Decreto 20/2010, do 11 de febreiro, polo que se desiste da expropiacion forzosa acordada polo Decreto 26/2009, do 12 de febreiro, polo que se dispon a urxente ocupacion dos bens e dereitos afectados polo proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para o Complexo Hospitalario de Montecelo-Pontevedra. - Diario Oficial de Galicia, de 25-02-2010

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 38
  • Fecha de Publicación: 25/02/2010
  • PDF de la disposición
  • Este documento NO tiene versiones

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión do 12 de febreiro de 2009 a urxente ocupación dos bens e dereitos que se concretan no expediente instruído para os efectos da expropiación para a execución das obras previstas no proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para o complexo hospitalario de Montecelo en Pontevedra.

Non entanto, a previsións de necesidades que se realizou no seu momento non tiñan en conta as variables necesarias de incremento da poboación na área de Pontevedra e comarca, así como o aumento de procesos hospitalarios e de utilización do complexo hospitalario, polo que os bens e dereitos afectados non se axustan á demanda previsible.

Tendo en conta que non se procedeu á ocupación dos terreos afectados polo Decreto 26/2009 e que xa non concorren as causas de utilidade pública que se invocaban para o inicio do expediente expropiatorio, procede a desistencia da expropiación, carente de obxecto, deixando sen efecto aquela disposición.

Na súa virtude, de conformidade co establecido no artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia, por proposta da conselleira de Sanidade, co informe favorable da Consellería de Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de febreiro de dous mil dez,

DISPOÑO:

Artigo único.-Deixar sen efecto o Decreto 26/2009, do 12 de febreiro, polo que se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para o complexo hospitalario de Montecelo en Pontevedra.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de febreiro de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

María del Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade


No hay versiones para esta norma