DECRETO 214/2011, do 3 de novembro, polo que se desafecta do dominio público un inmoble situado no concello de Santiago de Compostela procedente da extinta cámara agraria local., - Diario Oficial de Galicia, de 22-11-2011

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 223
  • Fecha de Publicación: 22/11/2011
  • PDF de la disposición

A Comunidade Autónoma de Galicia é titular, en virtude do establecido na disposición adicional 7.ª.1 da Lei 11/1995, do 28 de decembro (DOG n.º 249, do 30 de decembro), en relación coa disposición adicional 2.ª da Lei 23/1986, do 24 de decembro (BOE n.º 312, do 30 de decembro), segundo a redacción dada no artigo 1 da Lei 23/1991, do 15 de outubro (BOE n.º 249, do 17 de outubro), dun inmoble no concello de Santiago de Compostela de natureza demanial.

O artigo 10.1.º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non sexan necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación da expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título.

O punto segundo do antedito artigo establece que a desafectación dos bens de dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia deberá facerse mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, logo de instrución do expediente pola Consellería de Facenda, por instancia da consellería interesada, e sempre que se acredite a desaparición das causas xustificativas da afectación.

A Consellería do Medio Rural manifestou a innecesariedade deste ben para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de novembro de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Desaféctase do dominio público o ben descrito a seguir:

Parcela n.º 903, Sangriñeira, situada en San Miguel dos Agros (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.277 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, José Liste Mansilla; leste, Carmen Otero García, e oeste, Laureano Fernández Barreiro.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela como predio n.º 22.948, tomo 1.202, libro 244 e folio 193.

Referencia catastral: 15079A505009030000FM.

Artigo 2.

O inmoble anteriormente descrito adquire natureza patrimonial.

Disposición derradeira.

A Consellería de Facenda, a través da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, tres de novembro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda


No hay versiones para esta norma