DECRETO 132/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba a estrutura orgánica desta consellería., - Diario Oficial de Galicia, de 16-10-2014

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 198
  • Fecha de Publicación: 16/10/2014
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

Coa publicación do Decreto 227/2012, do 2 de decembro, e o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, fixouse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, respectivamente, e o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria.

Dado o tempo transcorrido desde a aprobación deste decreto, cómpre agora introducir certas modificacións na estrutura orgánica e funcional da Consellería do Medio Rural e do Mar que respondan ás súas necesidades actuais e melloren o desenvolvemento das funcións que se lle atribúen, respectando os principios de eficacia e economía que sempre deben presidir a actuación e a organización administrativa, así como os compromisos de austeridade e eficiencia asumidos polo Goberno galego.

O decreto introduce como principal novidade unha reorganización das unidades administrativas con competencias nas áreas do medio rural e montes e de produción agropecuaria, mantendo a anterior estrutura da administración periférica, que recollía o modelo organizativo plasmado no Decreto 245/2009, de tal maneira que, en aplicación dos principios de racionalidade, eficiencia e austeridade, a Xefatura Territorial de Pontevedra continúa estendendo a súa competencia a todo o ámbito provincial, sen prexuízo das funcións de coordinación que corresponden aos/as delegados/as territoriais de Pontevedra e Vigo no seu respectivo ámbito territorial. Así mesmo, complétase a relación de órganos colexiados adscritos á Consellería. Trátase de órganos colexiados creados por normas anteriores no tempo pero que non se atopaban recollidos en anteriores decretos de estrutura orgánica. E, por último, suprímese a regulación da estrutura orgánica do Fondo Galego de Garantía Agraria, xa que o Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria, xa contén a súa estrutura orgánica, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

En consecuencia, procede agora aprobar a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, tendo en conta o disposto no capítulo II do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Na súa virtude, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar, cos informes previos da Consellería de Facenda, da Secretaría Xeral da Igualdade e da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de outubro de dous mil catorce

DISPOÑO:

TÍTULO I

Ámbito competencial e organización xeral da Consellería

Artigo 1. Competencias

A Consellería do Medio Rural e do Mar é o órgano da Administración galega ao cal baixo a superior dirección da persoa titular do departamento corresponde propor e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito rural, que engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais. Así mesmo, correspóndelle a ordenación pesqueira en augas interiores, marisqueo, acuicultura, confrarías de pescadores/as e demais organizacións e asociacións dos/as profesionais do sector, industrias pesqueiras e conserveiras, establecementos de almacenamento, manipulación, vendas e transformación do peixe e ensinanzas marítimo-pesqueiras, náutico-deportivas e mergullo, cooperación pesqueira interinstitucional e co exterior, salvamento marítimo, loita contra a contaminación e planificación e actuacións portuarias, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia e segundo os termos sinalados pola Constitución española, sen prexuízo das competencias que poidan corresponderlles aos outros organismos da Comunidade Autónoma.

Artigo 2. Estrutura da Consellería

1. Para o exercicio das súas funcións, a Consellería do Medio Rural e do Mar estrutúrase nos seguintes órganos:

O/a conselleiro/a

a) A Secretaría Xeral Técnica.

b) Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes.

- Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

- Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

c) Secretaría Xeral do Mar.

- Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

2. Quedan adscritas a esta consellería as entidades públicas instrumentais do sector público autonómico:

a) O organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria.

b) O ente público Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

c) O ente público Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

d) O ente público Portos de Galicia.

e) O ente público Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

TÍTULO II

Servizos centrais

CAPÍTULO I

O/a conselleiro/a

Artigo 3. O/a conselleiro/a

1. O/a conselleiro/a é a autoridade superior da Consellería e con tal carácter está investida das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

2. Con dependencia directa do/a conselleiro/a atópase a Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, á cal corresponde:

- A coordinación das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña.

- A elaboración do plan de continxencias por contaminación mariña accidental.

- A prevención da contaminación mariña.

- As funcións de programación, planificación e control das accións de vixilancia e inspección, sen prexuízo das competencias doutros departamentos da Xunta de Galicia, tanto no sector extractivo como nos centros de comercialización e establecementos de produción, transformación e consumo, así como no transporte dos produtos, en xeral.

- Cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia.

3. A Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia estrutúrase nas seguintes unidades:

3.1. Servizo de Protección de Recursos, ao cal corresponde a coordinación, organización e seguimento dos medios materiais e persoais do Servizo de Gardacostas de Galicia; o control dos partes, actas, informes, incidentes e demais actuacións do Servizo de Gardacostas de Galicia; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia.

3.2. Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación, ao cal corresponde a coordinación das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña; a elaboración do plan de continxencias por contaminación mariña accidental; a planificación de actividades de prevención da contaminación mariña; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola persoa titular da Consellería.

3.3. Servizo de Inspección e Control dos Recursos, ao cal corresponde, sen prexuízo das competencias propias doutros órganos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, o fomento e a protección da saúde pública, da seguridade ao longo da cadea alimentaria e, en especial, da fauna silvestre e do propio ambiente, das producións animais e dos recursos xenéticos dos animais acuícolas e mariños; o control e xestión da sanidade animal acuícola; a protección de recursos, especialmente no que atinxe a tamaños mínimos, zonas e épocas de veda e topes de captura; o control da cadea alimentaria, tanto na produción primaria como na transformación, no almacenamento e na distribución; a inspección en lonxas, puntos de control e establecementos autorizados para efectuar primeiras vendas dos produtos do mar; control do transporte de especies mariñas, establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura; o control da comercialización dos produtos do mar, peixarías e establecementos autorizados para a venda destes produtos, e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola persoa titular da consellería.

CAPÍTULO II

Secretaría Xeral Técnica

Sección 1ª. Secretaría Xeral Técnica

Artigo 4. Atribucións

A Secretaría Xeral Técnica exercerá as competencias e funcións establecidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, todas aquelas que lle sexan encomendadas pola persoa titular da Consellería e é a autoridade de xestión do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR).

Artigo 5. Estrutura

1. A Secretaría Xeral Técnica conta, para o exercicio das súas funcións, coas seguintes unidades baixo a súa dependencia orgánica e funcional:

- Vicesecretaría Xeral.

- Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Apoio Normativo.

- Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación.

- Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

- Subdirección Xeral de Persoal.

- Servizo de Coordinación e Seguimento do PDR.

2. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica e a Intervención Delegada, que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

A Asesoría Xurídica rexerase polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, desenvolverá as funcións previstas no artigo 13.2º do devandito decreto en relación coas súas respectivas áreas funcionais e contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.

Sección 2ª. Vicesecretaría Xeral

Artigo 6. Funcións e estrutura

1. A Vicesecretaría Xeral exercerá as competencias e funcións establecidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do Sector Público Autonómico de Galicia, todas aquelas que lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral Técnica e, en particular, as seguintes:

- O apoio técnico e administrativo da Secretaría Xeral Técnica.

- A dirección/coordinación, de conformidade coas instrucións da Secretaría Xeral Técnica, das subdireccións integrantes da Secretaría Xeral Técnica e a coordinación desta última coas secretarías xerais e organismos e entidades dependentes da consellería.

- A elaboración de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos á estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión.

- O asesoramento e a realización de estudos e informes nas materias de competencia do departamento que lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral Técnica.

- A substitución da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante desta.

- A organización da documentación procedente do rexistro.

- A coordinación de proxectos de I+D+I que desenvolva a Consellería.

- A interlocución coas organizacións sindicais nos asuntos competencia da Consellería.

2. Para o exercicio das súas funcións contará co Servizo de Réxime Patrimonial, ao cal corresponde o inventario, xestión e control dos bens adscritos á Consellería; a xestión e coordinación do parque móbil da Consellería; a xestión e control das comunicacións telefónicas e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola Secretaría Xeral Técnica.

Sección 3ª. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Apoio Normativo

Artigo 7. Funcións e estrutura

1. Á Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Apoio Normativo correspóndenlle os estudos e informes que lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica en atención ao ámbito competencial da Consellería; o estudo e seguimento das propostas de disposicións que elaboren os distintos órganos superiores e de dirección da Consellería, así como a emisión de informes nas distintas fases do procedemento de elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral; preparación e tramitación dos asuntos que teñan que elevarse á Comisión de Secretarios/as e ao Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos seus acordos; a coordinación dos trámites para a publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da Consellería; as competencias da Consellería sobre designación de membros de órganos colexiados e entidades do sector publico autonómico de Galicia; así como aqueles asuntos que lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral Técnica.

2. A Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Apoio Normativo, para o desenvolvemento das súas funcións, contará co Servizo de Apoio Técnico-Normativo, ao cal corresponde o estudo e a elaboración de informes sobre a normativa agraria e marítimo-pesqueira; efectuar os estudos e informes que lle sexan encomendados pola Subdirección, ademais do estudo, preparación e informe dos asuntos que teñan que elevarse á Comisión de Secretarios/as e ao Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos seus acordos; o mantemento do rexistro, arquivamento e custodia das disposicións normativas emanadas da Consellería, así como levar a cabo as compilacións das ditas normas; o control da publicación de toda a normativa agraria e pesqueira, así como das circulares sobre a súa aplicación, e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón da súa competencia, pola Subdirección Xeral.

Sección 4ª. Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación

Artigo 8. Funcións e estrutura

1. Correspóndenlle as funcións de elaboración do anteproxecto de orzamentos da Consellería, a súa execución e seguimento, a xestión coordinada da contratación administrativa, a xestión económica, a coordinación e o seguimento dos fondos procedentes doutras administracións ou institucións.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas co nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Xestión Orzamentaria, ao cal corresponde a elaboración, en coordinación cos órganos afectados, do anteproxecto do orzamento de gastos da Consellería; a coordinación, supervisión e seguimento en materia de xestión económica e de execución dos orzamentos, así como a tramitación e o seguimento das modificacións orzamentarias; a habilitación de material e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola Secretaría Xeral Técnica.

2.2. Servizo de Contratación, ao cal corresponden as funcións inherentes á preparación, licitación e adxudicación dos expedientes de contratación administrativa da Consellería, así como as súas modificacións e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola Secretaría Xeral Técnica.

2.3. Servizo de Seguimento e Control, ao cal corresponde a recompilación, en coordinación cos órganos afectados, da información para a elaboración do anteproxecto do orzamento de ingresos da Consellería; a coordinación e seguimento dos fondos da Unión Europea, agás as materias relacionadas co PDR; a coordinación, seguimento e control dos fondos finalistas da Administración xeral do Estado, así como cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola Secretaría Xeral Técnica.

Sección 5ª. Subdirección Xeral Réxime Xurídico-Administrativo

Artigo 9. Funcións e estrutura

1. A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo terá ao seu cargo as actuacións relativas ao exercicio do protectorado das fundacións de interese galego dependentes da Consellería; a tramitación dos requirimentos e peticións formulados á consellería polo Valedor/a do Pobo e outras institucións; dos requirimentos entre administracións públicas, dos expedientes de responsabilidade patrimonial e sancionadores e a revisión de actos en vía administrativa, a coordinación coa Asesoría Xurídica en relación coa tramitación dos requirimentos e peticións formulados á Consellería polos xulgados e tribunais; así como aqueloutros asuntos que, por razón da súa competencia, lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

2. Para o exercicio das súas funcións contará co Servizo Técnico-Xurídico, ao cal corresponden as funcións de elaboración das propostas de resolución dos expedientes sancionadores da Consellería cuxa resolución corresponda aos/as directores/as xerais, aos/as secretarios/as xerais, ao/a conselleiro/a ou ao Consello da Xunta nas materias de competencia da Consellería, así como a proposta de resolución dos recursos administrativos que se interpoñan contra eles, a tramitación e proposta de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial, dos procedementos de reintegro de subvencións e a de revisión de actos administrativos nestas materias; a elaboración de informes relacionados coas funcións que se lle asignen e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

Sección 6ª. Subdirección Xeral de Persoal

Artigo 10. Funcións e estrutura

1. A Subdirección Xeral de Persoal exercerá as funcións de xestión de persoal funcionario e laboral, a asistencia técnica e a coordinación administrativa dos servizos da consellería en materia de persoal e réxime interno e das xefaturas territoriais no que se refire a materia de persoal, e outras de contido administrativo que lle atribúa o/a secretario/a xeral técnico/a. Ademais, encargarase de todos aqueles asuntos que, por razón da súa competencia, lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas co nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Persoal na Área do Medio Rural e Montes, ao cal corresponden as seguintes funcións dentro da área de Medio Rural e Montes: a xestión e administración ordinaria do persoal funcionario e laboral adscrito ás súas dependencias centrais; o estudo, seguimento e control da execución do estado de gastos do capítulo I, incluída a elaboración de propostas de modificación de créditos; o exercicio das funcións de xestión e tramitación da nómina do persoal adscrito aos servizos centrais e das obrigas en materia de seguridade social e dereitos pasivos; a ordenación e control da xestión do persoal; a programación das necesidades de persoal; elaboración das propostas das relacións de postos de traballo; o mantemento e actualización da base de datos de persoal; a organización, custodia e arquivamento dos seus expedientes.

2.2. Servizo de Persoal na Área do Mar e Réxime Interno, ao cal corresponden as seguintes funcións dentro da área de Mar: a xestión e administración ordinaria do persoal funcionario e laboral adscrito ás súas dependencias centrais; o estudo, seguimento e control da execución do estado de gastos do capítulo I, incluída a elaboración de propostas de modificación de créditos; o exercicio das funcións de xestión e tramitación da nómina do persoal adscrito aos servizos centrais e das obrigas en materia de seguridade social e dereitos pasivos; a ordenación e control da xestión do persoal; a programación das necesidades de persoal; a elaboración das propostas das relacións de postos de traballo; o mantemento e actualización da base de datos de persoal; a organización, custodia e arquivamento dos seus expedientes.

Así mesmo, levará o control da asistencia e a puntualidade do persoal dos servizos centrais, así como dos permisos, vacacións e licenzas e de todas as cuestións relativas ao réxime interno de funcionamento da Consellería.

2.3. Servizo de Recursos e Reclamacións, ao cal corresponde o exercicio das funcións relativas ao persoal da Consellería, de estudo, tramitación e formulación das propostas de resolucións das reclamacións e recursos que se formulen; a elaboración dos correspondentes informes e a coordinación da documentación na materia; o estudo, coordinación e tramitación dos expedientes disciplinarios e a tramitación da execución das sentenzas.

Sección 7ª. Servizo de Coordinación e Seguimento do PDR

Artigo 11. Servizo de Coordinación e Seguimento do PDR

Este servizo asumirá as tarefas relacionadas coa xestión, coordinación, seguimento e implementación do Programa de desenvolvemento rural co fin de garantir a xestión e aplicación eficiente, eficaz e correcta do programa e a calidade na súa aplicación por todas as unidades xestoras das medidas nel recollidas. En particular, prestará apoio directo á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica e aos distintos centros superiores e directivos en todas aquelas materias relacionadas co PDR.

CAPÍTULO III

Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes

Artigo 12. Funcións e estrutura

1. Á Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, a través dos órganos de dirección que a integran, a que se refiren os artigos 14 e 15, correspóndelle o exercicio das competencias en materia de agricultura, gandaría, as funcións atribuídas á Consellería en materia de industrias agrarias e forestais, de promoción e defensa da calidade dos produtos agroalimentarios galegos e o recoñecemento e vixilancia das denominacións de calidade, desenvolvemento rural e ordenación, e estruturas rurais.

Así mesmo, exercerá as competencias inherentes á ordenación, fomento e mellora da produción forestal e as medidas de prevención e defensa contra os incendios forestais. Correspóndenlle tamén no ámbito do sector agrícola, gandeiro, forestal e agroalimentario as funcións de programación, coordinación e impulso da innovación e investigación e a innovación tecnolóxica, en coordinación co departamento desta administración competente en materia de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, a formación, a transferencia e a adopción dos resultados da investigación; a realización de programas formativos dirixidos ao persoal dependente da Consellería que melloren a súa capacitación e o seu coñecemento técnico no eido agroforestal, sen prexuízo das competencias en materia de formación doutros departamentos desta administración.

En relación coas actuacións comprendidas dentro dos ámbitos competenciais de montes e de innovación e industrias agroalimentarias e forestais, e sen prexuízo das funcións que se atribúen á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, supervisará e inspeccionará os proxectos de obras e a súa execución material, tanto nos supostos de adxudicación como nos de execución pola Administración.

2. A Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes conta, para o exercicio das súas competencias, coas seguintes unidades baixo a súa dependencia orgánica e funcional:

2.1. Subdirección Xeral de Recursos Forestais, que exercerá as funcións relativas á conservación e fomento dos recursos forestais, á sustentabilidade da xestión forestal, á regulación e ordenación dos seus aproveitamentos; ao asesoramento técnico e administrativo das comunidades propietarias de montes veciñais en man común, ao fomento de fórmulas de agrupación de propietarios/as forestais, á xestión dos rexistros públicos en materia de montes, ás accións tendentes á mellora e conservación da saúde e vitalidade dos bosques; así mesmo, exercerá funcións relativas ao fomento e mellora da produción forestal.

Para iso contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

2.1.1. Servizo de Xestión Forestal, que se encargará da ordenación e da xestión dos montes pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros departamentos desta administración, e exercerá as funcións que legalmente procedan en relación cos de utilidade pública, os de entidades locais e daqueles que sexan obxecto de contratos públicos de xestión, promoverá a certificación forestal dos montes galegos e o control e seguimento do aproveitamento dos recursos forestais.

2.1.2. Servizo de Fomento Forestal, que se encargará do fomento das accións de mellora da produción forestal; o fomento das agrupacións dos/as propietarios/as forestais e a mellora da xestión e competitividade das empresas do sector forestal.

2.1.3. Servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais, ao cal corresponde o asesoramento técnico e administrativo das comunidades de montes veciñais en man común (MVMC) e das sociedades de fomento forestal (SOFOR) e demais agrupacións de propietarios/as forestais, e velará pola conservación e integridade dos MVMC e o resto das funcións que legal e regulamentariamente procedan en relación cos MVMC e coas SOFOR, e levará os rexistros públicos administrativos.

2.1.4. Servizo do Medio Forestal, ao cal corresponde o seguimento, análise e planificación das accións tendentes á mellora e conservación da saúde e vitalidade das masas forestais, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros departamentos desta administración; realizará a planificación e execución das accións para a mellora e control da calidade do material forestal de reprodución e o control e seguimento da adaptación e resistencia dos bosques fronte ás variacións climáticas.

2.2. Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, que levará a termo as actuacións encamiñadas á protección e á defensa dos montes contra os incendios forestais, exercendo as funcións de planificación, programación, avaliación e seguimento, medidas e accións de defensa dos montes contra os incendios forestais; a elaboración de estudos de análises de causalidade e de planificación preventiva, así como a coordinación de medios na loita contra os incendios forestais.

Para iso contará coas seguintes unidades co nivel orgánico de servizo:

2.2.1. Servizo de Coordinación, que se encargará da organización dos sistemas de comunicación, vixilancia e detección de incendios forestais; da planificación e equipamento dos medios utilizados na prevención e extinción de incendios forestais, así como dos programas de colaboración con outras administracións públicas, asociacións e organizacións de carácter privado.

2.2.2. Servizo de Programación, que se encargará da programación orzamentaria da prevención e extinción dos incendios forestais, da dotación de infraestruturas e medios de defensa, así como da análise da causalidade e a elaboración dos datos estatísticos en materia de incendios forestais.

2.2.3. Servizo de Planificación Preventiva, que se encargará da planificación na prevención e defensa contra incendios forestais, así como da elaboración de plans de formación e riscos do persoal vinculado á prevención e defensa contra incendios forestais.

2.3. Subdirección Xeral de Formación e Innovación Agroforestal, que exercerá as funcións de programación e coordinación da formación agroforestal e a divulgación dos resultados da investigación agraria e alimentaria para conseguir a incorporación das innovacións tecnolóxicas aos sistemas produtivos primarios e de transformación, así como a realización de estudos, publicacións e estatísticas agroforestais. Esta subdirección tamén exercerá as funcións de promoción, impulso e programación da investigación en materia agroforestal.

Así mesmo, corresponderalle a coordinación nos distintos centros de investigación da Consellería en materia agroforestal, tendo en conta os obxectivos, programas e instrumentos dos plans galegos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación vixentes en cada momento en Galicia. Impulsará e executará os traballos de investigación nas materias asignadas, tanto nos aspectos da produción e transformación como no que atinxe ao cumprimento das boas prácticas agrarias e do conxunto dos requisitos legais de xestión nos procesos produtivos primarios nas explotacións galegas. Así mesmo, a través dos seus laboratorios de servizo e en coordinación coa Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, atenderá a demanda de análises conducentes a determinar a seguridade alimentaria vexetal, así como as determinacións que acrediten o bo estado das augas e solos de cultivo. Por último, a través dos seus laboratorios de servizo e en coordinación coa Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, atenderá a demanda de análises conducentes a determinar a seguridade alimentaria vexetal, así como as determinacións que acrediten o bo estado das augas e solos de cultivo.

Para o exercicio das súas funcións contará coas seguintes unidades con categoría de servizo:

2.3.1. Servizo de Formación Agroforestal, que desenvolverá as funcións de formación das persoas agricultoras, gandeiras e silvicultoras, así como das súas asociacións e agrupacións, empresas de servizos agrarios e industrias agropecuarias, agroalimentarias e forestais, nos seus aspectos de ensinanzas regradas e non regradas, do persoal dependente da consellería en materias técnicas en colaboración, de ser o caso, con outros departamentos ou entidades da Administración con competencias en materia de formación de persoal e sen menoscabo das competencias atribuídas a estas entidades; así como a coordinación dos centros de formación e experimentación agroforestal. Correspóndelle, así mesmo, a coordinación e seguimento dos cursos de formación realizados no ámbito de actuación dos servizos centrais e periféricos en materia agroforestal e dos organizados por entidades privadas no marco que especifique a correspondente normativa.

2.3.2. Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatísticas e Publicacións, que desenvolverá as funcións de coordinación entre os centros de investigación e experimentación agraria e forestal e o sector agroforestal e o industrial asociado, co fin de realizar a divulgación dos resultados experimentais e a adopción das innovacións tecnolóxicas na materia, para o cal contará co apoio e colaboración das oficinas agrarias comarcais e dos distritos forestais para estudar e indagar nas necesidades e inquedanzas do sector co obxecto de promover a investigación nas materias que este demande, asumindo as funcións de asesoramento ao sector agrario e forestal nas cuestións de innovación e uso das novas tecnoloxías. Correspóndelle tamén, en colaboración cos centros de investigación e experimentación, publicar e divulgar os resultados dos ensaios e proxectos de experimentación de demostración no ámbito agroforestal, así como a realización dos estudos relativos ao sector agroforestal que se lle encomenden. Adicionalmente, responsabilizarase da dirección e elaboración das estatísticas en materia agroforestal, en coordinación co Instituto Galego de Estatística, así como da coordinación das publicacións e edicións audiovisuais que se realicen. Levará a cabo, así mesmo, as funcións que se lle encomenden en relación cos observatorios de prezos de produtos agrarios.

2.3.3. Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña), do cal dependen a Estación Experimental de Gandaría de Montaña Marco da Curra (Monfero-A Coruña), a Estación Experimental Agrogandeira da Pobra do Brollón (Lugo) e a Estación Experimental Agrícola de Baixo Miño en Salceda de Caselas (Pontevedra).

2.3.4. Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense), da cal depende a Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Pontevedra).

2.3.5. Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña).

2.3.6. Centro de Investigación Forestal de Lourizán, que exercerá todas as funcións que en materia de experimentación lle sexan encomendadas, especialmente as relativas á ecoloxía de especies autóctonas, á mellora xenética forestal, fitopatoloxía das especies forestais e aos incendios forestais.

2.4. Subdirección Xeral de Planificación e Seguimento de Programas. Exercerá as funcións de estudo e apoio no ámbito das competencias da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, sendo un instrumento de coordinación e análise da información para a toma de decisións, e correspondelle tamén o seguimento das distintas actuacións desta secretaría xeral.

Sección 1ª. Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Artigo 13. Atribucións e composición

1.1. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural é un órgano de dirección dependente da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes á cal corresponde a elaboración, proposta e desenvolvemento das actuacións de fomento do desenvolvemento socioeconómico do territorio rural galego, da dinamización das áreas rurais de Galicia, da formulación de iniciativas e programas de desenvolvemento das zonas rurais e da execución das accións que contribúan á diversificación económica no medio rural. Así mesmo, realizará as funcións de coordinación e xestión do Plan de desenvolvemento comarcal e a proposta de configuración das distintas comarcas nas cales se divide o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Correspóndelle, ademais, a elaboración, a proposta e o desenvolvemento das directrices da política agraria en materia de mellora e modernización das infraestruturas rurais e do medio rural, mobilidade de terras con vocación agraria e xestión de zonas regables, todo isto sen prexuízo das funcións atribuídas pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

2. Para o exercicio das súas funcións contará coa seguinte unidade:

2.1. Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias, que se responsabilizará de cantas accións teñan como obxectivo directo a mellora da calidade de vida das zonas rurais, desenvolvendo as dotacións de equipamentos públicos básicos e de infraestrutura, sen prexuízo das competencias doutros departamentos da Xunta de Galicia, así como das actuacións en materia de modernización e creación de regadíos, así como todos os asuntos referentes á reforma das estruturas agrarias e á preparación, execución e vixilancia dos seus correspondentes plans e programas de reforma das estruturas.

2. Para o desenvolvemento desas funcións contará coas seguintes unidades:

2.1.1. Servizo de Seguimento e Supervisión de Proxectos, que exercerá o estudo da planificación, a supervisión, coordinación, control da execución e seguimento das obras de todos os proxectos de obras e servizos técnicos da dirección xeral e doutros centros directivos e departamentos cando así llo encomende a persoa titular da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes e da Secretaría Xeral Técnica, así como as súas modificacións e a vixilancia do cumprimento das normas reguladoras na materia. Poderá tamén redactar ou colaborar na redacción dos proxectos das obras.

2.1.2. Servizo de Reforma das Estruturas, que desenvolverá as funcións relativas á mellora das estruturas rurais, arrendamentos rústicos e as demais actuacións para reorganizar a base territorial das explotacións agrarias e todas as accións materiais relacionadas coa modificación das estruturas.

2.1.3. Servizo de Apoio Xurídico-Administrativo de Estruturas e Infraestruturas, que levará a cabo as funcións xurídico-administrativas de estudo, informe e elaboración das propostas de resolución no ámbito competencial da Dirección Xeral, en materia de infraestruturas agrarias e reforma das estruturas, e a coordinación nestas materias coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo e os servizos de Infraestruturas Agrarias dos departamentos territoriais, e cantas outras cuestións lle sexan encomendadas pola Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias en materias propias desta.

Sección 2ª. Dirección Xeral de Produción Agropecuaria

Artigo 14. Atribucións e composición

1. A Dirección Xeral de Produción Agropecuaria é un órgano de dirección, dependente da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, á cal corresponden a elaboración, a proposta e o desenvolvemento das directrices de política agraria da Consellería en materia de ordenación, fomento e mellora da produción agrogandeira, executando entre outras, as medidas de apoio ao sector lácteo e gandeiro de Galicia, a protección e control da sanidade animal e vexetal e de procedementos relacionados coa seguridade alimentaria; de formación, promoción e fomento do asociacionismo agrogandeiro, e a elaboración, proposta e desenvolvemento das directrices da política agraria en materia de mellora da estrutura das explotacións agrarias. Así mesmo, compételle a ordenación, o fomento, e os procedementos relacionados coas industrias agroalimentarias, así como todo o relacionado coa promoción e o fomento dos produtos agroalimentarios, as denominacións de orixe e de calidade do sector agroalimentario e o control da calidade comercial dos alimentos.

2. Para o exercicio das súas funcións contará coas seguintes unidades:

2.1. Subdirección Xeral de Gandaría, á cal corresponderá o exercicio das seguintes funcións: análise da planificación, execución e seguimento dos programas de prevención, loita, erradicación, seguimento e control de enfermidades animais, epizootias e zoonoses e outras medidas para o establecemento de garantías sanitarias e da rastrexabilidade das producións gandeiras; estudo da planificación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa ordenación básica da produción gandeira en xeral; a proposta de ordenación, fomento e control das condicións hixiénico-sanitarias dos medios de produción gandeiros e do benestar animal; o control da seguridade alimentaria na produción primaria e o control da calidade e unicidade de criterio do exercicio da función inspectora dos servizos veterinarios oficiais.

Para o desenvolvemento das súas funcións estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1.1. Servizo de Sanidade Animal, que se encargará da execución e o seguimento dos programas de prevención, loita, erradicación, seguimento e control de enfermidades animais, epizootias e zoonoses; así como da identificación e rexistro dos animais, e o control sanitario e inspección dos medios de produción gandeiros e outras medidas sanitarias semellantes. Así mesmo, xestionará as axudas para levar a cabo os citados programas sanitarios.

2.1.2. Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal, ao cal corresponderá o desenvolvemento das accións necesarias para a ordenación, fomento e control da produción gandeira, a xestión dos rexistros e sistemas de control, así como a elaboración e execución dos programas de mellora xenética do gando. Así mesmo, levaranse neste servizo os programas relacionados co benestar animal.

2.1.3. Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras, que executará as actuacións necesarias para o establecemento e control das condicións sanitarias aplicables ás empresas e operadores no sector da alimentación animal, así como o control do emprego neste sector de determinadas substancias e os seus residuos, o control dos medicamentos veterinarios e dos subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano xerados nas explotacións gandeiras e o control, así como a proposta de autorización das plantas de transformación destes subprodutos, e a execución dos programas de control e mellora da calidade do leite nas explotacións.

2.1.4. Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, con nivel orgánico de servizo, que exercerá as funcións de elaboración dos estudos, análises e ditames en relación coa sanidade e hixiene dos animais, así como das producións gandeiras e dos medios de produción gandeiros nas materias relativas á sanidade animal. Así mesmo, corresponderalle o control daqueles laboratorios privados recoñecidos pola Consellería dedicados ás materias antes sinaladas. Tamén lle corresponde a coordinación das actuacións realizadas polos laboratorios de sanidade animal de Mabegondo (A Coruña) e Salcedo (Pontevedra).

2.1.5. Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, con nivel orgánico de servizo, ao cal corresponde a elaboración e o desenvolvemento dos programas de conservación e fomento de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción.

2.2. Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias, coas funcións de execución das accións tendentes á mellora das explotacións agrarias e das accións referentes aos sistemas de produción agraria compatibles co ambiente e de conservación do medio rural, así como os rexistros de explotacións. Tamén xestionará o potencial vitícola de Galicia, así como as axudas de reestruturación e reconversión da viña. Ademais, realizará a programación e o desenvolvemento de actividades de prevención e loita contra axentes nocivos para os vexetais, das actividades para o control da produción e comercialización de sementes, plantas de viveiro e material vexetal en xeral e das actividades relacionadas coa ordenación, fomento e control dos medios de produción agrícolas. Levaranse tamén os plans de xestión de lodos de depuradora en agricultura, así como os plans de xestión de dexeccións gandeiras.

Para o desenvolvemento das súas funcións, contará coas seguintes unidades:

2.2.1. Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, ao cal corresponderán as funcións relativas á mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias, a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias Prioritarias e doutros programas de mellora específicos, así como a xestión dos servizos de asesoramento, xestión e substitución ás explotacións, e o rexistro das entidades de aconsellamento. Ademais, corresponderanlle as funcións de promoción e fomento das cooperativas agrarias en Galicia, tendentes ao seu redimensionamento, así como a xestión dos programas relativos ao cooperativismo agrario, tramitación e rexistro das sociedades agrarias de transformación, e xestión dos programas de formación e promoción das asociacións agrogandeiras. Tamén xestionará as actuacións agrogandeiras en montes veciñais en man común, sen prexuízo do previsto no artigo 13 punto 2.1.3.

2.2.2. Servizo de Sanidade e Produción Vexetal, coas funcións de desenvolvemento das accións necesarias para a ordenación produtiva de cultivos e aproveitamentos, a xestión, control e inspección dos medios de produción agrícolas e os seus rexistros; as actividades necesarias para o control e inspección da produción e comercialización de sementes e plantas de viveiro de calidade; o fomento, a programación e o desenvolvemento de sistemas produtivos agrícolas respectuosos co ambiente, da xestión integrada de pragas e a produción integrada. Tamén lle corresponde a análise da planificación, organización, dirección, inspección e execución das accións relacionadas coa prevención e loita contra os axentes nocivos para os vexetais, a xestión e control dos medios de defensa sanitarios dos vexetais e o mantemento dos rexistros da Consellería en materia de sanidade vexetal, en coordinación coas autoridades competentes en materia forestal cando así corresponda, e a supervisión e coordinación das agrupacións de defensa en materia fitosanitaria, así como dos avisos fitosanitarios. Tamén a aplicación da normativa de utilización de lodos de depuradora no sector agrario, así como os plans de xestións de xurro, para a consecución dunha agricultura compatible co ambiente e a saúde das persoas consumidoras.

2.3. Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria, á cal compete a ordenación, fomento, coordinación, asesoramento e vixilancia das industrias agroalimentarias, a promoción e o fomento da comercialización dos produtos agroalimentarios, as propostas de recoñecemento das denominacións de orixe e de calidade do sector agroalimentario, así como a vixilancia do prestixio das recoñecidas e a inspección e defensa contra as fraudes na calidade alimentaria.

Para o desenvolvemento das devanditas funcións estrutúrase nas seguintes unidades:

2.3.1. Servizo de Industrialización e Comercialización, que exercerá as accións de ordenación e fomento das industrias agroalimentarias.

2.3.2. Servizo de Promoción da Calidade Agroalimentaria, ao cal compete a xestión e a elaboración dos programas de promoción e fomento dos produtos agroalimentarios galegos, así como as propostas de recoñecemento das denominacións de calidade.

2.3.3. Servizo de Control da Calidade Alimentaria, que desenvolverá todas as actuacións en materia de defensa contra as fraudes na calidade alimentaria, así como as relativas á coordinación dos traballos do persoal que realiza funcións de inspección nesa materia.

2.4. Subdirección Xeral Económica e de Dotación de Medios á cal compete a adecuada planificación e optimización do financiamento das actuacións, plans e programas da Dirección Xeral, así como o seguimento da execución financeira de todos os programas da Dirección Xeral. Tamén xestionará a adquisición de todos os medios materiais que sexan necesarios na Dirección Xeral para levar a cabo os seus programas, así como a preparación dos convenios e contratos necesarios para a consecución dos citados programas.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades:

2.4.1. Servizo de Dotación de Medios, encargado da elaboración, programación e avaliación dos plans e programas de actuación en materia de sanidade e produción agropecuaria. Encargarase da proposta da adquisición e loxística dos medios necesarios para a realización dos ditos plans e programas, tanto no referente a traballos de campo como ao diagnóstico de laboratorio. Tamén se encargará da elaboración dos convenios, contratos e encomendas correspondentes á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

2.5. Servizo de Auditoría Interna na Cadea Alimentaria, que en dependencia directa da dirección xeral para garantir a súa independencia sobre as unidades que se van auditar, exercerá as funcións previstas no artigo 4.6 do Regulamento (CE) 882/2004, do 29 de abril de 2004, sobre os controis oficiais efectuados para garantir a verificación do cumprimento da lexislación en materia de pensos e alimentos e a normativa sobre saúde animal e benestar dos animais.

2.6. Servizo de Análise e Informes, que exercerá as funcións de apoio á Dirección Xeral, sendo un instrumento de análise da información que sirva de apoio á hora da toma de decisións relacionadas coa nova normativa da PAC, tanto no eido do primeiro piar das axudas directas como do segundo piar de fondos estruturais e, entre outros, o paquete lácteo, a nova OCM vitivinícola, así como o novo período de fondos estruturais co seu correspondente PDR. Tamén exercerá a coordinación e o seguimento dos distintos plans e programas de actuación da dirección xeral.

CAPÍTULO IV

Secretaría Xeral do Mar

Artigo 15. Funcións e estrutura

1. Á Secretaría Xeral do Mar correspóndelle exercer a dirección e coordinación das competencias e funcións en materia de ordenación pesqueira en augas interiores, marisqueo, acuicultura; das industrias de transformación e comercialización e almacenamento dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura; de estatísticas e rexistros nas materias da súa competencia; da promoción da competitividade dos produtos pesqueiros, marisqueiros e da acuicultura e o fomento da súa calidade; de conservación, protección e xestión sustentable dos recursos mariños; de fomento da organización sectorial e extensión pesqueira; das ensinanzas e titulacións marítimo-pesqueiras e de lecer; da cooperación pesqueira interinstitucional e co exterior e da investigación mariña, que se desenvolverá en coordinación coa consellería competente en materia de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, e de acordo coa política pesqueira galega e máis as regulamentacións básicas da Unión Europea e da Administración xeral do Estado.

2. Para o desenvolvemento das anteditas funcións, esta secretaría xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1. Subdirección Xeral de Innovación Tecnolóxica, á cal corresponde a execución de todas as accións desenvolvidas no eido da innovación tecnolóxica das estruturas pesqueiras galegas, especialmente no relativo á súa modernización e adecuación aos mercados globalizados e, en particular, ao desenvolvemento da frota pesqueira galega, da industria de transformación dos produtos da pesca do marisqueo e da acuicultura.

Correspóndelle, así mesmo, a dirección e coordinación das verificacións previstas no artigo 39 do Regulamento (CE) nº 498/2007, sobre as operacións do Fondo Europeo de Pesca (FEP), así como a xestión, o seguimento da execución do orzamento e a coordinación administrativa.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1.1. Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota, ao cal corresponde a xestión das diferentes medidas orientadas a favorecer a innovación e competitividade da frota pesqueira galega mediante accións encamiñadas á súa reestruturación, renovación e modernización; a tramitación das autorizacións para construír, modernizar e reconverter buques; o control do esforzo pesqueiro a través das modificacións na composición da frota pesqueira galega; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

2.1.2. Servizo de Innovación Tecnolóxica das Industrias, ao cal corresponde a xestión das diferentes medidas dedicadas á creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de transformación e comercialización dos produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

2.1.3. Servizo de Coordinación e Control de Fondos, ao cal corresponden as verificacións previstas no artigo 39 do Regulamento (CE) nº 498/2007, sobre as operacións de todos os organismos intermedios da autoridade de xestión do Fondo Europeo de Pesca (FEP); xestión, o seguimento da execución do orzamento e a coordinación administrativa das unidades dependentes da Subdirección Xeral de Pesca e Mercados da Pesca, da Subdirección Xeral de Innovación Tecnolóxica e da Subdirección Xeral de Acuicultura; a coordinación e seguimento dos distintos controis financeiros; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

2.2. Subdirección Xeral de Pesca e Mercados da Pesca, á cal corresponde programar, coordinar e efectuar o seguimento das actuacións en materia de ordenación das actividades da pesca, velar pola aplicación da normativa sobre a actividade pesqueira e colaborar na defensa e promoción dos intereses galegos en materia de pesca.

Correspóndelle, así mesmo, o fomento de todas aquelas accións encamiñadas a incrementar a competitividade das empresas da pesca, o marisqueo e a acuicultura nun contexto globalizado, mediante o reforzamento da súas capacidades de innovación e adaptación ás demandas do mercado e, especialmente, no eido da regulación dos mercados pesqueiros, na mellora das canles de comercialización, na adopción de novos mecanismos de comercialización e na promoción dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.2.1. Servizo de Pesca, ao cal corresponde a planificación, coordinación, execución e control das medidas e actuacións en materia de pesca profesional e recreativa; a xestión dos instrumentos de planificación da actividade pesqueira; a xestión dos títulos administrativos habilitantes para o exercicio da actividade pesqueira, tanto profesional como recreativa; o seguimento da actividade pesqueira; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

2.2.2. Servizo de Mercados, ao cal corresponde o estudo, a avaliación e o fomento de propostas de implantación de novos mecanismos de comercialización; en particular, daquelas innovacións que favorezan a competitividade das empresas; a regulación da primeira venda dos produtos da pesca nas lonxas pesqueiras ou en establecementos autorizados; a realización de accións de promoción dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura; a realización de accións que fomenten as denominacións de orixe e os distintivos de calidade no sector da pesca, o marisqueo e a acuicultura; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

2.2.3. Servizo de Análise e de Rexistros, ao cal corresponde a recolla e avaliación dos datos para a elaboración das estatísticas da actividade de aproveitamento dos recursos mariños; a elaboración das estatísticas no ámbito de competencias da Secretaría Xeral; o estudo e elaboración de informes con base nas estatísticas e nos datos recollidos; a formulación de liñas de actuación, con base nos datos estatísticos, encamiñadas ao incremento da produtividade, do control ou da competitividade das actividades da pesca, do marisqueo e da acuicultura; a elaboración e xestión dos rexistros existentes que sexan da súa competencia e a dos que no sucesivo se creen; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

2.3. Subdirección Xeral de Acuicultura, á cal corresponde o exercicio das seguintes funcións: a elaboración e o desenvolvemento dos instrumentos de planificación territorial para o exercicio da actividade da acuicultura; a ordenación, o fomento e o control da acuicultura, así como o establecemento das condicións para o seu exercicio.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.3.1. Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura, ao cal corresponde a planificación, coordinación, execución e control das medidas e actuacións en materia de acuicultura; a xestión e o desenvolvemento dos instrumentos de planificación e ordenación da actividade da acuicultura; o seguimento e control da actividade de acuicultura; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

2.3.2. Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura, ao cal corresponde a planificación e xestión das diferentes liñas de axuda destinadas á creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas da acuicultura, xestión dos títulos administrativos habilitantes para a acuicultura; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

Sección 1ª. Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Artigo 16. Atribucións e composición

1. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é un órgano de dirección dependente da Secretaría Xeral do Mar á cal corresponde a ordenación do marisqueo, o establecemento das condicións para o exercicio da actividade marisqueira e a conservación, protección e xestión sustentable dos recursos marisqueiros. Así mesmo, terá ao seu cargo o fomento da organización sectorial, a ordenación, dirección e coordinación das atribucións que ten asumidas a Consellería en materia de extensión pesqueira, ensino e titulacións náutico-pesqueiras e de lecer, así como a investigación mariña, que se desenvolverá en coordinación coa consellería competente en materia de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

2. Para o exercicio das súas funcións, contará coas seguintes unidades:

2.4.1. Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais, á cal corresponden as actividades de fomento da programación e coordinación do ensino náutico-pesqueiro nos centros dependentes da Consellería, a coordinación da formación, o asesoramento ás organizacións sectoriais, así como a programación e xestión administrativa, económica e orzamentaria da dirección xeral e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.4.1.1. Servizo de Coordinación e Apoio á Xestión, ao cal corresponde a planificación, xestión, seguimento e coordinación administrativa da execución dos orzamentos da Dirección Xeral; a tramitación dos expedientes de gasto de investimentos e axudas; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral.

2.4.1.2. Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras, ao cal corresponde a coordinación, programación e xestión das ensinanzas náutico e marítimo-pesqueiras nos centros dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar; a elaboración de estudos sobre funcionamento das ensinanzas e perfeccionamento do profesorado; a elaboración da memoria das actividades dos centros; servir de canle nas relacións entre os centros, a Administración educativa e outras entidades públicas e privadas; a programación e execución da formación e a reciclaxe dos/as profesionais do sector; a emisión e rexistro das titulacións náuticas de pesca e lecer; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola Dirección Xeral.

2.4.1.3. Servizo de Apoio e Relación coas Organizacións Sectoriais, ao cal corresponde a asistencia técnica ás confrarías de pescadores/as e asociacións relacionadas co sector; recibir información das actividades das confrarías de pescadores/as; servir de canle ás relacións entre os distintos órganos do departamento e as confrarías; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral.

2.4.2. Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, á cal corresponde a programación, xestión e execución do desenvolvemento pesqueiro, incluíndo a supervisión, xestión e control dos grupos de acción costeira para o desenvolvemento sustentable do litoral, a programación e execución das actuacións portuarias pesqueiras e as actividades de fomento da organización sectorial, a extensión pesqueira, a programación, coordinación e seguimento das actuacións en materia de ordenación do marisqueo, velar pola aplicación da normativa sobre a actividade marisqueira, a colaboración na defensa e promoción dos intereses galegos en materia de marisqueo e a planificación e o seguimento de instrumentos de xestión sustentable dos recursos marisqueiros. Así mesmo, correspóndenlle en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.4.2.1. Servizo de Xestión dos Recursos Marisqueiros, ao cal corresponde a planificación, coordinación, execución e control das medidas e actuacións en materia de marisqueo; a xestión dos instrumentos de planificación da actividade marisqueira; a xestión dos títulos administrativos habilitantes para o marisqueo; o seguimento da actividade marisqueira; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral.

2.4.2.2. Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro, ao cal corresponde a coordinación, programación, xestión e execución do desenvolvemento pesqueiro e da promoción das comunidades pesqueiras; a coordinación, programación e execución de accións de fomento das actividades marítimas e pesqueiras; a coordinación, programación e execución das actividades de divulgación e de transferencia tecnolóxica nas comunidades pescadoras e litorais; a coordinación e programación dos equipamentos portuarios pesqueiros; a programación, supervisión, realización e difusión de publicacións e outro material científico e didáctico; e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral.

2.4.2.3. Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca, ao cal corresponde o asesoramento, fomento e apoio do asociacionismo e da organización do sector; extensión pesqueira; impulsar a formación, por parte dos axentes socioeconómicos das zonas costeiras, de iniciativas e programas de desenvolvemento e diversificación; dinamizar e coordinar os grupos de acción costeira; difundir as políticas e medidas para o desenvolvemento costeiro aplicables en cada momento, e a supervisión, valoración e control da actividade dos grupos de acción costeira.

2.4.3. Subdirección Xeral de Investigación e Apoio Científico-Técnico, á cal corresponde a programación, coordinación e seguimento de medidas e actuacións de interese colectivo, a programación, coordinación e seguimento das actuacións en materia de conservación e protección dos recursos mariños, o seguimento de instrumentos de xestión sustentable dos recursos mariños, a realización de estudos previos á elaboración da normativa sobre a actividade pesqueira, a coordinación e xestión do programa tecnolóxico sectorial de investigación mariña no marco do Plan galego de I+D+I, e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.4.3.1. Servizo de Coordinación da Investigación Mariña e Proxectos, ao cal corresponde o apoio á xestión do Centro de Investigacións Mariñas (Cima) así como de calquera outra actividade relacionada co fomento da coordinación na investigación mariña en Galicia; a xestión das medidas de interese colectivo; o seguimento e control de proxectos I+D+I no marco de instrumentos financeiros comunitarios, nacionais e autonómicos, e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral.

2.4.3.2. Servizo de Planificación, ao cal corresponde a xestión de medidas de conservación e protección da fauna e da flora acuáticas en áreas de interese pesqueiro; a xestión de actuacións en materia de estudo, avaliación ou seguimento dos recursos mariños naturais e da actividade pesqueira, marisqueira e da acuicultura e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral.

2.4.4. Dependendo funcionalmente da dirección xeral e con nivel orgánico de servizo, o Centro de Investigacións Mariñas (Cima) exercerá as funcións relativas á actividade investigadora e, particularmente, as referidas ás áreas de procesos oceanográficos costeiros, recursos mariños, acuicultura e patoloxía. O Cima está integrado polo Centro de Investigacións Mariñas de Corón-Vilanova e o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo.

A este centro correspóndelle a coordinación, programación e xestión das infraestruturas e medios dispoñibles, tanto en equipamento como en persoal, dedicados á investigación mariña; a xestión e control de gastos de funcionamento e execución dos proxectos de investigación; fomento da coordinación interinstitucional e a integración interdisciplinar para unha optimización do rendemento da investigación mariña en Galicia, e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia pola Dirección Xeral.

2.4.5. Dependerán funcionalmente da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro os centros públicos de ensinanzas náuticas e marítimo-pesqueiras:

- Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa).

- Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

- Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.

- Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

TÍTULO III

Órganos periféricos

Artigo 17. Xefaturas territoriais

1. Para o exercicio das súas competencias, a Consellería do Medio Rural e do Mar organízase nas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que desenvolverán as súas funcións no ámbito territorial das delegacións territoriais en que se integren, salvo a Xefatura Territorial de Pontevedra, que desenvolverá tamén as súas funcións no ámbito territorial de toda a provincia, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial, de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril.

2. Á fronte de cada xefatura territorial existirá un/unha xefe/a territorial do/a cal dependerán organicamente todos os servizos e as unidades administrativas da Consellería que radiquen no ámbito territorial mencionado. As súas funcións serán as relativas ao réxime interior, a tramitación administrativa, a xestión de persoal, e a tramitación das incidencias relativas ao parque móbil da xefatura, o inventario de bens mobles e inmobles adscritos, a información ao público, o control contable e a xustificación dos créditos que se lle asignen; así como a elaboración de estatísticas.

3. Para o cumprimento das súas funcións, as xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra contarán coas seguintes unidades con categoría de servizo:

- Servizo Xurídico-Administrativo, coas funcións de instrución dos expedientes sancionadores que deban tramitarse como consecuencia de infraccións administrativas en materia competencia da Consellería e elevar a resolución ao xefe ou xefa territorial naqueles supostos en que a normativa vixente lle atribúa a facultade de resolver; a proposta de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial nos casos en que proceda; o impulso, tramitación e participación nas fases dos procedementos de mellora das estruturas que así o requiran; a elaboración de informes sobre os actos administrativos emanados da xefatura territorial e, en xeral, a tramitación de todos aqueles asuntos que por razón da súa competencia lle sexan encargados polo xefe ou xefa territorial.

- Servizo de Explotacións Agrarias, que exercerá no respectivo ámbito territorial as funcións da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e tamén lle corresponderá a coordinación das actuacións dos servizos agrarios da estrutura de área e comarcal.

- Servizo de Infraestruturas Agrarias, que exercerá no respectivo ámbito territorial as funcións da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

- Servizo de Gandaría, que exercerá no respectivo ámbito territorial as funcións da Subdirección Xeral de Gandaría da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria. Así mesmo, corresponderalle a coordinación das actuacións dos servizos técnicos veterinarios da estrutura de área e comarcal.

- Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria, que exercerá no respectivo ámbito territorial as funcións da Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

- Servizo de Montes, que exercerá no respectivo ámbito territorial as funcións en materia de xestión de montes da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes.

- Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, que exercerá no respectivo ámbito territorial as funcións da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes en materia de prevención, defensa e extinción de incendios forestais.

4. Na Coruña, Vigo e Celeiro existirá unha xefatura de coordinación da Área do Mar con nivel orgánico de servizo, á cal, baixo a dependencia das xefaturas territoriais, corresponde a coordinación das competencias e do persoal da Consellería na Área do Mar, así como dos seguintes servizos:

- Servizo de Recursos Mariños, ao cal corresponde a tramitación dos títulos habilitantes para o exercicio da pesca, marisqueo e acuicultura, así como a tramitación de solicitudes de apertura, anulacións e peche das zonas de traballo solicitadas polas distintas confrarías de pescadores/as no ámbito dos seus respectivos plans de explotación.

- Servizo de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, ao cal corresponde tramitar as axudas con cargo a fondos europeos, a tramitación de procedementos de autorización, construción e modernización, os relativos ao Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma e a inscrición, baixas e modificación de datos no Rexistro de Empresas Halioalimentarias.

Artigo 18. Oficinas agrarias comarcais

As oficinas agrarias comarcais, integradas na estrutura territorial da Consellería a través das respectivas xefaturas territoriais, dependerán organicamente do xefe ou xefa territorial e terán como funcións a execución, no seu ámbito territorial, das actuacións da Consellería en materia agraria, así como a de prestar apoio técnico e administrativo aos organismos e entes adscritos a ela, sen prexuízo do establecido no artigo 17.3 parágrafos segundo e cuarto e do disposto no artigo 12.2.3 do presente decreto.

Artigo 19. Distritos forestais

Os distritos forestais, integrados na estrutura territorial da Consellería a través das respectivas xefaturas territoriais, dependerán organicamente da xefa ou xefe territorial e funcionalmente da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes e exercerán, no ámbito territorial do distrito forestal, as funcións en materia de xestión de montes e de prevención, defensa e extinción de incendios forestais.

TÍTULO IV

Órganos colexiados

Artigo 20. Órganos colexiados

1. Adscríbense á Consellería do Medio Rural e do Mar os xurados provinciais de Montes Veciñais en Man Común. A presidencia dos xurados será asumida polas respectivas xefas ou xefes territoriais e as secretarías por funcionarios/as designados/as polas persoas titulares da presidencia.

2. Adscríbense á Consellería do Medio Rural e do Mar os comités territoriais de montes. A presidencia dos devanditos comités será asumida polos/as respectivos/as xefes ou xefas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar e as secretarías por funcionarios/as designados/as polas persoas titulares da presidencia.

3. Adscríbese á Consellería do Medio Rural e do Mar o Consello Forestal de Galicia, de conformidade coas funcións e composición establecidas no Decreto 306/2004, do 2 de decembro, polo que se crea o Consello Forestal de Galicia.

4. Adscríbese á Consellería do Medio Rural e do Mar o Consello Agrario Galego, de conformidade coas funcións e composición establecidas na Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.

5. Adscríbese á Consellería do Medio Rural e do Mar o Consello Galego de Pesca, de conformidade coas funcións que lle atribúe o Decreto 123/2011, do 16 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Pesca.

6. Adscríbese á Consellería do Medio Rural e do Mar o Comité Científico Galego de Pesca regulado polo Decreto 72/2011, do 31 de marzo, polo que se regula o Comité Científico Galego de Pesca.

7. Adscríbese á Consellería do Medio Rural e do Mar o Comité Técnico da Acuicultura regulado pola Orde do 20 de xullo de 2012 pola que se crea o Comité Técnico da Acuicultura e se establece a súa composición, organización e funcionamento.

Disposición adicional primeira. Xefaturas territoriais

As funcións e competencias atribuídas por outras normas ás extintas delegacións provinciais competentes en materia de agricultura, gandaría, montes e pesca e non previstas neste decreto enténdense atribuídas aos xefes ou xefas territoriais da Consellería.

Disposición adicional segunda. Designación de cargos compatibles

De conformidade co previsto no artigo 4.1º a) da Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica, as persoas titulares dos órganos sinalados no artigo 2 deste decreto poderán ser designadas, por razón do seu cargo, persoas directoras ou cargos asimilados nas entidades instrumentais adscritas a esta consellería, percibindo unicamente as retribucións correspondentes ao seu cargo como titular do órgano da Consellería, e sen prexuízo das axudas de custo por asistencias e gastos debidamente xustificados, agás as excepcións previstas na normativa de aplicación ás entidades instrumentais.

Disposición adicional terceira. Medidas ou axudas financiadas con cargo a fondos agrarios europeos

Aqueles centros directivos das distintas consellerías e entidades instrumentais dependentes aos cales se asigne a competencia para a xestión de medidas ou axudas cuxo financiamento sexa total ou parcialmente con cargo aos fondos agrarios europeos instrumentarán coa dirección do organismo pagador as resolucións conxuntas a que se refire o último parágrafo do artigo 1.2 do Decreto 155/2006, do 7 de setembro, polo que se establece o réxime do organismo pagador dos fondos europeos agrarios en Galicia.

Disposición adicional cuarta. Competencia para a imposición de sancións en materias do medio rural

Atribúense á Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes as facultades que o Decreto 2/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regulan os órganos competentes e o procedemento para a imposición de sancións en materias do medio rural, atribúe á persoa titular da dirección xeral competente en materia de industrias agrarias.

Disposición adicional quinta. Igualdade entre homes e mulleres

Nos nomeamentos de altos cargos da Consellería do Medio Rural e do Mar, así como dos/as titulares e membros de órganos de entidades integrantes do sector publico autonómico pertencentes ao seu ámbito competencial, procurarase acadar o principio de presenza equilibrada entre homes e mulleres.

Disposición transitoria primeira. Readscrición de persoal que ocupe postos de subdirección xeral e xefatura de servizo

Cando como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto se modifique a denominación ou o contido das subdireccións xerais ou dos servizos existentes con anterioridade ou se supriman algunhas das citadas unidades, autorízase a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, por proposta da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, para readscribir o persoal afectado a postos do mesmo nivel, sendo de aplicación o establecido no artigo 65.4º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

Disposición transitoria segunda. Readscrición de unidades e postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo

Nos casos de supresión das subdireccións xerais ou servizos existentes con anterioridade, as unidades e postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, por resolución da persoa titular da Consellería, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, aos órganos regulados no presente decreto, en función das atribucións que estes teñen asignadas.

Disposición transitoria terceira

Os expedientes de gasto correspondentes ao programa 713D e 741A tramitados desde a entrada en vigor do presente decreto ata o 31 de decembro de 2014, agás os procedementos de tramitación anticipada do gasto, imputaranse de acordo coa anterior estrutura orgánica.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido neste decreto e, especialmente, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria, así como a modificación operada polo Decreto 131/2012, do 31 de maio.

Disposición derradeira primeira. Modificación do Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria

Modifícase a letra d) do número 2 do artigo 30, que quedará redactada como segue:

«d) Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas, ao cal corresponde a análise e seguimento das problemáticas do sector lácteo e dos prezos do leite, implementación da xestión técnico-económica nas explotacións leiteiras para análise dos custos de produción e a xestión e seguimento dos axentes integrantes do sector. Ademais, xestionará as operacións relacionadas cos produtos en réxime de intervención, así como outras medidas derivadas da aplicación da organización común de mercados agrícolas. As funcións establecidas no Decreto 61/2007, do 22 de marzo, do Observatorio do Sector Lácteo, quedan adscritas a este servizo».

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento normativo

Autorízase a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar para ditar as disposicións precisas para o desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de outubro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Medio Rural e do Mar


No hay versiones para esta norma