fundamental del trabajador ( SSTC 38/1981, de 23 de noviembre, FJ 3 , y 136/1996, de 23 de julio , FJ 6, por ejemplo)".

Precisa, pola súa banda, a sentenza do Tribunal Constitucional de 22/06/1989, recurso nº 661/1987, que:

" La exigencia es probatoria, consiste para el empresario en una verdadera carga probatoria, y no en un mero intento probatorio. Por lo mismo, ha de llevar al ánimo del juzgador no la duda, sino la convicción de que el despido fue absolutamente extraño a todo propósito discriminatorio. Y esto ha de ser así en uno u otro aspecto, porque de otro modo, si bastaran el mero intento probatorio y la simple duda en el juzgador, el encubrimiento empresarial del despido discriminatorio sería tan fácil como inoperantes, por falta de adecuada y suficiente protección, los derechos fundamentales acogidos en los arts. 14. 16 y 28.1 de la Constitución en su proyección laboral".

Recollendo esta xurisprudencia do Tribunal Constitucional, o Tribunal Supremo en relación coa pretensión de nulidade do despedimento e a articulación da carga da proba nestes supostos, argumenta, tal como se reflicte na súa sentenza de data 14 de febreiro do ano 2012:

"- Sin embargo, y esto es lo determinante, para que opere este desplazamiento al empresario del onus probandi no basta simplemente con que el trabajador afirme su carácter discriminatorio [ STC 266/1993, de 20/Septiembre , F. 2), sino que ha de acreditar la existencia de indicio que «debe permitir deducir la posibilidad de que aquélla [la vulneración constitucional] se haya producido» ( SSTC 114/1989, de 22/Junio , F. 5 ; 85/1995, de 06/Junio , F. 4 ; 144/2005, de 06/Junio, F. 3 ; y 171/2005, de 20/Junio , F. 3), que genere una razonable sospecha, apariencia o presunción en favor de semejante afirmación; es necesario que por parte del actor se aporte una «prueba verosímil» ( STC 207/2001, de 22/Octubre , F. 5) o «principio de prueba» revelador de la existencia de un panorama discriminatorio general o de hechos de los que surja la sospecha vehemente de una discriminación por razón de sexo, sin que sea suficiente la mera afirmación de la discriminación (por todas, SSTC 308/2000, de 18/Diciembre , F. 3 ; 41/2002, de 25/Febrero , F. 3 ; 17/2003, de 30/Enero, F. 3 ; 98/2003, de 02/Junio , F. 2 ; 188/2004, de 02/Noviembre, F. 4 ; 38/2005, de 28/Febrero, F. 3 ; 175/2005, de 04/Julio, F. 4 ; 326/2005, de 12/Diciembre, F. 6 ; 138/2006, de 08/Mayo, F. 5 ; 168/2006, de 05/Junio, F. 4 ; 342/2006, de 11/Diciembre, F. 4 ; y 74/2008, de 23/Junio F. 2).

Además, ese indicio no consiste en la mera alegación de la vulneración constitucional, sino que debe permitir deducir la posibilidad de la lesión ( SSTC 21/1992, de 14/Febrero, F. 3 ; 266/1993, de 20/Septiembre , F. 2 ;87/1998, de 21/Abril ; 293/1993, de 18/Octubre ; 140/1999, de 22/Julio ; 29/2000, de 31/Enero ; 308/2000, de 18/Diciembre, F. 3 ; 136/2001, de 18/Junio ; 142/2001, de 18/Junio, F. 5 ; 207/2001, de 22/Octubre ; 214/2001, de 29/Octubre ; 14/2002, de 28/Enero , F. 4 ; 29/2002, de 11/Febrero , F. 5 ; 30/2002, de 11/Febrero , F. 5 ; 41/2002, de 25/Febrero, F. 3 ; 48/2002, de 25/Febrero F. 5 ; 84/2002, de 22/Abril F. 3, 4 y 5 ; 5/2003, de 20/Enero ; 617/2003, de 30/Enero ; 151/2004, de 20/Septiembre ; y 326/2005, de 12/Diciembre , F. 6). Y «tendrán aptitud probatoria tanto los hechos que sean claramente indicativos de la probabilidad de la lesión del derecho sustantivo, como aquellos que, pese a no generar una conexión tan patente y resultar por tanto más fácilmente neutralizables, sean sin embargo de entidad suficiente para abrir razonablemente la hipótesis de la vulneración del derecho fundamental. Esto es, dicho en otras palabras, son admisibles diversos resultados de intensidad en la aportación de la prueba que concierne a la parte actora, pero deberá superarse inexcusablemente el umbral

mínimo de aquella conexión necesaria, pues de otro modo, si se funda la demanda en alegaciones meramente retóricas o falta la acreditación de elementos cardinales para que la conexión misma pueda distinguirse, haciendo verosímil la inferencia, no se podrá pretender el desplazamiento del onus probandi al demandado» ( ATC 89/2000, de 21/Marzo ; y SSTC 17/2003, de 30/Enero ; y 151/2004, de 20/Septiembre ). No obstante, el indicio ha de ser acreditado por hechos indicativos de la probabilidad de la lesión o la razonable hipótesis de ella, pero no simples alegaciones retóricas ( SSTC 111/2003, de 16/Junio , F. 4 ; 79/2004, de 5/Mayo, F. 3 ; y 168/2006, de 05/Junio".

Aplicando as consideracións que anteceden, xa argumentamos que a petición da demandante de novación contractual non lle daba dereito a pretender a concreción horaria que solicitaba.

Pero é que, ademais, efectivamente existen traballadores no centro de traballo con horario fixo de mañá, pero responden a outra caste de situacións que non son as da demandante, reducións da xornada, adaptacións, etc. A outra única traballadora que solicitou a novación contractual está realizando o mesmo horario que a demandante. Non se probaron nin sequera indicios da existencia de vulneración de calquera dereito fundamental da demandante, polo que esta petición debe ser tamén desbotada.

CUARTO.-Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación (tal como establece o artigo 191.1 da Lei Reguladora da Xurisdición Social), porque a pretensión exercitada fronte á demandada supera os 3.000 euros, do que se advertirá ás partes.

DAQUELA

Fallo

REXEITO a demandapresentada por Azucena contra DIRECCION000., á que ABSOLVO das pretensións formuladas contra dela.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra a mesma poderán interpoñer recurso de suplicaciónperante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberán preparar neste Xulgado do Social dentro do prazo de cinco díasa contar desde o seguinte ao de notificación da presente sentenza, consonte o previsto nos artigos 190 e seguintes da vixente Lei Reguladora da Xurisdición Social, segundo o establecido na Disposición transitoria segunda do mesmo texto legal, debendo, se fose a empresa condenada quen recorre, presentar resgardo acreditativo de ingresar o importe da condena na conta de Depósitos de consignaciones aberta no SANTANDER S.A. a nome desta oficina xudicial, número ES5500493569920005001274, debendo indicar no campo "concepto" 5425-0000-65-0987-24, así como de efectuar o depósito de 300 euros na mesma conta corrente a que anteriormente fíxose alusión, determinando a non achega dos indicados resgardos a non admisión a trámite do recurso, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadeiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

Así, por esta a miña Sentenza, pronúncioo, mando e asino.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.