Decreto 27/2006, do 16 de febreiro, polo que se suspende a vixencia do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Tui e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento. - Diario Oficial de Galicia, de 22-02-2006

TIEMPO DE LECTURA:

  • Ámbito: Galicia
  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 37
  • Fecha de Publicación: 22/02/2006
  • Este documento NO tiene versiones

1. Ao abeiro do establecido polo artigo 96 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, acordou, en data 9 de setembro de 2003, a iniciación do expediente de suspensión do planeamento vixente no Concello de Tui (Diario Oficial de Galicia nº 192, do 3-10-2003) , coa base nas seguintes consideracións:

a) A ordenación urbanística vixente no termo municipal de Tui é o documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana aprobado definitivamente por resolución da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra de data 7 de outubro de 1994-no que consta a correspondente dilixencia do citado órgano na que se fai constar dito o extremo-, coas modificacións

derivadas do acordo de aprobación de referencia, que entre outros extremos establece a incorporación íntegra como parte do documento, do contido dos informes da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental, da Demarcación de Estradas de Galicia e da Ponencia Técnica.

b) Das actuacións informativas practicadas con ocasión de reiteradas denuncias urbanísticas presentadas ante esta consellería, observáronse discordancias entre os documentos que integran o plan xeral que constan como aprobados definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo, os documentos que considera vixentes e son aplicados polo Concello de Tui, e o texto da normativa publicado no BOP.

Neste senso, o texto da normativa aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo non se corresponde co texto publicado polo Concello de Tui no BOP de Pontevedra nº 16, do 24 de xaneiro de 1995, observándose algunhas discrepancias importantes, entre as que destacan as seguintes:

* Na determinación do aproveitamento tipo en solo urbanizable programado: segundo o texto aprobado o aproveitamento tipo fixouse en cero trienta e nove (0,39) metros cadrados por metro cadrado edificable, mentres que segundo o texto publicado fixouse en cero cincuenta (0,50) metros cadrados por metro cadrado edificable.

* Na ordenanza nº 3, de edificación mixta, as edificabilidades máximas e as alturas máximas establecidas no texto aprobado e o texto publicado son distintas.

* Na ordenanza nº 4, de edificación unifamiliar, o recuamento mínimo frontal fixado polo texto aprobado definitivamente é de 4 metros e no texto publicado é de 2 metros.

* Na unidade de execución nº 7, a normativa aprobada establece unha zona destinada a espazos libres de dominio e uso público cunha superficie mínima de 4.300 m 2 ; mentres que no texto publicado se divide o ámbito da unidade de execución en dúas novas unidades denominadas 7-A e 7-B, e se fracciona o espazo libre público en dúas superficies de 2.000 m 2 e de 1.575 m 2 , que non acadan a superficie anterior.

* Na unidade de execución nº 8, a normativa aprobada limita o aproveitamento urbanístico a 0,8 m 2 /m 2 , e no texto publicado suprimiuse esta limitación de edificabilidade.

* Nos criterios relativos ao cálculo da edificabilidade, no texto publicado engádese un novo parágrafo que di: as edificabilidades sinaladas nas ordenanzas de edificación correspóndese á edificabilidade bruta, computándose sobre a totalidade da parcela, incluídas as cesións obrigatorias.

Tamén se aprecian numerosas discrepancias entre os planos de ordenación aprobados definitivamente e os planos que o Concello de Tui considera vixentes e de aplicación no termo municipal; entre as diferenzas de maior gravidade, cómpre subliñar:

* En determinados ámbitos do solo urbano, as alturas máximas e o número máximo de plantas que determinan os planos que o concello considera vixentes, son superiores ás máximas establecidas nos planos de ordenación aprobados definitivamente; este é o caso do solo urbano nas beiras da estrada N-550, que segundo os planos aprobados definitivamente teñen fixada a altura en planta baixa e dúas plantas altas, mentres que nos planos que aplica o concello se fixa unha altura de planta baixa e tres plantas altas, así como no contorno do casco antigo, preto do Pazo de Xustiza, onde nos planos que aplica o concello se incrementa a altura nunha planta máis, sobre a establecida nos planos aprobados pola Comisión Provincial de Urbanismo.

* Nos planos que considera vixentes o concello, elimináronse viais previstos nos planos de ordenación aprobados definitivamente; entre outros os viais paralelos e perpendiculares á rúa Pallanes.

* Supresión dunha zona verde nas marxes da estrada 550 en dirección a Vigo; fragmentación da zona verde prevista no ámbito da UE-7 que se divide en dúas separada por un vial.

* Reclasificación nos planos que considera vixentes o concello, de solo non urbanizable de protección ecolóxica incluído no ámbito do espazo natural Monte Aloia como solo de núcleo rural e como equipamento; solo urbanizable non programado que se clasifica como solo urbano no ámbito do SUNP-1; solo rústico común que se clasifica como solo urbanizable no ámbito do SUP 3.

Estas discrepancias e moitas outras se atópanse reflectidas no informe elaborado por esta dirección xeral en data 9 de xullo de 2003, por instancias do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Tui, no procedemento 754/2002.

As numerosas discordancias observadas entre a normativa e os planos de ordenación que integran o Plan Xeral de Ordenación Urbana aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra, por unha banda, e o texto publicado no BOP e a documentación escrita e gráfica do plan que o Concello de Tui considera vixente e de aplicación, pola outra, levaron na práctica a materializarse fisicamente unha ordenación urbanística diferente da ordenación aprobada definitivamente pola comunidade autónoma no exercicio das súas competencias.

As consecuencias máis graves para os intereses públicos da ordenación que está a aplicar o Concello de Tui, respecto das previsións contidas no plan xeral aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo, derívanse do notable incremento do volume edificable, das alturas das edi ficacións e da densidade de vivendas no solo urbano, xunto coa diminución e fraccionamento das zonas verdes e espazos libres públicos; o que resulta máis grave tendo en conta que, segundo a memoria do citado plan: A aparición da edificación colectiva provocou un forte incremento da densidade nas zonas de ensanche do casco urbano. Este forte aumento da densidade nesta parte do núcleo non foi compensada cun aumento, en igual proporción, dos espazos destinados a zona verde.

A gravidade deste incremento da densidade de vivendas acompañado da diminución de espazos libres públicos respecto dos previstos no plan aprobado é maior tendo en conta os principios reitores que deben presidir a actuación urbanística dos poderes públicos, contidos nos artigos 45 a 47 da Constitución, concretados hoxe na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, nos límites de sostibilidade (artigo 46) e nas reservas mínimas de solo para dotacións públicas (artigo 47) .

En definitiva, a aplicación polo concello dun Plan Xeral de Ordenación Urbana diferente do aprobado definitivamente pola comunidade autónoma dá lugar á plasmación dun modelo urbanístico que non se corresponde co desexable para a vila de Tui segundo os estándares actuais, e a unha situación que afecta directamente ás competencias autonómicas en materia de ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda, atribuídas polo artigo 27.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e nas potestades autonómicas atribuídas polos artigos 85.7º, 89.1º e 227 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Especial relevancia cobra neste suposto a regulación contida no último parágrafo do artigo 85.7º da citada norma, que establece que a ordenación urbanística dos terreos situados na franxa de 500 metros desde a ribeira do mar afecta os intereses autonómicos, que é o caso da vila de Tui.

c) Por Decreto 2286/1967, do 19 de agosto, declarouse o conxunto histórico-artístico da cidade de Tui que comprende dúas zonas: a zona histórico-artística propiamente dita e a zona de respecto co fin de protexer a paisaxe exterior da cidade.

Os planos de ordenación do plan xeral recollen só parcialmente a delimitación do perímetro do conxunto histórico, remitindo a súa ordenación detallada a un futuro Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico e deixando fóra unha parte da denominada zona de respecto que é ordenada detalladamente polo plan xeral.

Na aprobación definitiva do plan outorgada pola Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra incorporouse integramente, como parte do documento aprobado e nos seus propios termos, o informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura. Este informe incorporado á aprobación definitiva advirte expresamente de que a delimitación proposta polo plan xeral non coincide coa delimitación da declaración do conxunto histórico-artístico. En particular cabe resaltar do informe o seguinte:

O PXOU deixa pendente dun Plan Especial de Protección ao Conxunto Histórico-Artístico declarado B. I. C. No entanto, a delimitación proposta para este plan especial non coincide coa delimitación da declaración como Conxunto Histórico-Artístico da Cidade de Tui (Decreto 2286/1967, do 19 de agosto) .

A dita declaración comprendía dúas zonas: I.-A zona histórico-artística, propiamente, que se conservará en todo o seu carácter e ambiente.

II.-A zona de respecto, coa finalidade de protexer a paisaxe exterior da cidade.

Coa proposta do PXOU queda fóra de protección toda unha franxa de espazos baleiros que bordea o casco antigo, permitindo nela a edificación.

Estes espazos inflúen na visión do conxunto distorsionando a súa imaxe así como o perfil urbano que ten Tui desde Portugal, debendo ser tratados de forma especial.

A zona de respecto delimitada na declaración de conxunto histórico tiña precisamente a finalidade de protexer a paisaxe exterior da cidade, polo que debe ser tida en conta na redacción do Plan Especial de Protección do Conxunto.

Do mesmo modo, debe incluírse tamén a zona de respecto do contorno da Igrexa de San Bartolomé de Rebordáns, dentro do ámbito do Plan Especial do Casco Antigo.

Xunto co informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural incorporouse na aprobación definitiva do plan o plano de delimitación do perímetro declarado conxunto-histórico-artístico, que determina a inclusión das dúas zonas que forman o conxunto: a zona histórico-artística e a zona de respecto.

O réxime xurídico aplicable ao perímetro delimitado pola declaración do conxunto histórico é o establecido imperativamente pola Lei 16/1985, do patrimonio histórico español, así como o establecido pola Lei 8/1995, de patrimonio cultural de Galicia, aprobada con posterioridade ao Plan de 1994.

Malia o anterior, o Concello de Tui ven aplicando a ordenación detallada establecida polo Plan Xeral de Ordenación Urbana, que non incorpora as modificacións derivadas do acordo de aprobación definitiva da Comisión Provincial de Urbanismo e ignorando os pronunciamentos reiterados da Consellería de Cultura. Así, o Concello de Tui ven outorgando licenzas de edificación no ámbito da denominada zona de respecto-incluída na declaración de conxunto histórico-sen obter a previa resolución favorable do organismo competente en materia de patrimonio cultural, o que levou á Consellería de Cultura á apertura de varios expedientes sancionadores por infrac ción da normativa vixente en materia de patrimonio

cultural. Tamén cómpre destacar que existen varios procedementos penais en curso en relación con estes feitos.

En definitiva, a deterioración do patrimonio cultural de Tui é contrario ao principio constitucional de conservar e promover o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico (artigo 46 da Constitución) e afecta directamente ás competencias da comunidade autónoma establecidas polo artigo 27.18º do Estatuto de autonomía de Galicia e polo artigo 85.7º d) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

d) A Lei 8/1995, de patrimonio cultural de Galicia, no seu artigo 45, establece que a declaración de conxunto histórico determina a obriga para o concello de redactar un plan especial de protección da área afectada que requirirá o informe favorable da Consellería de Cultura; a obrigatoriedade do plan especial non pode escusarse na preexistencia doutro planeamento contraditorio coa protección.

O plan especial de protección do casco histórico foi aprobado inicialmente polo Concello de Tui en data 27 de outubro de 2001 e foi sometido a informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que o emite con carácter vinculante e en sentido desfavorable o 13 de febreiro de 2002, dado que exclúe do seu ámbito territorial a zona de respecto delimitada pola declaración de conxunto histórico. Desde esta data paralizouse a tramitación do plan especial.

e) As determinacións do plan xeral para o solo non urbanizable ou rústico, aprobado ao abeiro da normativa urbanística anterior, son en grande parte incompatibles coa lexislación urbanística actualmente en vigor-a Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, e a Lei estatal 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións-, en particular no que respecta aos criterios de clasificación, as distintas categorías e ás condicións de uso e de edificación.

f) No propio seo do documento do plan xeral aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo, obsérvanse importantes contradicións e indeterminacións, de entre as que destacan: a carencia de regulación para os ámbitos cualificados como equipamentos, a indeterminación das alturas máximas permitidas no ámbito de varias mazás de solo urbano consolidado e das unidades de execución, a contradición entre a documentación escrita e gráfica respecto das alturas permitidas no ámbito da ordenanza 3 e outras.

Durante a tramitación do decreto de suspensión recibíronse varias denuncias en relación coa ordenación urbanística dos ámbitos incluídos nas unidades de execución 1, 2,3 e 5 doplan xeral, que presentan unhas edificabilidades moi superiores ás permitidas pola lexislación urbanística en vigor. A problemática urbanística que se formula nestes ámbitos é a seguinte:

De conformidade tanto coa lexislación urbanística vixente no momento de aprobación do PXOU de Tui, coma coa actual, a ordenación pormenorizada do solo urbano debe conterse no propio plan xeral ou ben remitirse a un plan especial, establecendo neste caso o plan xeral os criterios aos que debe axustarse o plan especial. En concreto, a determinación das alturas máximas permitidas corresponde ao propio plan xeral, ou, no seu defecto, a un plan especial de acordo cos criterios que estableza o propio plan xeral.

Os planos de ordenación do documento aprobado, non sinalan a altura máxima permitida. Nas fichas destes ámbitos, contidas no tomo da normativa, respecto das condicións de volume aplicables sinálase o seguinte: aplicarase o disposto na ordenanza nº 2 para as condicións non indicadas expresamente para esta unidade de execución, agás xustificación expresa da imposibilidade do seu cumprimento. Pola súa banda a ordenanza nº 2 establece que a altura en número de plantas está determinada nos planos de ordenación, non podendo superar en metros as seguintes magnitudes: para catro plantas (B+ 3) , 11,90 metros; para tres plantas (B+ 2) , 9,20 metros; para dúas plantas (B+ 1) , 6,50 metros.

Visto o anterior pode concluírse que o PXOU de Tui non fixou as alturas máximas permitidas nos ámbitos destas unidades de execución. Do contido das fichas recollidas na normativa, dedúcese claramente que tampouco se remitía esta ordenación a un plan especial con fixación dos criterios mínimos. Esta lagoa do planeamento xeral debía terse resolto mediante a tramitación polo Concello de Tui, de conformidade co procedemento legalmente establecido, da oportuna modificación puntual do plan vixente.

En vez diso, o Pleno do Concello de Tui, en sesión celebrada o día 29 de agosto de 2001, aprobou a denominada ordenanza aclaratoria relativa á norma zonal número 2 do PXOU. A dita ordenanza establece o seguinte: naqueles solos urbanos, sistemáticos ou asistemáticos, regulados e cualificados pola Ordenanza 2 das do PXOU, no que non se definan nos planos de ordenación o número de plantas a materializar, someterase a criterio dos técnicos municipais a viabilidade do proxecto formulado, sobre a base dos parámetros seguintes:

-Composición volumétrica e estética.

-Integración no contorno.

-Absoluta observancia dos parámetros de aproveitamento, parcela mínima, ocupación, aliñacións, recuamentos e demais determinacións operados pola ordenanza 2.

-Para os anteriores efectos a altura de plantas será de 2,70 m como mínimo, a partir da planta baixa 3,80.

-Os proxectos e expedientes que recollan unha ordenación en todo caso superior a baixo mais 5 plantas, serán levados polo alcalde ao Pleno do Concello para o seu coñecemento e efectos.

O dito acordo municipal é contrario ao ordenamento xurídico, entre outras, con base nas seguintes consideracións:

-Foi adoptado prescindindo do procedemento legalmente establecido na Lei 1/1997, do solo de Galicia. Mediante unha ordenanza municipal non poden determinarse as alturas máximas permitidas polo planeamento. A determinación das alturas máximas aplicables, tal e como se sinalou anteriormente, corresponde ao propio plan xeral, ou, no seu defecto, a un plan especial de acordo cos criterios que estableza o propio plan xeral.

-A licenza constitúe un acto regrado. En ningún caso pode quedar a consideración dos técnicos municipais, proxecto a proxecto, a determinación da altura máxima permitida.

O acordo municipal de aprobación destes estudos de detalle é obxecto dunhas dilixencias informativas penais.

g) O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ao abeiro da entón vixente Lei 1/1997, do solo de Galicia e da Lei 7/1995, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, ditou a resolución en data 14 de xuño de 2002 pola que se require ao Concello de Tui para que redacte o plan especial de protección do conxunto histórico-artístico e para que acorde a suspensión de licenzas naqueles ámbitos nos que se apreciaron discrepancias entre a ordenación establecida polo documento aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo e o aplicado polo Concello de Tui.

O Pleno do Concello de Tui, en sesión de 31 de xullo de 2002, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, acordou a suspensión das licenzas de edificación, parcelación de terreos e usos ata que sexa aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, con excepción de determinadas áreas. Este acordo plenario foi publicado no BOP número 172, do 9 de setembro e no Diario Oficial de Galicia número 180, do 18 de setembro de 2002.

No que respecta á redacción do plan especial de protección do conxunto histórico-artístico, o requirimento formulado non foi atendido polo concello.

2. O Plan Xeral de Ordenación Urbana de Tui foi tramitado e aprobado ao abeiro da lexislación urbanística entón vixente, constituída fundamentalmente polo texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, de 26 de xuño, afectado pola sentenza do Tribunal Constitucional do 20 de marzo de 1997 que declarou a inconstitucionalidade de máis dos 2/3 dos seus preceptos; e a Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia, que foi derrogada pola Lei 1/1997, do solo de Galicia; polo que o contido e determinacións do plan xeral non se acomodan á lexislación urbanística vixente, circunstancia que se considera especialmente relevante no caso de Tui dado que se trata dun municipio que conta con áreas do territorio especialmente fráxiles e de alto valor cultural e natural.

O crecemento urbanístico que está a producirse no municipio de Tui demanda a urxente revisión do planeamento para garantir o desenvolvemento sostible do territorio nas condicións exixidas pola Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Neste senso, debe terse en conta que da memoria do vixente plan xeral dedúcese con claridade que non se cumpren as reservas mínimas de solo para os sistemas xerais de espazos libres e zonas verdes e de equipamento comunitario, nin as reservas mínimas para dotacións públicas en solo urbano non consolidado; o que resulta particularmente grave nos ámbitos de solo urbano para os que o plan xeral establece edificabilidades superiores aos límites de sostibilidade establecidos polo artigo 46 da Lei 9/2002.

Tamén, resulta especialmente urxente a adaptación do plan á lexislación urbanística vixente no que atinxe aos ámbitos dos espazos naturais de Gándaras de Budiño, Baixo Miño e Monte Aloia declarados polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (DOG nº 69, de 12 de abril) , como zonas de especial protección dos valores naturais, e recollidos na decisión da Comisión Europea de data 7-12-2004, publicada no DOCE do 29 de decembro, pola que se aproba a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica, toda vez que as determinacións do vixente plan xeral resultan incompatibles cos valores naturais, ambientais, ecolóxicos e paisaxísticos merecedores de protección; neste senso, cómpre clasificalos como solo rústico de protección de espazos naturais, agás os terreos que cumpran estritamente os requisitos de solo urbano e de núcleo rural (eliminando as áreas de tolerancia ou expansión) e adoptar as medidas necesarias para conservar, protexer e recuperar os seus valores. No mesmo senso, cómpre adecuar as determinacións do plan ao novo réxime xurídico aplicable no ámbito do parque natural do Monte Aloia, unha vez aprobado o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais, polo Decreto 274/2001, do 27 de setembro.

Por último, están previstas, en execución ou executadas, no municipio de Tui, novas infraestruturas de comunicacións que o plan xeral non tiña previstas e que afectan dunha forma sensible á estrutura xeral e orgánica do plan vixente; especialmente polo que se refire á autoestrada A-9 e ás previsións contidas no Plan Galicia para a estrada Tui-A Guarda.

En definitiva, pódese concluír que no municipio de Tui concorren as circunstancias obxectivas que aconsellan a urxente revisión e adaptación do plan xeral á Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

3. O proxecto de decreto non chegou a ser aprobado toda vez que en data 4-12-2003, o Pleno do Concello de Tui acordou aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Urbana e suspender a concesión de licenzas urbanísticas.

O citado acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia nº 238, do 9-12-2003. Os efectos da suspensión de licenzas comezaron a contar desde o día seguinte ao da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia, e extinguíronse transcorrido o prazo de dous anos (o 10 de decembro de 2005) , segundo o establecido polo artigo 77.3º da nova Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. A partir desta data quedaron extinguidos os efectos da suspensión de licenzas, coas graves consecuencias que pode ocasionar para o patrimonio cultural, as zonas verdes e espazos libres públicos, as dotacións urbanísticas, os espazos protexidos e outros intereses públicos que deben prevalecer.

4. Durante estes dous anos transcorridos desde a aprobación inicial do plan, o Concello de Tui non deu cumprimento ao contido dos informes emitidos por esta consellería en datas 26-11-2003 e 22-12-2004. Tampouco procedeu á aprobación provisional do mesmo e a súa remisión a esta consellería para que se pronuncie sobre a súa aprobación definitiva, nos termos establecidos no artigo 85 da lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Así mesmo, o concello tampouco procedeu á tramitación e aprobación do plan especial de protección de acordo co sinalado no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 13 de febreiro de 2002 e en cumprimento do establecido no propio plan xeral vixente e na Lei 8/1995, de patrimonio cultural de Galicia.

Á vista do anterior, dedúcese que se manteñen, aínda máis acentuadas, as circunstancias que motivaron a iniciación, en data 9 de setembro de 2003, do procedemento de suspensión do planeamento do termo municipal de Tui, dado o reiterado incumprimento por parte do concello da súa obriga de tramitación dun novo planeamento xeral e de aprobación do plan especial de protección do conxunto histórico.

Neste senso, cómpre sinalar que a disposición transitoria segunda, punto primeiro letra c) , da Lei 9/2002, dispón que o planeamento urbanístico vixente deberá adaptarse ao disposto na lei cando concorresen circunstancias obxectivas no concello afectado que o aconsellen e así o determine o conselleiro competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo. No caso de incumprimento do requirimento autonómico será de aplicación o disposto no artigo 81.2º desta lei.

5. Por todo o anterior, e para evitar as graves consecuencias que se poden derivar da aplicación do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana de Tui, e de conformidade coa proposta da Dirección Xeral de Urbanismo de data 11 de setembro de 2005, a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, acordou en data 23 de novembro de 2005 a iniciación do expediente de suspensión do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Tui, para os efectos establecidos polo artigo 96 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

6. O artigo 96 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, establece que co acordo de suspensión aprobarase a ordenación provisional que se publicará no Diario Oficial de Galicia e estará vixente con carácter transitorio ata a entrada en vigor do novo planeamento.

A ordenación provisional redactouse atendendo aos seguintes criterios:

a) Protexer a totalidade do ámbito do perímetro do conxunto hístórico-artístico de Tui, segundo a declaración efectuada polo Decreto 2286/1967, do 19 de agosto, incluíndo a denominada zona de respecto.

b) Conxelar o desenvolvemento dos ámbitos de solo urbano non consolidado, ata a súa adecuación, nun novo plan xeral, aos límites de sostibilidade e as reservas mínimas para dotacións públicas establecidas pola Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

c) Protexer o ámbito dos espazos naturais declarados polo Decreto 72/2004, do 2 de abril, como zonas de especial protección dos valores naturais recollidos na Decisión da Comisión Europea de data 7-12-2004, pola que se aproba a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica.

d) Aplicar integramente ao solo non urbanizable e ao solo urbanizable sen plan parcial aprobado definitivamente as condicións de uso e de edificación establecidos pola vixente Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

e) Manter a ordenación urbanística establecida polos plans parciais aprobados definitivamente para o desenvolvemento do solo urbanizable.

f) Manter no posible e sempre que non existan contradicións no seo do documento aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo, a ordenación establecida para o solo urbano consolidado polo Plan Xeral de Ordenación Urbana de Tui.

7. Na tramitación do expediente de suspensión cumpriuse o procedemento establecido no artigo 96 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. O acordo de iniciación do expediente de suspensión publicouse no DOG nº 232, do 2-12-2005.

En data 20 de decembro déuselle traslado ao concello da proposta de decreto de suspensión, coa fina lidade de que presentase as alegacións que estimase

conveniente. A solicitude do concello ampliouse o prazo no tempo máximo legalmente previsto. As alegacións que foron remitidas á consellería en data 23 de xaneiro, non desvirtúa os argumentos que para a suspensión se expoñen na presente memoria; non obstante o anterior, algunhas delas foron tidas en consideración no que atinxe a ordenación provisional, segundo se detalla no informe técnico de data 30 de xaneiro, que figura no expediente.

En data 3 de xaneiro a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable á suspensión do PXOU de Tui.

Na súa virtude, de conformidade co disposto polo artigo 96 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, de acordo co ditame da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º.Suspéndese, para a súa revisión, de conformidade co disposto polo artigo 96 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a vixencia do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Tui, aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra en data 7 de outubro de 1994.

Artigo 2º.Apróbase a ordenación provisional que se insire no anexo deste decreto, que estará vixente no municipio de Tui con carácter transitorio ata a entrada en vigor do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui.

Disposición adicional

Facúltase a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes para ditar cantas resolucións resulten necesarias para a debida execución e aplicación deste decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela o dezaseis de febreiro de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño Presidente

María José Caride Estévez Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

ANEXO

Ordenación provisional Normas e ordenanzas reguladoras

A) Condicións xerais: estas condicións resultan de aplicación no termo municipal de Tui, en todos os supostos nos que de acordo con esta regulación provisional se permite a edificación:

1. Prohíbese a apertura de novos viais, a súa urbanización, así como a ampliación dos existentes.

2. No tramo das autoestradas e estradas estatais, manteranse as liñas límite de edificación fixadas polo Ministerio de Fomento.

Nos terreos lindantes coas estradas autonómicas e provinciais deberán respectarse as liñas límite de edificación establecidas na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

B) Regulación do solo urbano. B. 1) Normas xerais para o solo urbano. b.

1.1.As ordenanzas que se establecen a continuación serán de aplicación os terreos clasificados como solo urbano no Plan Xeral de Ordenación Urbana de Tui, aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra en data 7-10-1994 e debidamente dilixenciado polo secretario deste organismo.

b.

1.2.Para poder edificar no ámbito de aplicación destas ordenanzas, os terreos deberán reunir os requisitos establecidos nos artigos 12 a) e 16.1º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para a súa categorización como solo urbano consolidado e para acadar a condición de soar, respectivamente.

b.

1.3.De acordo co sinalado no artigo 46.6º da Lei 9/2002, para a determinación da superficie edificable total permitida pola ordenanza respectiva, computaranse todas as superficies edificables de carácter lucrativo, calquera que sexa o uso ao que se destinen, incluídas as construídas no subsolo e os aproveitamentos baixo cuberta, coa única excepción das construídas no subsolo con destino a rochos de superficie inferior a 10 metros cadrados vinculados ás vivendas do edificio, a aparcamentos ou a instalacións de servizo tales como as de calefacción, electricidade, gas ou análogas.

b.

1.4.No ámbito de aplicación das ordenanzas que se describen a continuación prohíbese a prolongación do fondo edificable en planta baixa respecto das plantas altas, agás nos casos nos que se conforme un cuarteirón pechado.

b.

1.5.As alturas máximas permitidas nas distintas ordenanzas mediranse no centro de todas as fachadas, desde a rasante da vía pública á que da fronte a parcela ao arrinque inferior da vertente de cuberta.

b.

1.6.As cubertas das edificacións estarán formadas por planos inclinados sen quebraduras dos seus faldróns e prohíbense os áticos, as mansardas e outros volumes sobre os faldróns de cuberta, per mitíndose unicamente chemineas. A pendente máxima

permitida é do 70%, cunha altura máxima de cumieira de 4 metros.

b.

1.7.Ancho dos viais: será o establecido nos planos de ordenación do documento do PXOU de Tui aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra en data 7-10-1994 e debidamente dilixenciado polo secretario de este organismo, ou o existente se este é superior.

B. 2) Ordenanza nº 1. b.

2.1.Ámbito de aplicación. Esta ordenanza é de aplicación aos terreos que nos planos de ordenación do documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994, se atopan incluídos no ámbito de aplicación da ordenanza 1. Edificación en cuarteirón pechado, agás os incluídos no ámbito de aplicación das ordenanzas números 4 e 5 dapresente ordenación provisional que se recollen nos puntos B. 5 e B. 6, respectivamente.

b. 2.2 Ordenación. As condicións de uso e edificación aplicables no ámbito da presente ordenanza serán as seguintes:

-Tipoloxía: edificación entre medianeiras en cuarteirón pecho con ou sen patio de mazá, de uso característico residencial en vivenda colectiva.

-Aliñacións: as establecidas nos planos de ordenación.

-Fondo edificable: o establecido nos planos de ordenación. No seu defecto será de 12 metros.

-Parcela mínima: 100 m 2 .

-Fronte mínima de parcela: 7 m, coa excepción daquelas que se encontren entre outras xa edificadas no momento de aprobación da presente ordenación provisional.

-Recuamentos: * Á aliñación: a edificación deberá construírse coa liña de fachada sobre a aliñación exterior, sempre que se dea cumprimento ao establecido no punto 4 das condicións xerais da presente ordenación provisional; noutro caso deberán manterse as liñas límite de edificación establecidas na correspondente lexislación sectorial.

* Laterais: a edificación deberá acaroarse aos lindeiros laterais.

* A fondo de parcela: a edificación separaraose do lindeiro traseiro unha distancia mínima de 3 metros.

-A altura en número de plantas será a determinada nos planos de ordenación do documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994, non podendo exceder en metros as seguintes magnitudes:

* Para cinco plantas (B+ 4) : 14, 60 metros.

* Para catro plantas (B+ 3) : 11, 90 metros.

* Para tres plantas (B+ 2) : 9, 20 metros.

* Para dúas plantas (B+ 1) : 6, 5 metros. No suposto de que a altura en número de plantas non estea determinada nos planos de ordenación do documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo, a máxima permitida será de B+ 1.

-Disporase dunha praza de aparcadoiro por cada cen metros cadrados de superficie construída sobre rasante.

-Usos permitidos: vivenda; hoteleiro; comercial; oficinas; industrial, categoría primeira, grupos 1, 2, 3, 5, 6,7 e 8, asícomo categoría segunda, grupos 5 e 7; garaxe-aparcadoiro, categoría primeira, graos 1 e 3, categoría segunda graos 1,2 e 3, asícomo categoría terceira.

Para a determinación das distintas categorías e grupos ou graos dos usos industrial e garaxe-aparcadoiro rexerá o disposto na normativa xeral de usos do documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994.

B. 3) Ordenanza nº 2. b.

3.1.Ámbito de aplicación. Esta ordenanza é de aplicación aos terreos que nos planos de ordenación do documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994, se atopan incluídos no ámbito de aplicación da ordenanza 2. Edificación en bloques abertos, agás aos incluídos no ámbito de aplicación das ordenanzas números 4 e 5 dapresente ordenación provisional que se recollen nos puntos B. 5) e B. 6) , respectivamente.

b.

3.2.Ordenación. As condicións de uso e edificación aplicables no ámbito da presente ordenanza serán as seguintes:

-Tipoloxía: edificación en bloques abertos, con ou sen patios interiores, de uso característico residencial en vivenda colectiva.

-Edificabilidade máxima: 1,4 m 2 /m 2 .

-Aliñacións: as establecidas nos planos de ordenación.

-Parcela mínima: 400 m 2 .

-Ocupación máxima: 50%.

-Fronte mínima de parcela: 15 m.

-Recuamentos: * Á aliñación: a edificación deberá construírse coa liña de fachada sobre a aliñación exterior ou recuada unha distancia mínima de 5 m, sempre que se da cumprimento ao establecido no punto 4 das condicións xerais da presente ordenación provisional; noutro caso deberán manterse as liñas límite de edificación establecidas na correspondente lexislación sectorial.

* Laterais e fondos: 5 m.

* Entre edificacións: 2/3 da altura media.

-A altura en número de plantas será a determinada nos planos de ordenación do documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994, non podendo exceder en metros as seguintes magnitudes:

* Para catro plantas (B+ 3) : 11,90 metros.

* Para tres plantas (B+ 2) : 9,20 metros.

* Para dúas plantas (B+ 1) : 6,5 metros. No suposto de que a altura en número de plantas non estea determinada nos planos de ordenación do documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo, a máxima permitida será de B+ 1.

-A planta soto poderá ocupar os espazos libres privados.

-Disporase dunha praza de aparcadoiro por cada cen metros cadrados de superficie construída sobre rasante.

-Usos permitidos: vivenda; hoteleiro; comercial; oficinas; industrial, categoría primeira, grupos 1, 2, 3, 5, 6,7 e 8, asícomocategoría segunda, grupos 5 e 7; garaxe-aparcadoiro, categoría primeira, graos 1 e 3, categoría segunda graos 1,2 e 3, asícomo categoría terceira.

Para a determinación das distintas categorías e grupos ou graos dos usos industrial e garaxe-aparcadoiro rexerá o disposto na normativa xeral de usos do documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994.

B. 4) Ordenanza nº 3. b.

4.1.Ámbito de aplicación. Esta ordenanza é de aplicación aos terreos que nos planos de ordenación do documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994, se atopan incluídos no ámbito de aplicación da ordenanza 3. Edificación mixta e 4. Edificación unifamiliar, agás aos incluídos no ámbito de aplicación das ordenanzas números 4 e 5 dapresente ordenación provisional que se recollen nos puntos B. 5) e B. 6) , respectivamente.

b.

4.2.Ordenación. As condicións de uso e edificación aplicables no ámbito da presente ordenanza serán as seguintes:

-Tipoloxía: vivenda unifamiliar illada ou pegada.

-Edificabilidade máxima: 0,6 m 2 /m 2-Aliñacións: as establecidas nos planos de ordenación ou no seu defecto 6 metros ao eixe da vía á que dá fronte á parcela.

-Parcela mínima: 300 m 2 .

-Ocupación máxima: 60%.

-Fronte mínima de parcela: 5 m.

-Recuamentos frontal, laterais e fondo: 4 m. Excepcionalmente, poderá acaroarse a edificación á lindante cando nesta exista unha medianeira vista ou por acordo entre ambos os dous propietarios.

-Altura máxima: 6,5 m.

-Número de plantas máximo: B+ 1.

-Dentro da parcela disporase dunha praza de aparcadoiro por cada cen metros cadrados de superficie construída sobre rasante.

-Usos permitidos: vivenda; hoteleiro; comercial; oficinas; industrial, categoría primeira, grupos 1, 2, 3, 5, 6,7 e 8, asícomo categoría segunda, grupos 5 e 7; garaxe-aparcadoiro, categoría primeira, graos 1 e 3, categoría segunda graos 1,2 e 3, asícomo categoría terceira.

Para a determinación das distintas categorías e grupos ou graos dos usos industrial e garaxe-aparcadoiro rexerá o disposto na normativa xeral de usos do documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994.

B. 5) Ordenanza nº 4. b.

5.1.Ámbito de aplicación. Esta ordenanza é de aplicación á totalidade dos terreos incluídos no perímetro do conxunto histórico-artístico de Tui (tanto a zona histórico-artística como a zona de respecto) aprobado polo Decreto 2286/67 e delimitados no plano adxunto ao informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de data 21 de maio de 1993, que se incorporou á resolución da Comisión Provincial de Urbanismo de data 7 de outubro de 1994, pola que se aprobou definitivamente o PXOU de Tui.

b.

5.2.Ordenación. As condicións de uso e edificación aplicables no ámbito da presente ordenanza serán as recollidas na ordenanza 5, edificación pechada en solo urbano de zona histórico artística, do documento do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994.

En calquera caso, mentres non se aprobe definitivamente o plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Tui (tanto a zona histórico-artística como a zona de respecto) aprobado polo Decreto 2286/1967, toda actuación no ámbito de aplicación desta ordenanza requirirá informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, previo á concesión de licenza municipal, tal e como exixe o artigo 47 da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia.

B. 6) Ordenanza nº 5. b.

6.1.Ámbito de aplicación. Será de aplicación aos terreos clasificados como solo urbano nos planos de ordenación do documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994, que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

-Os ámbitos das unidades de execución delimitadas polo plan.

-Os ámbitos sen ordenación detallada no plano de ordenación do núcleo de Tui (escala 1/1000) .

-Os ámbitos dos estudos de detalle aprobados definitivamente ou previstos no planeamento.

-Os terreos que non reúnan a condición de soar no momento da iniciación do expediente de suspensión do planeamento.

b.

6.2.Ordenación. Neste ámbito non se permiten novas edificacións e só poderán executarse as obras de edificación iniciadas e amparadas en licenza urbanística outorgada con anterioridade ao inicio do expediente de suspensión do planeamento, sempre que sexan conformes co ordenamento xurídico vixente no momento da concesión e non transcorresen os prazos de caducidade da licenza.

B. 7) Ordenanza nº 6. b.

7.1.Ámbito de aplicación. Esta ordenanza resulta de aplicación aos terreos cualificados como equipamentos e aos equipamentos públicos existentes, incluídos no perímetro do solo urbano de Tui, no documento do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994, así como ás restantes dotacións de titularidade pública existentes, se é o caso.

b.

7.2.Ordenación. Ademais do disposto nos puntos A condicións xerais e B. 1 normas xerais en solo urbano, resultan de aplicación as seguintes condicións de edificación:

-Altura máxima: B+ 1 e 6,5 m.

-Edificabilidade máxima: 1 m 2 /m 2 .

-Ocupación máxima: 50%.

B. 8) Ordenanza nº 7. b.

8.1.Ámbito de aplicación. Esta ordenanza é de aplicación aos terreos que nos planos de ordenación do documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994, están cualificados como espazos libres de uso e dominio público, así como aos restantes terreos incluídos no perímetro do solo urbano de Tui ós que non lles sexa de aplicación as ordenanzas números 1 ao 6 da presente ordenación provisional.

b.

8.2.Ordenación. O único uso permitido é o de zona verde de uso público. As instalacións compatibles dentro destas zonas serán as seguintes: xogos infantís formados por elementos de mobiliario e áreas de area, xogos ao aire libre e áreas de deporte non regrado, áreas de plantación e axardinamento, illas de estadía, lugares acondicionados para o repouso e recreo pasivo, quioscos de música, postos de revistas, paxaros, flores, etc.; servizos hixiénicos públicos, pequenas construcións destinadas á venta de bebidas, bocadillos, etc.

As edificacións que se constrúan nestas áreas terán, sumadas todas, unha ocupación máxima do 5% da superficie do parque. A altura máxima das mesmas será de 4 m.

C) Ordenanza do solo de núcleo rural. Esta ordenanza resulta de aplicación aos terreos que nos planos de ordenación do documento do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994, están cualificados coa ordenanza 7, solo urbano de núcleo rural e coa ordenanza 9, solo non urbanizable de núcleos rurais. Non resulta de aplicación ao ámbito da denominada área de tolerancia, ordenanza 9B.

Sen prexuízo do sinalado no punto A) Condicións xerais , as condicións de uso e edificación aplicables no ámbito da presente ordenanza serán as establecidas nos artigos 24 a 30 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Nas zonas verdes e espazos libres públicos cualificados nos planos de ordenación do documento do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994, así como as existentes no ámbito de aplicación desta ordenanza, prohíbese a edificación.

D) Regulación do solo urbanizable programado. No ámbito dos plans parciais dos solos urbanizables programados SUP nº 1, SUP nº 2, SUP nº 4 e SUP nº 5, aprobados definitivamente en datas 30 de xuño de 1998, 22 de setembro de 1994, 28 de xullo de 1998 e 30 de xuño de 1998, respectivamente, resultan de aplicación as condicións de uso e edificación contidas nos documentos aprobados.

Nos restantes terreos clasificados polo PXOU de Tui como solo urbanizable programado será de aplicación a ordenanza de solo rústico especialmente protexido da presente ordenación provisional.

E) Ordenanza de solo rústico especialmente protexido. E. 1) Ámbito de aplicación. Esta ordenanza será de aplicación aos terreos clasificados polo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui nos planos de ordenación do documento dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994, como:

-Solo non urbanizable en calquera das súas categorías, agás nos ámbitos dos núcleos rurais delimitados nos que resulta de aplicación a ordenanza de solo de núcleo rural da presente ordenación provisional. No ámbito da denominada área de tolerancia exterior aos núcleos rurais resultará de aplicación a presente ordenanza de solo rústico especialmente protexido.

-Solo urbanizable non programado.

-Solo urbanizable programado agás nos ámbitos dos vixentes plans parciais dos SUP nº 1, SUP nº 2, SUP nº 4 e SUP nº 5, aprobados definitivamente en datas 30 de xuño de 1998, 22 de setembro de 1994, 28 de xullo de 1998 e 30 de xuño de 1998, respectivamente.

-Ámbitos de ordenanza 6 exteriores ao perímetro do solo urbano de Tui, do Plan Xeral de Ordenación Urbana, dilixenciado polo secretario da Comisión Provincial de Urbanismo como o aprobado definitivamente segundo resolución de data 7 de outubro de 1994

E. 2) Condicións de uso e edificación. As condicións de uso e edificación aplicables no ámbito da presente ordenanza serán as establecidas nos artigos 33 a 44 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

É necesario solicitar a autorización autonómica previa á concesión de licenza municipal en solo rústico ou non urbanizable para a totalidade dos usos e actividades, agás os sinalados nos números 1. b) , 1.

c) e 2.

i) do artigo 33 da Lei 9/2002.

F) Regulación dos edificios fóra de ordenación. Os edificios e instalacións que conten coa preceptiva licenza municipal, existentes con anterioridade á aprobación da presente ordenación provisional e que resulten desconformes coa mesma quedarán sometidos ao réxime de fóra de ordenación.

Dentro da presente regulación do réxime de fóra de ordenación establécense dous grados:

-Construcións e edificacións en situación de fóra de ordenación só parcialmente incompatibles co novo planeamento: aquelas nas que a situación de fóra de ordenación sexa consecuencia unicamente de vulnerar as condicións de edificación das ordenanzas números 1, 2, 3, 5 da presente ordenación provisional, así como da ordenanza de solo de núcleo rural. Nelas poderanse autorizar obras de mellora ou reforma, así como o cambio de uso sempre que se trate dun uso permitido na correspondente ordenanza da presente ordenación provisional. Nas construcións e edificacións ás que resulta de aplicación a ordenanza nº 5 da presente ordenación provisional, poderán realizarse obras de ampliación ata un 20% da superficie orixinaria.

-Construcións e edificacións en situación de fóra de ordenación por total incompatibilidade coas determinacións da presente ordenación provisional: as construcións e edificacións que queden en situación de fóra de ordenación non incluídas no punto anterior. Nelas só se poderán autorizar obras de simple conservación.


No hay versiones para esta norma