Acordo do 9 de decembro de 2009, da Mesa do Parlamento de Galicia, polo que se aproba a oferta de emprego publico da Administracion do Parlamento de Galicia para o ano 2009. - Diario Oficial de Galicia, de 17-12-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 245
  • Fecha de Publicación: 17/12/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

O Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia establece no seu artigo 17 que as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poidan ser cubertas co persoal existente e se deban prover mediante persoal de novo ingreso serán obxecto, de ser o caso, de aprobación dunha oferta anual de emprego público, que se publicará no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e no Diario Oficial de Galicia.

Mediante acordo da Mesa de Negociación da Administración do Parlamento de Galicia, do 29 de decembro de 2008, establecéronse os criterios xerais dos plans de oferta de emprego público.

Conforme o anterior e unha vez analizadas as necesidades de persoal existentes, a Mesa da Cámara, na súa reunión do 9 de decembro de 2009,

DISPÓN:

Aprobar a oferta de emprego público da Administración do Parlamento de Galicia para o ano 2009, constituída pola praza vacante dotada orzamentariamente que se relaciona a continuación:

Tipo de persoal: funcionario.

Grupo: C.

Corpo: administrativo do Parlamento de Galicia.

Denominación: administrativa/o.

Número de prazas: 1.

A cobertura desta praza realizarase mediante promoción interna ao abeiro do disposto no artigo 39 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2009.

José Manuel Baltar Blanco

Presidente en funcións


No hay versiones para esta norma