CORRECCIÓN ERROS CALENDARIO LABORAL 2018, - Boletín Oficial de Pontevedra, de 22-12-2017

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Pontevedra
  • Boletín: Boletín Oficial de Pontevedra Número 244
  • Fecha de Publicación: 22/12/2017
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Visto o BOP número 226, do 24 de novembro do 2017, polo que se publica o calendario laboral para a provincia de Pontevedra do ano 2018, procede rectificar o mesmo de conformidade cos antecedentes de feito e de dereito que se mencionan a continuación.

O Decreto 86/2017, do 7 de setembro, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2018 (DOG núm. 175 do 14.09.2017), establece no seu artigo 1 as festas laborais da comunidade Autónoma de Galicia para 2018, e concreta no seu último parágrafo que o 17 de maio, Día das letras galegas, ten carácter de festivo recuperable.

O BOP número 226 do 24 de novembro do 2017, publica a resolución desta xefatura territorial polo que se publica o calendario laboral da provincia de Pontevedra para o ano 2018 e no seu artigo 1 relaciona as festas laborais de carácter xeral pero non especifica o carácter de festivo recuperable do 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Por todo o anterior, ó abeiro do disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236 do 02.10.2015), as administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos,

Esta xefatura territorial,

ACORDA

Primeiro.-Rectificar no calendario laboral para 2018 da provincia de Pontevedra, que foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, número 226 do 24 de novembro do 2017, e modificar a resolución desta Xefatura Territorial, de data 10 de novembro do 2017, do seguinte xeito,

Onde di: 'Primeiro.-Festas laborais de carácter xeral.

De conformidade co disposto no Decreto 86/2017, do 7 de setembro, da Xunta de Galicia, as festas laborais de carácter retribuído e non recuperable no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 serán as seguintes:

01 de xaneiro Aninovo

06 de xaneiro Día de Reis.

29 de marzo Xoves Santo.

30 de marzo Venres Santo.

01 de maio Festa do Traballo.

17 de maio Día das Letras Galegas.

25 de xullo Día Nacional de Galicia.

15 de agosto A Asunción.

12 de outubro Día da Hispanidade.

01 de novembro Todos os Santos.

06 de decembro Día da Constitución.

08 de decembro A Inmaculada.

25 de decembro Nadal.

Debe dicir: 'Primeiro.-Festas laborais de carácter xeral.

De conformidade co disposto no Decreto 86/2017 do 7 de setembro, da Xunta de Galicia, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 serán as seguintes:

01 de xaneiro Aninovo

06 de xaneiro Día de Reis.

29 de marzo Xoves Santo.

30 de marzo Venres Santo.

01 de maio Festa do Traballo.

17 de maio Día das Letras Galegas.

25 de xullo Día Nacional de Galicia.

15 de agosto A Asunción.

12 de outubro Día da Hispanidade.

01 de novembro Todos os Santos.

06 de decembro Día da Constitución.

08 de decembro A Inmaculada.

25 de decembro Nadal.

As festas mencionadas terán carácter retribuído e non recuperable, agás o día 17 de maio, Día das Letras Galegas, que terá carácter recuperable.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Vigo, 13 de decembro do 2017.


No hay versiones para esta norma