Conflito positivo de competencia numero 3800-2009. - Diario Oficial de Galicia, de 28-05-2009

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 103
  • Fecha de Publicación: 28/05/2009
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 5 de maio actual, admitiu a trámite o conflito positivo de competencia número 3800-2009, promovido pola Xunta de Galicia, en relación cos artigos 14, 15, 16, 18, 19, 20, 21.1º e 2, 22, 24.3º, 25, 26, 29, 30.2º, 32.2º parágrafo segundo, 32.3º, 33.2º e 3, 34 e 35 do Real decreto 1916/2008, do 21 de novembro, polo que se regula a iniciativa de modernización de destinos turísticos maduros, e, de conformidade co disposto no artigo 10.2º LOTC na redacción dada pola Lei orgánica 6/2007, do 24 de maio, atribuírlle á Sala Primeira, á cal pola quenda obxectiva lle correspondeu, o coñecemento deste conflito.

Madrid, cinco de maio de dous mil nove.

Herminia Palencia Guerra

Secretaria de Xustiza do Pleno


No hay versiones para esta norma